Cinexética

A cinexética é a arte da caza, entendendo por esta a actividade ou acción en que xeralmente se captura un animal.

Betanzos, San Francisco 01-33
Escena de caza nun lateral do sepulcro de Fernán Peres de Andrade, O Boo, na igrexa de San Francisco de Betanzos.

Historia e características

Toutón, ao cazador
Ao cazador en Toutón, Mondariz.

A orixe da caza é case tan antiga como a existencia do home, mais esta ocupación mudou cando as necesidades primarias humanas foron cubertas e a cinexética se converteu nunha actividade deportiva, dando lugar á caza deportiva.

Distínguense comunmente dous tipos de caza:

O filósofo español José Ortega y Gasset deixou unha definición que se axusta ó que un bo cazador debe pensar: "A caza é todo o que se fai antes e despois da morte do animal: a morte é imprescindible para que exista a cacería".

Véxase tamén

Outros artigos

  • Caza deportiva
  • Cetrería
  • Tecor

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Alectoris

Alectoris é un xénero aves da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, que se distribúen polo sur de Europa, norte de África, Arabia e Asia ata o Tibet e o leste da China.

Especies deste xénero foron introducidas en Norteamérica, Nova Zelandia e Hawaii.

Bóvidos

A dos bóvidos (Bovidae) é unha familia de mamíferos artiodáctilos ruminantes que comprende, segundo os autores, entre oito e dez subfamilias (algúns chegan a admitir até a ducia), entre as que destacan a dos bovinos (Bovinae), que inclúe bois, bisontes e búfalos; a dos caprinos (Caprinae), que agrupa a cabras, ovellas e rebezos, e a dos antilopinos (Antilopinae), ou antílopes verdadeiros, que comprende as numerosas especies de gacelas e outros antílopes.

Os seus hábitats naturais son moi variados, estendéndose desde o Ártico até o trópico de Cáncer, habitando sobre todo en rexións de praderías e sabanas, no vello mundo (Eurasia e África) e en Norteamérica.

A domesticación dalgúns bóvidos comezou no neolítico, coas ovellas, en Mesopotamia, hai 10.000 anos.

Cabra montesa

A cabra montesa ou hirco (Capra pyrenaica) é unha das especies de bóvidos do xénero Capra que existen en Europa, sendo as outras o íbice ou cabra dos Alpes, as cabras salvaxes do Cáucaso e a cabra doméstica. Trátase dun endemismo que actualmente non se atopa fóra das áreas montañosas da Península Ibérica.

Caza

O termo caza pode referirse a:

Cinexética, actividade consistente en capturar un animal;

Caza deportiva, variedade ociosa variante da anterior;

Caza, avión usado para a defensa e o ataque á aviación inimiga.

Corzo

O corzo ou corza (Capreolus capreolus) é un pequeno cervídeo comunmente encontrado na Europa e Asia, posuidor de galladas curtas, puntiagudas, e pelaxe avermellada no verán, e marrón-acinzentada no inverno.

Curtis

Curtis é un concello da comarca de Betanzos, na provincia da Coruña limítrofe coa provincia de Lugo. Segundo o IGE no 2014 tiña unha poboación de 4048 habitantes (4159 no 2012, 4214 no 2011, 4228 no 2010). O concello ten dous importantes núcleos de poboación separados 12 km: Teixeiro, onde está a casa do concello, e Curtis que tamén é o nome histórico do concello. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «curtense».

Faisán común

O faisán común (Phasianus colchicus) é unha ave da familia dos faisáns e a única delas con poboación salvaxe en Galiza. Pertence á familia Phasianidae, da orde dos galiformes. Orixinaria de Oriente, foi introducida polo ser humano en Europa occidental dende moi cedo, tanto como ave de caza como para o seu aproveito decorativo, posto que as plumas dos machos poden ser moi espectaculares. Tamén se produce en granxas.

Existen dúas subespecies altamente espalladas e conviventes:

Phasianus colchicus colchicus - o faisán común típico

Phasianus colchicus torquatus - o faisán común torcado, caracterizado por un anel branco na base do pescozo dos machos.

Lepóridos

A dos lepóridos (Leporidae) é unha das dúas familias de mamíferos que se integran na orde dos lagomorfos (a outra é a dos ocotónidos).

A familia comprende unhas cincuenta especies agrupadas en once xéneros, que son coñecidas vulgarmente como lebres e coellos.O coello europeo (Oryctolagus cuniculus) é a especie máis difundida no mundo, e a única que foi domesticada polo home.

Lobo

O lobo gris (Canis lupus), coñecido sinxelamente como lobo, é o maior membro en liberdade pertencente á familia dos Cánidos. É un supervivente da idade de xeo orixinada durante o Plistoceno superior, hai uns 300.000 anos. A súa secuencia de ADN e máis os estudos sobre deriva xenética indican que o lobo gris comparte un devanceiro común co can doméstico (Canis lupus familiaris), sendo o seu parente máis achegado, malia ser esta afirmación rexeitada por algúns expertos, que sinalan grandes diferenzas no tocante á súa morfoloxía e comportamento. En liberdade foron identificadas un gran número de subespecies de lobo, aínda que o seu número exacto segue a ser un tema de debate. Os lobos son tipicamente superdepredadores nos ecosistemas nos que moran. Malia non seren tan adaptábeis como o son algúns dos seus parentes cánidos, os lobos lograron prosperar en fragas temperadas, desertos, montañas, tundra, taiga, pradeiras, e incluso zonas urbanas ou intensamente humanizadas, como é o caso de Galicia.

Tendo sido abondoso noutras épocas ao correr de Europa, Asia e Norteamérica, na actualidade a distribución do lobo no mundo minguou notabelmente por mor da destrución dos seus hábitats e da persecución sufrida polo ser humano. A pesar desta persecución, o estado do lobo no mundo é considerado pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN) como pouco preocupante. A día de hoxe, os lobos son unha especie protexida en moitos lugares, aínda que segue a ser cazada como especie cinexética ou daniña noutros.

Nalgunhas culturas, como a galega, o lobo está moi presente na súa etnografía, debido ao vencello que une á presenza do lobo nas áreas rurais nas que até hai pouco vivía a meirande parte da poboación galega. A especie de lobo que habita en Galicia é o lobo ibérico.

Montes do Invernadeiro

O Invernadeiro é un espazo natural de carácter montañoso situado nos montes de Vilariño de Conso(Ourense), ó sur do macizo central na provincia de Ourense. O Invernadeiro foi declarado parque natural o 5 de xuño de 1997, cunha superficie de 5.722 ha. Está situado entre os ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena, e formado polas serras de San Mamede, Queixa, Manzaneda e o Fial das Corzas, que constitúen o Macizo Central Ourensán, con altitudes contorno ós 1.000-1.600 m.

As altas montañas de cumes cubertos de pastos mostran nas súas abas grandes extensións de queirogais que, en chegando ás ribeiras dos ríos, ceden o protagonismo ás fragas e soutos fluviais nos que a vida bole de forma sorprendente. Aquí e alí, escuras e espalladas manchas de piñeiros recordan a que foi a árbore predominantes no pasado. A fauna que ten aquí o seu fogar asombra pola súa riqueza e adaptación ó medio.

O espazo destaca pola súa riqueza faunística, botánica e enorme interese xeomorfolóxico e paisaxístico.

Conta coa categoría de parque natural desde o 5 de xuño de 1997 , pero foi refuxio de caza como espazo natural en réxime de protección xeral coa Orde do 15 de novembro de 1989 e coa regulación das actividades de uso público segundo a Orde do 8 de xaneiro de 1990, ocupando unha extensión de 5.500 ha.

Palencia

Palencia é unha cidade e concello español situada na comunidade de Castela e León, capital da provincia do mesmo nome situada na chaira de Terra de Campos, na beira do río Carrión. Situada a 749 m de altitude, dista 235 km de Madrid e conta cunha poboación de 80.649 habitantes (INE 2013) sobre unha extensión de 94,71 km². É a terceira cidade máis industrializada de Castela e León tras os focos de Valladolid, Burgos e diante de Miranda de Ebro.

Premios Mestre Mateo 2016

Os Premios Mestre Mateo 2016 galardoaron as producións audiovisuais de Galicia de 2016 e celebráronse o 4 de marzo de 2017. Durante a cerimonia, a Academia Galega do Audiovisual presentou os Premios Mestre Mateo en 25 categorías. A cerimonia celebrouse no Palexco da Coruña. Os nomeados foron anunciados o 7 de febreiro de 2017.

Rula

A rula (Streptopelia turtur) ou rula común, para diferenciala de especies próximas como a rula turca (Streptopelia decaocto), é unha ave migratoria da familia Columbidae. Tamén é aceptada a variedade dialectal rola.

Río Guadalhorce

O río Guadalhorce (do árabe wādi, "río" + latín forfex, "tesoiras" ou "cizallas") é un curso fluvial andaluz que desemboca no mar Mediterráneo. É o principal río da provincia de Málaga e da Conca hidrográfica do sur.

Proporciona electricidade e auga a Málaga a través das centrais de Gobantes, Paredones, Gaitanejo e El Chorro, habendo unha nova central proxectada na súa desembocadura.

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil

O Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) é unha unidade da Garda Civil en España, encargada da conservación da natureza e os recursos hidráulicos, así como da riqueza cinexética, piscícola, forestal e de calquera outro mester relacionado coa natureza, segundo o artigo 12.B.e da Lei Orgánica 2/1986, de 13 de marzo, de Forzas e Corpos de Seguridade.Creado no ano 1988 e reorganizada no ano 2000, o SEPRONA ten a misión de evitar agresións ó medio ambiente, e a de protexer os bens mobles e inmobles catalogados como Bens do Patrimonio Histórico en todo o territorio español e no seu mar territorial, incluída a preservación de especies protexidas e ameazadas. A súa base de traballo é moi extensa, debendo os seus compoñentes traballar con máis de 2000 leis e decretos, sendo a especialidade da Garda Civil que maior lexislación manexa.

Trátase da única policía xudicial verde de Europa, e o seu labor é recoñecido por moitas ONG.

Sprint

Sprint foi un semanario deportivo editado en Vigo entre 1927 e 1936.

Terreo Cinexeticamente Ordenado

Un Terreo Cinexeticamente Ordenado (TECOR) é unha área do territorio galego susceptible de aproveitamento cinexético que fose declarada e recoñecida como tal pola Consellería do Medio Rural. Esta categoría territorial naceu coa Lei de Caza de Galicia de 1997, substituíndo os antigos cotos de caza.

Xabaril

O xabaril (do árabe djabalí)) ou porco bravo (Sus scrofa, L. 1758) é un mamífero artiodáctilo e suídeo de medio porte e corpo robusto. É considerado o antepasado a partir do cal evoluíu o actual porco doméstico (Sus domesticus ou Sus scrofa domesticus). A forma xabarín está considerada polo DRAG como menos recomendable. Pola súa semellanza co porco, antigamente recibiu tamén denominacións derivadas deste: cocho bravo, porco montés e porco fero.

Ten unha ampla distribución xeográfica, desde a área mediterránea de Europa ata Asia e Indonesia. En Galicia tamén está amplamente distribuído.

Das diferentes subespecies que existen do Sus scrofa, na Península Ibérica danse dúas:

Albar ou Sus scofra castilianus: de distribución máis norteña, tamaño maior e pelaxe máis clara e tupida, formada por sedas e borra.

Arocho ou Sus scofra baeticus: propia do sur da península, menor có anterior, de cor máis moura e menos pelo, formado só por sedas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.