Chronicon Iriense

O Chronicon Iriense é unha curta crónica medieval en latín sobre a historia da diocese de Iria Flavia (predecesora da arquidiocese de Santiago de Compostela), entre os anos 561 e 982.

Historia e características

Nos manuscritos medievais adoita aparecer unida á Historia Compostellana, se ben tamén aparece en solitario nalgúns manuscritos do século XII. Quizais foi escrita para completar a parte da fundación da diocese anterior ao narrado na Historia, pero unha parte do persoal que o investiga, como Justo Pérez de Urbel e Rubén García Álvarez, defende que foi creada xusto despois dos últimos eventos narrados, cara ao ano 982, polo daquela recentemente deposto bispo Paio Rodríguez.

O Chronicon comeza no ano 561, con Andrés, bispo durante o Primeiro Concilio de Braga, e continúa até o episcopado de Pedro Martínez de Monsoncio. Menciona o descubrimento do presunto corpo do Apóstolo Santiago durante o bispado de Teodomiro, no reinado de Afonso o Casto, pero non se di o lugar onde se atopou o corpo. Segundo o Chronicon, Teodomiro foi o primeiro bispo da nova diocese en Santiago de Compostela, durante o reinado de Carlomagno.

Edicións

  • En Juan de Ferreras, ed. Historia de España, XVI (Madrid: 1727)
  • En Enrique Flórez, ed. España Sagrada, XX (Madrid: 1765), 598–608.
  • En Rubén García Álvarez, ed. "El Cronicón Iriense" (Madrid: 1963).

Véxase tamén

Bibliografía

  • Barton Sholod. 1966. Charlemagne in Spain: The Cultural Legacy of Roncesvalles (Geneva: Librairie Droz), p. 129.
  • José-Luis Martín. 1965. "Pelayo Rodríguez, obispo de Santiago (977–985)", Anuario de los estudios medievales, 2, 474.
Ataúlfo II

Ataúlfo II, finado no ano 876, foi un relixioso católico galego da Idade Media. Foi o bispo que conseguiu para Santiago de Compostela a condición de cidade episcopal, sendo ata entón Iria Flavia a sé do arcebispado e Compostela a residencia dos bispos. A partir dese momento unifícase a sé e a residencia, coa autorización do papa Nicolao I, e a diocese pasa a denominarse arcebispado de Compostela-Iria, levando os dous nomes unidos pero coa precedencia do de Santiago.

O bispo Ataúlfo tivo un episcopado no que se produciron acontecementos convulsos. Na súa época os normandos aterrorizaron os habitantes do bispado coa destrución e o saqueo das Terras de Iria. Sufriu amais algunha conspiración na súa contra: acusárono de sodomía e para aplacar os seus detractores saíu á praza pública ataviado coa indumentaria episcopal, enfrontouse a un touro bravo e conseguiu domear o animal.

Chronicon Compostellanum

O Chronicon Compostellanum ou, en galego, Cronicón compostelán é unha crónica narrativa en latín medieval sobre a historia da Península Ibérica, desde o asentamento dos visigodos no século V até a morte de Urraca de León o 8 de marzo de 1126. Probablemente foi escrita pouco despois daquela data, e seguramente en Galiza.

Padrón

Padrón (do latín petra, deriva de petronem< petram)[Cómpre referencia], é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca do Sar. Segundo o INE en 2015 tiña 8.643 habitantes (8.985 no 2010, 9.016 no 2006, 9.035 no 2005, 9.070 no 2004, 9.136 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «padronés» ou «iriense».

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.