Christiaan Huygens

Christiaan Huygens, nado na Haia o 14 de abril de 1629 e finado na mesma cidade o 8 de xullo de 1695, foi un matemático, astrónomo e físico neerlandés. Estudou leis na Universidade de Leiden e no Colexio de Orange en Breda, antes de se dedicar á ciencia. Os historiadores vinculan a Huygens coa Revolución científica.

Christiaan-huygens4
e
Christiaan Huygens-painting.jpeg
Datos persoais
Nacemento14 de abril de 1629
LugarThe Hague
Falecemento8 de xullo de 1695 e 8 de xuño de 1695
LugarThe Hague
NacionalidadeProvincias Unidas
Actividade
Campoastrónomo, matemático, físico, musicólogo, inventor, teórico musical, físico teórico, entomologista e instrument maker
Alma máterUniversidade de Leiden
Universidade de Angers
Director de teseFrans van Schooten e Jan Jansz de Jonge Stampioen
Contribucións e premios
Coñecido pordescubridor deTitán
explicación dos Aneis de Saturno
Forza centrífuga
Reloxo de pendulo
Principio de Huygens
Teoría das Ondas
Influído porGalileo Galilei
René Descartes
Frans van Schooten
Influíu enGottfried Wilhelm Leibniz
Isaac Newton
Christiaan Huygens-painting.jpeg
Huygens, retrato de Caspar Netscher, 1671.

Traxectoria

Huygens naceu na rúa Lange Houtstraat da Haia. O seu pai Constantijn Huygens (1596-1687), era diplomático, conselleiro dos Orange e poeta. A súa nai era Suzanna van Baerle (1596-1637), "Sterre" nos poemas de Constantijn. Christiaan escribiu máis tarde da nai: "era unha grande afeccionada ás ciencias naturais".

Christiaan tivo un irmán máis vello, Constantijn, e unha irmá, Suzanna. Christiaan e Suzanna foron retratados por Caspar Netscher. Grazas aos seu pais, Christiaan tivo contactos con grandes sabios do seu círculo como René Descartes. Constantijn, o pai, chamaba ao seu fillo "o meu Arquimedes".

Estudos

Huygens estudou dereito e ciencias na Universidade de Leiden entre 1645 e 1647, co estimulante científico Frans van Schooten. Tamén Johan de Witt e Hendrik van Heuraet estudaron ciencias con Van Schooten. Despois foi enviado polo seu pai ao Orange college (Collegium Arausiacum) en Breda, desde onde mantivo correspondencia con Van Schooten.

Obra

Matemáticas

O seu primeiro traballo (1651) salientable estivo dedicado á cuadratura dos conos. Despois ocupouse do número pi, dos logaritmos e dos primeiros rudimentos do cálculo infinitesimal, este posteriormente desenvolvido por Leibniz e Newton. En 1655 escribiu o primeiro tratado (De ludo aleae: Sobre o xogo de dados) concernente á teoría dos dados, polo cal é considerado hoxe como o fundador do cálculo de probabilidades. Mantería correspondencia con Pascal e Fermat sobre o asunto.

Óptica

Os seus intereses no ámbito das ciencias naturais, conducírono a interesarse pola óptica. Mantivo contactos con Leeuwenhoek, que era un pioneiro na preparación de lentes e construtor de microscopios. Mesmo durante algún tempo investigou Huygens pequenos obxectos con microscopio. En 1662 Huygens preparou unha combinación de lentes, para tentar unha visión máis clara e eliminar as aberracións ópticas, conseguindo unha lente acromática, o denominado "ocular de Huygens". O desenvolvemento destas lentes conduciu a unha maior nitidez das imaxes da cámara escura e da lanterna máxica. Para os seus estudos astronómico, con axuda do seu irmán Constantijn, construíu un telescopio de 4 metros (12 pés). Christiaan desenvolveu a teoría das ondas para explicar a natureza da luz (explicada no seu Traité de la lumière), establecendo o concepto de que cada punto luminoso dunha fronte de onda pode considerarse unha nova fonte de ondas (Principio de Huygens-Fresnel).

Astronomía

Titán, os aneis de Saturno etc

O 25 de marzo de 1655 Huygens descubriu Titán, a maior das lúas de Saturno (era a segunda vez que se descubría un satélite; Galileo Galilei xa descubrira algúns dos de Xúpiter en 1610). Tamén por medio do telescopio observou que Saturno estaba rodeado por aneis que o circundaban. En 1656 chegou a conclusión de que os aneis debían estar formados de rochas. Débeselle tamén o descubrimento das nebulosas e as estrelas dobres. En Systema Saturnium (1659) publicou unha detallada descrición da nebulosa de Orión, realizando mesmo os primeiros esbozos coñecidos dunha nebulosa. Huygens aventurou que estaban formadas de estrelas. Na súa honra a zona máis brillante de Orión é denominada "Rexión de Huygens". Realizou tamén un mapa simple do planeta Marte, describindo a rotación dese planeta e a súa duración, que calculou en aproximadamente 24 horas. Huygens observou tamén o agora coñecido como cometa van Halley.

Mecánica

Jan Steen 004
Na luxuria, ollo!, cadro de Jan Steen, datado en 1660; á dereita do espectador, na parede pódese ver unha das primeiras representacións dun reloxo de péndulo, invento de Ch. Huygens, patentado apenas en 1657

Huygens interesouse tamén pola mecánica. Traballou na construción dun reloxo, que fose práctico para a navegación. En 1658 publicou un libro sobre o asunto, titulado Horologium, logo de obter o reloxo de péndulo. Este invento seu, patentado en 1657, foi unha revolución na súa época. Como consecuencia do invento, Huygens descubriu que o cicloide era unha curva isócrona, aplicándoa aos reloxos de péndulo na forma de resortes cicloidais, para asegurar unha oscilación regular fose cal fose a altura do péndulo. Os detalles matemáticos e prácticos do achado foron publicados en "Horologium Oscillatorium sive de motu pendulorum", 1673. Huygens tamén observou que dous péndulos montados na mesma barra poden chegar a oscilar en sentidos opostos perfectamente; chamoulle a esta observación simpatía impar.

Obra escrita

  • De iis quae liquido supernatant, 1649 (Os que flotan no líquido).
  • Cyclometriae (1651) (Ciclometrías).
  • Theoremata de quadratura hyperboles, ellipsis et circuli (Teoremas sobre a cuadratura de hipérboles, elipses e círculos).
  • De circuli magnitudine inventa, 1654 (Descubrimentos sobre a magnitude dos círculos).
  • De Saturni Luna observatio nova, 1656 (Observación da nova lúa de Saturno).
  • De ratiociniis in ludo aleae, 1657 (Reflexións sobre os xogos de dados).
  • Systema saturnium, 1659 (Sistema de Saturno).
  • De motu corporum ex percussione (Sobre o movemento de corpos por golpes).
  • Horologium oscillatorium sive de motu pendularium, 1673 (Reloxo oscilatorio ou sobre o movemento de péndulos).
  • De vi centrifuga, 1673 ( Sobre a forza centrífuga).
  • Memoriën aengaende het slijpen van glasen tot verrekijckers (Memoria sobre o puimento de cristais para telescopios).
  • Astroscopia Compendiaria tubi optici molimine liberata, 1684.
  • Kort onderwijs aengaende het gebruijck der horologiën tot het vinden der lenghten van Oost en West(1686) (Breve instrución acerca do uso do reloxo para buscar a lonxitude do Leste e o Oeste).
  • Traité de la lumière, 1690 (Tratado da luz).
  • Lettre touchant le cycle harmonique, Rotterdam, 1691 (Carta acerca do ciclo harmónico).
  • Cosmotheoros (1698).
  • Descriptio automati planetarii (Descrición de autómatas planetarios).
  • Discours de la cause de la pesanteur (Discurso acerca da causa da gravidade).
  • Over de bewegingen van lichamen die botsen (1703, póstuma (Sobre o movemento dos corpos por golpes).
  • Novus cyclus harmonicus, Leiden 1724, póstuma (Novo ciclo harmónico).

Ciencia ficción

No seu libro Cosmotheoros (1698) Huygens especulou detalladamente sobre a vida noutros planetas (asunto tratado xa en 1600 por Giordano Bruno), sostendo que podería existir unha sorte de vida como na Terra.

14 de abril

O 14 de abril é o 104º día do ano do calendario gregoriano (105º nos anos bisestos). Quedan 261 días para finalizar o ano.

25 de marzo

O 25 de marzo é o 84º día do ano do calendario gregoriano e o 85º nos anos bisestos. Quedan 271 días para finalizar o ano.

8 de xullo

O 8 de xullo é o 189º día do ano do calendario gregoriano e o 190º nos anos bisestos. Quedan 176 días para finalizar o ano.

Astronomía

A astronomía, que significa etimoloxicamente "as regras das estrelas" ou astro-nomos, é a ciencia encargada de observar e explicar os corpos e os eventos fóra da Terra. Unha materia relacionada pero distinta é a cosmoloxía, que se encarga de estudar o universo como conxunto.

Despois de comprender que os elementos que forman os "obxectos celestes" son os mesmos que conforman a Terra, e que as leis da física aplícanse do mesmo xeito, naceu a astrofísica como unha aplicación da física ós fenómenos observados pola astronomía.

Os astrónomos necesitan unha gran preparación en física, e as observacións fanse sempre nun contexto astrofísico, estando ligados con frecuencia ambos os campos.

Catenaria
Este artigo trata sobre as matemáticas, para o tendido eléctrico dos trens e tranvías vexa Catenaria (ferrocarril).

Chámase catenaria á curva que describe un fío (calquera corpo longo e flexíbel: corda, cadea, cabo) suspendido polos seus estremos e baixo a acción do seu propio peso. A palabra catenaria deriva do latín catenarĭus, que significa propio da cadea.

En matemáticas chámase catenaria a curva que adopta unha cadea ideal perfectamente flexíbel, con masa, suspendida polos seus estremos e sometida á acción dun campo gravitatorio uniforme. A involuta da catenaria é a tractriz.

Se o peso propio por unidade de lonxitude é p, e a tensión é T, nun elemento diferencial de lonxitude en equilibrio:

partindo desta expresión e utilizando un sistema de coordenadas no que a é a ordenada do punto máis baixo da curva, chégase á expresión:

chamada ecuación da catenaria.

O valor de a:

Onde é a compoñente horizontal da tensión, que é constante e coincide coa tensión total no punto mais baixo da curva e p é o peso por unidade de lonxitude. A súa ecuación foi obtida por Gottfried Leibniz, Christiaan Huygens e Johann Bernoulli en 1691, en resposta ao desafío de Jakob Bernoulli. Huygens foi o primeiro en utilizar o termo catenaria nunha carta dirixida a Leibniz en 1690, e David Gregory escribiu, ese mesmo ano, un tratado sobre esta curva.

Década de 1650

A década de 1650 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1650 e remata o 31 de decembro de 1659.

Gottfried Wilhelm Leibniz

Gottfried Wilhelm von Leibniz, nado en Leipzig o 1 de xullo de 1646 e finado en Hannover o 14 de novembro de 1716, foi un filósofo, científico, matemático, diplomático e bibliotecario alemán. Acredítaselle a creación do termo "función" (1694), que usou para describir unha cantidade relacionada cunha curva, como por exemplo a inclinación dunha curva ou un punto calquera dunha curva. En xeral, xunto con Newton, considérase a Leibniz como protagonista do desenvolvemento do cálculo moderno; en particular polo seu desenvolvemento do Cálculo Integral e da Regra do produto.

Demostrou xenialidade tamén nos campos da lei, relixión, política, historia, literatura, lóxica, metafísica e filosofía. Foi o primeiro en comprender que a anatomía da lóxica -as leis do pensamento- é un asunto de análise combinatoria. Na súa visión da existencia dunha “característica universal”, Leibniz atopábase dous séculos por diante, no que concirne á matemática e á lóxica. A unión nun único cerebro, da máis alta habilidade en dous amplos dominios do pensamento matemático, o analítico e o combinatorio, ou o continuo e o descontinuo, non ten precedentes nin antes nin despois de Leibniz. Foi o único home na historia da matemática, que tivo estas dúas calidades de pensamento nun grao superlativo.

Horologium

Horologium ou Reloxo é unha das constelacións menores do sur, cunha declinación preto dos -60 graos.

Orixinalmente chamado Horologium Oscillitorium por Nicolas Louis de Lacaille, o nome da constelación foi acurtado para que sexa menos pesado. Horologium Oscillitorium foi posto na honra ó inventor do reloxo de péndulo, Christiaan Huygens.

Latín moderno

O latín moderno, tamén chamado neolatín, novo latín ou latín científico, é unha versión do latín usada despois da Idade Media.

Onda electromagnética

A onda electromagnética é un modelo utilizado para representar a radiación electromagnética.

Convén distinguir ben a radiación electromagnética, que é o fenómeno estudado, e a onda electromagnética, que é unha das representacións do fenómeno. Outra representación ten en conta a existencia do fotón.

Son exemplos de ondas electromagnéticas as ondas de radio, as microondas, a radiación de calor, os raios X, a radiación gamma e a luz. Esta última, a onda luminosa, é unha onda electromagnética na que a lonxitude de onda corresponde ao espectro visíbel, comprendido entre as lonxitudes de onda de 400 e 750 nm, correspondentes ás enerxías de fotón de 1,5 a 3 eV.

Pobo neerlandés

Os neerlandeses (en neerlandés: nederlanders) son un grupo étnico xermánico nativo dos Países Baixos. Comparten unha cultura común e falan a lingua neerlandesa. Os neerlandeses e os seus descendentes fundaron numerosas comunidades en todo o mundo, especialmente en Aruba, Suriname, Güiana, Curaçao, a Arxentina, o Brasil, o Canadá, Australia, Suráfrica, Nova Zelandia e os Estados Unidos.

Principio de Huygens-Fresnel

O Principio de Huygens-Fresnel chamase así en honor aos físicos Christiaan Huygens e Augustin Fresnel, é un método de análise aplicado aos problemas de propagación de ondas. Afirma que todo punto dunha fronte de onda inicial pode considerarse como unha fonte de ondas esféricas secundarias que se espallan en todas as direccións coa mesma velocidade, frecuencia e lonxitude de onda que a fronte de onda da que proceden.

Esta visión da propagación das ondas axuda a entender mellor unha variedade de fenómenos de onda, tales como a difracción. A Lei de Snell tamén pode ser explicada segundo este principio.

Probabilidade

A probabilidade mide a frecuencia coa que se obtén un resultado ou un conxunto de resultados ao levar a cabo un experimento aleatorio, do que se coñecen todos os resultados posíbeis, baixo condicións suficientemente estábeis. A teoría da probabilidade úsase cumpridamente en áreas como a estatística, a física, a matemática, a ciencia e mais a filosofía para tirar conclusións sobre a probabilidade de sucesos potenciais e a mecánica subxacente de sistemas complexos.

A palabra probabilidade deriva do latín probare (probar).

Saturno

Saturno é o sexto planeta do Sistema solar e o único con aneis visíbeis dende o noso planeta. Foi chamado así polo deus romano Saturno. Forma parte dos denominados planetas exteriores ou gasosos, tamén chamados xovianos, por Xúpiter. Antes da invención do telescopio, Saturno era o planeta coñecido máis distante. O primeiro en observarlle os aneis foi Galileo en 1610, aínda que a baixa inclinación dos aneis e a baixa resolución do seu telescopio fíxolle pensar que se trataban de grandes lúas. Christiaan Huygens, con mellores medios de observación puido en 1659 ollar con claridade os aneis. No ano 1859 James Clerk Maxwell demostrou matematicamente que os aneis non podían ser un único obxecto sólido, senón que debían ser unha agrupación de millóns de partículas de menor tamaño.

O planeta Saturno é un xigante de gas, o segundo do sistema en tamaño despois de Xúpiter, ó que se asemella bastante en constitución. A súa distancia media do Sol é duns 1430 millóns de quilómetros.

Titán (lúa)

Titán é a maior lúa de Saturno e a segunda maior de todo o Sistema Solar, despois de Ganímedes, tendo case unha vez e media o tamaño da nosa Lúa. É maior que un dos planetas principais, Mercurio, e que o planeta anano Plutón, e se orbitase ao redor do Sol sería un planeta por dereito propio.

Esta é a única lúa no Sistema Solar que ten unha atmosfera densa, sendo mesmo máis densa que a da Terra. Pénsase que posúe lagos de hidrocarburos e volcáns xeados, e que o metano se comporta case coma a auga na Terra, evaporando e chovendo nun ciclo interminable. Titán é un mundo que se mantivo oculto ata moi recentemente, cuberto por unha densa brétema alaranxada.

En xaneiro de 2005, lanzouse a sonda Huygens que pasou por entre a brétema e tirou as primeiras fotografías da superficie de Titán; mais por mor do neboeiro, e mesmo coas fotografías, ficou moito por saber. Esta sonda levou consigo un millón de mensaxes de persoas de todo o mundo. As mensaxes foron enviadas pola Internet, gravadas nun CD-ROM e lanzadas na sonda en 1997, e poderán permanecer no solo titánico durante millóns de anos e seren descubertas por turistas espaciais do futuro.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.