Circa

Circa é unha palabra latina que significa ao redor ou cerca (podendo abreviarse como c., ca. ou cca.[1]). Úsase fundamentalmente a súa abreviatura en bibliografía para describir diversas datas (normalmente de nacemento ou falecemento) ou datos que son incertos ou aproximados, polo que utilizar circa indica que a data ou valor é estimación aproximada.

Notas

  1. "Circa" - Merriam-Webster

Véxase tamén

Outros artigos

Floruit

Alcuíno de York

Flaccus Albinus Alcuin, nado circa 735 e finado en 804, ou Alcuíno de York, foi un monxe inglés e conselleiro de Carlomagno. Dedicouse durante moito tempo ao ensino e á escrita na escola de York, en Inglaterra, foi o principal conselleiro de Carlomagno en asuntos eclesiásticos e educativos e durante os últimos anos da súa vida foi abade do mosteiro de San Martiño de Tours.

C

O C (ce) é a terceira letra do alfabeto galego. Representa o fonema /θ/, fricativo interdental xordo, antes de e e i (fonema /s/ en zonas con seseo), ou o fonema /k/, oclusivo velar xordo, antes de a, o e u.

O ce cedillado (Ç) non forma parte do galego normativo actual, empregándose só en estranxeirismos. O galego reintegracionista, porén, si o usa.

Cabriolé

Un cabriolé (tamén chamado convertible ou spider para os modelos italianos) é un tipo de carrozaría de automóbil sen teito ou cuxo teito pode ou ben quitarse ou ben plegarse e gardarse no maleteiro. Este teito, denominado capota, pode ser de vinilo, tea, plástico ou de metal; popularmente chámase cabrio e en ocasións denomínase erróneamente cupé debido á mercadotecnia que levaron a cabo os fabricantes de automóbiles cando comezaron a xuntar as denominaciones cupé-cabriolet para referirse aos convertibeis conformados con teito metálico. Practicamente todos os convertibeis teñen dúas portas laterais, debido a que aperturas máis grandes causarían problemas estruturais no chasis.

Darío I

Darío I o Grande (en persa antigo Dārayawuš, "aquel que apoia firmemente o Ben", en persa moderno داریوش Dâriûsh, en grego clásico Δαρεῖος Dareîos) (circa 549-485 a.C.), rei aqueménida de Persia (521-485 a.C).

Darío III

Darío III Codomano (en persa moderno داریوش Dāriyūsch, en persa antigo Dārayavahusch o Dārayavausch), nado circa -380 e finado en -330, foi o último rei persa da dinastía aqueménida (-336--330).

Dionisio o Exiguo

Dionisio Exiguo, tamén coñecido como Dionisio o Humilde, nado circa 470 e finado circa 544, foi un monxe do século VI nado na Escitia Menor, a moderna Dobruia, repartida entre Romanía e Bulgaria. Foi membro da comunidade dos monxes escitas concentrada en Tomis, a principal cidade da Escitia Menor. Dionisio é famoso por ser o inventor da era Anno Domini, que se usa para numerar os anos tanto do calendario gregoriano coma do calendario xuliano (cristianizado).

Diálogo

O diálogo é un sistema de elocución que, nas obras literarias (novela, poesía e teatro), supón a ‘acción falada’ dos personaxes. As súas características son:

Intercambio verbal de informacións

Exploración dos roles ou funcións dos personaxes

Determinación das liñas argumentais

Determinación rítmica

Estevo IX, papa

A numeración do Papas de nome Estevo é controvertida, para máis información ver Estevo, papa electo

Estevo IX (X) (circa 1020 - 29 de marzo de 1058) foi Papa da Igrexa católica desde o 3 de agosto de 1057 ata a súa morte.

O seu nome era Federico e era o irmán menor de Gofredo, Duque da Alta Lorena, o cal na súa calidade de marqués de Toscana (polo seu matrimonio con Beatriz, viúva de Bonifacio, marqués de Toscana), xogou un papel importante na política da época.

No momento da súa elección era abade de Montecassino, o ano seguinte á súa elección marchou a Florencia para organizar xunto o seu irmán unha expedición militar contra os normandos, nesa cidade enfermou de malaria e faleceu.

Galería Uffizi

A Galería Uffizi (En italiano Galleria degli Uffizi) que se traduce como Galería dos Oficios, é un palacio en Florencia, que contén unha das máis antigas e famosas coleccións de arte do mundo.

Guaimaro III de Salerno

Guaimaro III (tamén coñecido como Guaimaro IV) (circa 983 – circa 1027) foi príncipe longobardo de Salerno desde o 994 ata a súa mrte, que tivo lugar segundo algúns sobre o 1030/1031, pero máis probabelmente no 1027.

Historia do Xapón

A historia do Xapón é a sucesión de eventos que ocorreron no arquipélago xaponés. Algúns destes feitos son illados e influenciados pola natureza xeográfica do Xapón como unha nación insular, mentres outro conxunto de acontecementos, obedece a influencias estranxeiras, como no caso do imperio Chinés, o cal definiu a súa lingua, a súa escrita e, tamén, súa cultura política.

Comeza co asentamento de pobos nun grupo de illas ao sueste da península coreana, a uns 100.000 anos a.C. Os primeiros vestixios de industria, das pedras polidas, remonta a 32.000 anos. A cerámica, das indústrias mais antigas da humanidade, prodúcense a 16.500 a.C., período Jōmon, e inclúen as primeiras formas de obras artísticas: os dogū. 400 anos antes são introduzidas tecnologias provenientes da China e da Corea como o cultivo de arroz e fundição de bronce e ferro.

Inocencio V, papa

Pierre de Tarentaise (circa 1225, Champagny, Savoia – 22 de xuño de 1276, Roma), foi nomeado papa o 21 de xaneiro de 1276, co nome de Inocencio V.

Orixinario dunha pequena aldea de Tarentaise (aínda que para xentes do Val de Aosta, procedía do lugar de Ecours, na comuna de La Salle), ingresou na orde dominica á idade de 16 anos. Estudou Teoloxía no Colexio da Sorbona, onde sería moi pronto profesor. A súa fama foi tal que sería coñecido como o «doctor famosissimus» («o máis célebre dos doutores»).

Logo de ocupar o cargo de provincial, foi designado, en 1272, arcebispo de Lión e, posteriormente, primado da Galia. En 1273, foi promovido ao rango de cardeal-bispo de Ostia, cerca de Roma. Xogou un grande papel no IIº concilio de Lión, pronunciando o sermón fúnebre por San Boaventura.

O 21 de xaneiro de 1276, despois da morte de Gregorio X, foi elixido papa, tomando o nome de Inocencio V. Morreu cinco anos máis tarde. Deixou varios tratados de Teoloxía e de Dereito canónico, sendo de salientar o Comentario ás Sentencias de Pedro Lombardo (1652), e mais catro tratados filosóficos: De unitate formæ, De materia cæli, De æternitate mundi, De intellectu et voluntate. Foi beatificado polo papa León XIII no ano 1898.

Identifícase co «Concionator Gallus» da profecía de San Malaquías.

Pedra de abalar

As pedras de abalar ou pedras abaladoiras son enormes pedras habitualmente situadas preto da costa que están apoiadas gravitacionalmente só en dous puntos de xeito que o centro de gravidade se pode modificar cun esforzo moi pequeno. O significado antropolóxico e etnográfico destas pedras é grande, pois ás veces serven coma lugar de rito de iniciación ou curación. Son coñecidas no noroeste da Península Ibérica (principalmente en Galicia), Francia (principalmente na Bretaña e no Macizo Central: pierres branlantes) e na Gran Bretaña (rocking ou logan stones), principalmente en Escocia, Gales e Cornualla.

Son as máis das veces de orixe natural, formadas pola erosión ou por efecto dos glaciares. É por isto que son moi frecuentes preto do mar, pois responden a unha erosión salina que vai creando alvéolos nas súas rexións máis periféricas, e que lle van dando formas redondeadas á rocha e eventualmente trasladan as forzas de apoio a puntos que non eran os iniciais. Noutros casos son megálitos realizados polo ser humano.

Plinio o Vello (23–79) xa escribira no século I sobre un penedo preto de Harpasa (en Caria, Asia Menor) que se podía abalar cun dedo, pero non se podía desprazar coa forza de todo o corpo. Tolomeo (circa 90–168) falaba da rocha xigonia, que, dicía, se podía abalar co talo dunha abrótea, mais non mover por toda a forza que fixeses.

Petrus Christus

Petrus Christus (Baarle-Hertog, Antuerpen, circa 1410 – Bruxas, circa 1475) foi un dos principais pintores flamengos do século XV.

Pipino de Herstal

Pipino II de Heristal ou Pipino o Mozo, nado en Heristal, circa 635 e finado en Jupille, Bélxica o 16 de decembro de 714, foi o Mordomo de Palacio de Austrasia. Fillo de Ansexiselo e de Begga, fillo de Pipino I o Vello.

Policleto

Policleto de Argos, (en grego antigo Πολύκλειτος / Polýkleitos), tamén chamado Policleto, o vello para diferencialo de Policleto, o novo, nado no século V a.C. en Argos ou Sición, foi un dos máximos escultores gregos do período clásico, contemporáneo de Fidias e Mirón, moi recoñecido polos seus traballos en bronce.

Quintiliano

Marco Fabio Quintiliano, en latín Marcus Fabius Quintilianus, nado en Calagurris, actual Calahorra, circa 39 e finado en Roma, c. 95, foi un retórico e pedagogo hispanorromano.

Torre de Babel

A Torre de Babel (en hebreo: מִגְדַּל בָּבֶל, Migddal Bāḇēl) é un mito etiolóxico da Xénese e do Tanakh (tamén chamada a Biblia hebrea ou o Antigo Testamento) que explica a orixe das diferentes linguas. Segundo esta historia, a humanidade unida descendente dos superviventes do diluvio falaba unha soa lingua e migrou dende o leste até a terra de Shinar (en hebreo: שנער). Acordaron contruír unha cidade e unha torre para acadar o reino de Deus, no ceo. Vendo isto, Deus confundiu a súas falas para que non puideran entenderse entre eles e se esparexeran polo mundo.

A Torre de Babel foi asociada con coñecidas estruturas segundo estudosos modernos, como a construción de Etemenanki, un cigurat adicado ó deus mesopotámico Marduk, construído durante o reinado de Nabopolasar, rei de Babilonia (c. -610). O Gran Cigurat de Babilonia tiña unha altura 91m. Alexandre o Grande ordenou a súa demolición circa de -331 para unha reconstrución que a súa morte impediu. Unha historia sumeria con algúns elementos comúns aparece en Enmerkar e o Señor de Aratta.

Xerxes I

Xerxes I (en persa خشایارشاه) (circa -519--465), rei aqueménida de Persia (-486--465), fillo de Darío I e de Atosa, filla de Ciro II o Grande. O seu nome Xerxes é unha transliteración ao grego do seu nome persa trala súa ascensión ao trono, Khshayarsha ou Khsha-yar-shan, que significa "gobernador de heroes". Na Biblia aparece citado como אחשורש (Aḥashverosh ou Ahasuerus transliterado ao grego, Axuero en versión galega).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.