Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade

Ciencia, tecnoloxía e sociedade é unha materia de carácter interdisciplinar que permite abordar temas de máxima actualidade desde unha perspectiva crítica. Pretende o estudo das interrelacións entre estes os coñecementos e o devir social, en particular, das influencias de cada un deles nos outros, partendo da base de que a súa convivencia é un determinante da historia dos pobos.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Véxase tamén

Outros artigos

Ciencia

A ciencia é, en sentido amplo, calquera coñecemento organizado. Pero, en sentido máis restritivo, é o conxunto dos sistemas de coñecemento organizado con obxectos e métodos de estudo determinados e baseados en leis obxectivas que se poden verificar (o que se chama o método científico), e tamén ao sistema empregado para adquirir ditos coñecementos.Este artigo está de acordo co sentido máis restritivo da palabra. A ciencia, tal como se considera neste artigo, denomínase moitas veces como ciencia experimental, a fin de diferenciala da ciencia aplicada, que é a aplicación da investigación científica a necesidades humanas específicas, aínda que as dúas estean certamente interconectadas. E moito menos se consideran as denominadas ciencias sociais.A vontade da comunidade científica é a de producir "coñecementos científicos" a partir de métodos de investigación rigorosos, verificábeis e reproducíbeis. En canto aos "métodos científicos" e aos "valores científicos", son á vez o produto e a ferramenta de produción destes coñecementos, e caracterízanse polo seu obxectivo, que consiste en permitir, comprender e explicar o mundo e os seus fenómenos da maneira o máis elemental posíbel, é dicir, producir coñecementos aproximándose o máis posíbel aos feitos observábeis. A diferenza dos dogmas, que pretenden igualmente dicir a verdade, a ciencia está aberta á crítica, e os coñecementos científicos, así como os seus métodos, están sempre abertos á revisión. Ademais, as ciencias teñen como finalidade comprender os fenómenos, e obter diso previsións xustas e aplicacións funcionais. Estes coñecementos son a base de numerosos desenvolvementos técnicos que teñen forte impacto na sociedade.

Ciencia básica

A ciencia básica, investigación básica ou investigación fundamental (moitas veces identificada coa ciencia pura, concepto que pode ter, porén, outros significados), é a ciencia ou investigación que se leva a cabo sen fins prácticos inmediatos, senón coa finalidade de incrementar o coñecemento dos principios fundamentais da natureza ou da realidade por si mesma.

Ao non producir beneficios inmediatos (económicos ou sociais), podería ser vista como un simple exercicio de curiosidade (que en realidade é unha cualidade humana básica e unha das razóns esenciais da actividade científica de todos os tempos). Con todo, nun prazo de tempo maior ou menor os resultados da investigación básica encontran aplicacións prácticas, en forma de desenvolvementos comerciais, novas técnicas ou procedementos na produción ou as comunicacións, ou noutras formas de beneficio social e dos coñecementos.

A relación entre a ciencia básica e a ciencia aplicada (que é o seu concepto oposto) é crucial para a interrelación denominada "investigación e desenvolvemento" (I+D) ou "investigación, desenvlvemento e innovación" (I+D+i), obxecto dos estudos de ciencia, tecnoloxía e sociedade (CTS).

A investigación básica lévase a cabo sobre todo nas universidades.

Ciencia pura

Ciencia pura pode referiese a:

A ciencia básica, actividade científica que non ten como obxectivo inmediato unha aplicación concreta, senón a obtención de coñecemento. Oponse ao concepto ciencia aplicada. A relación entre ambas é esencial na retroalimentación da investigación, desenvolvemento e innovación (I+D ou I+D+i) cuxo estudo é obxecto da disciplina denominada ciencia, tecnoloxía e sociedade (CTS).

A ciencia entendida como:unha explicación universalmente certa identificábel cunha verdade eterna da natureza (é o concepto mecanicista de ciencia que quedou superado cientificamente coa revolución einsteniana e epistemoloxicamente polo falsacionismo de Popper);

unha actividade anxélica allea aos intereses do científico que a realiza ou da sociedade na que xorde (concepto que quedou superado polo concepto de paradigma e a revolución científica de Thomas Kuhn).

Eduard Punset

Eduard Punset i Casals, nado en Barcelona o 9 de novembro de 1936, e finado ibídem o 22 de maio de 2019, foi un avogado, político, economista e divulgador científico catalán.

Evolución tecnolóxica

Evolución tecnolóxica é o nome dunha teoría dos estudos de ciencia, tecnoloxía e sociedade (CTS) para describir o desenvolvo histórico da tecnoloxía, desenvolvido polo filósofo checo Radovan Richta.O concepto é confluente co de revolución tecnolóxica, posto que só durante os períodos de maior aceleración nas innovacións márcase entre ambos conceptos a diferenza de ritmo, de violencia e de transcendencia que existe entre os conceptos xenéricos de evolución e revolución. Durante a maior parte da historia da humanidade, o ritmo desas innovacións foi lento e imperceptible.

Co nome de revolución tecnolóxica ou revolución científico-técnica adoita referirse concretamente ás transformacións técnicas, económicas e sociais da terceira revolución industrial dende a segunda metade do século XX, aínda que tamén adoitase empregar para referirse ás dúas primeiras grandes transformacións que mereceron o nome de revolución económica: a Revolución Neolítica e a Revolución Industrial dos séculos XVIII e XIX.

Francisco Díaz-Fierros

Francisco Díaz-Fierros Viqueira, nado en Vilagarcía de Arousa o 4 de xullo de 1941, é un científico e escritor galego.

Historia da electricidade

A historia da electricidade refírese ao estudo e uso humano da electricidade, ao descubrimento das súas leis como fenómeno físico e á invención de artefactos para o seu uso práctico.

O fenómeno en si, fóra da súa relación co observador humano, non ten historia; considerándoa como parte da historia natural, tería tanta como o tempo, o espazo, a materia e a enerxía. Como tamén se denomina electricidade á rama da ciencia que estuda o fenómeno e á rama da tecnoloxía que o aplica, a historia da electricidade é a rama da historia da ciencia e da historia da tecnoloxía que se ocupa do seu rexurdimento e evolución.

Investigación, desenvolvemento e innovación

Investigación, desenvolvemento e innovación (habitualmente indicado pola expresión I+D+i ou I+D+I) é un concepto de recente aparición, no contexto dos estudos de ciencia, tecnoloxía e sociedade; como superación do anterior concepto de investigación e desenvolvemento (I+D).

Mentres que o de desenvolvemento é un termo proveniente do mundo da economía, os de investigación e innovación proveñen respectivamente do mundo da epistemoloxía e a tecnoloxía, e a súa dinámica relación atópase no contexto da diferenciación entre ciencia pura e ciencia aplicada; calquera deles é de complexa definición. Esko Aho define provocativamente investigación como investir diñeiro para obter coñecemento, mentres que innovación sería investir coñecemento para obter diñeiro, o que expresa moi ben o fenómeno de retroalimentación que se produce cunha estratexia exitosa de I+D+i.Na aplicación política e lexislativa do concepto I+D+i, defínese investigación como a indagación orixinal planificada que persiga descubrir novos coñecementos e unha superior comprensión no ámbito científico e tecnolóxico; desenvolvemento como a aplicación dos resultados da investigación ou de calquera outro tipo de coñecemento científico para a fabricación de novos materiais ou produtos ou para o deseño de novos procesos ou sistemas de produción, así como para a mellora tecnolóxica substancial de materiais, produtos, procesos ou sistemas preexistentes; e innovación tecnolóxica como a actividade cuxo resultado sexa un avance tecnolóxico na obtención de novos produtos ou procesos de produción ou melloras substanciais dos xa existentes. Consideraranse novos aqueles produtos ou procesos cuxas características ou aplicacións, desde o punto de vista tecnolóxico, difiran substancialmente das existentes con anterioridade.O nivel de actividade de I+D+i nun país pódese calcular mediante a cociente entre o gasto en I+D+i e o produto interior bruto (PIB), desglosando o gasto en gasto público e gasto privado (Deducións fiscais I+D+i).Todos os países procuran, na medida das súas posibilidades, potenciar as actividades ligadas á I+D+i a través de políticas de apoio (subvencións, deducións, préstamos bonificados e outras), debido a que un alto nivel de I+D+i implica unha maior fortaleza das empresas, dado que os seus produtos ou procesos diferéncianse positivamente dos da súa competencia. Ademais, moitas das actividades son potencialmente xeradoras de avances sociais en forma de calidade de vida, mellora do medio ambiente, a saúde etc.

Para apoiar esas actividades existe un conxunto de normas UNE: a serie UNE 166000, que inclúe a norma UNE 166001, dirixida aos proxectos de I+D+i, a UNE 166002 sobre requisitos do sistema de xestión da I+D+i e a UNE 166006 relativa a requisitos sobre o sistema de vixilancia tecnolóxica.

Tecnoloxía adecuada

A tecnoloxía adecuada (TA), tamén coñecida como tecnoloxía apropiada ou intermedia, é aquela tecnoloxía que está deseñada con especial atención aos aspectos medioambientais, éticos, culturais, sociais e económicos da comunidade á que se dirixe. Atendendo estas consideracións, a TA normalmente demanda menos recursos, é máis fácil de manter, presenta un menor custo e un menor impacto sobre o medio ambiente con respecto a outras tecnoloxías equiparables. O termo tecnoloxía intermedia refírese especificamente a ferramentas que custan menos ou son máis accisibles e apropiadas para zonas de rendas per cápita baixas a pesar de que existan ferramentas que consigan mellores resultados. Nestes casos empréfanse tecnoloxías que poden ser reparadas polas comunidades usuarias e que non xeren dependencias.O termo úsase para describir as tecnoloxías que se consideran máis axeitadas para o seu uso en países en vías de desenvolvemento ou en zonas rurais subdesenvolvidas dos países industrializados, nas que senten que as altas tecnoloxías non poderían operar e manterse. Nas tecnoloxías adecuadas prevalecen as solucións intensivas en traballo a outras intensivas en capital, aínda que emprega mecanismos de aforro de traballo cando isto non implica altos custos de mantemento ou de recursos económicos.

Na práctica a TA defínese a miúdo como a que usa o nivel de tecnoloxía máis sinxelo que pode acadar con eficacia o propósito procurado para esa localización concreta. En todo caso, a falta de precisión da definición da lugar a interpretacións. E. F. Schumacher di que esta tecnoloxía, descrita no libro O pequeno é fermoso, tende a promover valores como a saúde, a beleza e a sustentabilidade temporal, nesa orde. Este termo adquiriu relevancia durante a Crise do petroleo de 1973 e co movemento ecoloxista dos anos 70.

O que constitúe a tecnoloxía adecuada en cada caso particular é materia de debate, mais o termo é empregado xeralmente ao teorizar para cuestionar a alta tecnoloxía ou o que se considera unha excesiva mecanización, os desprazamentos humanos, o esgotamento de recursos naturais ou os incrementos da contaminación asociados á industrialización.

Podería argumentarse que, para unha sociedade tecnoloxicamente avanzada, unha tecnoloxía máis cara e complexa, que requira mantemento especializado e altas entradas de enerxía, podería ser unha "tecnoloxía adecuada". En calquera caso, este non é o sentido habitual do termo.

Wiebe Bijker

Wiebe Eco Bijker, nado o 19 de marzo de 1951 na cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos, é un enxeñeiro, filósofo e doutor en Socioloxía e Historia da Tecnoloxía, foi director do departamento de Ciencias Sociais e Tecnoloxía na facultade de arte e cultura da Universidade de Maastricht, da que é profesor emérito.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.