Chus Nogueira

María Xesús Nogueira Pereira, nada en Berres (A Estrada) o 19 de xullo de 1968, é unha filóloga e ensaísta galega. É a presidenta da Asociación Galega da Crítica desde a súa creación en 2015.

Chus Nogueira
Chus Nogueira (AELG)-4
Nacemento19 de xullo de 1968
 Berres
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritora
XénerosEnsaio
EstudosFiloloxía Galega

Traxectoria

Doutora en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, é docente na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela. As súas principais liñas de investigación son a narrativa de Álvaro Cunqueiro e a poesía galega contemporánea. Foi membro dos consellos editores da revista Dorna e da colección de poesía Letras de Cal. Na actualidade éo do Boletín Galego de Literatura e colabora do portal en internet culturagalega.org. É ademais autora de artigos en volumes colectivos e revistas, onde tamén publica con regularidade crítica literaria.

Obras

Ensaio

Edición

Obras colectivas

  • O mar de adentro, 1990, Edicións do Dragón.
  • Oito e médio, 1993, Edicións do Dragón.
  • Bestiario, 1998, Edicións do Dragón.
  • Poesía Contemporánea. Tabeirós-Terra de Montes, 2005, Fervenza.
  • Palabra viva. Galicia e Hispanoamérica, 2012, Universidade de Santiago de Compostela.
  • Letras nómades. A mobilidade feminina na literatura galega, 2014, Frank & Timme.

Notas

  1. Edición, introdución e notas. Xela Arias. Poesía reunida (1982-2004) na páxina web de Xerais.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Carlos Lixó

Carlos Lixó Gómez, nado o 11 de novembro de 1991 en Carreira (Ribeira), é un historiador e polígrafo galego.

Diario Cultural

Diario Cultural é un programa informativo diario que se emite en bloques de mañá, sobremesa e tarde, especializado na cultura que a Radio Galega comezou a emitir en outubro de 1990. Programa decano na información cultural en Galicia, é un dos máis veteranos da radiodifusión galega e da Península Ibérica. O programa, ideado e dirixido desde os seus inicios por Ana Romaní, está conducido por ela e mais Xiana Arias, Belén Regueira e Paula Ribeiro desde setembro de 2018.

Letras de Cal

Letras de Cal foi un proxecto editorial galego que se desenvolveu entre os anos 1997 e 2002. Nace ao abeiro da Asociación Cultural Amaía como consolidación e continuación dos proxectos inspirados no proxecto Edicións do Dragón e mais na revista Ólisbos, editada na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Manuel Portas

Manuel Portas Fernández, nado en Barcelona en 1960, é un escritor e sociolingüista galego.

María Mariño

María Mariño Carou, nada en Noia o 8 de xuño de 1907 e finada en Seoane do Courel, Folgoso do Courel, o 19 de maio de 1967, con escasa obra (poética en galego e narrativa en castelán), foi unha das escritoras galegas máis importantes do século XX, encadrada na xeración do 36, reivindicada para a literatura galega pola xeración Brais Pinto, especialmente por Uxío Novoneyra e Xosé Luís Méndez Ferrín. Da súa autoría son Palabra no tempo (1963) e Verba que comenza (1990). Compaxinou a súa actividade intelectual cunha vida discreta e moi apartada dos cenáculos literarios. En plenario do 7 de xullo de 2006, os membros da Real Academia Galega decidiron dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2007.

Poesiagalega.org

Poesiagalega.org é unha páxina web que serve de base de datos e repositorio dixital de poesía galega desde o século XIX até a actualidade. É, basicamente, un arquivo dixital creado polo Grupo Alea de Análise Poética (GAAP) como ferramenta de apoio e referencia.

Premio de poesía Pérez Parallé

O Premio Nacional de Poesía Xosémaría Pérez Parallé convócao cada ano desde 1987 o Círculo Mercantil e Industrial Unidad de Fene como homenaxe a Xosé María Pérez Parallé o día do seu pasamento o 1 de novembro. Nun principio o premiado era un só poema en lingua galega ou española. En 2005, prodúcese unha transformación radical das bases do premio, en boa parte por iniciativa de Eduardo Estévez, que dirixía un obradoiro literario do Concello de Fene. O premio pasa a dirixirse de forma específica a libros de poesía en galego de autores inéditos. A convocatoria conta coa colaboración do Concello de Fene, inicialmente carecía de retribución económica, consistindo o premio na publicación da obra pola editorial Espiral Maior. Desde a XXV edición o premio conta cunha dotación económica que foi inicialmente de 500 € e foi subindo até acadar os 2500 € na edición de 2018.

Xela Arias

Xela Arias Castaño, nada en Sarria, o 4 de marzo de 1962, e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003, foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Como tradutora traballou con textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter, Charles Baudelaire e Jean Rhys. Proposta, en dúas ocasións (2014 e 2015), para ser a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas, a súa Poesía reunida publicouse en novembro do ano 2018, con edición, introdución e notas de Chus Nogueira. En 2019 a plataforma de crítica literaria A Sega dedicoulle o Día das Galegas nas Letras.

Ólisbos

Ólisbos, subtitulada os amantes da palabra, é unha revista editada en Santiago de Compostela entre 1986 e 1997. Consta de 19 números nos que diversos autores escribiron dende poesía e prosa até ensaio e artigos divulgativos. Contou cun gran número de editores e colaboradores, e cada número trata dun tema concreto, que se desenvolve en todos os textos do mesmo. O seu foco temático é a cultura e a literatura, sempre dende unha perspectiva galega.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.