Cidade-estado

Unha cidade-estado é unha rexión soberana controlada exclusivamente por unha cidade, un estado composto unicamente dunha cidade. Actualmente os seguintes estados son considerados cidades-estados:

As primeiras cidades-estado (polis) formaban ligas na Grecia clásica. Por exemplo, a liga espartana e a liga ateniense eran conxuntos de cidades que tomaban partido por unha das dúas cidades en guerra (neste caso Atenas ou Esparta). Politicamente independentes, uníanse no esforzo bélico para resolve-las súas disputas. No caso dunha ameaza ó conxunto de polis, uníanse todas contra o invasor estranxeiro como, por exemplo, a liga do Peloponeso contra os persas ou os medos nas Guerras Médicas.

Estas cidades-estado formaban parte de áreas culturais máis amplas, como a antiga Grecia, as cidades fenicias de Canaa (como Tiro e Sidón), as maias da Mesoamérica pre-colombina (como Chichen Itza e El Mirador, as da Asia central que bordeaban a Ruta da Seda (como Samarcanda e Bucara) ou o norte de Italia (como Florencia e Venecia).

As cidades-estado teñen contribuído ao desenvolvemento da civilización nunha medida enormemente desproporcionada en comparación co seu tamaño. Algúns dos períodos máis creativos da historia humana son aqueles nos que a humanidade se organizaba en pequenos centros independentes. Porén, estas entidades sobrevivían durante períodos de tempo breves debido ao seu tamaño e poder de defenderse contra outras entidades maiores. Por outra banda, o seu éxito ao coexistir como partes desunidas dunha unidade xeográfica e cultural laxa, como en Italia ou Grecia, actuaba como barreira para a creación de unidades nacionais de maior permanencia. En consecuencia, daban paso a formas de organización social máis amplas, o imperio e finalmente a nación-estado.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Atenas

Atenas (en grego: Αθήνα, tr. "Athína", [aˈθina] (AFI)) é a capital da Grecia e tamén a capital da rexión de Ática. Ademais de ser unha cidade moderna, Atenas tamén é famosa por ter sido unha poderosa cidade-Estado e un centro de cultura moi importante nos tempos antigos.

En grego antigo, Atenas era chamada Athenai (Αθήναι) e, no século XIX, este nome foi retomado formalmente como nome da cidade. Desde o abandono oficial do grego Katharevousa na década de 1970, a forma popular Athina converteuse no nome oficial da cidade.

Babilonia

Babilonia foi a capital dun reino clave da antiga Mesopotamia dos séculos XVIII ao VI a.C.. No moderno Iraq, localízase a aproximadamente 110 quilómetros ao sur de Bagdad. A capital construíuse sobre o río Éufrates e dividíase en partes iguais ao longo das súas marxes esquerda e dereita, con terraplens empinados para conter as inundacións estacionais do río. Babilonia era orixinariamente unha pequena cidade acadia que data do período do Imperio acadio c.  2300 a.C.. O nome vén do grego Babel, que, á súa vez, deriva do semítico Babilu, que siginifica "Os Portóns de Deus". Esa palabra semítica é unha tradución do sumerio Kadmirra.

A cidade pasou a formar parte dunha pequena cidade-estado independente co ascenso da primeira Babilonia no século XIX a.C. Despois de que o rei amurru Hammurabi creara un imperio de curta duración no século XVIII a.C., converteu Babilonia nunha cidade importante e declarouse a se mesmo o seu rei. O sur de Mesopotamia fíxose coñecida como Babilonia e Babilonia eclipsou a Nippur como a súa cidade santa. O imperio desvaneceuse baixo o fillo de Hammurabi Samsu-iluna e Babilonia pasou longos períodos baixo o dominio dos asirios, Casitas e Elamitas. Despois de ser destruído e reconstruído polos asirios, Babilonia converteuse na capital do Imperio neobabilónico de curta duración do 609 ao 539 a.C. Os Xardíns colgantes da Babilonia foi unha das sete marabillas do mundo antigo, aínda que algúns estudiosos creen que estes estaban realmente na capital asiria de Nínive. Trala caída do Imperio neo-babilónico, a cidade quedou baixo o goberno dos aqueménidas, Seléucidas, Partos, Romanos, e sasánidas.

Estímase que Babilonia era a cidade máis grande do mundo c.  1770 – c.  1670 & nbsp; a.C, e de novo c.  612 – c.  320 & nbsp; a.C . Talvez foi a primeira cidade en alcanzar unha poboación superior aos 200.000 habitantes. Estimacións do alcance máximo da súa área comprendida entre 890 a 900 hectáreas.Os restos da cidade atópanse na actual Hillah, Gobernación de Babilonia, Iraq, ao redor de 85 km. ao sur de Bagdad, formando unha grande tell de edificios e restos de tixolos de lodo rotos.

As principais fontes de información sobre Babilonia son: escavación do sitio, referencias en textos cuneiformes atopados noutras partes de Mesopotamia, referencias na Biblia, descricións nas escrituras clásicas (especialmente por Herodoto) e descricións de segunda man (citando a o traballo de Ctesias e Beroso) presenta unha imaxe incompleta e ás veces contraditoria da cidade antiga, mesmo no seu apogeo no século VI a.C.

Baltimore, Maryland

Baltimore é unha cidade do estado de Maryland, Estados Unidos. En 2007 tiña unha poboación de 637 455 habitantes. Debe o seu nome a Cæcilius Calvert, 2º Barón Baltimore. A cidade forma parte da área metropolitana Baltimore-Washington. O porto de Baltimore é un dos máis importantes da costa leste americana.

Benín

Benín (en francés: Bénin), oficialmente República de Benín (en francés: République du Bénin) e antigamente Dahomey, é un país de África Occidental. Limita ó oeste con Togo, ó leste por Nixeria e ó norte por Burkina Faso e Níxer. A maioría da poboación vive na súa reducida liña costeira no golfo de Benín, parte do golfo da Guinea, na zona máis ó norte do Océano Atlántico tropical. A capital de Benín é Porto Novo, pero a sede do goberno está en Cotonou, a meirande cidade e o centro económico do país. Benín abrangue unha área de aproximadamente 115 000 km², cunha poboación aproximada de 9,98 millóns. Benín é unha nación tropical da África subsahariana moi dependente da agricultura.A lingua oficial de Benín é o francés. Porén, as linguas indíxenas como o fon e o yoruba son faladas de xeito común. O meirande grupo relixioso é o catolicismo, seguido de preto polo islam, o vodú e o protestantismo. Benín é membro das Nacións Unidas, da Unión Africana, da Organización para a Cooperación Islámica, da Zona de Paz e Cooperación do Atlántico Sur, da Francophonie, da Comunidade dos Estados do Sahel-Sahara e da Autoridade da Conca do Níxer.Dende o século XVII até o XIX, as principais entidades políticas na área foron o Reino de Dahomey xunto coa cidade estado de Porto Novo e unha grande área con moitas tribos diferentes no norte. Esta rexión era chamada a Costa dos escravos a comezos do século XVII por mor do grande número de escravos que eran levados cara ao Novo Mundo polo comercio atlántico. Despois da abolición da escravitude, Francia tomou o país e renomeouno como Dahomey Francés. En 1960, Dahomey acadou a independencia plena de Francia, e viviu un período tumultuoso con varios gobernos democráticos, golpes de estado e gobernos militares.

Un estado marxista-leninista chamado República Popular de Benín existiu entre 1975 e 1990. En 1991, foi substituído pola actual República multipartidista.

Chicago

Chicago é a terceira maior cidade dos Estados Unidos, localizada no estado de Illinois, na rexión dos Grandes Lagos. Ten unha poboación de 2 869 121 habitantes, cunha área metropolitana de máis de nove millóns de habitantes.

Chicago é unha das cidades americanas na que as minorías son maiores. Dos habitantes da cidade, ao redor do 42% son brancos, mentres que un 36.77% son negros. O 26.02% son hispanos (sen distinguir a raza).

Chicago é famosa pola súa arquitectura, moi influente a finais do século XIX xa que o grande incendio de Chicago deixou moito espazo libre para construír (ou reconstruír), dando paso aos primeiros rañaceos do mundo. O edificio máis alto do mundo ata a construción das Torres Petronas en Kuala Lumpur (Malaisia) era as Torres Sears, en Chicago.

Chicago tamén é famosa polo aeroporto O'Hare, o máis ocupado do mundo. O seu nome ten orixe india.

Dallas, Texas

Dallas (pronuncia en inglés [ˈdæləs]) é a capital do Condado de Dallas, Texas, Estados Unidos. A cidade ten 1 240 499 habitantes, sendo a máis poboada da área metropolitana Dallas/Fort Worth, que ten en total 5 222 000 habitantes. Dallas ten unha grande industria en tecnoloxías da información.

O aeroporto internacional de Dallas/Fort Worth é o aeroporto máis grande do estado de Texas. O 22 de novembro de 1963, o presidente dos Estados Unidos John F. Kennedy foi asasinado nesta cidade.

Detroit, Michigan

Detroit é unha cidade situada no Condado de Wayne, no estado de Míchigan dos Estados Unidos. Segundo o último censo de 2007, o núcleo da cidade ten 916.952 habitantes, e contando cos arredores chega a 5,5 millóns. É a oitava cidade en canto a poboación dos Estados Unidos.

Situada entre o Lago St. Claire e o Lago Erie, alberga ás tres grandes compañías automobilísticas americanas. Estas son a General Motors, a Ford, e a DaimlerChrysler. Detroit tamén é emblemática polo son Motown, que foi unha grande influencia para a música punk e techno.

Düsseldorf

Düsseldorf (en alemán [ˈdʏsl̩dɔɐ̯f] (AFI), escoitar, en baixo alemán: Düsseldörp) é a capital do estado (Bundesland) de Renania do Norte-Westfalia. É, tras Colonia, a terceira cidade en tamaño de Renania do Norte-Westfalia, cunha poboación duns 583 000 habitantes (2008). Está á beira do río Rin.

Filadelfia

Filadelfia (en inglés Philadelphia) é unha cidade estadounidense situada no condado de Filadelfia, Pensilvania. Segundo o censo de 2000, a poboación era de 1 517 550 habitantes, converténdoa na quinta cidade máis poboada de Estados Unidos.

Frankfurt

Para a outra cidade chamada Frankfurt vexa Frankfurt do Oder.

Frankfurt (en alemán: Frankfurt am Main; para a distinguir de Frankfurt do Oder) é a cidade máis importante do Estado federado de Hesse (Alemaña), aínda que a capital administrativa é Wiesbaden.

Frankfurt forma o núcleo urbano da rexión Rin-Meno.

Hamburgo

Hamburgo (en alemán: Hamburg, [ˈham.bʊʁk] , pronunciación local: [ˈham.bʊɪç] ; en baixo saxón: Hamborg, [ˈham.bɔːx] ) é unha cidade situada ao norte de Alemaña. A cidade forma o seu propio estado federado, cunha extensión de 755 km². A finais de febreiro de 2008 tiña 1 773 218 habitantes (4,7 millóns na súa área metropolitana), que inclúe partes dos estados veciños de Baixa Saxonia e Schleswig-Holstein), o que a convertía na segunda cidade máis populosa en Alemaña tras Berlín. Ademais, o seu porto é o segundo máis grande de Europa, tras o de Rotterdam, e o noveno do mundo.

O nome completo de Hamburgo é "Cidade Libre e Hanseática de Hamburgo" (Freie und Hansestadt Hamburg en alemán). Isto débese á súa historia como membro da liga medieval hanseática, como Cidade Imperial Libre do Sacro Imperio Romano Xermánico, e tamén polo feito de que é unha cidade-estado e polo tanto un dos dezaseis estados federados de Alemaña.

Hamburgo é un importante eixo de transportes do norte de Alemaña converténdose nun gran centro industrial, con fábricas como Blohm + Voss (estaleiro) ou Norddeutsche Affinerie (produción de cobre), e de comunicacións, descantando a radio-televisión Norddeutscher Rundfunk e editoriais como Gruner + Jahr e Spiegel-Verlag. Contabilízanse en total máis de 120.000 empresas. A cidade é tamén un importante destino turístico tanto local como internacional, recibindo en 2007 ao redor de 7,4 millóns de visitas.

Independencia

A independencia, termos políticos, é a situación dun país que detenta e goza, ademais do dereito de autodeterminación, o de soberanía.

Montecarlo

Montecarlo (en francés: Monte-Carlo, en monegasco: Monte-Carlu) é un barrio do principado de Mónaco, coñecido polo seu casino. Aínda que en moitas ocasións se pense que Montecarlo é a capital de Mónaco, isto non é así, xa que todo o Principado é a súa propia capital ao ser unha cidade-estado.

Tamén é coñecido o barrio por acoller o Circuíto de Mónaco, no que ten lugar o Gran Premio de Mónaco de Fórmula 1.

Tamén é sede desde 1952 do "Reinsurers Rendez-Vous", a reunión anual máis antiga e famosa da industria reaseguradora que se realiza na primeira semana de setembro.

Montecarlo desde fai décadas é un lugar de reunión de membros da realeza, así como de grandes estrelas de cine.

Mónaco

Mónaco (en francés: Monaco, en monegasco: Múnegu, en italiano: Monaco, en occitano: Mónegue), oficialmente Principado de Mónaco (en francés: Principauté de Monaco, en monegasco: Principatu de Múnegu, en italiano: Principato di Monaco, en occitano: Principat de Mónegue) é unha cidade-estado situada ao sur de Francia na costa mediterránea, en Europa. Cunha superficie de 1,9 km² é o segundo país máis pequeno do mundo, despois da Cidade do Vaticano. Debido a ese pequeno tamaño posúe soamente pouco máis de catro quilómetros de fronteira, todas con Francia, aínda que se atopa bastante preto de Italia a 11 km. Cos seus máis de 30.000 cidadáns é o estado soberano con maior densidade de poboación do mundo, chegando practicamente aos 17.000 habitantes por km².

Mónaco é unha monarquía constitucional e un Principado gobernado pola Casa de Grimaldi dende o ano 1297, sendo hoxe o Xefe de Estado o Príncipe Alberte II. Con todo, a pesar de ser un estado independente, a defensa do Principado é responsabilidade do Estado francés. Mónaco é o nome do país, así como o nome da súa única cidade e capital. A miúdo é considerado como un paraíso fiscal, sendo a maioría dos seus habitantes xente rica de países estranxeiros, os cales supoñen en torno ao 84% da poboación.

Provincia

Unha provincia é un tipo de división administrativa, que confire certas funcións, a nivel administrativo, ó territorio que representa. Tamén se chama provincia ao territorio limitado pola división administrativa antedita.

Este termo utilizase con características diferentes seguindo os países e as épocas históricas. Polo tanto unha provincia abarca realidades de organización territorial diversas.

República de Venecia

A Serenísima República de Venecia foi unha cidade-estado do norte de Italia, xunto ao mar Adriático, atopada en torno á cidade de Venecia. A república existiu como tal dende o século IX ata 1797. Tamén recibe o nome de Serenissima Repubblica di San Marco, xa que San Marcos é o seu santo patrono.

Roma antiga

Roma, en orixe unha cidade-estado, deu nome ao estado máis extenso da antigüidade europea.

Sicilia

Sicilia (en siciliano: Sicìlia) é unha rexión autónoma de Italia. É máis grande de tódalas rexións da República e ademais a illa máis grande do mar Mediterráneo con 25.711 quilómetros cadrados. Xunto con Sardeña, a illa está clasificada oficialmente como unha rexión da Italia Insular.

Aínda que hoxe Sicilia é unha rexión de Italia, a illa foi unha cidade-estado de propio dereito, que dende Palermo, como Reino de Sicilia, chegou a dominar toda illa, o sur de Italia e Malta. Con todo, coa unificación italiana de 1860 Sicilia converteuse nunha rexión autónoma do Reino de Italia.

Sicilia ten a súa propia cultura, especialmente con respecto ás artes, a cociña e a arquitectura. Ademais a illa posúe o seu propio idioma, o siciliano, de orixe latina. A economía siciliana baséase principalmente na agricultura (principalmente os hortos de laranxa e limón) e no turismo.

Venecia

Venecia (en italiano: Venezia, en véneto: Venexia) é unha cidade e comuna italiana, capital da rexión do Véneto e da provincia de Venecia, situada no nordeste da península itálica. A cidade, con 270.516 habitantes (a 31 de xullo de 2010), é coñecida pola súa historia, canais, museos e monumentos, así como pola súa industria. Xunto con Padua, forma a área metropolitana de Padua-Venecia cunha poboación de 1.600.000 habitantes.

O nome da cidade deriva da antiga tribo dos veneti, que viviron na rexión en tempos de Roma. Venecia foi historicamente capital dunha cidade-estado independente. Ao longo do tempo a cidade foi coñecida con distintos alcumes: "La Dominante", "Serenissima", "a raíña do Adriático", "a cidade da auga", "a cidade das máscaras", "a cidade das pontes", "a cidade flotante" e a "cidade das canles". Hoxe está clasificada como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Dos moitos monumentos e locais turísticos existentes, destacan a Basílica de San Marcos, na adxacente Praza de San Marcos, a Ponte de Rialto sobre a Gran Canle, construída en 1588 segundo proxecto de Antonio da Ponte, a Ca' d'Oro e numerosas igrexas e museos.

A cidade esténdese por 117 pequenas illas na Lagoa de Venecia ao longo do mar Adriático, entre a desembocadura do río Po (ao sur) e do río Piave (ao norte). Aínda que a poboación da cidade é de 270.516 habitantes tan só 60.000 viven nas illas do centro histórico (Centro storico), sendo a poboación en terra firme (Terraferma) de 176.000. Os restantes 31.000 viven noutras illas da lagoa.

A República de Venecia foi unha importante potencia marítima durante a Idade Media e o Renacemento, e un dos escenarios das Cruzadas e da Batalla de Lepanto, así como un importante centro de comercio (en especial seda, cereais e especias) e arte entre o século XIII e finais do XVII. Todo isto fixo de Venecia unha cidade moi rica ao longo de case toda a súa historia. Venecia tamén xogou un papel importante na historia da música sinfónica e da ópera, sendo o lugar de nacemento de Antonio Vivaldi. Tamén en Venecia naceron numerosos papas, alén de numerosos artistas como Antonio Vivarini, Antonio da Ponte, Tintoretto ou Canaletto.

Poderes
Formas de goberno
Réximes e sistemas
Tipos de poder
Clases de estado
Conceptos
Procesos
Divisións administrativas
Cargos
Disciplinas
Ideoloxías
Actitudes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.