Chus Pato

María Xesús Pato Díaz, máis coñecida como Chus Pato, nada en Ourense o 29 de agosto de 1955,[1] é unha poeta en lingua galega e académica de número da Real Academia Galega.

Chus Pato
Chus Pato en Antuerpen
Chus Pato no Festival de poesía de Antuerpen en 2012.
Nacemento29 de agosto de 1955
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpoeta e escritora
CónxuxeManuel Igrexas e Anselmo López Carreira
FillosSabela López Pato e Catuxa López Pato
XénerosPoesía
Coñecido/a porCarne de Leviatán, Nacer é unha república de árbores, Nínive, Fascinio, Urania, Heloísa, A ponte das poldras e m-Talá
PremiosPremio Antón Losada Diéguez e Premio da Crítica de poesía galega

Traxectoria

A súa familia paterna é de Viñoás (Nogueira de Ramuín). Estudou no colexio de Santo Domingo, da orde de Vicente de Paúl, o bacharelato no colexio das Carmelitas, e o COU no Instituto de Ourense, actual IES Otero Pedrayo. En 1973 licenciouse en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Fixo traballos de investigación na súa especialidade como O movimento obreiro na provincia de Ourense.

Exerce como profesora de ensino secundario (Xeografía e Historia) desde 1989, primeiro en Bande, despois en Muros (1991-1995) e desde entón en Lalín, primeiro no IES Ramón María Aller e despois no IES Laxeiro.

En 1973 foi unha das fundadoras de ERGA, e até finais da década de 1970 militou na Unión do Povo Galego. Foi cabeza de lista da Frente Popular Galega pola provincia de Ourense en varias ocasións.

Pertence a varias agrupacións de índole literaria, como o PEN Club ou as Redes Escarlata, e foi membro da AELG. Desde a súa constitución en 2015, é vogal do padroado da Fundación Euseino?, tamén pertence ao padroado da Fundación Rosalía de Castro. Foi elixida académica de número da Real Academia Galega no pleno do 5 de novembro de 2016.[2] Leu o seu discurso de ingreso na RAG o 23 de setembro de 2017 no IES Otero Pedrayo de Ourense, co título de Baixo o límite, con resposta de Francisco Fernández Rei.[1]

En 2015 a súa voz pasou a facer parte das gravacións do Woodberry Poetry Room de Harvard onde se recollen as palabras de figuras das letras universales como Elizabeth Bishop y W. H. Auden. [3][4][5]

Obra literaria

Os primeiros poemas publicados de Chus Pato apareceron na revista Escrita (1984)[6] e, dende entón, á parte de nos seus libros, nunca deixou de colaborar en múltiples publicacións: Luzes de Galiza, Festa da Palabra Silenciada, Andaina, Gume, Ólisbos, Revista das Letras, Dorna, Clave Orión, A Trabe de Ouro etc.; en libros colectivos: Palabra de muller, Sete poetas ourensáns, Poesía dos aléns; no ano 1992, con outras sete mulleres, publica en Edicións do Dragón a carpeta poética 8 e medio, así mesmo participa na homenaxe a Rosalía de Castro no cincuentenario da fundación do padroado Rosalía, co gallo do cal se edita un CD cos poemas recitados, con música de Rodrigo Romaní, e un libro que recolle os textos e fotografías de María Esteirán (1997); participa habitualmente en recitais, mesas redondas, performances e conferencias.

Características da súa obra

A súa poesía está considerada como unha das máis modernas e persoais da literatura actual. Caracterízase por fuxir de coordenadas xeracionais e lazos compartidos con outros escritores galegos. A súa obra consolidou desde a década dos oitenta unha linguaxe propia, referencias temáticas e estilísticas inconfundibles e un compromiso político da palabra que vai máis alá da obviedade dos versos. Poesía complexa, nutrida de moitas imaxes, escenarios e pegadas intelectuais e un modelo literario afastado de convencionalismos e implicado na busca constante de novos camiños para a expresión artística.[7]

Anxo.vitoria.chus.manuel
De esquerda a dereita: Anxo González Guerra, Vitoria Ogando, Chus Pato e Manuel Igrexas, a carón do monumento a Rosalía de Castro en Santiago de Compostela en 2018.

A transgresión na súa poesía[8] supera a convención formal. A súa poética, marcada por un posicionamento crítico co seu tempo, expandiu o horizonte da poesía galega e colocouna na vangarda do pensamento contemporáneo. O seu discurso do múltiple articúlase na multiplicidade de voces e formas. Cuestiona a linguaxe, a percepción, as ficcións históricas e todo o que constitúe esexese, mentres traballa entre o inexistente e o vindeiro. Construíu un ambicioso proxecto poético no que se manifesta un profundo pensamento e reflexión sobre as identidades (individual, de xénero, nacional, histórica) e a escritura.[9]

Poemarios publicados

  • Urania (1991). Ourense: Calpurnia. 2ª ed., Chan da Pólvora, 2016. 69 páxs. ISBN 978-8494570117.
  • Heloísa (1994). Espiral Maior.[10]
  • Fascinio (1995). Muros: Toxosoutos. 2ª ed., Vigo: Galaxia, 2010. 104 páxs. ISBN 978-84-9865-292-5.[11]
  • A ponte das poldras (1996). Santiago de Compostela: Noitarenga. 2ª ed., Vigo: Galaxia, 2006. 72 páxs. ISBN 978-84-8288-889-7.[12]
  • Nínive (1996) Xerais. 88 páxs. ISBN 9788483020258. [13]
  • m-Talá (2000). Xerais, 2000.[14]
  • Charenton (2004). Xerais. 136 páxs. ISBN 978-84-9782-221-3.[15]
  • Hordas de escritura (2008). Xerais. 96 páxs. ISBN 978-84-9782-704-1.[16]
  • Secesión (2009). Galaxia. 134 páxs. ISBN 978-84-9865-195-9.[17]
  • Nacer é unha república de árbores (2010). Edicións do Cumio. (escolma poética sonora). 160 páxs. ISBN 978-84-8289-244-3.[18][19]
  • Carne de Leviatán (2013). Galaxia. 132 páxs. ISBN 978-84-9865-486-8.[20]
  • Un libre favor (2019). Galaxia. 104 páxs. ISBN 978-84-9151-331-5.[21]

Traducións ao inglés

  • from m-Talá, tradución de Erín Moure. Nomados, Vancouver, 2002.
  • Charenton, tradución de Erín Moure. Shearsman Books, Exeter & BuschekBooks, Otava, 2007.
  • m-Talá, tradución de Erín Moure. Shearsman Books, Exeter, 2009.
  • Hordes of Writing, tradución de Erín Moure. Shearsman Books, Exeter, 2011.
  • Secession / Insecession, con Erín Moure. 2014.
  • Flesh of Leviatan, tradución de Erín Moure. Omnidawn Publishing, 2016.

Traducións ao castelán

  • Heloísa. Madrid: La Palma, 1998.
  • Un Ganges de palabras, antoloxía bilingüe galego-español preparada por Iris Cochón. CEDMA (Colección Puerta del mar), Málaga, 2003.
  • m-Talá. Buenos Aires: Pato-en-la-cara, 2009.
  • Hordas de escritura seguido de Secesión. Madrid: Amargord, 2013.[22]
  • Carne de Leviatán. Madrid: Amargord, 2016. 90 páxs. ISBN 978-84-16762-06-4.
  • Poesía reunida. Volumen 1 (1991-1995), 2017.[23][24]

Traducións ao portugués

  • Carne de Leviatã. Lisboa: Douda Correria, 2016.

Traducións ao búlgaro

  • Leviatan i drugi istorii, tradución de Tsvetanka Elenkova. Small Stations, 2016.

Traducións ao holandés

  • Finisterra, tradución de Mariolein Sabarte. Uitgeverij Perdu, 2017.

Antoloxías e musicacións

Parte da súa poesía atópase incluída nas antoloxías Poésie en Galice aujourd´hui (Anxo Angueira, Sources, 1999), Rías de tinta, Literatura de mujeres en francés, gallego e italiano (Marta Segarra, Helena González e Francesco Ardololino. Ed. de la Universitat de Barcelona, 2000), Poetry is the world´s great miracle (María do Cebreiro, ed. do P.E.N de Galicia, 2001), A tribo das baleas (Helena González, Xerais, 2001), Las flores del yodo (Margarita Borja, publicación de Teatres de la Generalitat Valenciana, 2001), Las poetas de la búsqueda (Jaime de Parra, Libros del Innombrable, 2002) e Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000 (Tris Tram, 2003), de Arturo Casas, entre outras.

En español pódense ler traducións dos seus poemas en diversas revistas como Infolios (un número monográfico), La Ortiga, La alegría de los naufragios, Texturas, Zurgai, El signo del gorrión, Veneno...

Poemas seus foron musicados por artistas como Nación Reixa ("Historias posibles/imposibles", no disco Safari Mental), Ataque Escampe ("Mira", no disco Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos), ou Uxía Senlle, aparecendo este último tema na curtametraxe O Prezo da dote, do leonés Chus Domínguez, curtametraxe preseleccionada para os Óscar de 2005.

Obras colectivas

  • Escolma de poesía galega (1976-1984). Sotelo Blanco, 1984.
  • XII Festival da Poesia no Condado. S. C. D. Condado, 1992.
  • Palabra de muller. 1992.
  • Sete poetas ourensáns. 1992.
  • XIII Festival da Poesia no Condado. S. C. D. Condado, 1993.
  • Oito e médio, Edicións do Dragón, 1993.
  • Poesía dos aléns. 1993.
  • XIV Festival da Poesia no Condado. S. C. D. Condado, 1994.
  • XV Festival da Poesia no Condado. S. C. D. Condado, 1995.
  • Bis a bis, 1997.
  • Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas, 1997, Fundación Rosalía de Castro.
  • Alguén agarda que volva alí, 1998.
  • Bestiario, 1998, Edicións do Dragón.
  • A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia.
  • Poetas e narradores nas súas voces. I, 2001, Consello da Cultura Galega.
  • Alma de beiramar. Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2003.
  • Botella ao mar, 2003.
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina. Fundación Araguaney, 2003.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra. Espiral Maior, 2003.
  • Xuro que nunca volverei pasar fame. Difusora, 2003.
  • X. Espazo para un signo. Xerais, 2005.
  • Poetízate. Antoloxía da poesía galega. Xerais, 2006.
  • Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero. Espiral Maior/Xunta de Galicia, 2006.
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo. Difusora, 2006.
  • Reflexos. Semana da Cultura Galega em Lisboa. Portugalizando, 2007.
  • Vanakkam. Benvidas. Implicadas/os no Desenvolvemento, 2007.
  • Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000. Universidade da Coruña, 2008.
  • Abro a xanela e respiro o aire fresco da fin do mundo. 2009.
  • En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova. Toxosoutos, 2010.
  • To The Winds Our Sails. Salmon Poetry, 2010. Tradución do galego ao inglés.
  • Cociñando ao pé da letra. Galaxia, 2011. Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
  • Tamén navegar. Toxosoutos, 2011.
  • Six Galician Poets. Arc Publications, 2016.

Ensaio

  • A mímese arcaica, en Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 11, febreiro de 2016, Vigo: Euseino? Editores.[25]

Premios

Notas

  1. 1,0 1,1 Pato, C. e Fernández Rei, F. (2017): Baixo o límite. Discurso lido o día 23 de setembro de 2017 no acto da súa recepción, pola ilustrísima señora dona Chus Pato e resposta do excelentísimo señor don Francisco Fernández Rei. Real Academia Galega. ISBN 9788494600586
  2. "O Pleno da RAG elixe a Chus Pato académica de número". Real Academia Galega. Consultado o 5/11/2016.
  3. ultramarinos. "Chus Pato". Ultramarinos Editorial (en castelán). Consultado o 2019-05-31.
  4. "Chus Pato". Jogos Florais. Consultado o 6/3/2019.
  5. "Chus Pato leva coa súa voz poética o galego á Poetry Room de Harvard". Real Academia Galega. 19/10/2015.
  6. "Chus Pato en escritoras.com". escritoras.com (en castelán). Consultado o 2019-05-31.
  7. Chus Pato, favorita para ocupar na Academia a vaga de Fernández Ferreiro
  8. "Membros da Academia - Plenario - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2019-05-31.
  9. Reyes, Miriam (2015). Punto de ebullición. Madrid: FCE. p. 19. ISBN 978-84-375-0726-2.
  10. "Chus Pato". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-05-31.
  11. "Fascinio". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-05-31.
  12. "A ponte das poldras". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-05-31.
  13. "NINIVE. CHUS PATO". casadellibro. Consultado o 2019-05-31.
  14. Rábade Villar, María do Cebreiro. "Chus Pato: m-Talá, Vigo, Xerais, 2000.". revistes.ub.edu. Consultado o 31/05/2019.
  15. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-05-31.
  16. "Ficha de libro.Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-05-31.
  17. "Secesión". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-05-31.
  18. "Nacer é unha república de árbores". www.cumio.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2019. Consultado o 2019-05-31.
  19. "Nacer é unha república de árbores". Mario Regueira. Consultado o 2019-05-31.
  20. "Carne de Leviatán". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-05-31.
  21. "Un libre favor". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-05-31.
  22. Hordas de escritura seguido de Secesión
  23. Ficha na editorial
  24. dafnebenjumea (2018-04-04). "Chus Pato: la búsqueda de identidad más allá del mito". Oculta Lit (en castelán). Consultado o 2019-05-31.
  25. Ficha do libro en Euseino? Editores
  26. "autor/a A. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-05-31.
  27. RAG: Chus Pato, Premio Clara Campoamor

Véxase tamén

Bibliografía

  • Galaxia, ed. (1995). Diccionario da literatura galega I Autores. Vigo. p. 434. ISBN 84-8288-019-5.

Ligazóns externas

29 de agosto

O 29 de agosto é o 241º día do ano do calendario gregoriano e o 240º nos anos bisestos. Quedan 124 días para finalizar o ano.

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos

Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos é o primeiro disco do grupo Ataque Escampe, publicado no 2007. Está dispoñible en formato mp3, descargable de balde na páxina do selo.

Conta con cinco temas gravados en estudio en decembro de 2006 (cara A), con Benxamín Otero como técnico de son.

A cara B consta de tres temas gravados ao vivo na sala Uf de Vigo, o 2 de xuño de 2006 en mini-disc, con arranxos de Benxamín Otero.

Os temas están interpretados por Roi Vidal, Miguel Mosqueira, Samuel Solleiro e Alex Charlón, coa colaboración de Iago Mouriño (piano e hammond).

As composicións son do grupo, agás o tema "Mira" (sobre un poema de Chus Pato) e "Rock de serie B" (versión da canción «Hey Hey, My My (Into the Black)» de Neil Young).

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Erín Moure

Erín Moure, nada en Calgary (Alberta) o 17 de abril de 1955, é unha poeta canadense con orixes galegas.

Estudantes Revolucionarios Galegos

Estudantes Revolucionarios Galegos (ERGA) foi unha organización estudantil nacionalista de esquerdas, activa entre 1972 e 1988.

Fundouse a iniciativa da UPG, nun clima de tensión tras folgas na Universidade de Santiago e a morte dun estudante pola policía, en decembro de 1972, encargouselle a Manuel Mera, que acababa de chegar da Arxentina e alí tivera experiencia na organización universitaria do grupo maoísta Vanguardia Comunista, artellar unha organización que agrupase aos universitarios e estudantes de secundaria. En Santiago de Compostela, coa axuda de simpatizantes da UPG, logra captar a un feixe de universitarios procedentes de todo o país e consegue a incorporación dalgúns militantes do Movemento Comunista da Coruña, entre eles Elvira Souto. Aos poucos meses chega aos 40 militantes, entre eles Anselmo López Carreira, Alfredo Suárez Canal e Chus Pato. En 1976 celebrou a súa primeira asemblea e en 1977 a segunda. En xaneiro de 1978 organizouse o I Congreso ao que asistiron 1.000 delegados e elíxese unha dirección da que formaban parte Xulio Ríos ou Xosé Miranda. Cando se formou o BNG en 1982, ERGA integrouse nel.

ERGA tiña como órgano de expresión o boletín Lume que editou o seu primeiro número en febreiro de 1973. ERGA constituíu a primeira organización de masas do nacionalismo tras a guerra civil, conseguiu unha ampla presenza na Universidade e nos institutos galegos e forneceu á UPG dirixentes e cadros.

Festa da Palabra Silenciada

Festa da Palabra Silenciada é unha revista anual de carácter político-cultural producida dende maio de 1983 en Vigo por Feministas Independentes Galegas (FIGA) e dirixida por María Xosé Queizán.

Aínda que os seus contidos se foron ampliando dende o comezo, os máis significativos son o reflexo do pensamento feminista en moi diversos aspectos da realidade e a crítica, centrada na autoría feminina, de textos literarios galegos.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Manuel Igrexas

Manuel Igrexas Rodríguez, nado en Lalín o 21 de decembro de 1961, é un historiador e escritor galego.

Manuel Rivas

Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta, xornalista galego e académico da RAG dende o 31 de xullo de 2009. A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade coma o escritor galego con máis proxección internacional, a súa obra está traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e xaponés.

Nínive

Para o libro de poesía de Chus Pato véxase: Nínive (1996).Nínive (en acadio: Ninu(w)a, en arameo: ܢܝܢܘܐ ou נינוה, Nīnwē, A que supera as grandes cidades, como é chamada no Libro de Xonás.) era unha importante cidade asiria, próxima á actual Mosul en Iraq. Descrita no Libro de Xonás como "cidade grande excesivamente", atópase na beira oriental do Tigris, ao longo do cal se estende durante 50 quilómetros, cun ancho medio de 20 quilómetros ou máis desde o río ata os outeiros do leste. Toda esta extensa área é agora unha inmensa zona de ruínas.

Situada na confluencia entre o río Tigris e o Khosr, Nínive era un importante punto de paso das rutas comerciais que cruzaban o Tigris. Ocupaba unha posición central nas rutas entre o Mediterráneo e o Índico, unindo así o leste e o oeste, recibindo influencias e riqueza de moitos lugares. Chegou a se converter nunha das máis grandes cidades antigas da historia.

Premio Antón Losada Diéguez

O Premio Antón Losada Diéguez convócase anualmente desde 1985 polos concellos de Boborás e O Carballiño, co patrocinio da Deputación de Ourense.

Prémianse obras publicadas no ano anterior de entre as presentadas a concurso polas editoriais. Hai dúas categorías: creación literaria e investigación,

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Real Academia Galega

A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial da lingua galega. Elabora as súas normas ortográficas, gramaticais e léxicas, deféndea e promociónaa. Ademais, decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua. O seu presidente é Víctor Freixanes, elixido o 28 de marzo de 2017 logo da renuncia de Xesús Alonso Montero tras catro anos no cargo. O seu lema é Colligit. Expurgat. Innovat

Unha puta percorre Europa

Unha puta percorre Europa é unha novela de Alberto Lema, publicada por Editorial Galaxia en abril de 2008. Está adicado a Chus Pato, e comeza cunha cita de Donna Haraway.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.