Churrasco

Churrasco é un termo que se refire á carne asada á brasa nunha grella[1]. De orixe ibérica, o churrasco aparece xa citado en documentos do século XV,[2] traspasado ás Américas coma un xeito de preparación da carne moi común en toda Suramérica. É típico dun amplo número de países desde España e Portugal a América Latina (asado) particularmente na Arxentina, Uruguai e Nicaragua; e tamén no Brasil (churrasco) e nos Estados Unidos (barbacue).

O churrasco faise nun asadeiro con grella chamado churrasqueira. A barbacoa é un asadeiro ou forno portátil que permite prender lume de forma controlada e manter as brasas concentradas para cociñar as grelladas ao ar libre[1].

O termo churrasco varía lixeiramente o seu significado dun a outros países. En Hispanoamérica o churrasco é un anaco de carne de vacún, xeralmente magro, cocido sobre unha prancha, ás brasas ou directamente sobre as lapas.[3] En España refírese exclusivamente á costela de porco; porén en Galiza é un termo máis amplo (sería a parrillada en castelán) que se refire tanto ao prato (costelas de porco ou tenreira á grella con chourizos crioulos) coma ao evento social en si, especialmente na aldea e no verán. A receita do churrasco é sen dúbida unha das máis evidentes herdanzas do período das grandes emigracións galegas á América do século XX. Hoxe en día, preparar unha churrascada coa familia e amigos ou ir xantar a unha churrascaría pode considerarse un elemento definitorio da Galiza do noso tempo, non importa a clase social ou o idioma que se fale.

  • Na Arxentina, o churrasco faise con bistés cortados en anacos grandes. Os gauchos facían churrasco como parte do seu tradicional asado, que se converteu no prato nacional do pais, servido co coñecido chimichurri, ensalada e patacas fritas ou en puré, mesmo cun ovo frito. Tamén se come churrasco en Bolivia, Paraguai e Uruguai.
  • En Nicaragua, o termo churrasco refírese ao bisté de solombo. Tamén se serve con chimichurri e é así mesmo un dos pratos tradicionais do país. O churrasco feito ao xeito de Nicaragua é moi famoso en Cuba, Tailandia, Nixeria e en Texas.
  • En Chile, churrasco refírese tamén a un bisté á grella, mais cortado en anacos finos, e cómese como un bocadillo. As porcións ásanse á grella e sérvense nun bolo torrado, acompañado normalmente con tomate e/ou aguacate. Se leva maionesa, chámaselle churrasco italiano. Se leva patacas e ovos fritos e cebolas caramelizadas, chámaselle "churrasco do pobre".
  • No Brasil, churrasco refírese a calquera carne cociñada na "churrascaria". A diferenza das nosas churrascarías, as brasileiras non teñen grella senón espetos (tamén alí chamados así) onde pór a carne sobre o lume. A carne de gando (tenreira, cordeiro ou porco) só se prepara con sal groso na tradición gaúcha, mentres que no caso do polo leva ourego, viño branco ou limón ou vinagre, allo, cebola e perexil, deixándose macerar durante doce horas. Os assadores utilizan para o seu labor facas, unha chaira (para afialas) e garfão (que non se afía). A tradición máis forte procede do Rio Grande do Sul, que limita co Uruguai e coa Arxentina.
  • En Portugal, o Frango de churrasco con piri-piri (un tipo de polo salgado á brasa cociñado na churrascaria, ao que se lle bota salsa de pemento picante), é moi popular. O feito de que se faga con polo e non con tenreira ou porco sorprende a moitos galegos cando piden por primeira vez un churrasco nun restaurante luso. A variante portuguesa do churrasco é moi coñecida en todos os países con grandes colonias de emigrantes portugueses.

A churrascaría é un restaurante onde se prepara churrasco. Son moi típicas en Galiza, e tamén no Brasil. É un local onde a carne servida se prepara nestes fornos. Os chamados rodizios son churrascarías na que os camareiros van arredor do restaurante cos pinchos e serven directamente no prato do cliente.

Grella churrasco 115eue
Grellada.

Notas

  1. 1,0 1,1 Definición en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  2. http://www.fundeu.es/noticia/la-palabra-del-dia-churrasco-3970/
  3. Definición no DRAE de churrasco.

Véxase tamén

Outros artigos

Asado

O asado é un modo de cociñar os alimentos crus directamente á calor do lume ou dun forno.

O asado pode facerse ben en asador (asadeiro, churrasqueira), ben no forno. Se se fai á grella chámase grellada, que pode ser de verduras, peixe (por exemplo as sardiñadas), ou de carne (churrascadas). Pode facerse tamén no espeto (por exemplo o carneiro ou as sardiñas).

O termo asado (assado no Brasil) refírese en Suramérica tanto ás técnicas de cociñado no lume (grellada) coma ao evento social de asistir á churrascada Na Arxentina, Chile, Paraguai, Uruguai considérase prato nacional. Nestes países, a palabra asado é sinónimo do que en galego e portugués coñecemos coma churrasco e en inglés: barbecue. O asado suramericano adoita consistir en carne principalmente de vitela (vacún) con outras carnes feitas á grella (chamada en castelán parrilla), ou directamente no lume cun espeto.

O asado ou churrasco unha das herdanzas máis importantes acollidas e asimiladas en Galicia polos indianos que volvían das Américas. Hoxe en día os asados, especialmente o churrasco forman parte importante da gastronomía galega.

Don Segundo Sombra

Don Segundo Sombra é unha novela rural do escritor arxentino Ricardo Güiraldes, publicada en 1926 en San Antonio de Areco. A obra representa unha tentativa do autor de renovación da literatura gauchesca, xirando a trama arredor da figura do gaucho, evocándoo nun ton elexíaco como personaxe lendario.

Feira do viño de Chantada

A Feira do viño de Chantada é unha feira vinícola que se celebra en Chantada, a data de celebración variaba entre os meses de febreiro e abril, pero nos últimos anos estabilizouse no segundo fin de semana de marzo

. É a primeira que abre este tipo de eventos e unha das que atrae mas público de todas as que celebran na denominación de orixe Ribeira Sacra.

Nas carpas laterais tamén se pode degustar o viño, con racións de polbo, churrasco e carne ao caldeiro.

Festa da Reconquista

A festa da Reconquista é unha festa que se celebra na cidade vella da vila de Vigo o 28 de marzo. Nela represéntase a toma da cidade polos franceses a comezos de século XIX e a reconquista polos habitantes galegos. Ademais das representacións, hai outras actividades na rúa, música popular, obradoiros e postos de comida e artesanía a xeito de feira. É hoxe en día a celebración máis emblemática da vila.

Festa da filloa de Lestedo

A Festa da filloa de Lestedo é unha festa gastronómica celebrada desde 1984 na parroquia de Lestedo, no concello coruñés de Boqueixón. En 2008, coincidindo coa 25ª edición, foi declarada Festa de interese turístico de Galicia.

Festa do caracol da Graña do Umia

A festa do caracol da Graña do Umia é unha festa gastronómica celebrada na aldea da Graña de Umia (Quintillán, Forcarei) o primeiro domingo de setembro (se ben estaba previsto que para o 2010 se celebre o primeiro domingo de agosto).

Festa gastronómica

Unha festa gastronómica é un evento celebrado co gallo de exaltar un determinado produto ou grupo de produtos alimenticios. Algunhas delas están declaradas Festas de interese turístico de Galicia ou de Interese turístico nacional.

As festas gastronómicas foron fomentadas co réxime franquista tras pasaren os efectos de racionamento da guerra civil española, e mesmo se declararon algunhas de interese turístico nacional (a festa do pemento da Arnoia ou a festa do polbo do Carballiño). A Xunta de Galicia seguiu con esta política e popularizáronse festas coma a festa do cocido de Lalín.

Fondo de Vila, Arante, Ribadeo

Fondo de Vila é un dos barrios da parroquia de Arante, en Ribadeo. Nel habitan 7 veciños dedicados é agricultura e a gandaría. No campo da festa celébrase cada ano o San Pedro e o churrasco.

Freáns, Crespos, Padrenda

Freáns é unha aldea do concello ourensán de Padrenda, pertencente a parroquia de Crespos e da comarca da Terra de Celanova.

Galería de imaxes de gastronomía en Galicia

Galería de imaxes de gastronomía en Galicia.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Gastronomía de Galicia

A gastronomía de Galicia ten unha gran tradición e variedade, sendo un dos aspectos de maior importancia na cultura e sociedade galegas.

Está moi establecida a celebración de grandes comidas, ben en familia, ben en eventos, actos ou encontros. En Galiza teñen lugar gran número de festas gastronómicas, a maioría delas no verán. Un dos seus maiores estudosos foi o escritor Álvaro Cunqueiro.

Os petiscos, a diferenza doutros lugares, son consistentes e non se reducen a unhas simples olivas ou patacas; adoitan ser gratuítos ou de moi baixo prezo, sobre todo na provincia de Lugo, onde a súa gratuidade, ao ser acompañados por un viño ou unha cervexa, é unha tradición convertida xa nun reclamo turístico. Ademais dos petiscos, tamén son frecuentes as tapas.

Gastronomía de Portugal

A gastronomía de Portugal mostra influencias mediterráneas (incluíndose na denominada dieta mediterránea) e atlánticas, destacando polo alto consumo de peixe.

Grella

Unha grella é unha estrutura de variñas metálicas paralelas que serve para cociñar sobre as brasas, principalmente carne ou peixe.

Atópase a unha distancia prudencial do lume ou das brasas. Os alimentos reciben calor amodo, e unha vez que as carnes están prontas, achégase un pouco máis a grella á calor e así se consegue que a parte externa das carnes se tornen dunha cor máis dourada, dándolle unha mellor presentación, ademais de ficar crocante e eliminar posíbeis graxas residuais da carne. A carne arranxada sobre grellas é especialmente típica nas gastronomías española (moi salientábel en Galicia), portuguesa, estadounidense, arxentina, boliviana, chilena, uruguaia, peruana, paraguaia e venezolana, mais especialmente na arxentina.

No Río da Prata, dada o estendido costume de comer carne asada con gran frecuencia, é común que en o patio traseiro das vivendas teña unha barbacoa ou churrasqueira feita en ladrillo e con cheminea, na que se fai lume de leña e se cociña o asado a pouco lume. Tamén é común en Galicia ter unha lareira ou churrasqueira exterior nun alpendre para facer churrascos na grella: carnes, costelas, chourizos crioulos ou peixes (sardiñas, bacallau...) e hoxe en día pola influencia anglosaxoa: salchichas e hamburguesas.

Porto Alegre

Porto Alegre é a capital do estado do Río Grande do Sur. Tiña unha poboación de 1.440.939 habitantes en 2006. A súa superficie total é de 497 km².

Portugal

Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012. A súa capital é a cidade de Lisboa.

A terra dentro das fronteiras da actual República Portuguesa leva habitada continuamente dende a era prehistórica. Durante os seguintes séculos chegaron á Península Ibérica os romanos, seguidos tempo despois dos suevos e dos visigodos, así como posteriormente os musulmáns no século VIII. Trala caída do Imperio Romano, no ano 410 estabeleceuse no norte peninsular o Reino de Galicia, do cal sete séculos máis tarde, no ano 1128, se separaría a súa parte sur formando o que daría lugar ao actual Portugal. Nos séculos XV e XVI, na era dos descubrimentos, Portugal estendeuse por todo o mundo converténdose nunha superpotencia política, económica e militar, que levou a ser o primeiro imperio global.

O Imperio Portugués foi o máis lonxevo dos modernos imperios coloniais europeos, xa que durou case 600 anos, dende a captura de Ceuta en 1415 até a entrega de Macau a China en 1999 (de facto) ou a concesión da soberanía a Timor Leste en 2002 (de iure). O imperio estendeuse ao longo dun gran número de territorios que hoxe forman parte de cincuenta e tres Estados soberanos diferentes, deixando un legado de máis de 240 millóns de falantes de lingua portuguesa e varios de crioulos de base portuguesa. Porén, a súa influencia internacional veuse reducida considerablemente durante o século XIX, principalmente por mor da Independencia do Brasil, a súa principal colonia. Xa no século XX, a revolución do 5 de outubro de 1910, depuxo a monarquía logo de séculos baixo este sistema de goberno, estabelecendo a democrática pero inestable Primeira República Portuguesa, a cal sería substituída polo Estado Novo, un réxime autoritario de dereita. A democracia foi restaurada despois da Revolución dos Caraveis do 25 de abril de 1974.

Portugal é hoxe un estado desenvolvido de economía avanzada cun alto nivel de vida, sendo o décimo noveno país do mundo en 2005 en función do seu índice de calidade de vida. É ademais un dos países máis globalizados e pacíficos do mundo, ocupando o sétimo posto nesta clasificación no ano 2008. É á súa vez membro de diferentes organizacións internacionais como as Nacións Unidas, a Unión Europea, a Eurozona, a OCDE, a OTAN, o Fondo Monetario Internacional, a Organización Mundial do Comercio, Organización dos Estados Iberoamericanos e a Comunidade dos Países de Língua Portuguesa.

Quinoa

A quinoa

(do quechua kinwa), Chenopodium quinoa, é unha planta nativa de Bolivia, Colombia, Perú e Chile, que produce un gran considerado moi importante na alimentación e na vida do home do altiplano andino. Trátase dun pseudocereal pertencente á subfamilia Chenopodioideae das amarantáceas. Prodúcese nos Andes de Bolivia, do Perú, da Arxentina, de Chile, de Colombia e do Ecuador, así coma nos Estados Unidos de América. Bolivia é o primeiro produtor mundial, a seguir polo Perú e mailos Estados Unidos.

Cultivábana os quechuas e aymarás, existindo unhas 3.120 variedades. Após a invasión española, os alimentos autóctonos, como a quinoa, o amaranto e a maca (Lepidium meyenii), caeron paseniño en desuso e foron substituídos polos grans consumidos en Europa, como o trigo e o orxo. Disque noutroura empregouse tamén para usos cosméticos na zona do altiplano peruano-boliviano-arxentino. Medra desde o nivel do mar no Perú até os 4000 m de altitude nos Andes, aínda que a súa altura máis común é a partir dos 2500 m.

São Paulo

São Paulo é a cidade máis grande de Brasil, e capital do estado de São Paulo. Ten uns 11 253 503 habitantes, conforme estatísticas do Goberno Brasileiro feitas en 2011. Sitúase a 430 km da cidade do Río de Xaneiro, a 586 km da cidade de Belo Horizonte e a 1015 km de Brasilia, a capital do Brasil. Foi fundada polos misioneiros xesuítas o 25 de xaneiro de 1554. A área do municipio (equivalente a concello) é 1.522,99 km², e, coa súa rexión metropolitana (formada por outros 38 concellos veciños), atinxe máis de 8 mil km² e un total de 20 millóns de poboadores, tornándoa así a cidade máis poboada de América do Sur e unha das máis grandes aglomeracións urbanas do mundo.

Vilaescura, Sober

Vilaescura é unha parroquia do concello de Sober na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2011 tiña 96 habitantes (40 homes e 56 mulleres). En 1998 tiña 134 habitantes, cunha densidade media de 41,3 hab/km². En 1970 tiña 206 habitantes e en 1900 con 185.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.