Ciriaco Pérez Bustamante

Ciriaco Pérez-Bustamante de la Vega, nado o 17 de novembro de 1896 en La Hermida (Peñarrubia) e finado o 27 de maio de 1975 en Benalmádena (provincia de Málaga), foi un historiador e americanista cántabro, membro da Real Academia de la Historia.[1]

Ciriaco Pérez Bustamante
Nome completoCiriaco Pérez-Bustamante de la Vega
Nacemento17 de novembro de 1896
 La Hermida
Falecemento27 de maio de 1975
 Benalmádena
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Madrid
Ocupaciónhistoriador, Cátedra universitaria e político
CónxuxeAna M.ª de Monasterio González-Encinas
Fillosdez: sete homes e tres mulleres

Traxectoria

Franquista e falanxista, foi tenente de alcalde do concello de Santiago de Compostela durante a ditadura de Primo de Rivera. O Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o colle veraneando na súa casa de Caranceja, Reocín. En agosto de 1937 embarca en Avilés coa súa familia no buque inglés Pilton, chega a Bordeos e preséntase ás autoridades franquistas de Saint-Jean-de-Luz. Foi presidente da comisión depuradora das bibliotecas da Universidade de Santiago de Compostela; membro da comisión nacional para «as reformas no ensino superior universitario»; xefe local de prensa e propaganda de FET y de las JONS en Santiago de Compostela. Colaborou coa revista Escorial. Foi agregado diplomático en Colombia, O Salvador e Costa Rica. A principios de 1947 formou parte da representación oficial en misión especial que foi a Colombia á toma de posesión do presidente Mariano Ospina Pérez. Foi recibido en audiencia militar e civil por Francisco Franco no Palacio Real de El Pardo.[2] Foi procurador en cortes pola Real Academia de la Historia desde o 16 de maio de 1958.[3]

O 13 de maio de 1929 casou con Ana María de Monasterio González-Encinas.[4] Nos anos 40 uniu legalmente os seus dous primeiros apelidos, de xeito que os seus descendentes (tivo dez fillos: sete homes e tres mulleres) figuran como Pérez-Bustamante de Monasterio. Xubilouse en 1966.

Obra

  • La Bula de Alejandro VI y el meridiano de demarcación. Portugueses y españoles en las Molucas. Discurso de apertura do curso 1922-1923 na Universidade de La Laguna. Sucesores de M. Curbelo, 1923.
  • "Notas de arqueología prehistórica galaica. Los dólmenes de Dombate y de la Gándara (Coruña)", en colaboración con Salvador Parga Pondal, Boletín de la Biblioteca Menéndez Pelayo (Santander), 1924, vol. VI, p. 360-372, vol. VII, p. 76-82 e 115-142.
  • Los orígenes del gobierno virreinal en las Indias Españolas. Don Antonio de Mendoza, primer virrey de la Nueva España (1535-1550), Santiago de Compostela, Tip. de El Eco Franciscano, 1928.[5]
  • Españoles e ingleses en América durante el siglo XVII. El conde de Gondomar y su intervención en el proceso, prisión y muerte de Sir Walter Raleigh, Discurso de apertura del Curso 1928-1929, Santiago de Compostela, Tip. Paredes, 1928.
  • El cronista Antonio de Herrera y la historia de Alejandro Farnesio, Academia de la Historia. Publicaciones de la cátedra y becarios de la Fundación “Conde de Cartagena”. Boletín de la Real Academia de la Historia (Madrid), nº CIII, 1933, p. 737-790. Madrid, Tipografía de Archivos, 1933.
  • "Los archivos farnesianos de Nápoles", Boletín de la Real Academia de la Historia, tomo 105 (1934), p. 547-598.
  • La correspondencia diplomática entre los duques de Parma y sus agentes o embajadores en la corte de Madrid durante los siglos XVI, XVII y XVIII. Notas para un estudio, Publicaciones de la cátedra y becarios de la Fundación “Conde de Cartagena”. Boletín de la Real Academia de la Historia, t. CV, 1934, p. 547-598. Madrid, Tipografía de Archivos, 1934.
  • "Los cardenalatos del Duque de Lerma y del infante Don Fernando de Austria", Boletín de la Biblioteca Menéndez Pelayo (Santander), nº XVI/2, 1934, p. 246-272 e 503-532, Santiago, Tipografía de El Eco Franciscano, 1935.
  • La Universidad de Santiago. El pasado y el presente, en colaboración con Sebastián González García-Paz, Santiago de Compostela, Imprenta del Seminario, 1934.[6]
  • Correspondencia confidencial e inédita del p. Francisco de Rávago, confesor de Fernando VI, con una introducción y notas, Madrid, M. Aguilar, 1936. Con estudio preliminar de Carlos Pereyra.
  • La fundación de un Imperio (España en América), Madrid, Editorial Redención, 1940.
  • "La supuesta traición del duque de Osuna", Revista de la Universidad de Madrid, nº I, fasc. 1, 1940, p. 61-74.
  • "El conde de Gondomar y su proyecto de invasión de Inglaterra", Escorial (Madrid), nº 3, 1941, p. 17-29.
  • "El problema lingüístico en la colonización de América", en VV.AA., Escuela Diplomática. Conferencias del Curso 1943-1944, Madrid, Impr. Del Ministerio de Asuntos Exteriores, 1944, p. 165-189.
  • "Quevedo diplomático", Revista de Estudios Políticos, vol. 13, nº 24, 1945, p. 159-183.
  • Felipe III. Semblanza de un monarca y perfiles de una privanza, Discurso de ingreso na RAH, Madrid, Graf. Estades, 1950.
  • Estudio preliminar, edición y notas del Libro de los privilegios del Almirante Don Cristóbal Colón (1498), Madrid, 1951. Reeditado en Madrid, Testimonio, 1992.
  • Isabel y Fernando: Reyes de Castilla, Santander, Talleres Tipográficos de La Librería Moderna, 1951.
  • "El pontífice Paulo V y la expulsión de los moriscos", Boletín de la Real Academia de la Historia, t. CXXIX, cuaderno I, 1951, p. 219-233.
  • "El dominio del Adriático y la política española en los comienzos del siglo XVII", Revista de la Universidad de Madrid, nº 5, 1953, p. 57-80.
  • "Valdivia en sus cartas", Revista de Indias, nº 50, 1953, p. 9-23.
  • "El reinado de Fernando VI y los orígenes del reformismo español en el siglo XVIII", Revista de la Universidad de Madrid, nº 12, 1954, p. 491-514.
  • "Pedro Cubero Sebastián y su viaje alrededor del mundo", Revista de Indias, nº 60, 1955, p. 173-195.
  • "Menéndez Pelayo y la literatura hispanoamericana", Revista de Archivos, Bibliotecas y Museos, t. LXII,1956, p. 73-98.
  • Menéndez Pelayo, académico de la Historia, Santander, Publicaciones de la Universidad Internacional Menéndez Pelayo, 1956.
  • Edición de las Actas de las Cortes de Castilla. Cortes de 1649, Madrid, 1961.
  • "Martínez de la Rosa y la independencia de la América española", Revista de Indias, nº 85-86, p. 385-404.
  • "Semblanza de Felipe II. Las mujeres de Felipe II", en VV.AA., El Escorial, Madrid, Patrimonio Nacional, 1964, p. 71-132.
  • "El mestizaje y su importancia", Revista de Indias, nº 95-96, p. XI-XV.
  • "La España del Padre Feijoo", BBMP, t. XL/1m 1964, p. 5-17.
  • España y sus Indias a través de la obra de Feijóo, Madrid, Instituto de España, 1965.
  • Don Modesto Lafuente y su Historia general de España, discurso lido no Instituto de España, Madrid, Maestre, 1967.
  • Don Roberto Levillier, Madrid, Impr. y Editorial Maestre, 1969.
  • La España de Felipe III, en Historia de España Menéndez Pidal, t. XXIV, Madrid, Espasa-Calpe, 1979. Prólogo de Carlos Seco Serrano. 2ª ed. en 1983.

Notas

  1. "Ciriaco Pérez Bustamante de la Vega" Diccionario Biográfico Español, RAH (en castelán).
  2. ABC, 20/2/1947
  3. Peiró, I. (2015). "Diccionario en Red de Catedráticos de Historia de España (1833-1986)" (en castelán). UniZar. CC-BY icon.svg CC BY 4.0
  4. Necrolóxica ABC, 16/12/1980.
  5. Recensión de Claudio Sánchez-Albornoz en Boletín de la Real Academia de la Historia, tomo 97, ano 1930, p. 22-26.
  6. Reed. facsímile con prólogo de Alfonso Mato, A Coruña, Ediciós do Castro, 1995.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Camón Aznar, José, "Ha muerto don Ciriaco Pérez-Bustamante", ABC (Madrid), 29/05/1975, p. 112.
  • Carreras Ares, Juan José e Ruiz Carnicer, Miguel Ángel (Eds.) (1991). La Universidad española bajo el régimen de Franco (1939-1975), Zaragoza, Institución Fernando el Católico.
  • Enciclopedia Espasa, Suplemento 1975-1976, Madrid, Espasa Calpe, 1976, p. 253. Entrada "Pérez Bustamante, Ciriaco".
  • Pabón, Jesús, "Excmo. Sr. Don Ciriaco Pérez-Bustamante (1896-1975)", en Boletín de la Real Academia de la Historia t. CLXXII 1975, p. 249-256.
  • Pasamar, Gonzalo; Peiró, Ignacio (2002). Diccionario Akal de Historiadores españoles contemporáneos (en castelán). Akal. pp. 476–477. ISBN 84-460-1489-0.
  • Ruiz Bautista, Eduardo, Los señores del libro: propagandistas, censores y bibliotecarios en el primer franquismo (1939-1945), Gijón, Trea, 2005, p. 157-158.

Ligazóns externas

Predecesor:
Blas Cabrera Felipe
 Reitor da Universidade Internacional Menéndez Pelayo 
1947 - 1968
Sucesor:
Florentino Pérez Embid
Predecesor:
Ángel González Palencia
 
Coat of Arms of the Spanish Royal Academy of History.svg
Real Academia de la Historia
Medalla 18
 
1950 - 1975
Sucesor:
Manuel de Terán Álvarez
Antón Fraguas

Antón Fraguas Fraguas, ou Antonio Fraguas Fraguas, nado en Insuela, na parroquia de Loureiro (Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. En 1923 fundou, xunto con outros compañeiros, a Sociedade da Lingua, que tiña como principais obxectivos a defensa da lingua e a elaboración dun dicionario. Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de ensino secundario depurado polo franquismo. Formou parte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Real Academia Galega, foi director e presidente do Museo do Pobo Galego, membro do Consello da Cultura Galega e Cronista Xeral de Galicia. Dedicouse ó estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía. A súa figura foi recoñecida en vida co Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba, o Premio Otero Pedrayo, o Premio das Artes e das Letras de Galicia e o Premio San Martiño de normalización lingüística. O 7 de xullo de 2018 a Real Academia Galega, decidiu, en sesión plenaria, que Fraguas sería o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2019, coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento.

Castro de Borneiro

O castro de Borneiro ou da Cibdá é un castro galaico datado a finais da Idade de Bronce, pertencente á coñecida como Cultura castrexa, tamén coñecido como. Sitúase na parroquia de Borneiro (Cabana de Bergantiños), a 500 metros da estrada LC-430 de Ponteceso a Baio. A poucos quilómetros está o famoso dolmen de Dombate. O poboado castrexo ten sido obxecto de escavacións arqueolóxicas e traballos de consolidación que permiten a súa visita. Foi catalogado como Ben de Interese Cultural en 2011

Modesto Lafuente

Modesto Lafuente y Zamalloa, nado en Rabanal de los Caballeros (Palencia) o 1 de maio de 1806 e finado en Madrid o 25 de outubro de 1866, foi un xornalista, historiador e escritor satírico castelán.

Sebastián González García-Paz

Sebastián González García-Paz, nado en Pontevedra o 16 de maio de 1908 e finado na mesma cidade o 5 de agosto de 1967, foi un historiador e arqueólogo galego, secretario do Seminario de Estudos Galegos.

Ángel Baltar Cortés

Ángel Baltar Cortés, nado en Padrón o 12 de marzo de 1868 e finado en Santiago de Compostela o 30 de marzo de 1934, foi un médico galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.