Cigarrón

Chámase cigarrón a máscara característica do entroido de Verín.

Cigarron 1 verin jpereira
Detalle da máscara e traxe.

Características

A máscara vai coa cabeza cuberta con carauta de madeira pintada de cores rechamantes, que se prolonga nunha especie de mitra de metal cun motivo zodárico (león, lobo, boi). Detrás leva unha pelica de can, noutro tempo de gato montés, raposo ou lobo. Desta pelica venlle o nome de peliqueiro que se lle dá en Laza.

O traxe está composto por:

  • Unha camisola branca, gravata e unha chaquetiña curta da que colgan flocos dourados que van atados con lazos de tres cores.
  • Sobor dos ombreiros unha panoleta despurundada á chaqueta.
  • Unha gran faixa vermella enrolada á cintura suxeita o pantalón, quizais a parte máis traballosa do traxe. Enriba da faixa vai o cinto do que colgan as chocas. As pernas do cigarrón van cubertas con medias brancas e ligas.

Zapatos mouros e un mallo na man completan o atuendo deste personaxe típico do entroido de Verín.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do entroido en Galicia#O entroido en Verín.
Cigarróns, Verín. Entroido

Cigarróns en Verín.

Véxase tamén

Outros artigos

Boteiro

O boteiro é un personaxe do folclore de Galiza vinculado ás festas de entroido da comarca vianesa; está presente nos concellos de Viana do Bolo, Vilariño de Conso e A Gudiña.

Entroido

O entroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma e que se celebra principalmente en rexións de tradición católica e con menos extensión en zonas ortodoxas e moi modificado nalgunhas áreas protestantes, como é o caso do Fastelavn nalgúns dos países nórdicos.

O entroido celébrase tamén en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son coñecidos os entroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa e outros moitos, algúns dos cales están cualificados de festas de interese turístico nacional polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

Galería de imaxes de Verín

Galería de imaxes do concello de Verín na provincia de Ourense.

Hugo Blanco

Hugo César Blanco Manzo, coñecido como Hugo Blanco, nado en Caracas o 25 de setembro de 1940 e finado en Caracas o 14 de xuño de 2015, foi un músico, compositor, intérprete e produtor venezolano. Autor de varias composicións de sona mundial, como Moliendo Café ou Cumbia con arpa. Tamén fixo algunhas incursións cinematográficas.

Lista de grupos que participaron no Festival de Ortigueira

O Festival de Ortigueira, coñecido tamén como Festival Internacional do Mundo Celta, é un festival gratuíto de música folk e celta que se celebra anualmente na vila coruñesa de Ortigueira, España. Inaugurado en 1978, non se celebrou entre 1988 e 1994 por dificultades orzamentarias, polo que a correspondente ao ano 2017 foi a edición número 33 do festival. Ao longo dos seus 39 anos de historia pasaron polos seus escenarios os grupos e intérpretes máis significativos da música celta, así como da música popular e tradicional de Galicia e do noroeste de España.. No ano 2000 estableceuse o concurso «Proxecto Runas» no que participan bandas e artistas noveis e cuxo gañador obtén un premio económico e unha praza para actuar no escenario principal da edición do seguinte ano.

A historia do festival divídese en dúas etapas:

Anos 1978 - 1987: O dez primeiras edicións estiveron organizadas, xestionadas e promovidas pola Escola de gaitas e por voluntarios da localidade; sen ningunha axuda oficial durante o seis primeiros anos e coa colaboración —limitada— do concello de Ortigueira e da Xunta de Galicia, no catro últimas edicións desta primeira etapa. As actuacións musicais celebrábanse nun recinto valado ao que se accedía previo pago de entrada, pero a partir de 1985 pasou a ser totalmente gratuíto. As dificultades económicas, o cansazo dos organizadores e o declive de público motivaron a súa suspensión no ano 1987.

Anos 1995 - actualidade: Tras unha paréntese de sete anos o festival retornou en 1995 grazas ao apoio económico inicial da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña e, sobre todo, do goberno municipal de Ortigueira encabezado polo seu entón alcalde, Jesús Varela Martínez. O concello de Ortigueira relevou á Escola de gaitas nas tarefas de organización do festival e comezou a recibir financiamento de patrocinadores privados como Estrela Galicia, Gadisa, Coca Cola e Abanca, entre outros.

MUGAE (Museo Galego do Entroido)

O Museo Galego do Entroido (MUGAE) está situado no Concello de Xinzo de Limia, na antiga praza de abastos do concello, rehabilitada para este fin.

Foi inaugurado o 23 de outubro de 2015 polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, pero no 2017 tivo que cerrar as súas portas ante a imposibilidade do concello para xestionalo. Despois da cesión da súa xestión á Deputación de Ourense, o museo reabriu as súas portas en febreiro do 2019.

Este museo nace coa intención de agrupar e preservar ó carácter propio desta tradición de Galicia en xeral e das aldeas de Xinzo en particular.

O MUGAE conta con dúas exposicións permanentes, unha dedicada ao Entroido e outra ao escritor limiao Carlos Casares chamada «Os mundos de Carlos Casares». Ademais, nas súas instalacións tamén se encontra a sede da Asociación A Pantalla, máscara típica do Entroido de Xinzo de Limia.

Peliqueiro

Chámase peliqueiro (ou piliqueiro[Cómpre referencia]) á máscara característica do entroido de Laza.

Pobo galego

Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Dende o punto de vista antropolóxico, diversos estudos xenéticos demostran a súa orixe centroeuropea, menos influenciados polos pobos mediterráneos que outras poboacións ibéricas por mor do illamento histórico dos seus habitantes, froito da súa localización xeográfica.Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego. Dende o punto de vista filoxenético é de orixe común co portugués (co que mantén un 85% de intelixibilidade) e semellante a outros romances ibéricos tales coma o asturiano ou o castelán.

Existiron numerosos persoeiros galegos con relevancia ó longo da historia. O relixioso galaico Prisciliano foi o principal impulsor do priscilianismo, unha corrente relixiosa cristiá, difundida no século IV en Hispania, e sobre todo na Gallaecia. O cristián do século X Paio, foi canonizado pola Igrexa católica. O explorador Joan de Novoa foi un cabaleiro, mariño e explorador descubridor da illa de Ascensión e de Santa Helena, e Luís Vaz de Torres foi un navegante e o primeiro europeo en ver Australia, levando o seu nome o estreito de Torres. Famosos escritores galegos foron Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Álvaro Cunqueiro, Manuel Curros Enríquez e o Premio Nobel de Literatura Camilo José Cela. O futbolista Luis Suárez Miramontes é considerado un dos mellores xogadores do século XX. Ademais, numerosas personalidades políticas internacionais teñen orixe galega, como o presidente de Cuba, Fidel Castro, o presidente da Arxentina, Raúl Alfonsín e o presidente do Uruguai, Tabaré Vázquez, alén de personalidades do mundo do espectáculo, como A Bela Otero, Julio Iglesias, Manu Chao ou Martin Sheen.

A poboación de Galicia é de 2 718 525 habitantes (2016), pero por mor da emigración de finais do século XIX e comezos do XX, é común atopar descendentes de galegos noutras partes de España, de Europa e de moitos países do continente americano. Historicamente, a emigración do pobo galego debeuse a factores políticos, económicos e sociais. A raíz da diáspora galega, estímase que no presente hai 10 millóns de persoas de ascendencia galega, moitas delas reunidas nos Centros Galegos. O maior grupo de persoas de ascendencia galega reside na Arxentina, con case 150.000 galegos, sendo coñecida polos galegos como a quinta provincia.

Romaría de San Antón (Ábedes)

A romaría de San Antón, na parroquia de Santa María en Ábedes, Verín, celébrase o 17 de xaneiro.

Trátase dunha romaría que se atopa entre a mitoloxía ancestral e a relixiosidade popular. É unha festa celebrada durante toda unha xornada no monte desta pequena aldea chamada Ábedes, a 2 km da Vila de Verín.

A celebración está considerada como o primeiro acontecemento socio-gastronómico do ano. Tamén é unha tradición de culto ao lume.

Traxe galego

O traxe galego é a vestimenta tradicional que o pobo galego usaba para as súas actividades ata ben entrado o século XX. Aínda que existen diferenzas entre os traxes usados para traballar e os traxes para días de festa, os usados no interior de Galicia respecto ós da costa, as evolucións ao longo do tempo e as normais diferenzas entre as clases socioeconómicas, existen certos patróns comúns que os unifican e caracterizan e que permiten certos contrastes e igualacións cos territorios veciños de Asturias ou a provincia de León.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.