Cinabrio

O cinabrio (tamén chamado cinabarita; do latín cinabar), é un mineral da clase dos sulfuros cuxa fórmula química é HgS (contén un 85% de mercurio e un 15% de xofre). É de cor vermella púrpura, traslúcido, de dureza 2,5 e densidade 8,1 g/cm3.

Cinabrio
Mineral Cinabrio GDFL013
Cinabrio de tonalidade escura
Fórmula químicaHgS
ClaseSulfuros
Sistema cristalinoTrigonal
CorDe vermella a parda
BrilloDe adamantino a terroso
Dureza2,5
FracturaConcoidea
ExfoliaciónPerfecta
RaiaVermella máis clara
Densidade8,1 g/cm3

Aparencia

Na súa forma cristalina o cinabrio presenta un parecido notable co cuarzo na súa simetría e caracteres ópticos. Coma o cuarzo, exhibe unha polarización circular, e Alfred Des Cloizeaux demostrou que posúe quince veces o poder rotativo do cuarzo. Preséntase normalmente nunha masa granular de cristais romboédricos. Raia o xeso e é raiado pola calcita.

Cinabrio

Cinabrio de tonalidade vermella

Mineral Cinabrio GDFL016

Cinabrio de tonalidade moito máis escura

Obtención

Fórmase xunto as rochas volcánicas e fontes cálidas.

O cinabrio pódese encontrar en tódolos lugares que producen mercurio especialmente en Almadén (España), Nuevo Almadén (California), Idrija (Eslovenia), Landsberg, preto de Ober-Moschel no Palatinado, Ripa, ó pé dos Alpes, Apuan (Toscana), a montaña Avala (Serbia), a rexión de Huancavelica (Perú) e a provincia de Kweichow na China, de onde foron obtidos moi finos cristais.

Usos

Ademais de ser fonte importante de mercurio, é tamén empregado en instrumental científico, aparellos eléctricos e ortodoncia.

Outros sulfuros

Outros sulfuros de importancia son:

A galena, a pirita, a calcopirita, a arsenopirita e a pirrotina.

Almadén

Almadén é un concello español da provincia de Cidade Real, en Castela-A Mancha. Situado a 589 metros de altitude, ten unha poboación de 6.175 habitantes (2010).

Posúe unhas importantes minas de cinabrio, mineral do que se extrae mercurio. As reservas deste mineral son as máis grandes do mundo e eran xa explotadas en tempos de Estrabón, Vitrubio e Plinio, que aluden ao cinabrio de Almadén ao mencionar a próxima cidade romana de Sisapo, situada no val de Alcudia.

Arsenopirita

A arsenopirita (tamén chamada pirita arsenical ou mispíquel) é un mineral da clase dos sulfuros cuxa fórmula química é FeAsS e que cristaliza no sistema monoclínico.

Calcopirita

A calcopirita ou pirita de cobre (do grego khalkós pyrósé, cobre de lume) é un mineral da clase dos sulfuros cuxa fórmula química é CuFeS2 (34,6% de cobre, 30,4% de ferro e 35% de xofre).

Elementos do grupo 12

O grupo 12, segundo a numeración recomendada pola IUPAC, é un grupo de elementos químicos da táboa periódica que inclúe o cinc (Zn), o cadmio (Cd) e mailo mercurio (Hg). Varios experimentos sobre átomos individuais de copernicio (Cn) apoian a inclusión deste elemento tamén no grupo 12. Segundo o sistema de numeración antigo, tanto da IUPAC coma do CAS, este grupo coñecíase como IIB.

Tanto o cinc coma o cadmio e o mercurio están presentes na natureza e teñen aplicacións moi variadas nos eidos da electricidade e a electrónica, así como para a formación de aliaxes. Os dous primeiros, metais sólidos en condicións normais, teñen propiedades moi semellantes. O mercurio, pola súa banda, é o único metal líquido a temperatura ambiente. O cinc ten unha grande importancia na bioquímica dos seres vivos, pero o cadmio e o mercurio son altamente tóxicos. Canto ao copernicio, dado que non existe de xeito natural, debe sintetizarse no laboratorio.

Fármaco

Un fármaco (gr. φάρμακον), ás veces referido como medicina, menciña ou medicamento é toda substancia química purificada empregada na prevención, diagnóstico, tratamento, mitigación ou cura dunha doenza, para evitar a aparición dun proceso fisiolóxico non desexado ou ben para modificar condicións fisiolóxicas con fins específicos.

Galena

A galena é un mineral da clase dos sulfuros cuxa fórmula química é PbS. É insoluble en auga e de brillo metálico.

Historia da tecnoloxía

A historia da tecnoloxía é a historia da invención de ferramentas e técnicas cun propósito práctico. A historia moderna está relacionada intimamente coa historia da ciencia, pois o descubrimento de novos coñecementos permitiu crear novas cousas e, reciprocamente, puidéronse realizar novos descubrimentos científicos grazas ao desenvolvemento de novas tecnoloxías, que estenderon as posibilidades de experimentación e adquisición do coñecemento.

Os artefactos tecnolóxicos son produtos dunha economía, unha forza do crecemento económico e unha boa parte da vida. As innovacións tecnolóxicas afectan e están afectadas polas tradicións culturais da sociedade. Tamén son un medio de obter poder militar.

Hábito cristalino

En mineraloxía, o hábito cristalino é a forma externa característica dun cristal individual ou un grupo de cristais. O hábito dun só cristal é unha descrición da súa forma xeral e as súas formas cristalográficas, e de ata que punto está ben desenvolvida cada forma. O aspecto dos minerais pode dividirse en cristais illados, asociacións ou agregados de cristais, e masas.

Recoñecer o hábito pode axudar a identificar un mineral. Cando as caras do cristal están ben desenvolvidas debido a un crecemento con moito espazo dispoñible o cristal denomínase euédrico, un cristal con caras pacialmente desenvolvidas é subédrico, e un con caras non desenvolvidas denomínase anédrico. O eixe longo dun cristal de cuarzo euédrico ten un hábito prismáttico de seis lados con caras opostas paralelas. Poden formarse agregados de cristais individuais con grans euédricos e anhedricos. A disposición dos cristais dentro dun agregado pode ser característica de certos minerais. Por exemplo, os minerais usados para o illamento con asbesto adoitan crecer nun hábito fibroso, unha masa de fibras finas.Os termos utilizados polos mineraloxistas para falar dos hábitos cristalinos describen a aparencia típica dun mineral ideal. Recoñecer o hábito pode axudar á identificación, xa que algúns hábitos son característicos. Porén, a maioría dos minerais non mostran hábitos ideais debido ás condicións reinantes durante a cristalización. Os cristais euédricos formados en condicións con moito espazo para crecer sen grans de cristal adxacentes non son comúns; o máis común é que as caras non se formen moi ben ou non se formen contra grans adxacentes e o hábito mineral pode non ser doadamente recoñecible.

Os factores que inflúen nos hábitos que vai ter un mineral poden ser: unha combinación de dúas ou máis formas cristalinas; trazas de impurezas presentes durante o crecemento; maclado e condicións de crecemento (é dicir, calor, presión, espazo); e tendencias de crecemento específicas como estriacións de crecemento. Os minerais que pertencen ao mesmo sistema cristalino non necesariamente presentan o mesmo hábito. Algúns hábitos dun mineral son únicos dunha determinada variedade ou lacalidade. Por exemplo, mentres que a maioría dos zafiros forman cristais con forma de barril alongado, os que se encontran en Montana forman cristais tabulares grosos. Ordinariamente, ese último hábito é o que teñen os rubís. O zafiro e o rubí son variedades dun mesmo mineral, o corindón.

Algúns minerais poden substituír outros minerais existentes conservando inalterado o hábito orixinal. Este proceso denomínase substitución pseudomórfica. Un exemplo clásico é o cuarzo ollo de tigre, onde o asbesto crocidolita foi substituído por sílice. Aínda que o cuarzo forma tipicamente cristais prismáticos (alongados e con forma de prisma), no ollo de tigre conservouse o hábito fibroso orixinal da crocidolita.

Os nomes dos hábitos cristalinos derivan de:

Caras do cristal predominantes (prisma – prismático, pirámide – piramidal e pinacoide – laminar).

Formas do cristal (cúbico, octaédrico, dodecaédrico).

Agregación de cristais ou agregados (fibroso, botrioidal, radiante, masivo).

Aparencia do cristal (foliado/lamelar (en capas), dendrítico, en coitelas, acicular, lenticular, tabular (con forma de tableta)).

K'inich Janaab' Pakal

K'inich Janaab' Pakal (pronunciado en maia: [k’ihniʧ xanaːɓ pakal]) ou Pakal o Grande, nado o 23 de marzo de 603 e finado o 28 de agosto de 683, foi un ahau ou gobernante do ajawlel ou señorío maia de B'aakal, cuxa sede era Lakam Ha', agora coñecida como a zona arqueolóxica de Palenque, que se atopa no norte do estado mexicano de Chiapas.

Foi entronizado pola súa nai á idade de doce anos, gobernou dende o ano 615 até o 683. Ascendeu ó poder despois de que Palenque sufrise un período de adversidade. Durante as primeiras décadas do seu goberno viviuse unha época de paz e produtividade. No ano 659 iniciou unha campaña militar que consolidou a Palenque como unha das cidades máis importantes da rexión. Durante un reinado de 68 anos, o máis longo período de reinado coñecido na historia de América, o goberno de Pakal caracterizouse por impulsar o crecemento da obra arquitectónica de Palenque e por iniciar os rexistros xeroglíficos da súa historia dinástica.

Lista de minerais

O que a continuación segue é unha lista de minerais, mineraloides e exemplares de orixe natural en orde alfabética.

Lista de nomes femininos en galego

Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.

Mercurio (elemento)

O mercurio (chamado popularmente azougue, amais da forma literaria hidrarxirio) é un elemento metal líquido a temperatura ambiente de número atómico 80, moi denso, de cor branca prateada. Algunhas das fontes de emisión á atmosfera ou ó ambiente en xeral máis importantes deste contaminante tóxico e bioacumulable son a incineración de residuos ou determinados procesos industriais.

O mercurio aparece en depósitos en todo o mundo, principalmente como cinabrio (sulfuro de mercurio). O pigmento vermello denominado vermellón obtense triturando cinabrio natural ou sulfuro de mercurio obtido por síntese.

O envelenamento por mercurio pode resultar da exposición ás formas solubles en auga do mercurio (como o cloruro mercúrico ou o metilmercurio), pola inhalación de vapor de mercurio, ou pola inxestión de calquera das súas formas.

Mineral

Para a función nutritiva dos minerais, ver Minerais na alimentación.Un mineral é un corpo producido por procesos de natureza inorgánica, xeralmente cunha composición química definida e, se se forma en condicións favorables (espazo, tempo e repouso axeitados), unha estrutura atómica definida pola súa cela unidade que se expresa na súa forma cristalina e outras propiedades físicas características. Adoita presentarse en estado sólido á temperatura media da Terra, aínda que algúns, como a auga e o mercurio, preséntanse en estado líquido.

A ciencia que os estuda chámase mineraloxía.

Así pois, as tres características básicas dos minerais son:

Material inorgánico de orixe natural.

Material cristalino, ordenado en celas unidade.

Material sólido, salvo raras excepcións.Hai minerais formados por un só elemento, como o xofre, ou por varios, como o cinabrio.

Mosca do vinagre

Drosophila melanogaster é unha especie de díptero (mosca) da familia Drosophilidae. A especie recibe o nome en xeral de mosca da froita ou mosca do vinagre, que tamén reciben outras especies de Drosophila. Desde que Charles W. Woodworth propuxo o uso desta mosca como organismo modelo para realizar estudos científicos, D. melanogaster é amplamente utilizada na investigación biolóxica en estudos de xenética, fisioloxía, patoxénese microbiana e evolución. É un animal moi axeitado para este mester porque é fácil de coidar, ten só catro pares de cromosomas, reprodúcese rapidamente, e pon moitos ovos. O xenoma desta mosca foi totalmente secuenciado e moitos dos seus xenes teñen homólogos no xenoma humano. D. melanogaster é unha praga común nas casas, en restaurantes e outros lugares onde se serve comida.As moscas que pertencen á familia Tephritidae tamén se poden chamar "moscas da froita", e orixinan pragas na froita de importancia económica (por exemplo, a especie Ceratitis capitata), e non hai que confundilas coas drosófilas. As Tephrítidae aliméntanse de froita en bo estado, mentres que as drosófilas fano de froitas moi maduras ou podres.

Pirita

A pirita (do grego pyros que significa lume) é un mineral da clase dos sulfuros cuxa fórmula química é FeS2 (contén un 53,4% de xofre e un 46,6% de ferro).

Química inorgánica

Química inorgánica ou química mineral é a rama da química que estuda os elementos químicos e as substancias da natureza que non posúen o carbono ordenado en cadeas; Como parte da química, investiga as estruturas, propiedades e a explicación do mecanismo das reaccións e transformacións dos elementos non orgánicos.

Os materiais inorgánicos comprenden cerca do 5% das substancias existentes no planeta Terra.

As áreas de estudo en química inorgánica son a táboa periódica dos elementos, e o estudo da química de cada elemento e os seus compostos.

Diferéncianse tres grandes grupos:

Química dos elementos dos grupos principais.

Química dos metais de transición.

Química dos lantánidos e actínidos.

Raíña Vermella de Palenque

Coñécese como a Raíña Vermella á osamenta atopada no Templo XIII das ruínas arqueolóxicas de Palenque. Aínda que a súa identidade aínda non foi confirmada, as investigacións suxiren que podería tratarse de Tz'akbu Ajaw, tamén coñecida como Ahpo-Hel, quen era esposa do ahau Pakal “o Grande”.

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Xofre

O xofre (do latín sulphur, -ŭris) é un elemento químico de símbolo S, número atómico 16 (16 protóns e 16 electróns) e de masa atómica 32 u. Á temperatura ambiente, o xofre encóntrase no estado sólido. O xofre é facilmente recoñecido na forma de cristais amarelos que ocorren en diversos minerais de sulfito e sulfato, ou mesmo na súa forma pura, especialmente en rexións volcánicas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.