Citania de Sanfins

A Citania de Sanfins (en portugués: Citânia de Sanfins) é un sitio arqueolóxico da Idade de Ferro do norte de Portugal. É unha das citanias máis características da Cultura castrexa do noroeste da Península Ibérica. Localízase case na súa totalidade na freguesía portuguesa de Sanfins de Ferreira e a parte suroeste na freguesía de Eiriz, ambas as dúas no concello de Paços de Ferreira, distrito do Porto.

Está clasificada polo IPPAR (Instituto Português do Património Arquitetónico) como monumento nacional (Dec. Nº 35817, DG, 187, 1ª SÉRIE, 20 de agosto de 1946).

Coordenadas: 41°19′24″N 08°23′12″O / 41.32333, -8.38667

Citania de Sanfins
Citania de Sanfins Portugal 03
FreguesíaSanfins de Ferreira e Eiriz
ConcelloPaços de Ferreira
DistritoO Porto
PaísPortugal
Id. catálogoDec. Nº 35817, DG, 187, 1ª SÉRIE, 20 de agosto de 1946.
Cronoloxía
Datas de ocupaciónséculo V a.C. a século II d.C.
Data da descuberta1944
Períodos de escavación1946
Estado actualEscavado, visitable.
Extensión estimadamáis de 15 ha. ha.
Véxase tamén
Castros de Portugal
Citania de Sanfins Portugal 03
Citania de Sanfins
Citania de Sanfins Portugal 06
Citania de Sanfins
Citania de Sanfins Portugal 01
Núcleo familiar - Citania de Sanfins

Descrición

Xurdiu por volta do século I a.C. e ocupa unha área de cerca de 15 hectáreas, nun outeiro integrado nunha zona montañosa de afloramentos graníticos, nun lugar estratéxico entre a rexión do Douro e do Miño.

Hai vestixios da ocupación do lugar do castro dende o século V antes de Cristo, aínda que a gran cidade se desenvolveu no tempo dos galaicos, creada entre os séculos II e I a.C.

Nesa época, estímase que alí moraban tres mil persoas, unha poboación que vivía esencialmente de traballar o ferro, con gran vocación guerreira, ficando outras actividades económicas, como a agricultura, a cargo doutros castros dos arredores, dela dependentes.

Era a cidade-sede dunha rexión máis vasta, que abranguía as actuais Valongo, Maia e Penafiel, e onde estaba o poder político e militar. Os romanos acabarían chegando a aló poucos anos antes do nacemento de Cristo, mais con dificultade.

Os primeiros estudos desta citania débense aos historiadores Francisco Martins Sarmento e a Leite de Vasconcelos. As escavacións iniciáronse en 1944 e prolongáronse por máis de cincuenta anos.

Patrimonio

Murallas

A citania estaba protexida por varias liñas de murallas. As murallas defensivas adáptanse de forma notábel ao terreo, cunha planificación regular e un rueiro ortogonal.

Pedra formosa

A sauna castrexa, edificio destinado aos baños públicos, salienta pola súa técnica construtiva e por posuír unha espectacular pedra formosa con motivos celtas.

“Disque algúns dos pobos das marxes do río Douro viven á maneira dos Laconio (Esparta). Úntanse con óleo dúas veces (por día) en lugares especiais e toman baños de vapor, feito con pedras aquecidas no lume e (despois) báñanse en auga fría.” [1]

Núcleo familiar

A citania posúe máis de cento cincuenta construcións de planta circular e rectangular, agrupadas en corenta conxuntos de unidades familiares. Recentemente foi restaurado un núcleo familiar.

“No día a día beben cervexa e, raramente, viño. O pouco que conseguen, a présa o consomen nas festas familiares... neses banquetes séntanse en bancos construídos ao redor dos muros, ocupando os lugares segundo a idade e a dignidade. A comida circula de man en man. Mentres beben, bailan e fan coros ao son da frauta e da gaita, dando saltos no ar e caendo de xeonllos...” [2]

Notas

  1. Estrabón, Xeografía 3.3.6
  2. Estrabón, Xeografía, 3.3.7

Véxase tamén

Bibliografía

  • Paços de Ferreira - As origens do povoamento: do megalitismo à romanização - Estudos Monográficos, Armando Coelho Ferreira da Silva, 1986

Ligazóns externas

Citania de Briteiros

A citania de Briteiros é un sitio arqueolóxico da Idade de Ferro do norte de Portugal. É unha das citanias máis características da cultura castrexa do noroeste da Península Ibérica.

As ruínas foron descubertas polo arqueólogo Martins Sarmento en 1875, sendo un dos primeiros castros escavados e estudados con métodos científicos .

Paços de Ferreira

Paços de Ferreira é un concello portugués do distrito do Porto, rexión de Entre Douro e Minho e subrexión do Vale do Sousa e Baixo Tâmega. No ano 2011 tiña 56.340 habitantes.

Pedra formosa

Unha pedra formosa (ás veces galeguizado como pedra fermosa) é un monólito de grandes dimensións da arquitectura do período da cultura castrexa. Estaba localizado no interior dos balnearios (saunas castrexas) dos castros, e permitía o acceso dos baños e vapores quentes ao compartimento a través dunha pequena abertura.

Sauna castrexa

A sauna castrexa (ou monumento con forno) é unha construción megalítica propia da cultura castrexa (territorio da antiga Gallaecia: Galicia, occidente de Asturias e Norte de Portugal) que consistía nunha sauna de uso ritual (rituais do baño de vapor).

Nun principio pensouse que a orixe destas saunas galaicas era romana, porén hoxe sábese que xa existían nos castros varios séculos antes. Comezan a construírse a fins do século V a.C. ou comezos do século IV a.C.. Algunhas saunas continuaron a ser empregadas en tempos romanos, polo que sufriron reformas e engadidos na súa estrutura para se adaptaren a novos usos termais. Son edificios rectangulares diferentes ás outras construcións dos castros, cunha gran pedra decorada no medio do edificio (pedra formosa) que facía de separación e cun buraco na parte baixa coma porta de acceso á cámara da terma e evitaba a perda do vapor e da calor.Téñense identificado oito saunas castrexas en Asturias e Galicia, existen ademais outros casos de discutible identificación.

Xa Estrabón falaba deste costume dos galaicos:

“Disque algúns dos pobos das marxes do río Douro viven á maneira dos Laconio (Esparta). Úntanse con óleo dúas veces (por día) en lugares especiais e toman baños de vapor, feito con pedras aquecidas no lume e (despois) báñanse en auga fría.”

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.