Científico

Un científico, nun xeito amplo, refírese a calquera persoa que realiza unha actividade sistemática para adquirir coñecemento ou un individuo que encaixa en prácticas e tradicións relacionadas con escolas de pensamento ou filosóficas. De xeito máis restrinxido, científico refírese a individuos que usan o método científico[1]. A persoa pode ser un experto nunha ou máis áreas da ciencia[2]. Estas liñas encaran o uso máis restrinxido da palabra.

Albert Einstein photo 1921
O físico Albert Einstein é un dos científicos mellor coñecidos do século XX.

Historia e características

Etimoloxía

Historicamente, os "filósofos naturais" ou "homes de ciencia"[3][4][5][6], eran homes de coñecemento. A ciencia e a filosofía eran case sinónimos describindo actividades semellantes. William Whewell cruñou o termo científico no 1833 para describir un experto no estudo da natureza, pero esta acepción non tivo grande aceptación ata o século XX,[7][8] no que a noción moderna de ciencia como un xeito especial de información sobre o mundo, practicada por un grupo e levada a cabo a traverso dun método unificado, tivo unha aceptación xeral.

Descrición

A ciencia e a tecnoloxía teñen modificado de xeito contínuado a existencia humana. Os científicos inclúen ós teóricos, empregados en xeral en desenvolver novos modelos para explicar os datos existentes e predicir novos resultados, e os experimentais, que testan os modelos obtendo datos mediante medidas – aínda que na práctica moitas veces a división entre ambos non é tan crara – cun conxunto de científicos practicando ambos aspectos.

As Matemáticas son con frecuencia agrupadas coas ciencias. Así, como no caso doutros científicos, os matemáticos comezan con conxecturas (hipóteses) e manexan o que se pode chamar experimentos simbólicos ou computacionais (de cálculo) para testalas. A conexións entre diferentes ciencias fai que algúns dos grandes físicos foran tamén matemáticos creativos. Hai un continuo dende o máis teórico ó máis empírico, de xeito que os científicos non teñen por que axustarse a uns límites precisos. En termos de personalidade, interese, formación e actividade profesional, hai pouca diferenza entre a xente que practica as matemáticas aplicadas e aquela outra que o fai coa física teórica.

Os científicos poden ser motivados de diferente xeito. Moitos teñen un desexo de coñecemento do mundo, de saber por que é como o vemos, como evolucionou e como evolucionará. Amosan unha forte curiosidade sobre a realidade. Outras motivacións son o recoñecemento entre pares e o prestixio, ou o desexo de aplicar o coñecemento científico en beneficio da saúde da xente, das nacións, do mundo, da natureza, da industria... Por suposto, tamén o benestar persoal e a súa persecución poden formar parte das motivacións.

A ética do científico ten sido ó longo da historia abondo venerada, aínda que teñen aparecido casos de flagrante engano á comunidade científica, casos que en xeral se teñen mantido pouco tempo ata o seu descubrimento. Suxeriuse que os científicos deben facer honra dun “Xuramento Hipocrático para Científicos”.

Científicos e enxeñeiros

Enxeñeiros e científicos confúndense a miúdo na mente do público en xeral, debido á visibilidade da ciencia aplicada. Mentres os científicos exploran a natureza para o descubrimento de principios xerais, os enxeñeiros aplican os principios establecidos no campo científico para o desenvolvemento de solucións económicas a problemas técnicos,[9][10] aínda que moitas veces os campos de ambos teñan límites confusos e sexa habitual a colaboración entre ambos grupos por necesidade mutua, desdebuxando así aínda máis os mesmos. En resumo a idea é que os científicos estudan cousas mentres que os enxeñeiros deseñan cousas. Cabe remarcar de novo que hai moitas circunstancias nas que son feitos avances fundamentais en ambos campos polo mesmo individuo. Os científicos a miúdo desenvolven tarefas de enxeñaría no deseño de equipo experimental e na construción de prototipos, e algúns enxeñeiros fan investigación científica de primeira orde. Os enxeñeiros mecánicos, eléctricos, químicos ou aeroespaciais están a miúdo na primeira liña da investigación científica de novos fenómenos e materiais. Unha ilustración sobre esta relación pode ser Peter Debye, quen obtivo a graduación en enxeñaría eléctrica e un doutoramento en física antes de ser galardoado co Premio Nobel en química. Ou Paul Dirac, un dos fundadores da Mecánica cuántica, quen comezou como enxeñeiro eléctrico antes de estudar matemáticas e rematou como físico teórico. Ou Claude Shannon, enxeñeiro teórico e fundador da moderna teoría da información.

Científicos históricos

Louis Pasteur, foto av Paul Nadar
Retrato de Louis Pasteur na súa vellez.

Un vello “método científico” que puxo énfase na experimentación foi usado por primeira vez por Ibn al-Haytham (Alhazen), médico e científico xeralista Iraquí, arredor do ano 1021 (D.C.) no seu libro Libro de Optica, sendo descrito por iso como "primeiro científico".[11]

Hai notables exemplos doutra xente que se moveu en diversas disciplinas, o que despois de deu en chamar 'home do renacemento' ('Polímata'), que foron relativamente abundantes durante a Idade de ouro islámica e o Renacemento europeo. Moitos destes sabios xeralistas foron tamén relixiosos: por exemplo, Alhacén e al-Biruni, ou os médicos e xeralistas Avicena e Ibn al-Nafis no mundo musulmán; o astrónomo e físico Nicolás Copérnico e Gregorio Mendel, o fundador da moderna xenética ó dar coas leis básicas de herdanza que posibilitaron a explicación das observacións de Charles Darwin sobre a evolución, na Europa cristiá.

Descartes non foi só un pioneiro da xeometría analítica senón que formulou unha teoría da mecánica e avanzou ideas sobre as orixes do movemento animal e da percepción. A Visión interesou asemade ós físicos Thomas Young e Hermann von Helmholtz, que tamén estudou óptica, audición e música. Isaac Newton estendeu a matemática de Descartes inventando o cálculo (de xeito contemporáneo a Gottfried Leibniz); asemade deseñou unha formulación comprensiva da mecánica clásica e investigou a luz e a óptica. Joseph Fourier fundou unha nova rama das matemáticas — sobre as series infinitas e periódicas — estudou a calor, o seu fluxo e a radiación infravermella, e descubriu o efecto invernadoiro. John von Neumann, Alan Turing, Aleksandr Khinchin, Andrei Markov e Norbert Wiener, todos eles matemáticos, fixeron grandes contribucións á ciencia e teoría da probabilidade, incluíndo ideas sobre ordenadores, e algúns dos fundamentos da mecánica estatística e da mećanica cuántica. Moitos científicos con tendencia ás matemaicas, incluído Galileo Galilei, foron tamén músicos.

A finais do século XIX, Louis Pasteur, químico orgánico, descubriu que os microorganismos poden causar enfermidades. Poucos anos antes, Oliver Wendell Holmes, Sr., o médico, poeta e ensaísta norteamericano, notou que a infección nas mulleres de parto era producida polos doutores e comadroas que as atendían (parece ser que catro anos antes que Semmelweis en Europa. Hai moitas historias relacionadas en medicina e bioloxía, como sobre o desenvolvemento de ideas sobre a circulación do sangue, de Galeno a Harvey. O florecemento da xenética e bioloxía molecular so s.XX está repleto de nomes famosos. Así, Ramón y Cajal obtivo o Premio Nobel no 1906 polas súas senlleiras observacións en neuroanatomía.

Hai quen ve unha dicotomía entre as ciencias “experimentais” e as consideradas puramente “observacionais” como a astronomía, meteoroloxía, oceanografía ou sismoloxía. Pero os astrónomos teñen feito investigación básica en óptica, desenvolto dispositivos de carga acoplada, en en décadas recentes teñen postulado probas espaciais para o estudo de outros planetas, ademais de usar o Telescopio Espacial Hubble para probar as teorías sobre a orixe do Universo hai arredor de 14 miles de millóns de anos. A Espectroscopia de microondas ten agora identificadas ducias de moléculas orgánicas no espazo interestelar, o que require de experimentación no laboratorio e simulación informática para confirmar os datos observacionais e comezar unha nova rama da química. A Modelado informático e os métodos numéricos son técnicas requiridas para o seu estudo na formación en cada campo da ciencia “cuantitativa.

Quen considera a ciencia como unha carreira en desenvolvemento, a miúdo mira cara as súas fronteiras, que inclúen áreas en tódolos campos, especialmente en algúns como a cosmoloxía ou a bioloxía (especialmente a bioloxía molecular e o proxecto xenoma humano). Outras áreas de investigación activa inclúen a exploración da materia a escala das partículas elementais como son descritas a través da física de altas enerxías, e a nanotecnoloxía, que procura desenvolver a electrónica, incluíndo os ordenadores cuánticos e a intelixencia artificial. Asemade, ten habido descubrimentos remarcables en relación co funcionamento do cerebro e os neurotransmisores, permanecendo como fronteiras a natureza da mente e o pensamento humano.

Tipos de científicos

Entre outras moitas categorías antigas e que seguen a xurdir,

Arqueólogo
Astrónomo
Biólogo
astrobiólogo, botánico, entomólogo, ecólogo, xenetista, ictiólogo, inmunólogo, microbiólogo, neurólogo, ornitólogo, paleontólogo, patólogo, farmacólogo, fisiólogo, zoólogo
Químico 
bioquímico
Científico da computación
Científico da Terra
xeólogo, minerálogo, sismólogo, vulcanólogo, hidrólogo, glaciólogo, limnólogo, meteorólogo, oceanógrafo
Matemático
Biomédico
Filósofo
Físicos
Óptico
Psicólogo
Científico social
antropólogo, demógrafo, economista, xeógrafo, sociólogo

Notas

  1. Isaac Newton (1687, 1713, 1726). "[4] Rules for the study of natural philosophy", Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica, Third edition. The General Scholium containing the 4 rules follows Book 3, The System of the World. Reprinted on pages 794-796 of I. Bernard Cohen and Anne Whitman's 1999 translation, University of California Press ISBN 0-520-08817-4, 974 pages.
  2. Oxford English Dictionary, 2nd ed. 1989
  3. Nineteenth-Century Attitudes: Men of Science. http://www.rpi.edu/~rosss2/book.html
  4. Friedrich Ueberweg, History of Philosophy: From Thales to the Present Time. C. Scribner's sons v.1, 1887
  5. Steve Fuller, Kuhn VS. Popper: The Struggle For The Soul Of Science. Columbia University Press 2004. Page 43. ISBN 0-231-13428-2
  6. Science by American Association for the Advancement of Science, 1917. v.45 1917 Jan-Jun. Page 274.
  7. "William Whewell (1794-1866) gentleman of science". Consultado o 2007-05-19.
  8. Tamara Preaud, Derek E. Ostergard, The Sèvres Porcelain Manufactory. Yale University Press 1997. 416 pages. ISBN 0-300-07338-0 Page 36.
  9. National Society of Professional Engineers (2006). "Frequently Asked Questions About Engineering". Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2006. Consultado o 2006-09-21. Science is knowledge based on observed facts and tested truths arranged in an orderly system that can be validated and communicated to other people. Engineering is the creative application of scientific principles used to plan, build, direct, guide, manage, or work on systems to maintain and improve our daily lives.
  10. Bureau of Labor Statistics, U.S. Department of Labor (2006). "Engineers". Occupational Outlook Handbook, 2006-07 Edition. Consultado o 2006-09-21.
  11. Bradley Steffens (2006). Ibn al-Haytham: First Scientist, Morgan Reynolds Publishing, ISBN 1-59935-024-6.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Para profundizar (en inglés)
Antropoloxía

A antropoloxía (do grego ἄνθρωπος e λόγος, anthropos logos, «coñecemento do ser humano») é a ciencia social que estuda todas as dimensións do ser humano de forma similar á socioloxía, pero holisticamente. Principalmente enfocada desde a cultura e por medio do método etnográfico como expoñente clásico.

A antropoloxía nace coma unha rama da filosofía que nas súas orixes se dedicaba ao estudo científico da historia. Ao impoñerse na cultura occidental o método científico, diversos autores pensaron que os fenómenos históricos tamén podían acharse gobernados por leis que podían pescudarse, enunciarse e ser utilizadas para a predición de resultados. Así mesmo coincide o seu desenvolvemento inicial co proceso de colonización europeo e a necesidade do estudo e descrición das sociedades non occidentais en América, Asia, Oceanía e África. Esta concepción abandónase durante o século XX, entendéndose actualmente por antropoloxía, segundo Marvin Harris, "o estudo da humanidade, dos pobos antigos e modernos e dos seus estilos de vida".

Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes

A Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes é unha biblioteca española que reúne obras hispánicas en internet. Ten como obxectivo principal a difusión da cultura hispánica.

Foi creada en 1999 por iniciativa da Universidade de Alacant e co patrocinio do Banco Santander e a Fundación Marcelino Botín. Está xestionada por unha fundación que preside Mario Vargas Llosa. A idea orixinal do proxecto concibiuna Andrés Pedreño Muñoz, reitor da Universidade de Alacant nese momento, inspirada no concepto de biblioteca dixital dalgunhas universidades estadounidenses. El foi quen presentou a Emilio Botín, Presidente do Banco Santander un proxecto pioneiro en dixitalización de obras de referencia hispanas, algo que dende primeiro momento entusiasmou ó máximo responsable do Santander e deulle o seu respaldo.

Un consello científico, dirixido por Darío Villanueva, avala o rigor da biblioteca.

Ciencia

A ciencia é, en sentido amplo, calquera coñecemento organizado. Pero, en sentido máis restritivo, é o conxunto dos sistemas de coñecemento organizado con obxectos e métodos de estudo determinados e baseados en leis obxectivas que se poden verificar (o que se chama o método científico), e tamén ao sistema empregado para adquirir ditos coñecementos.Este artigo está de acordo co sentido máis restritivo da palabra. A ciencia, tal como se considera neste artigo, denomínase moitas veces como ciencia experimental, a fin de diferenciala da ciencia aplicada, que é a aplicación da investigación científica a necesidades humanas específicas, aínda que as dúas estean certamente interconectadas. E moito menos se consideran as denominadas ciencias sociais.A vontade da comunidade científica é a de producir "coñecementos científicos" a partir de métodos de investigación rigorosos, verificábeis e reproducíbeis. En canto aos "métodos científicos" e aos "valores científicos", son á vez o produto e a ferramenta de produción destes coñecementos, e caracterízanse polo seu obxectivo, que consiste en permitir, comprender e explicar o mundo e os seus fenómenos da maneira o máis elemental posíbel, é dicir, producir coñecementos aproximándose o máis posíbel aos feitos observábeis. A diferenza dos dogmas, que pretenden igualmente dicir a verdade, a ciencia está aberta á crítica, e os coñecementos científicos, así como os seus métodos, están sempre abertos á revisión. Ademais, as ciencias teñen como finalidade comprender os fenómenos, e obter diso previsións xustas e aplicacións funcionais. Estes coñecementos son a base de numerosos desenvolvementos técnicos que teñen forte impacto na sociedade.

Filo

En bioloxía, filo (en latín científico Phylum, plural Phyla) ou, en botánica, división (do latín Divisio), é o rango de clasificación que está entre o reino e a clase.

Ao igual que ocorre con outros niveis na taxonomía dos seres vivos, e debido á enorme dificultade á hora de clasificar certas especies, varios filos poden agruparse en superfilos, e as entidades dun filo poden organizarse en subfilos (e estes á súa vez en infrafilos).

Niveis de clasificación (de xeral a concreto):

(Os niveis obrigatorios marcáronse con fondo rosa)

FloraBase

FlorBase é unha web de acceso público da base de datos da flora de Australia Occidental. Achega información científica autorizada sobre 12.978 taxóns, incluíndo descricións, mapas, imaxes, estado de conservación e detalles de nomenclatura. Tamén se rexistran 1.272 exóticos taxóns (malezas naturalizadas).O sistema toma os datos dunha serie de conxuntos, incluíndo o censo das plantas de Australia Occidental e da base de datos do Herbario de Australia que mostra preto de 650.000 coleccións de plantas. Estabeleceuse en novembro de 1998 por Alex Chapman, un científico de investigación e botánico do Herbario.

INaturalist

iNaturalist é un proxecto científico e cidadán e unha rede social conectada de naturalistas, científicos e biólogos co obxectivo de construír e mapear a biodiversidade en todo o globo compartindo observacións. As observacións poden ser engadidas a través da páxina web ou dende unha aplicación móbil. As observacións achegan valiosos datos abertos a unha gran variedade de proxectos investigadores científicos, museos, xardíns botánicos, parques, e outras organizacións. Os usuarios de iNaturalist contribuíron con máis de dous millóns de observacións dende o súa creación no 2008, e o proxecto foi chamado "un líder das aplicacións móbiles de historia natural". e o proxecto está considerado como "líder entre as aplicacións móbiles de historia natural."

Investigación

A investigación ou investigación científica é unha actividade orientada á obtención de novos coñecementos e, por esta vía, ocasionalmente dar solución a problemas ou interrogantes de carácter científico.

Tamén existe a investigación tecnolóxica, que emprega o coñecemento científico para o desenvolvemento de "tecnoloxías brandas ou duras".

Istituto Centrale per il Catalogo Unico

O Instituto central polo catálogo único das bibliotecas italianas e pola información bibliográfica ou ICCU (en italiano: Istituto centrale per il catalogo unico delle biblioteche italiane e per le informazioni bibliografiche) é un organismo público de Italia que ten o obxectivo principal de coordinar, promover e xestionar o catálogo e a rede do Servizo Bibliotecario Nacional (SBN). Tamén é o responsábel técnico e científico en temas de dereitos de autor do Ministerio de Cultura de Italia.

O ICCU foi creado en 1975 para substituír o anterior Centro nazionale per il catalogo unico, que fora creado no ano 1951 para catalogar o patrimonio bibliográfico do país.

Lingua latina

O latín é unha lingua indoeuropea morta que foi utilizada polos antigos romanos. Mantívose como lingua litúrxica da relixión católica, e aínda é oficial no Vaticano, factores polos que era aprendida polos cregos e falada nos seminarios. Utilizouse como lingua de cultura desde a Idade Media ata a época moderna, e aínda hoxe ten algúns usos científicos (por exemplo, o nome científico das especies de seres vivos). Por extensión, o adxectivo latino, latina emprégase para designar ás persoas que proceden de países con linguas neolatinas (que proceden do latín) ou que falan estas linguas. En termos xerais, este termo úsase en Europa para designar ós habitantes meridionais e nos EUA e España para designar ós habitantes de procedencia iberoamericana.

Museo Británico

O Museo Británico (en inglés: British Museum) é un museo sobre a cultura e historia humana situado en de Londres (Inglaterra). A súas coleccións, constituídas por máis de 13 millóns de obxectos, atópanse entre as maiores e máis detalladas do mundo, formadas por obxectos de tódolos continentes que ilustran e documentan a historia da cultura dende a os seus comezos ata a actualidade.

O Museo Británico foi inaugurado en 1753. Nun primeiro momento, o museo estaba formado principalmente polas coleccións do físico e científico británico Sir Hans Sloane. O museo abriu por primeira vez ao público o 15 de xaneiro de 1759 na Casa Montagu (Montagu House), Bloomsbury, no mesmo emprazamento no que se atopa hoxe en día o museo. A expansión do museo ao longo do tempo deu lugar á creación de diferentes institucións relacionadas co Museo Británico como son o Museo Británico de Historia Natural (British Museum of Natural History) creado en South Kensington en 1887. Ata 1997, cando a actual edificio da Biblioteca Británica (British Library) abriu ao público, O Museo Británico era o único museo do mundo que posuía unha biblioteca e un museo nacional de antigüidades nun só edificio. Dende o 2001 o director do museo é Neil MacGregor.

Coma outros museos nacionais e galerías de arte do Reino Unido, a entrado do museo é de balde, aínda que hai que pagar por algunhas exposicións temporais.

Método científico

Este artigo trata dos diversos métodos científicos usados historicamente. Para o uso da palabra en contornas técnicas actuais ver investigación científica.O método científico constitúe o estudo sistemático, controlado, empírico e crítico de proposicións hipotéticas sobre presuntas relacións entre varios fenómenos naturais e é o mecanismo utilizado nas ciencias experimentais para validar ou invalidar unha teoría, por medio da experimentación ou da observación.

O método científico (do grego: -μετά = cara a, ó longo de- -οδός = camiño-; e do latín scientia = coñecemento; camiño ó coñecemento) é un método de investigación usado de xeito principal na produción de coñecemento nas ciencias. Para chamarse científico, un método de investigación debe basearse no empirismo e na medición, suxeito ós principios específicos das probas de razoamento. O Oxford English Dictionary, di que o método científico é: "un método ou procedemento que ten caracterizado á ciencia natural dende o século XVII, que consiste na observación sistemática, medición e experimentación, e a formulación, análise e modificación das hipóteses."Segundo James B. Conant, non existe un método científico. O científico usa métodos de definición, métodos de clasificación, métodos estadísticos, métodos hipotético-dedutivos, procedementos de medición, ... polo que referirse a un único método científico é referirse ó conxunto de tácticas empregadas para constituír o coñecemento, suxeitas á contorna histórica, e que de xeito eventual poderían ser outras no futuro. Iso lévanos a tentar sistematizar as distintas pólas no interior do método científico.

Nomenclatura binomial

En bioloxía, a nomenclatura binominal (tamén chamada nomenclatura binaria ) é un convenio estándar empregado para denominar as diferentes especies de organismos (vivos ou xa extintos). Ás veces faise referencia á nomenclatura binominal como Sistema de clasificación binominal.

Como suxire a palabra binominal, o "nome científico" asignado a unha especie esta formado pola combinación de dúas palabras ("nomes" —substantivos e adxectivos— en latín ou de raíz grecolatina): o nome do xénero e o nome específico. O conxunto de ambos é o nome científico que permite identificar a cada especie como se tivera "nome e apelido".

A nomenclatura binominal é unha norma puntual que se aplica á denominación dos taxons específicos, pero representa só uno dos estándares da nomenclatura biolóxica, que se ocupa tamén da denominación formal (científica) de taxons doutras categorías.

Nomenclatura binominal

En bioloxía, a nomenclatura binominal (tamén chamada nomenclatura binaria) é un convenio estándar empregado para denominar as diferentes especies de organismos (vivos ou xa extintos). Ás veces faise referencia á nomenclatura binominal como Sistema de Clasificación binominal.

Como suxire a palabra «binominal», o nome científico asignado a unha especie está formado pola combinación de dúas palabras (nomes en latín ou de raíz grecolatina): o nome do xénero e o epíteto ou nome específico. O conxunto de ambos os dous é o nome científico que permite identificar cada especie coma se tivese "nome e apelido".

A nomenclatura binominal é a norma puntual que se aplica á denominación dos taxóns específicos, mais representa só un dos estándares da nomenclatura biolóxica, que se ocupa tamén da denominación formal (científica) de taxóns doutras categorías.

Sinonimia (bioloxía)

Na nomenclatura científica, a sinonimia ocorre cando un mesmo taxon, recibiu dúas ou máis denominacións distintas, propostas por dous ou máis científico diferentes. Nesta situación, a segunda ou seguintes denominacións perde a súa validez por mor da "Lei da Prioridade", permanecendo válida a primeira; a segunda é citada coma un sinónimo do taxon válido, a non ser que se teña cambiado posteriormente, por acordo da comunidade científica correspondente botánica ou zoolóxica, o nome do taxon.

Subespecie

En bioloxía denomínase subespecie a cada un dos grupos nos que se dividen as especies, e que se compoñen de individuos que, ademais dos caracteres propios da mesma, teñen en común outros caracteres morfolóxicos polos cales aseméllanse entre si e distínguense dos das demais subespecies. Dende o punto de vista estritamente sistemático ou da taxonomía, é a categoría taxonómica comprendida entre a especie e a raza.

A subespecie é unha parte da especie formada por unha ou máis poboacións, pouco diferenciadas e cunha distribución xeográfica concreta. Esta definición inclúe as razas xeográficas de moitos autores ('Rassenkreis'). Con todo, non está moi clara a liña de separación entre os conceptos de raza e subespecie, pois ambos taxons manteñen as características propias da especie, é dicir, que parellas de individuos de distintas subespecies ou razas (pero da mesma especie) poden emparentar e producir descendencia viábel e fértil; e só acostuman diferenciarse en caracteres externos menores aínda que recoñecibles e regularmente presentes. O termo raza utilízase con máis frecuencia fóra do ámbito científico, polo que, en taxonomía, só se emprega (por costume) para a distinción morfolóxica nun número moi limitado de especies, esencialmente os seres humanos e os animais domésticos.

Taxonomía

A taxonomía ou taxinomía (do grego ταξις, taxis, "ordenamento", e νομος, nomos, "norma" ou "regra") é a ciencia da clasificación. Xeralmente se emprega o termo para designar a taxonomía biolóxica, ciencia que ordena os organismos vivos nun sistema de clasificación composto por taxons agrupados en categorías taxonómicas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.