Cilindro

Xeometricamente, un cilindro é unha superficie das denominadas cuádricas formada polo desprazamento paralelo dunha recta chamada xeratriz ao longo dunha curva plana, que pode ser pechada ou aberta, denominada directriz do cilindro.

Se a directriz é un círculo e a xeratriz é perpendicular a el, entón a superficie obtida, chamada cilindro circular recto, será de revolución e terá logo todos os seus puntos situados a unha distancia fixa dunha liña recta, o eixe do cilindro. O sólido encerrado por esta superficie e por dous planos perpendiculares ao eixe tamén é chamado cilindro. Este sólido é utilizado como unha superficie Gausiana.

Na xeometría diferencial, un cilindro defínese de forma xeral como calquera superficie regrada xerada por unha familia uniparamétrica de liñas paralelas.

Cylinder geometry
Un cilindro circular recto.

Clasificación

Un cilindro pode ser:

  • cilindro rectangular: se o eixe do cilindro é perpendicular ás bases;
  • cilindro oblicuo: se o eixe non é perpendicular ás bases;
  • cilindro de revolución: se está limitado por unha superficie que xira 360° graos.

Superficie cilíndrica

A superficie cilíndrica está conformada por rectas paralelas, denominadas xeratrices, as cales conteñen os puntos dunha curva plana, denominada directriz do cilindro. A superficie lateral cilíndrica obtense mediante o xiro dunha recta arredor dun eixe.

As superficies cilíndricas poden ser
  • superficie cilíndrica de revolución: se todas as xeratrices equidistan dun eixe, paralelo a ela,
  • superficie cilíndrica de non revolución: se non existe un eixe que equidiste das xeratrices.

Área da superficie cilíndrica

Desenvolvemento dun cilindro.

A superficie dun cilindro circular recto está conformada pola área da base, circular neste caso: A = Π r2, pero como este cilindro ten 2 bases multiplícase por 2, sendo a área total das dúas bases: Ab = 2 Π r2

Ademais, a área lateral está formada por un rectángulo de altura "h" e de largo o perímetro do círculo L = 2 Π r, polo que a área lateral é: Al = 2 Π r h

Polo tanto, a área total, ou área da superficie cilíndrica é:

A = Ab + Al

A = 2 Π r2 + 2 Π r h

A = 2 Π ( r2 + r h )

A = 2 Π r ( r + h )

Volume do cilindro

O volume dun cilindro é o produto da área da base "Ab" pola altura do cilindro "h"

O volume dun cilindro de base circular é:

V = Π r 2·h

sendo a altura do cilindro a distancia entre as bases.

Cilindro como superficie cuádrica

As seccións cónicas son de tres tipos: elipses, parábolas e hipérboles, que, sendo directrices, orixinan tres tipos de superficies cuádricas cilíndricas:

Quadric Elliptic Cylinder
Quadric Parabolic Cylinder
Quadric Hyperbolic Cylinder
Cilindro elíptico

Tomando como directriz unha elipse, pódese xerar unha superficie cilíndrica elíptica (que inclúe os cilindros circulares, cando os semieixes da elipse son iguais).

Nun sistema ortogonal de coordenadas, tomando como eixe z unha recta cunha dirección paralela á xeratriz, se se escolle como orixe o centro de simetría, a ecuación da superficie cilíndrica é similar á da superficie cónica correspondente.

A ecuación dun cilindro elíptico é da forma:

onde a e b son os semieixes.

Cilindro parabólico
Cilindro hiperbólico

Véxase tamén

Ligazóns externas

Arquímedes

Arquímedes (en grego: Ἀρχιμήδης), nado en Siracusa (na Illa de Sicilia) no 287 a.C. e finado no 212 a.C. na mesma localidade, foi un científico, matemático, físico, inventor e astrónomo grego. Considérase que Arquímedes foi un dos matemáticos máis grandes da antigüidade clásica e, en xeral, de toda a historia. Creou un método para calcular o número pi (nº π) (razón entre o perímetro dunha circunferencia e o seu diámetro) coa aproximación tan grande canto se queira. Cría que nada do que existe é tan grande que non poida ser medido. Perfeccionou, pois, o sistema grego de numeración, creando unha notación cómoda para os números moi grandes, semellante ao actual sistema exponencial. Pasou a súa vida traballando como protexido para os reis de Sicilia Hierón II e o seu fillo Gelón II (ambos os dous reis eran membros da dinastía deinoménida).

En mecánica atribúenselle algunhas invencións tales como a rosca sen fin, a roda dentada, a roldana móbil e a panca. Entre as frases que se lle atribúen está: “dáme unha panca e un punto de apoio e moverei o mundo”.

En física, no seu Tratado dos corpos flutuantes, estableceu as leis fundamentais da estática e da hidrostática. Un dos principios fundamentais da hidrostática enúnciase así: “todo corpo mergullado total ou parcialmente nun fluído sofre un empuxe vertical, dirixido de baixo para riba, igual ao peso do volume do fluído desaloxado, e aplicado no centro de empuxe." O centro do empuxe é o centro de gravidade do volume que corresponde á porción somerxida do corpo.

As súas últimas pescudas terían o obxectivo de responder a Hierón, rei de Siracusa, se a súa coroa era realmente de ouro puro. Conseguindo resolver tal problema mentres se bañaba, Arquímedes saíu á rúa, nu, gritando Eureka! Eureka! (Encontreino!)

Durante case tres anos, as máquinas de guerra da súa invención que lanzaban dardos de pedra, terían sido as principais responsábeis das derrotas impostas polos gregos ao exército de Marco Claudio Marcelo, xeneral romano que cercaba Siracusa. Dise tamén, segundo a tradición, que Arquímedes conseguiu incendiar os navíos romanos por medio dun xogo de lentes e espellos. Matouno un soldado romano despois da toma de Siracusa durante a segunda guerra púnica.

Centrosoma

O centrosoma é un orgánulo celular, que funciona como o principal centro organizador de microtúbulos (COMT ou MTOC en inglés) da célula animal e como un regulador da progresión do ciclo celular. Foi descuberto por Edouard Van Beneden en 1883

e foi descrito e nomeado en 1888 por Theodor Boveri. Pénsase que o centrosoma evolucionou só nos animais. Os fungos e plantas, polo contrario, usan outras estruturas para organizar os seus microtúbulos. Aínda que o centrosoma na célula animal xoga un papel no desenvolvemento eficiente da mitose, non é esencial para a mesma.Os centrosomas compóñense de dous centríolos dispostos perpendicularmente e unha masa amorfa de proteínas que os rodea denominada material pericentriolar. O material pericentriolar contén as proteínas que interveñen na nucleación dos microtúbulos e na súa fixación entre as que se inclúen a γ-tubulina, a pericentrina e a nineína. En xeral, cada centríolo do centrosoma ten unha estrutura formada por nove tripletes de microtúbulos que forman un cilindro unidos por unha estrutura en roda de carro, e contén centrina, cenexina e tectina.

Cilindro (motor)

O cilindro dun motor é o lugar por onde se despraza un pistón. O seu nome provén da forma que posúe, aproximadamente cilíndrica.

Ciro II

Ciro II o Grande (antigo persa Kurash, persa moderno کوروش بُزُرگ Kurosh-e Bozorg), nado c. -600 e finado no -530, foi un rei iniciador da dinastía aqueménida de Persia e fundador do Imperio aqueménida que gobernou desde c. -559 ata a súa morte en -530.

Corpo basal

Un corpo basal ou cinetosoma é unha estrutura que aparece na base dos undilopodios eucariotas (cilios ou flaxelos) e que serve como punto de nucleación para o crecemento dos microtúbulos do axonema, polo que funciona como un centro organizador de microtúbulos (COMT ou en inglés MTOC). Os corpos basais derivan dos centríolos a través dun proceso en gran parte descoñecido. Son estruturalmente iguais ao centríolo, cada un deles presenta unha configuración helicoidal de 9+0 tripletes de microtúbulos (9 exteriores e ningún no centro) formando un cilindro oco.

Os centríolos, a partir dos cales se forma o corpo basal, actúan na célula como puntos de fixación para as proteínas, nas que á súa vez se ancoran os microtúbulos nos centrosomas, outro tipo de centro organizador de microtúbulos. Estes microtúbulos proporcionan a estrutura e facilitan o movemento das vesículas e orgánulos dentro de moitas células eucarióticas. Os corpos basais, porén, son especificamente bases para os cilios e flaxelos, os cales se proxectan fóra da célula.

A regulación da produción do corpo basal e a súa orientación espacial é unha función do dominio de enlace dos nucleótidos da γ-tubulina (Shang et al, 2005).

Distribuidor

O distribuidor é unha peza do sistema eléctrico do automóbil que cumpre unha misión sumamente importante ao intervir no proceso de envío de corrente eléctrica, desde a bobina cara ao distribuidor, e de alí ás buxías.

Esta corrente convertida en faísca ao chegar ao eléctrodo da buxía produce a combustión da mestura que se xera dentro do cilindro e consecuentemente a pseudoexplosión que acciona ao pistón, situado no interior de devandito cilindro.

Endoderme

Non confundir co endoderma (capa celular embrionaria animal)

A endoderme ou endoderma é unha capa interna do córtex, que rodea o cilindro vascular nalgunhas plantas terrestres (ou ao periciclo nas raíces). É máis frecuente nas raíces ca nos talos. A endoderme marca o límite entre o córtex e a estela. Está feita de células vivas dispostas ben compactadas coas veciñas; pode constar dunha capa de células ou de varias; a súa capa externa de células está impregnada de substancias hidrófobas, que forman a chamada banda de Caspary, que impide o fluxo apoplástico (polos espazos entre as células) de auga cara ao interior do cilindro central.En moitas pteridófitas, a endoderme é unha capa perfectamente distinguible situada xusto por fóra do cilindro vascular (estela) de talos e raíces. Na maioría das plantas con sementes, especialmente as leñosas, a endoderme está ausente dos talos pero presente nas raíces.

A endoderme axuda a regular o movemento de auga, ións e hormonas cara ao interior e exterior do sistema vascular. Pode tamén almacenar amidón, estar implicada na percepción da gravidade e protexe a planta das toxinas impedindo que entren no tecido vascular.

Cando se produce o crecemento secundario, coa formación profunda de periderme, a endoderme é separada da raíz xunto co córtex. Cando a periderme se forma superficialmente, a endoderme é estirada e esmagada ou se acomoda á expansión do cilindro vascular por divisións anticlinais.

Little Boy

Little Boy foi o nome en código da bomba atómica lanzada na cidade xaponesa de Hiroshima o 6 de agosto de 1945 durante a segunda guerra mundial dende a aeronave Boeing B-29 Superfortress Enola Gay, pilotada polo coronel Paul W. Tibbets, Jr., comandante do Grupo Composto 509 das Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos. Foi a primeira bomba atómica utilizada nunha guerra. O bombardeo de Hiroshima foi a segunda explosión nuclear artificial da historia trala proba Trinity, e a primeira detonación baseada en uranio. Estoupou cunha enerxía de aproximadamente 15 kilotons of TNT (63 TJ). A bomba causou unha destrución significativa para a cidade e os seus habitantes.

A bomba Little Boy desenvolveuna o grupo da División O do capitán William S. Parsons baixo o mando do tenente comandante Francis Birch no Laboratorio de Los Alamos durante a segunda guerra mundial. Parsons voou na misión de Hiroshima como artilleiro. Little Boy foi un desenvolvemento do proxecto previo da bomba Thin Man. Ó igual que esta outra, era unha arma de fisión de tipo balístico, pero derivaba o seu poder explosivo da fisión nuclear do uranio-235 en lugar de basearse na fisión do plutonio-239. A fisión acadábase disparando un cilindro óco de uranio enriquecido a un cilindro sólido do mesmo material mediante unha carga de pólvora propulsora nitrocelulosa. Contiña 64 kg (141 lb) de uranio enriquecido, do que menos dun quilogramo experimentaba a fisión nuclear. Os seus compoñentes fabricáronse en tres plantas diferentes para que ninguén externo ó proxecto puidese obter unha copia do deseño completo.

Trala fin da guerra non se agardaba que o ineficiente deseño do Little Boy fose requirido de novo, polo que se destruíron moitos plans e diagramas do deseño, pero a mediados de 1946 os reactores de Hanford Engineer Works sufrían do efecto Wigner polo que se produciron seis ensamblaxes de Little Boy na Base Sandia. O Gabinete de Artillería da Armada construíu outros 25 Little Boy en 1947 para usalos na aeronave Lockheed P2V Neptune. Tódalas unidades Little Boy retiráronse do servizo militar a finais de xaneiro de 1951.

Motor de catro cilindros en liña

Un motor de catro cilindros en liña é unha configuración de motor de combustión interna na que catro cilindros están dispostos nunha soa fila. Pode ser montado lonxitudinalmente ou transversalmente, con cilindros e pistóns verticais, ou ata parcialmente inclinado ou en posición horizontal. Hoxe é a configuración de motor utilizada na maioría dos automóbiles de ata 2´2 litros de cilindrada. O límite «práctico» para os motores de catro cilindros de catro tempos é de ao redor de 2´5 litros. Con todo, malia que existen motores de ciclo Otto cuxo límite é o mencionado, existen casos de motores de ciclo diésel cunha cilindrada que chega ou ata excede os 3´0 litros. Unha variante desenvolvida no século XXI foi o motor de cinco cilindros en liña de 2´5 litros, que neste caso, posúe unha distribución e desempeño equivalente a un motor 2´0 litros de catro cilindros en liña. Este motor comezou a ser empregado por firmas como Honda, Volkswagen ou Mercedes-Benz entre outras.

Motor de combustión interna

Un motor de combustión interna (MCI) é un tipo de máquina que obtén enerxía mecánica directamente da enerxía química producida por un combustíbel que arde dentro dunha cámara de combustión, a parte principal dun motor.

Motor diésel

O motor diésel ou motor de ignición por compresión é un motor de combustión interna inventado polo enxeñeiro alemán Rudolf Diesel (1858-1913), no que a inflamación do combustíbel se fai polo aumento na temperatura provocado pola compresión da mestura inflamábel. Na cámara de combustión chea de ar comprimido inxéctase un aceite no momento de máxima compresión, a alta temperatura fai que o aceite se vaporice e se inflame. Desenvolveu ese método cando perfeccionaba motores para substituír as máquinas a vapor.

Máquina de vapor

Unha máquina de vapor é un motor de combustión exterior que transforma a enerxía dunha certa cantidade de vapor de auga en traballo mecánico.

En esencia o ciclo de traballo realízase en dúas etapas: xérase previamente o vapor de auga nunha caldeira cerrada, por quentamento directo mediante a queima dalgún combustible —carbón ou madeira nos seus inicios, derivados do petróleo e gas natural con posterioridade— o vapor a presión introdúcese no cilindro arrastrando ó émbolo ou pistón na súa expansión; empregando un mecanismo de biela-manivela este pódese transformar nun movemento de rotación de. Unha vez alcanzado o final de carreira o émbolo retorna á súa posición inicial expulsando o vapor de auga. O ciclo contrólase mediante unha serie de válvulas de entrada e saída que regulan a renovación da carga, é dicir, os fluxos do vapor cara e dende o cilindro.

Os motores de vapor empregáronse habitualmente para mover máquinas e aparatos tan diversos como bombas, máquinas locomotoras, motores mariños etc. durante a Revolución Industrial en cuxo desenvolvemento tivo un papel relevante. As modernas máquinas de vapor utilizadas na xeración de enerxía eléctrica non son xa de émbolo (o desprazamento positivo) como as descritas senón que son turbomáquinas, é dicir, atravesadas por un fluxo continuo de vapor . Estas turbomáquinas reciben a denominación xenérica de turbinas de vapor. Na actualidade a máquina de vapor alternativa é un motor moi pouco usado salvo para servizos auxiliares xa que se viu desprazada especialmente polo motor eléctrico na maquinaria industrial e polo de combustión exterior no transporte.

Proteólise

A proteólise é a degradación de proteínas ou ben por medio de encimas específicos, chamados proteases, ou ben por medio de dixestión intramolecular.

Rectángulo

Un rectángulo é un paralelogramo cuxos catro lados forman ángulos rectos entre si. Os lados opostos teñen a mesma lonxitude.

Propiedades.Se un paralelogramo ten un ángulo recto é un rectángulo.

As diagonais son iguais, córtanse no punto chamado centro.

Calquera segmento que atravesa o centro e se une a dous puntos de lados paralelos, é bisecado polo centro.

A diagonal dun rectángulo inscrito é o diámetro da circunferencia circunscrita.

Un rectángulo que ten os seus catro lados iguais é un cadrado

O corpo de revolución xerado por un rectángulo, respecto dun eixo que conteña ao carón, é un cilindro.

Superficie

En matemáticas, unha superficie é un obxecto topolóxico que, intuitivamente falando, é localmente "parecido" (homeomorfo) ao plano cartesiano , é dicir para cada punto P na superficie hai unha veciñanza de P na superficie que é homeomorfa a un disco aberto de e isto dános un sistema local de coordenadas contorna ao momento na superficie. Podemos chamar ao homeomorfismo local que vai da superficie a como carta e ao inverso (deste homeomorfismo) parametrización. Non sempre é posible parametrizar unha superficie cun único homeomorfismo local.

Exemplos: A esfera, o touro, o plano proxectivo, a botella de Klein, son instancias de superficies pechadas, é dicir sen fronteira.

Un disco (en ), un cilindro e a banda de Möbius son exemplos de superficies con fronteira.

Tamén as superficies se distinguen segundo sexan orientables ou non. Dise que unha superficie é non orientable se contén polo menos unha subsuperficie que é homeomorfa a unha banda de Möbius pechada. Caso contrario dise orientable.

Talo

O talo ou caule é, entre as plantas con flores, o eixe, xeralmente aéreo, que prolonga a raíz e no que se penduran as xemas e as follas. Ramifícase xeralmente en diversas pólas.

Diferénciase da raíz pola presenza de entrenós nos que se penduran as xemas auxiliares e as follas, pola ausencia de cofia terminal e pola súa estrutura anatómica. A transición entre raíz e talo faise no "pescozo". Poden existir talos subterráneos como existen raíces aéreas.

Polo seu xeito de crecemento e de ramificación, o talo determina o porte da planta; tamén ten unha función de sostén da planta e de transporte dos elementos nutritivos entre as raíces e as follas.

Un sinónimo usado ás veces, para diferencialo do talo das plantas inferiores ou talófitas, é o cultismo caule.

Tamboril

O tamboril é un instrumento de percusión bimembranófono, pertencen a familia dos tambores, de amplo uso Europa e Hispanoamérica.

Torre (construción)

Na construción, unha torre é unha estrutura elevada construída polo ser humano. Inicialmente a palabra aplicábase a estruturas cun fin tecnolóxico, aínda que adoita empregarse como sinónimo de rañaceos e para designar edificios con numerosas plantas.

O aspecto pricipal que ten que ter unha torre (para ser tal), é as súas proporcións: hoxe en día chámaselle torre a calquera edificio de máis de 10 pisos, pero unha torre parécese máis a un prisma ou un cilindro, no que a relación dos seus lados en planta (X e E) achégase a 1, mentres que a relación da base e a altura deberían achegarse a 5:1.

Algunhas torres famosas son a Torre de Pisa, a Torre Eiffel, a Torre de Babel, a Torre de Londres e as desaparecidas Torres xemelgas de Nova York. En Galiza a torre máis característica é a Torre de Hércules na Coruña, ou as torres da Catedral de Santiago en Compostela.

Válvula (motor)

A válvula dun motor de combustión interna é un dispositivo que permite ou bloquea a entrada ou a saída de gases dos cilindros do motor.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.