Chus Lago

María Jesús Lago Rey, máis coñecida como Chus Lago, nada en Teis, Vigo, o 25 de decembro de 1964, é unha alpinista e escritora galega, a única que ascendeu o Everest sen osíxeno artificial.

Chus Lago
Nacemento25 de decembro de 1964
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora, política e montañista
PremiosMedalla Castelao

Biografía

Aos once anos comeza a saír á montaña co seu pai, ao Vixiador, un outeiro nas aforas de Vigo, e tamén axiña realiza saídas internacionais (aos Pireneos, aos Andes, a Quenia ou ao Himalaia).

En 1997 coroa o seu primeiro oitomil, o Cho Oiu. Ao ano seguinte tenta conquistar o Everest, sen conseguilo, pero volve probar sorte en 1999, desta volta con éxito.

En 2006 o seu obxectivo foi cruzar Groenlandia a pé (esquiando e en zorra), de oeste a leste, seguindo a ruta de Merab Khabazi polo Círculo Polar Ártico. Non obstante, por problemas técnicos coas baterías das radiobalizas ten que abandonar o intento ela e mais o seu compañeiro Juan Martínez.

En 2008 proponse cruzar o Polo Sur Xeográfico, nunha expedición de dous meses nos que estivo soa. A experiencia, gravada cunha cámara que a propia alpinista levaba consigo, era relatada día a día pola súa curmá nun blogue[1]. O documental Chus Lago: sola ante el hielo foi emitido en abril de 2009 por Canal +[2].

Cumios

O 26 de maio de 1999 acada o cumio do Everest sen empregar osíxeno artificial. É a primeira galega en facelo, e a terceira muller do mundo en conseguilo, logo da inglesa Alison Heargraves e á norteamericana Fransis Distefano. A expedición realízaa practicamente soa, tan só conta coa axuda dun escalador tibetano.

Posúe o título de Leopardo das Neves, que se lle concede a quen acada os cinco cumios máis altos da antiga Unión Soviética: Comunismo, Pobeda, Lenin, Ghorsenevscaia e Ghan Tengri.

Vida política

Nas eleccións municipais do 2007 Chus Lago presentouse polas listas do PSdeG-PSOE ao concello de Vigo, no número dous dunha candidatura encabezada por Abel Caballero, e saíu elixida concelleira. Non repetiu candidatura nas eleccións municipais de 2019, abandonando a concellería de medio ambiente e vida saudable en maio dese ano.

Obra

Ten narrado as súas experiencias deportivas en distintos artigos. As súas obras máis importantes son:

  • Una mujer en la cumbre, 2004
  • Everest, fuera de la Tierra, 2000

Notas

  1. "Blogue co día a día de Chus Lago na súa viaxe pola Antártida". Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2009. Consultado o 26 de abril de 2009.
  2. "Páxina web sobre o documental en plus.es". Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2009. Consultado o 26 de abril de 2009.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

25 de decembro

O 25 de decembro é o 359º día do ano do calendario gregoriano e o 360º nos anos bisestos. Quedan 6 días para finalizar o ano.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Blanca Jiménez Alonso

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Carmen Fraga

María del Carmen Fraga Estévez, nada en León o 19 de outubro de 1948, é unha política galega.

Coral de Ruada

A Coral de Ruada é unha histórica agrupación musical galega con sede en Ourense.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Florentino Cacheda

Florentino Cacheda López, nado en Lalín o 4 de marzo de 1938, é un empresario galego.

Hilda Rodríguez

María Hilda Rodríguez Rodríguez, nada en Portomarín o 10 de maio de 1955, é unha xogadora de boccia galega con parálise cerebral.

José Regojo

José Regojo Rodríguez, nado en Fermoselle (Zamora) e finado en Vigo en xaneiro de 1993, foi un empresario galego.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

Luís Espada Recarey

Luís Espada Recarey, nado na Coruña en 1940, é un enxeñeiro e profesor galego.

Marisa Crespo

María Generosa Crespo-Leiro, nada en Santrós (Lamas, San Cristovo de Cea) en 1961, é unha médica galega.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Modesto Seara

Modesto Seara Vázquez, nado o 11 de setembro de 1931 en Allariz, é unha figura galega do dereito recoñecida internacionalmente.

Rafael Martínez Cortiña

Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez, nado en Teis (Vigo) o 13 de xuño de 1950, é un político e intelectual galego. En 2004 recibiu a Medalla Castelao.

Érguete

Érguete é unha entidade sen ánimo de lucro con sede na cidade de Vigo, que xurdiu para axudar a persoas drogodependentes. Pretende realizar fins de interese xeral para a comunidade encamiñados a facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada na inserción.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.