Cidade autónoma

A Cidade autónoma é unha división administrativa especial, a medio camiño entre o municipio e a comunidade autónoma.

En España teñen o rango de cidades autónomas, Ceuta e Melilla.

No ano 1995 aprobouse nas Cortes Xerais (Parlamento) un estatuto específico, que aínda que non lles concede capacidade lexislativa, si que lles permite propor nas Cortes as iniciativas lexislativas que consideren oportunas.

A diferenza das Comunidades Autónomas, non teñen unha asemblea lexislativa autónoma propia.

Arxentina

A República Arxentina (en castelán: Argentina) é un país situado no extremo sur de América organizado como unha república representativa e federal. Pola súa extensión, é o segundo estado de América do Sur, cuarto no continente americano e o oitavo no mundo con 2 780 400 km². Con todo a Arxentina reclama as Malvinas, as illas Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur e a Illa Aurora baixo soberanía británica e unha área antártica ao sur do paralelo 60° S, denominada pola Arxentina Antártida Arxentina.

O seu territorio continental americano, que abrangue grande parte do Cono Sur, limita ao norte con Bolivia e Paraguai, ao nordés con Brasil, ao oeste e sur con Chile e ao este con Uruguai e o océano Atlántico.

Está dividido en 23 provincias e unha cidade autónoma, Buenos Aires, capital da nación e sede do goberno federal. Os seus 40 millóns de habitantes teñen uns índices de desenvolvemento humano, renda per cápita, nivel de crecemento económico e calidade de vida, que se encontran entre os máis altos de América Latina. Segundo o Banco Mundial, o seu PBI nominal é o 30º máis importante do mundo, aínda que se se considera o poder adquisitivo o seu PBI total converte ao país na 23º economía máis importante do mundo. Actualmente a Arxentina está clasificada como un país de ingresos medianos altos ou como un mercado emerxente, tamén segundo o Banco Mundial.O 25 de maio de 1810 tivo lugar a Revolución de Maio, na que foi deposto o último vicerrei español que gobernou dende Buenos Aires, e organizouse a Primeira Xunta de goberno. O 9 de xullo de 1816 foi proclamada formalmente en Tucumán a súa independencia como país libre e soberano.

Buenos Aires

Buenos Aires, ás veces escrito en galego Bos Aires, é a capital da Arxentina. Os seus habitantes denomínanse porteños ou bonaerenses. A cidade atópase situada na beira dereita do esteiro do río da Prata, fronte á cidade uruguaia de Colonia del Sacramento. É, principalmente, unha cidade de servizos.

Ceuta

Ceuta é unha cidade autónoma española, enclave situado na costa norte de África rodeada por Marrocos. Separada da península Ibérica polo estreito de Xibraltar, Ceuta é o límite entre o mar Mediterráneo e o océano Atlántico.

Marrocos reivindicou a súa anexión como parte do seu territorio pola súa proximidade xeográfica, xunto con Melilla e outros territorios españois de menor entidade no norte de África. O Goberno de España nunca estableceu negociacións de ningún tipo, xa que é parte do reino ibérico dende o século XVII.

Ceuta, como tamén Melilla, foi un porto libre antes de que España entrara na Unión Europea. En 2008 tiña unha poboación de 75.276 habitantes, formada por cristiáns, musulmáns e pequenas minorías de xudeus.

Foi considerada como parte da provincia de Cádiz ata o 14 de marzo de 1995, cando a cidade aprobou o seu Estatuto de Autonomía e quedou constituída como cidade autónoma. Desde 2004 está en proceso un novo estatuto para converter a cidade en comunidade autónoma.

Club Melilla Baloncesto

O Club Melilla Baloncesto é un club de baloncesto profesional español con sede na cidade autónoma de Melilla.

Condado de Liepāja

Liepāja é un condado de Letonia localizado na rexión de Kurzeme. A súa capital é a cidade autónoma de Liepāja.

Eleccións xerais de España de 1986

O 22 de xuño de 1986, os españois maiores de idade, foron chamados ás urnas para renovar as Cortes, por cuarta vez dende a Transición.

Nestas eleccións, o goberno de Felipe González (PSOE) revalidou a súa maioría absoluta obtida en 1982 aínda que con 18 escanos menos. A Coalición Popular (agora Partido Popular) consolidouse como segunda forza política tras a desaparición da UCD.

Respecto as eleccións de 1982, o PSOE perde as provincias de Zamora e Guadalaxara, así como a cidade autónoma de Melilla, que pasan a Coalición Popular. Esta formación política á súa vez perde a de Ávila, onde o CDS de Adolfo Suárez obtén un respaldo maioritario. O partido CiU arrebata Lleida ao PSOE.

Os resultados co 99,99% dos votos escrutados foron:(*) Tomando como base os escanos do Partido Comunista

Estreito de Xibraltar

O estreito de Xibraltar é un estreito que comunica o océano Atlántico co mar Mediterráneo, separando Europa e África. Ao norte do estreito atópanse España e Xibraltar, e ao sur, Marrocos e a cidade autónoma de Ceuta.

Ten 14,4 km de longo e unha profundidade duns 300 m. Na antigüidade este estreito era coñecido como "as Columnas de Hércules", pero debe o seu nome actual a unha deformación de djebel Tarik de Tarik ibn Ziad, que no 711 traspasou o estreito para facer unha incursión contra a España visigoda, primeira incursión musulmá na Península Ibérica.

Heliporto de Ceuta

O Heliporto de Ceuta é un heliporto público situado no porto da cidade autónoma española de Ceuta. Inaugurado o 9 de xaneiro de 2014, foi o primeiro heliporto construído e xestionado por Aena.

Actúa como substituto do aeroporto que debería ter a cidade e que non se puido construír por falta de espazo e de acordo con Marrocos.

Hódmezővásárhely

Hódmezővásárhely é unha cidade autónoma do sur de Hungría cunha poboación duns 48.000 habitantes. Atópase na beira do río Tisza.

Illa Perejil

A illa de Perejil (en árabe ليلى, Laila ou Leila; tamén chamada تورا ou Tura) é un illote deshabitado situado no estreito de Xibraltar, entre o mar Mediterráneo e o océano Atlántico, a uns 200 metros da costa continental de África e a uns 8 km ao noroeste do núcleo urbano da cidade autónoma española de Ceuta. Durante un tempo apareceu alternativamente nos mapas como punta Alemán debido a que nela enchían, supostamente, submarinos e barcos alemáns afastados das súas bases durante as dúas Guerras Mundiais.

Jūrmala

Jūrmala [juːrmala] , significa litoral ou praia, é unha cidade autónoma de Letonia situada a 25 Km ao NE da capital do país, Riga. Forma unha faixa costeira de 32 Km de longo e 3 Km de ancho situada entre o Golfo de Riga e o río Lielupe.

As praias de Jūrmala son famosas pola súa area de cuarzo branco e o ámbar.

A cidade de Jūrmala componse dunha serie de pequenos centros turísticos. De oeste a leste, son: Kemeri, Jaunkemeri, Verso, Kauguri, Vaivari, Asari, Melluzi, Pumpuri, Jaundubulti, Dubulti, Majori, Dzintari, Bulduri e Lielupe.

A cidade é unha das dúas residencias do presidente da República de Letonia, a casa-museo de John Rainis e a súa esposa, a poetisa Aspasia.

Na sala de concertos "Dzintari" anualmente celébrase o Music Festival KVN e a competición internacional de mozos cantantes New Wave, o festival Jurmalina habla Anshlag e outros concertos e festivais.

Os visitantes poden acceder a Jūrmala dende Riga en tren de proximidades (30 min) ou por estrada en coche (20 min). Dende 2008 Jūrmala e o aeroporto de Riga están conectados cun servizo de autobús. Os visitantes con vehículos privados deben pagar 1 LVL por cada día que pasen en Jūrmala.

Melilla

Melilla (مليلة en árabe; Mritch ou Mrič en bérber) é unha cidade autónoma española, situada na rexión do Rif, no norte de África, a beiras do mar Mediterráneo, fronte á costa meridional da Península Ibérica, limítrofe con Marrocos e próxima a Alxeria.

A cidade e os seus territorios esténdense sobre 12,5 km² de superficie na parte oriental do cabo de Tres Forcas. Alberga unha poboación de máis de 78.000 habitantes e presenta diversas particularidades froito da súa posición xeográfica e historia, tanto na composición da súa poboación e as súas actividades económicas, como na súa cultura (froito da exemplar convivencia de cristiáns, musulmáns, xudeus e hindús).

O patrimonio arquitectónico de Melilla está considerado, xunto co de Barcelona, como un dos mellores expoñentes do estilo modernista español de principios do século XX. Melilla chegou a ter nesa época ata 100.000 habitantes. Actualmente recibe diariamente unha poboación flotante dos municipios marroquís próximos á súa área de influencia que fan que a súa poboación case se duplique nalgunhas ocasións.

Melilla constituíuse en cidade autónoma en 1995, aínda que xa foi recoñecido o seu dereito á autonomía na Constitución española de 1978. Marrocos reivindica a cidade como parte do seu territorio xunto con Ceuta e outros territorios españois de menor entidade no norte de África. O Goberno de España nunca estableceu negociacións de ningún tipo, xa que considera a Melilla -do mesmo xeito que os outros territorios norteafricanos- parte integrante do territorio nacional español.

Miskolc

Miskolc (eslovaco: Miškovec, polaco: Miszkolc) é a cidade máis importante do nordeste de Hungría, capital rexional do nordeste do país e capital do condado de Borsod-Abaúj-Zemplén. É unha cidade autónoma. É a terceira cidade maior de Hungría con 178.950 habitantes.

Tamén é sede dunha importante universidade pública, a Universidade de Miskolc.

Moscova

Moscova (en ruso: Москва) é a capital de Rusia e o principal centro político, económico, financeiro, educativo e de transporte, situado no río Moskva no Distrito Central Federal, na parte europea de Rusia. A poboación da cidade é de 12.5 millóns de habitantes xunto cos arrabaldes da cidade. Constitúe por si mesma o 7% da poboación de toda Rusia. Tamén é considerada a cidade máis populosa de Europa. Foi a capital da antiga Unión Soviética e da Rusia pre-imperial. En Moscova atópase o famoso Kremlin que actualmente serve como residencia do xefe de goberno. O xentilicio é moscovita.

A arquitectura e cultura de Moscova teñen sona mundial, Moscova tamén é coñecida pola famosa catedral de San Basil, coas súas elegantes cúpulas douradas, do mesmo xeito que tamén é coñecida a Catedral de Cristo Salvador. O Patriarcado de Moscova, cuxa residencia é o Mosteiro de Danilov, serve como cabeceira da Igrexa Ortodoxa Rusa. Moscova tamén segue sendo o centro económico e o fogar dunha longa lista de Billonarios; así mesmo é considerada unha das cidades más caras de todo o mundo, e é o fogar de multitude de institucións culturais e científicas, xunto con importantes instalacións deportivas. A cidade posúe un complexo sistema de transporte e un dos metros máis densamente utilizados, famoso pola súa arquitectura. Moscova tamén acolleu os Xogos Olímpicos de verán de 1980.

Provincia de Buenos Aires

A provincia de Buenos Aires, ou tamén provincia de Bos Aires, é unha das 23 provincias que compoñen a Arxentina. Pola extensión, poboación e relevancia das súas actividades económicas é considerada a máis importante do país.

Limita ao norte coas provincias de Entre Ríos e Santa Fe, ao oeste coas provincias de Córdoba, Pampa e Río Negro, ao sur e ao leste co Atlántico e ao nordeste co Río da Plata. No seu nordeste atópase a Cidade de Bos Aires, que dende 1880 non forma parte da provincia. A súa capital é a cidade de La Plata.

Con 307.571 km² de extensión, é a provincia arxentina máis extensa, ocupando o 11,06% da súa superficie total. O partido de Patagones é o máis extenso da provincia con 13.600 km², e o de Vicente López é o menos extenso, con 33 km².A súa poboación aproximada é de quince millóns de habitantes segundo o Censo da Arxentina de 2001, co cal é a provincia máis poboada da República Arxentina. Está conformada por parte do Gran Buenos Aires, con 9.270.661 habitantes, máis o que se considera o interior con 4.556.542 habitantes. É unha das provincias con maior densidade de poboación, equivalente a 48,05 habitantes por km², só superada pola Cidade Autónoma de Buenos Aires e a provincia de Tucumán.

Turkmenistán

Turkmenistán, tamén chamado Turcomenistán, ou oficialmente a República de Turkmenistán (en turcomán: Türkmenistan Riespublikasy) é un país de Asia central, que limita con Afganistán, Irán, o mar Caspio, Casaquistán e Uzbekistán.

Veszprém

Veszprém é unha cidade autónoma de Hungría situada no centro oeste do país, preto do lago Balaton, e a unha distancia duns 110 Km. de Budapest. Ten unha poboación de 65.000 habitants. É tamén a capital do condado de Veszprém.

Xogos Olímpicos de 1896

Os I Xogos Olímpicos da era moderna foron realizados en Atenas (Grecia), berce dos xogos da antigüidade, entre os días 6 e 15 de abril de 1896, coa participación de 241 atletas, todos homes, representando catorce países, grazas ao empeño visionario do francés Pierre de Frédy, o Barón de Coubertin, idealizador do renacemento dos xogos existentes na Grecia antiga, mentor do movemento olímpico e fundador do Comité Olímpico Internacional.

Sen ningunha experiencia na organización de semellante evento, os organizadores dos primeiros xogos case arruínan a propia competición, por mor da diversidade de datas, pois os gregos utilizaban entón o antigo calendario xuliano paralelo ó convencional usado pola civilización occidental, facendo que existise unha diferenza de doce días entre ambos, o que atrapallou a inauguración dos Xogos e a chegada dos atletas dos diversos puntos do planeta.

A cerimonia de inauguración acabou acontecendo nun domingo de Pascua, co discurso de apertura proferido diante de cen mil espectadores polo propio Xurxo I, de Grecia, após a inauguración dunha estatua –que existe aínda hoxe– na entrada do estadio Panathinaikos, principal palco das competicións e unha marabilla arquitectónica toda de mármore, en homenaxe ó rico financeiro ateniense Georgius Averoff, responsable da restauración e modernización do estadio e financiador da organización do evento, o que impediu a súa cancelación antes mesmo de iniciado, debido ás penosas condicións do erario real grego.

Os países representados polos seus atletas en Atenas e que se converteron nos pioneiros na participación dos Xogos Olímpicos foron: Alemaña (dezanove atletas), Australia (1), Austria (3), Chile (1), Dinamarca (3), Exipto (1), Estados Unidos(14), Francia (13), Hungría (7), Italia (1), Reino Unido (10), Suecia (1), Suíza (3) e a anfitrioa Grecia con 168 atletas. (*)

As nove modalidades deportivas disputadas foron: atletismo, ciclismo, esgrima, ximnasia, halterofilia, loita, natación, tenis e tiro.

Obs.: Dous dos atletas que son actualmente contados como gregos, representaban á entón cidade autónoma de Esmirna. Alén diso, non se sabe a identidade de 68 dos atletas gregos, debido ó feito de seren moitos cidadáns que participaron en eventos sen haber un cadastro adecuado. Alén destes estados, Bélxica e Rusia tamén estiveron representadas nas cerimonias dos Xogos de 1896 mais os seus atletas nunca chegaron a competir.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.