Chunta Aragonesista

A Chunta Aragonesista[a] (CHA, tamén coñecido como Chunta ou La Chunta) é un partido político nacionalista aragonés de esquerdas. Foi creado en 1986 tra-la unión de varias asociacions culturais, sociais, pacifistas e nacionalistas aragonesas.

Chunta Aragonesista (CHA)
Partido político de Aragón
Logo-cha
Dirixentes e organización
LíderJosé Luis Soro
MocidadesChoventut Aragonesista
Filiación internacionalAlianza Libre Europea
Historia
Fundación29 de xuño de 1986
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo aragonés
Socialdemocracia
Federalismo[1]
Europeísmo
Ecoloxismo
Ecosocialismo[2]
Representación
Cortes de Aragón
3 / 67
Deputacións provinciais
2 / 77
Alcaldes
19 / 713
Concelleiros
147 / 4.155
Outros datos
SedeRúa Conde de Aranda 14-16, 1º 50003 Zaragoza
PublicaciónCHArremos
Páxina webchunta.org
Twitter@chunta
FacebookChunta Aragonesista

Ideoloxía

Considéranse influídos polas experiencias do movemento socialista, dos movementos pola emancipación social e nacional, e das correntes ecopacifistas, feministas e humanistas. Ten sido un dos partidos que máis se ten pronunciado en defensa do Ebro e contra a política de transvasamentos dos gobernos de España. Defenden o dereito de autodeterminación para o pobo aragonés. Buscan tamén o recoñecemento oficial do idioma aragonés e do catalán naqueles lugares onde se fale. A Chunta Aragonesista é membro da Alianza Libre Europea e da coalición europea Europa dos Pobos.

Historia

Nacemento e primeiros pasos

Despois da efervescencia na esquerda de Aragón causada polo Referendo sobre a permanencia de España na OTAN e tras a posta en funcionamento das novas institucións autonómicas, o 29 de xuño de 1986 un centenar de persoas, vinculadas a diversas asociacións culturais, sociais, pacifistas e nacionalistas, reunidas nunha asemblea constutuínte, decidiron crear un novo partido político, nacionalista aragonés e de esquerda. O primeiro nome foi o de Unión Aragonesista-Chunta Aragonesista (UA-CHA). O 20 e 21 de decembro a UA-CHA celebrou en Zaragoza a súa I Asemblea Nacional (congreso), co lema trilingüe Porque ya era hora. Porque ya caleba. Perquè ja calia. Nesta asemblea o partido escolleu aos seus primeiros presidentes, Eduardo Vicente de Vera e Chesús Bernal, respectivamente.

O 10 de xullo de 1987 a CHA concorreu por primeira vez a unhas eleccións, concretamente á tripla convocatoria electoral dese mes (Cortes de Aragón, municipais e eleccións ao Parlamento Europeo). Os resultados foron escasons, apenas 6.154 votos (1% do total nas autonómicas), aínda que conseguiron os seus primeiros representantes locais no concello de Artieda.[3] Nas eleccións ao Parlamento Europeo participaron na coalición Esquerda dos Pobos, xunto a Euskadiko Ezkerra e a outros partidos nacionalistas, que non logrou obter representación.

Azucena Lozano asumiu a presidencia do partido na súa II Asemblea Nacional, celebrada en Huesca o 17 e 18 de decembro de 1988, co lema bilingüe Recuperar el pasado, construir el futuro. Rechirar o pasau, fer o futuro. No seu equipo continuou Chesús Bernal como secretario xeral e houbo a incorporación de Bizén Fuster como vicepresidente. No ano seguinte (1989), tiveron lugar unhas novas eleccións ao Parlamento Europeo, nas que Juan María Bandrés, cabeza de lista da Esquerda dos Pobos, da que CHA formou novamente parte, consegue ser escollido eurodiputado. Nas eleccións xerais do mesmo ano CHA mellorou levemente os seus resultados. Nesta etapa de crecemento é cando o partido decide adoptar como única denominación a forma aragonesa do seu nome orixinal, Chunta Aragonesista, e as siglas CHA.

Consolidación e crecemento

Durante os anos 90 a CHA experimentaría un crecemento continuo nas diversas convocatorias electorais da década. Nas eleccións autonómicas de 1991 o partido quedou moi perto de obter representación nas Cortes de Aragón grazas a un importante aumento de votantes nas provincias de Zaragoza e Huesca. Nas eleccións municipais dese ano o partido tamén escolleu os seus primeiros alcaldes, nas localidades de Artieda e Castillazuelo, así como representación en concellos importantes como Teruel ou Jaca/Chaca.[4] Nestes anos a Chunta gañaría proxección mediática, en especial grazas ás súas protestas contra o trasvase do río Ebro.

Sesión de Investidura de las Cortes
Chesús Bernal e Chesús Yuste, primeiros deputados da CHA nas Cortes de Aragón.

A IV Asemblea Nacional, celebrada na capital aragonesa en xaneiro de 1995 supuxo a elección de Bizén Fuster como presidente, Chesús Bernal como secretarío xeral e Chesús Yuste como vicesecretario xeral. Nas eleccións autonómicas e locais do 28 de maio do mesmo ano o partido obtivo por primeira vez dous deputados nas Cortes (Bernal e Yuste), así coma nos principais concellos de Aragón (Zaragoza, Huesca e Teruel) e conseguindo unha terceira alcaldía (Biscarrués).

Resultados electorais

Cortes de Aragón

Cortes de Aragón
Elección Votos % Posto Deputados +/– Líder Goberno
Situación Periodo
Eleccións ás Cortes de Aragón de 1987 6.154 0,96%
0 / 67
Arrow Blue Right 001.svg0 Eduardo Vicente Sen presenza nas Cortes 1987–1995
Eleccións ás Cortes de Aragón de 1991 14.116 2,30%
0 / 67
Arrow Blue Right 001.svg0 Chus Beltrán
Eleccións ás Cortes de Aragón de 1995 34.077 4,85%
2 / 67
Green Arrow Up Darker.svg2 Chesús Bernal Oposición 1995–2015
Eleccións ás Cortes de Aragón de 1999 72.101 11,04%
5 / 67
Green Arrow Up Darker.svg3
Eleccións ás Cortes de Aragón de 2003 97.763 13,71%
9 / 67
Green Arrow Up Darker.svg4
Eleccións ás Cortes de Aragón de 2007 54.752 8,15%
4 / 67
Red Arrow Down.svg5
Eleccións ás Cortes de Aragón de 2011 55.932 8,23%
4 / 67
Arrow Blue Right 001.svg0 Nieves Ibeas
Eleccións ás Cortes de Aragón de 2015 30.618 4,58%
2 / 67
Red Arrow Down.svg2 José Luis Soro Goberno de coalición (PSOE–CHA) 2015–2019
Eleccións ás Cortes de Aragón de 2019 41.879 6,26%
3 / 67
Green Arrow Up Darker.svg1 Goberno de coalición (PSOEP's–CHA–PAR) 2019–actualidade

Símbolos

Logo usado polo partido até febreiro de 2009.
Logo usado polo partido até febreiro de 2009. 

Vexase tamén

Referencias

  1. Barberà, O., & Rodríguez, J. (2009). Los partidos de ámbito no estatal en Aragón: el Partido Aragonés y la Chunta Aragonesista. Papers: revista de sociologia, (92), 171-195. pp. 186.
  2. Nordsieck, W. (2018). Parties and Elections in Spain.
  3. "Consulta de resultados electorales. Ministerio del Interior". www.infoelectoral.mir.es. Consultado o 2019-10-08.
  4. Barberà, O., & Rodríguez, J. (2009). Los partidos de ámbito no estatal en Aragón: el Partido Aragonés y la Chunta Aragonesista. Papers: revista de sociologia, (92), 171-195. pp. 187.

Notas

  1. "Chunta" é unha palabra aragonesa que quere dicir "unión", e non "xunta" como a palabra similar galega.
Alianza Libre Europea

A Alianza Libre Europea é unha agrupación de diversos partidos políticos en Europa que busca unha independencia política, ou algunha forma de devolución ou autonomía para o seu país ou rexión.

O grupo ten cinco membros no Parlamento Europeo (MEPs):

Jillian Evans, Plaid Cymru, Gales

Ian Hudghton, Partido Nacional Escocés, Escocia

Mikel Irujo Amezaga, Eusko Alkartasuna, País Vasco

Alyn Smith, Partido Nacional Escocés, Escocia

Tatjana Ždanoka, Unión Rusa Letón, LetoniaA MEP Ždanoka é unha afiliada individual ó grupo ALE no Parlamento Europeo. O seu partido non é membro de ALE. A Alianza Libre Europea está nun grupo cos verdes no Parlamento Europeo: Alianza Libre Europea - Os Verdes.

Bizén Fuster

Bizén Fuster Santaliestra, nado en Naval, Huesca o 4 de decembro de 1959 é un político aragonés.

Chesús Bernal

Chesús Gregorio Bernal Bernal, nado en Valtorres, Zaragoza o 8 de xaneiro de 1960 e finado en Zaragoza o 22 de marzo de 2019, foi un político aragonés de ideoloxía nacionalista aragonesa progresista. Fundador de Chunta Aragonesista (CHA), na que desempeñou cargos de representación pública institucional e de dirección orgánica tanto dentro como fóra de Aragón.

Chesús Yuste

Chesús Yuste Cabello, nado en Zaragoza, 6 de decembro de 1963, é un escritor e político nacionalista aragonés, membro de Chunta Aragonesista, do que chegou a ser secretario xeral. Foi deputado pola provincia de Zaragoza tanto nas Cortes de Aragón como no Congreso dos Deputados.

Conceju Nacionaliegu Cántabru

O Conceju Nacionalegu Cántabru (en galego: Concello Nacionalista Cántabro) é un partido político de ideoloxía nacionalista e de esquerdas que xorde en Cantabria en 1995, como canalización de movementos con reivindicacións cantabristas que se desenvolveran en épocas anteriores.

Eleccións xerais de España de 2008

O 9 de marzo de 2008 tiveron lugar as eleccións a Cortes Xerais en España (9-M). Foron as décimas eleccións xerais que tiveron lugar dende a Transición, e serviron pra renovar os 350 escanos do Congreso dos Deputados e 208 do Senado. Estas eleccións deron paso á IX Lexislatura. Ese mesmo día tamén se celebraron as elecciones autonómicas na comunidade autónoma de Andalucía.

Eleccións xerais de España de 2015

O domingo 20 de decembro de 2015 celebráronse eleccións a Cortes Xerais en España. Foron as duodécimas desde a transición á democracia e as primeiras con Filipe VI como Rei de España.

Os 36.510.952 cidadáns con dereito a voto, 34.635.680 residentes no país e 1.875.272 no estranxeiro, decidiron a renovación de 558 dos 616 escanos que conforman as Cortes Xerais: os 350 do Congreso dos Deputados e os 208 de elección directa do Senado. Tras estas eleccións comenzará a XI lexislatura das Cortes Xerais.

Foron convocadas polo Rei, a proposta do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e previa deliberación do Consello de Ministros, mediante a expedición do real decreto de disolución das Cortes Xerais e convocatoria de eleccións, que entrou en vigor un día despois mediante a súa publicación no Boletín Oficial del Estado, en cumprimento do artigo 115 da Constitución e do 42, apartado primeiro, da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeneral.Ese mesmo día celebráronse eleccións locais parciais en 30 municipios e en 113 entidades de ámbito territorial inferior al municipio que tralas eleccións do 24 de maio tiveron que ser repetidas pola falta de candidatos.O vencedor das eleccións foi o Partido Popular, presidido e liderado polo presidente Mariano Rajoy, que obtivo no Congreso dos Deputados unha maioría simple de 123 escanos (63 menos que en 2011) e un 28,72 % dos sufraxios, seguido do Partido Socialista Obrero Español de Pedro Sánchez, que obtivo o 22,01 % dos votos, o que se traduciu en 90 deputados (20 menos que nos anteriores comicios, o seu peor resultado na actual democracia). O partido liderado por Pablo Iglesias, Podemos, presentouse por primeira vez a unhas xerais e obtivo 42 deputados (un 12,76% dos votos), que sumado ás coalicións electorais autonómicas En Comú Podem (12 parlamentarios, 3,72 % dos votos), Compromís-Podemos-És el moment (9, 2,69 %) e En Marea (6, 1,64 %), todas elas vinculadas a Podemos e outras formacións de esquerda, deron un total de 69 deputados e o 20,66 % dos votos. O outro partido emerxente, Cidadáns - Partido da Cidadanía, con Albert Rivera á fronte, obtivo 40 deputados (un 13,93 % dos votos). O resto do arco parlamentario quedou configurado por Esquerra Republicana de Catalunya-Catalunya Sí (9, 2,39 %), Democràcia i Llibertat (8, 2,25 %), o Partido Nacionalista Vasco (6, 1,20 %), Unidad Popular: Izquierda Unida, Unidad Popular en Común (2, 3,67 %), Euskal Herria Bildu (2, 0,87 %) e Coalición Canaria-Partido Nacionalista Canario (1, 0,33 %). Unión Progreso y Democracia, Unión Democrática de Cataluña, o Bloque Nacionalista Galego —que se presentaba na candidatura Nós— e a coalición Geroa Bai, que tiveron representación na x lexislatura, non obtiveron ningún escano.No Senado, o Partido Popular mantivo a maioría absoluta, con 124 escanos dos 208 de designación libre en xogo, aínda que perdeu 12. O Partido Socialista Obrero Español perdeu uno, obtendo 47, seguido de Podemos (9), Esquerra Republicana de Catalunya-Catalunya Sí (6, seis máis que en 2011), Democràcia i Llibertat (6), o Partido Nacionalista Vasco (6), En Comú Podem (4), En Marea (2) e Compromís-Podemos-És el moment, Cambio-Aldaketa, Coalición Canaria-Partido Nacionalista Canario e a Agrupación Socialista Gomera (todos eles cun representante).

Europa dos Pobos

Europa dos Pobos (EdP) é unha coalición de partidos políticos nacionalistas de esquerda de diversas rexións de España, formada inicialmente para participar nas Eleccións ó Parlamento Europeo de xuño do 2004, nas cales acadaron un escano que ocupou Mikel Irujo.

A coalición reivindica, entre outros, a constitución das institucións europeas nunha estrutura bicameral; o recoñecemento oficial a nivel europeo de tódalas linguas do continente; o desenvolvemento de eurorrexións; e unha maior transparencia e apertura na xestión da Unión Europea.

Eusko Alkartasuna

Eusko Alkartasuna (EA) (Solidariedade Vasca en galego) é un partido político vasco fundado por Carlos Garaikoetxea Urriza en setembro de 1986, como escisión do Partido Nacionalista Vasco. Actualmente está separado ideoloxicamente do anterior partido xa que EA-Eusko Alkartasuna se define como socialdemócrata, independentista, pacifista e aconfesional.

José Antonio Labordeta

José Antonio Labordeta Subías, nado en Zaragoza o 10 de marzo de 1935 e finado na mesma cidade o 19 de setembro de 2010, foi un cantautor, escritor e político aragonés.

José Luis Soro

José Luis Soro Domingo, nado en Zaragoza o 17 de decembro de 1966, é un político nacionalista aragonés. Dende o 6 de xullo de 2015 é Conselleiro de Vertebración do Territorio, Mobilidade e Vivenda da Deputación Xeral de Aragón no Goberno de coalición PSOE-CHA presidido polo socialista Javier Lambán. Tamén é presidente de Chunta Aragonesista dende o 10 de febreiro de 2012. Entre 2011 e 2015 foi deputado nas Cortes de Aragón pola circunscrición de Zaragoza (VIII e IX Lexislaturas).

Máis País

Máis País é un partido político progresista e ecoloxista español, fundado en 2019.

Més per Mallorca

Més per Mallorca (Més) é unha coalición política española de ámbito mallorquino xurdida en 2010 e integrada por Partit Socialista de Mallorca, Entesa per Mallorca, e Iniciativa Verds.

A coalición ten a súa orixe no verán de 2010, cando varios partidos membros anteriormente da coalición Bloc per Mallorca decidiron concorrer xuntos ás eleccións autonómicas de maio de 2011. Estes foron o PSM-Entesa Nacionalista, Iniciativa d'Esquerres (escisión de Esquerra Unida de les Illes Balears) e Els Verds de Mallorca; pouco despois, en novembro dese ano Iniciativa d'Esquerres e Els Verds de Mallorca fusiónanse creando Iniciativa Verds. A principio de 2011 tamén se incorpora á coalición Entesa per Mallorca, partido escindido do PSM-EN en 2006. O nome da coalición quedou definido como PSM-Iniciativa Verds-Entesa.

Nas eleccións autonómicas a coalición obtén 36.149 votos e 4 deputados no Parlamento das Illas Baleares, 4 conselleiros ao Consello de Mallorca e 3 concelleiros no Concello de Palma. No Parlamento Balear forma o Grupo Parlamentario Més xunto co deputado do Partit Socialista de Menorca-Entesa Nacionalista.

De face ás eleccións xerais de novembro de 2011 a coalición mantívose, coa incorporación de Equo; con todo non obtivo representación.

O 2 de febreiro de 2013 os militantes do tres partidos, reunidos en Palma de Mallorca, deciden dar un paso adiante na consolidación da coalición, aprobando de forma case unánime un "documento de Chamada" e adoptando o nome Més per Mallorca. Ese mesmo mes Entesa per Mallorca decidiu reintegrarse no PSM-Entesa.

De face ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 a formación decidiu non presentarse e dar liberdade de voto aos seus militantes, recomendando con todo o voto para as candidaturas de Esquerra Republicana de Catalunya ou Primavera Europea (coalición de Compromís, Equo, Chunta Aragonesista e Coalición Caballas).En maio de 2014 anunciouse a incorporación de Esquerra Republicana de Catalunya en Baleares á federación do PSM-Entesa, ingresando á vez en MÉS. Con todo en decembro dese mesmo ano ERC foi expulsada da coalición acusada de non acatar o sistema de primarias desta. Finalmente de face ás eleccións ao Parlamento das Illas Baleares de 2015 ERC non se integrou en MÉS. En devandita cita electoral MÉS obtivo un 17,15% dos votos en Mallorca (13,80% do total das illas Baleares) e 6 escanos. O seu proxecto irmán en Menorca, Més per Menorca obtivo así mesmo outros 3 escanos.

Nacionalismo aragonés

O nacionalismo aragonés é unha ideoloxía política que defende que Aragón ten historia, lingua, leis e cultura propios como para ter unha maior autonomía ou incluso un estado independente. Un dos símbolos máis empregados é a estrelada aragonesa, formata polas catro barras de Aragón e unha estrela vermella ó centro.

Os principais partidos aragonesistas son:

CHA: Chunta Aragonesista

PAR: Partido Aragonés

INAR: Iniziatiba Aragonesa

EAR: Estado Aragonés

Nieves Ibeas

Nieves Ibeas Vuelta, nada en Vitoria o 28 de xullo de 1961, é licenciada en Filoloxía Románica, doutora en Filoloxía Francesa e profesora titular da Universidade de Zaragoza, adscrita ao Departamento de Filoloxía Francesa na Facultade de Filosofía e Letras. Dende o ano 2000 até o 2003, foi Vicerreitora de Proxección Social e Cultural da Universidade de Zaragoza. Nas eleccións autonómicas de 2003 foi elixida deputada nas listas de Chunta Aragonesista (CHA), partido da que foi presidenta entre os anos 2008 e 2012. Ostentou o cargo de voceira do seu grupo parlamentario dende 2011 até xaneiro de 2014, data na que renunciou ó seu escano e se reincorporou ó seu posto de profesora da Universidade de Zaragoza. Foi, asemade, membro do Consello Reitor do Instituto Aragonés da Muller, cofundadora do Seminario Interdiscipllinar de Estudos da Muller da Universidade de Zaragoza e fundadora e directora da colección Sagardiana. Estudos feministas das Prensas da Universidade de Zaragoza.

Partido Socialista de Andalucía

O Partido Socialista de Andalucía (PSA), é un partido político nacionalista andaluz de esquerdas.

Constituíuse en 2001 pola unión do Izquierda Andaluza (unha escisión de Izquierda Unida), persoas independentes e unha escisión do Partido Andalucista. No Parlamento de Andalucía contaron con dous deputados até 2004, Ricardo Chamorro Rodríguez e Pedro Pacheco Herrera. Nas eleccións do 14 de marzo de 2004 obtiveron máis de 42.000 votos, pero ningún deputado.

O seu líder e Secretario Xeral Pedro Pacheco foi Alcalde de Xerez da Fronteira dende 1979 ata 2003. Dende entón é 1º Tenente de Alcalde e concelleiro de Urbanismo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.