Clase (bioloxía)

En bioloxía (botánica e zooloxía), a clase é un grupo taxonómico que comprende varias ordes de plantas ou animais con moitos caracteres comúns.

Ao igual que ocorre con outros niveis na taxonomía dos Seres Vivos, e debido á enorme dificultade á hora de clasificar certas especies, varias Clases poden agruparse en Superclases, e os individuos dunha Clase poden organizarse en Subclases (e estes á súa vez en Infraclases).

Niveis de Clasificación (de xeral a concreto)

Filo
[Subfilo]

[Infrafilo]

[Superclase]
Clase
[Subclase]
[Infraclase]
[Superorde]
Orde

(os niveis obrigatorios marcáronse con fondo rosa)

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Carofíceas

As carofíceas (Charophyceae) son un grupo de algas verdes carófitas con categoría de clase (bioloxía). Nas clasificacións actuais adoita tratarse ás carofíceas como unha clase dentro da división Charophyta, separándoas das Chlorophyta, mentres que todas as algas verdes estarían incluídas dentro do reino das plantas ou Viridiplantae. Noutras clasificacións as Charophyceae son unha clase dentro das divisións Chlorophyta, Streptophytina, ou Streptophyta, segundo os autores.A clase Charophyceae, segundo algunhas clasificacións, inclúe dúas ordes de algas, as Charales e as Coleochaetales. O consenso entre os botánicos é que as Coleochaetales son as algas que están máis próximas ás embriófitas (plantas terrestres).Moitas das características complexas relacionadas coa reprodución sexual, fotosíntese, e outros trazos definitorios das plantas terrestres evolucionaron primeiro nas carófitas. Por exemplo, as análises de ADN cloroplástico (ADNcp) indican que moitas características dos cloroplastos das plantas evolucionaron inicialmente nas carófitas como as dos xéneros Staurastrum e Zygnema. Estas investigacións indican que as embriófitas evolucionaron das carofíceas.

Conceptos base
Taxons
Conceptos asociados
Normas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.