Circuíto de Autocross de Arteixo

O Circuíto de Autocross de Arteixo é un recinto adicado ás carreiras de coches, homologado pola Real Federación Española de Automovilismo, que está situada na parroquia de Morás (Arteixo).

Coordenadas: 43°18′21″N 08°28′02″O / 43.30583, -8.46722

Circuito de Arteixo. Autocross en Galicia (España)
Circuíto de Autocross de Arteixo durante unha carreira en 2007.

Características

O circuíto ten unha lonxitude de 1.150 metros, cunha anchura media de 14 metros. A grella de saída ten espazo para colocar 15 coches. Nos boxes collen 100 coches cos seus mecánicos. O circuíto ten 9 torres de control para o seguimento das carreiras, oficina de prensa e de cronometraxe.

Está prevista a construción dunha nova bancada permanente na curva final do circuíto. Debaixo dela vanse instalar as futuras clínica do circuíto e sala de prensa.

No circuíto de Arteixo celébranse cada ano polo menos dúas probas pertencentes ó Campionato de Galicia de Autocross. O 22 de maio de 2010 celebrouse a 63ª edición deste autocross, o que converte a esta proba na máis antiga de Galicia.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Morás, Arteixo

Santo Estevo de Morás é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Arteixo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 1.187 habitantes (602 homes e 585 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.024 habitantes.

Automobilismo en Galicia
Federación
Rally
Karting
Autocross
Outros

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.