Chongqing

Chongqing[Cómpre referencia] ou Chunquin[1] (ou Chungking; 重庆 en chinés) é unha das catro municipalidades controladas directamente polo goberno central da República Popular da China, con estatuto de provincia. O concello contaba cunha poboación de 31 442 300 habitantes en 2005.

Grande parte do municipio, que ocupa unha superficie de arredor de 80.000 km² (máis de 2,6 veces a área de Galicia), é rural. A poboación da área urbana de Chongqing propio era "só" de 5 090 000 habitantes segundo datos de 2000.

Chongqing é denominado de modo simple: Yú, unha abreviación que foi aprobada polo Consello de Estado a data de 18 de abril de 1997. O nome abreviado procede dunha vella denominación de parte do río Jialing, que atravesa Chongqing e desauga no Yangtzé.

Coordenadas: 29°33′30″N 106°34′00″L / 29.55833, -106.56667

Chongqing
重庆市
Chongqing montage newest 2013
Varias imaxes da cidade
Localización
Chongqing in China (+all claims hatched)
PaísFlag of the People's Republic of China.svg China
Xeografía
Altitude237 msnm
Superficie82 403 km²
Demografía
Poboación29 914 000 hab. (2014)
Densidade360 hab/km²
Outros datos
Código postal4000 00 - 4099 00
AlcaldeHuang Qifan
cq.gov.cn/

Xeografía

Chongqing está situada sobre o río Yangtzé, xusto sobre o comezo do enorme lago artificial creado pola retención de augas do Encoro das Tres Gargantas. A aglomeración está construída na confluencia do Yangtzé e do seu tributario o Jialing. O centro da cidade érguese sobre a península formada por ambos os dous cursos de auga.

A topografía da cidade é moi particular: Chongqing está composta en realidade de outeiros pendentes, o que a fai a única grande urbe chinesa sen de bicicletas, pois as ladeiras son demasiado ásperas. Igualmente é a única na que o paso dos ríos que a atravesan se fai por medio de teleféricos. Desde a apertura internacional de Chongqing, sobre todo desde 1997, foron construídas numerosas pontes.

Klimadiagramm-deutsch-Chungking-VR China
Climodiagrama de Congqing

O clima da cidade é de tipo subtropical húmido, e como no resto da Asia extremo-oriental a influencia do monzón é notábel. A media de precipitacións caídas na cidade no período 1961-90 foi de 1.101 mm, pero están concentradas nos meses que van de abril a setembro. A media anual das temperaturas é de 19 °C. As temperaturas son cálidas nos meses estivais; en xullo e agosto as medias máximas poden superar os 32 °C e as mínimas medias non baixar de 24 °C. Por contra no mes máis frío, xaneiro, as temperaturas máis altas apenas soben de 6 °C, e as mínimas de 5 °C.

Notas

  1. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Aeroporto Internacional de Pequín-Capital

O Aeroporto Internacional de Pequín-Capital (IATA: PEK, ICAO: ZBAA) é o principal aeroporto internacional que serve a Pequín. Está situado a 32 km ao nordés do centro da cidade, nun enclave do distrito de Chaoyang rodeado polo distrito de Shunyi. O aeroporto pertence á Beijing Capital International Airport Company Limited, unha compañía controlada polo estado que tamén se encarga de operalo.

O aeroporto é o principal centro de conexións de Air China, a aeroliña nacional do país, que voa a uns 120 destinos (sen contar os de carga), dende Pequín. China Eastern Airlines, Hainan Airlines e China Southern Airlines tamén usan o aeroporto como centro de conexións.

Pequín-Capital inaugurou a súa Terminal 3 en 2008, xusto a tempo para os Xogos Olímpicos de 2008, converténdose na segunda terminal máis grande do mundo tras a terminal 3 do Aeroporto Internacional de Dubai e no sexto edificio máis grande en superficie. O Aeroporto Internacional de Pequín-Capital cobre unha área de 1 480 hectáreas de terra.

Pequín-Capital ascendeu rapidamente nos ránkings de aeroportos máis concorridos do mundo na pasada década. En 2009 converteuse no aeroporto con máis número de pasaxeiros e de movementos de avións de Asia. Ven sendo o segundo aeroporto máis concorrido do mundo en tráfico de pasaxeiros dende o ano 2010. En 2012 rexistrou 557 167 movementos de avións, chegando ao sexto posto mundial. En termos de carga o aeroporto de Pequín-Capital tamén conseguiu un rápido crecemento. No ano 2012 converteuse no 13º máis concorrido do mundo en tráfico de mercadorías, rexistrando 1 787 027 toneladas.

Aeroporto de Cantón-Baiyun

O aeroporto internacional de Cantón-Baiyun (IATA: CAN, OACI: ZGGG) é o principal aeroporto de Cantón, a capital da provincia de Guangdong, en China. Os seus códigos están heredados do antigo aeroporto da cidade. O aeroporto de Baiyun serve como centro de conexións para China Southern Airlines, FedEx Express, 9 Air, Hainan Airlines e Shenzhen Airlines.

No ano 2016 foi o terceiro aeroporto máis concorrido da China e o décimo quinto do mundo en termos de pasaxeiros, cun total de 59 732 147 viaxeiros ese ano. En termos de tráfico de carga é o terceiro máis concorrio do país e o décimo noveno do mundo.

Aeroporto de Changsha-Huanghua

O aeroporto internacional de Changsha-Huanghua (IATA: CSX, OACI: ZGHA) é un aeroporto que serve á cidade chinesa de Changsha, na provincia de Hunan, ademais de cidades próximas como Zhuzhou e Xiangtan. No ano 2016 foi o 13º aeroporto máis concorrido do país. Está situado a uha 25 quilómetros do centro de Changsha. Está operado pola Hunan Airport Authority, unha corporación de propiedade pública que operaos cinco aeroportos da provincia de Hunan Province. O aeroporto de Changsha-Datuopu é o segundo aeroporto que serve a Changsha e é usado principalmente para propósitos militares.

Aeroporto de Chongqing-Jiangbei

O aeroporto internacional de Chongqing-Jiangbei (IATA: CKG, OACI: ZUCK) é un aeroporto chinés situado no distrito de Yubei da cidade de Chongqing. O aeroporto instalacións de tránsto para 72 horas de visa gratuíta para certas nacionalidades. No ano 2014 quedou no terceiro posto na categoría do "Mellor aeroporto de entre 25 e 40 millóns de pasaxeiros" de Airports Council International.Situado a 19 quilómetros ao norte do centro de Chongqing, o aeroporto é un gran centro de conexións para as aeroliñas no oeste de China, como China Express Airlines, China Southern Airlines, Chongqing Airlines, Sichuan Airlines, Shandong Airlines e China West Air. Chongqing é unha cidade focal para Air China e Hainan Airlines.

O aeroporto ten tres terminais: a Terminal 2 serve voos domésticos e a Terminal 3A tanto domésticos como internacionais, mentres a Terminal 1 atópase pechada a día de hoxe. A primeira, segunda e terceira fase do aeroporto comezaron a operar en xaneiro de 1990, decembro de 2004 e decembro de 2010, respectivamente. A Terminal 2 é capaz de manexar 30 millóns de pasaxeiros e a 3A 70 cada ano.

En termos de tráfico de pasaxeiros, O aeroporto de Jiangbei Airport foi o noveno máis concorrido do país en 2016, sendo usado por 35 888 819 pasaxeiros cun aumento dun 10,8% con respecto ao ano anterior. En movementos de avións foi o 8º máis concorrido do país e o 10º en termos de carga.

Aeroporto de Fuzhou-Changle

O aeroporto internacional de Fuzhou-Changle (IATA: FOC, OACI: ZSFZ) é un aeroporto internacional que serve a Fuzhou, a capital da provincia chinesa de Fujian. Inaugurouse o 23 de xuño de 1997, despois de que a súa construcións se aprobase no ano 1992. O aeroporto atópase preto da ribeira do estreito de Taiwán no distrito de Changle, a uns 50 quilómetros ao leste do centro de Fuzhou.

No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 11 606 446 pasaxeiros, sendo o 26º aeroporto máis concorrido da China. Ademais, foi o 23º máis concorrido en termos de carga e o 28º en amovementos de avións.

Aeroporto de Hangzhou-Xiaoshan

O aeroporto internacional de Hangzhou-Xiaoshan (IATA: HGH, OACI: ZSHC) é o principal aeroporto que serve a Hangzhou, unha gran cidade na rexión da conurbación do Delta do Yangtzé e a capital da provincia chinesa de Zhejiang. Está situado na ribeira sur do río Qiantang, no distrito de Xiaoshan, a 27 quilómetros do centro de Hangzhou.

O aeroporto opera voos a destinos en toda China. Os destinos internacionais atópanse principalmente no leste e sueste de Asia, aínda que tamén opera voos a algunhas cidades de África, Europa e do sur de Asia. Hangzhou-Xiaoshan serve como cidade focal para Air China, China Eastern Airlines, China Southern Airlines, Hainan Airlines e Xiamen Airlines.

No ano 2017 o aeroporto de Hangzhou foi usado por 35 570 411 pasaxeiros, sendo o 10º máis concorrido da China en termos de pasaxeiros. Ademais, o aeroporto foi o 6º máis concorrido do país en termos de carga con 589 461 toneladas e o 9º en movemento de avións con 271 066.

Aeroporto de Kunming-Changshui

O aeroporto internacional de Kunming-Changshui (IATA: KMG, OACI: ZPPP) é o principal aeroporto que serve a Kunming, a capital da provincia chinesa de Yunnan. Está situado a 24,5 quilómetros ao nordés do centro da cidade nunha área montañosa a 2 100 metros sobre o nivel do mar. Inaugurouse o día 28 de xuño de 2012, substituíndo ao vello aeroporto de Kunming-Wujiaba que será demolido. Como porta de entrada cara o sueste e sur de Asia, o aeroporto de Changshui é un centro de conexións para China Eastern Airlines, Kunming Airlines, Lucky Air, Sichuan Airlines e Ruili Airlines. No ano 2016 foi usado por un total de 41 980 339 pasaxeiros, sendo un dos 50 aeroportos máis concorridos do mundo e o 5º da China.

Aeroporto de Nanjing-Lukou

O aeroporto internacional de Nanjing-Lukou (IATA: NKG, OACI: ZSNJ) é o principal aeroporto que serve a Nanjing, a capital da provincia chinesa de Jiangsu, e á conurbación do delta do Yangtzé. Está situado no distrito suburbano de Jiangning, a uns 35 quilómetros ao sur do centro da cidade.

Nanjing é o centro de conexións para China Eastern Airlines, e é unha cidade focal para Shenzhen Airlines. China Southern Airlines e Xiamen Airlines tamén operan un considerable número de voos no aeroporto. Nanjing é a principal base para China Postal Airlines, con servizos de carga a todas as grandes cidades de China, manexando correo urxente e carga para China Post.

Aeroporto de Sanya-Phoenix

O aeroporto internacional de Sanya-Phoenix (IATA: SYX, OACI: ZJSY) é un aeroporto que serve á cidade de Sanya en Hainan, a provincia máis meridional de China. Está situado a uns 15 quilómetros ao noroeste do centro da cidade. No ano 2015 foi usado por 16 191 930 pasaxeiros, converténdoo no 18º aeroporto máis concorrido do país en termos de pasaxe.

Aeroporto de Shanghai-Hongqiao

O aeroporto de Shanghai-Hongqiao (IATA: SHA, OACI: ZSSS) é un dos dous aeroporto internacionais de Shanghai e un importante centro de conexións por aire de China. O aeroporto de Hongqiao opera principalmente voos domésticos e rexionais, con voos internacionais limitados. Está situado preto da cidade de Hongqiao no distrito de Changning, a 13 quilómetros ao leste do centro de Shanghai, máis preto á cidade que o aeroporto de Shanghai-Pudong.

Hongqiao é un centro de conexións para China Eastern Airlines, Shanghai Airlines, Juneyao Airlines e Spring Airlines. No ano 2016 usaron as súas instalacións un total de 40 460 135 pasaxeiros, sendo o 7º aeroporto máis concorrido da China e o 45º do mundo.

Aeroporto de Shanghai-Pudong

O aeroporto internacional de Shanghai-Pudong (IATA: PVG, ICAO: ZSPD) é un dos dous aeroportos internacionais de Shanghai e un dos principais centros de conexións por aire de China. O aeroporto serve principalmente voos internacionai, mentres que o outro aeroporto da cidade, o de Shanghai-Hongqiao, opera sobre todo voos domésticos e rexionais. Está situado a uns 30 quilómetros ao leste do centro da cidade.

O aeroporto é o principal centro de conexións para China Eastern Airlines e Shanghai Airlines, e un gran centro de conexións internacional para Air China, ademais de ser un centro secundario de China Southern Airlines. Tamén é un centro de conexións para as aeroliñas privadas Juneyao Airlines e Spring Airlines, é un centro de conexións de carga na zona Asia-Pacífico para UPS Airlines e DHL Aviation.

O aeroporto de Pudong ten dúas terminais de pasaxeiros principais, flanqueadas en ámbolos dous lados por catro pistas de aterraxe paralelas. Dende o ano 2016 está planeada a construción dunha terceira terminal de pasaxeiros, unha terminal satélite e dúas pistas máis coa intención de incrementar a súa capacidade dos 60 aos 80 millóns de pasaxeiros anuais e para poder manexar seis millóns de toneladas de carga.

O aeroporto de Pudong é o terceiro do mundo en termos de carga, con 3,4 millóns de toneladas en 2016. Nese mesmo ano pasaron polas súas instalacións 66 002 414, sendo o segundo aeroporto máis concorrido de China, o quinto de Asia e o noveno do mundo.

Aeroporto de Shenyang-Taoxian

O aeroporto internacional de Shenyang-Taoxian (IATA: SHE, OACI: ZYTX) é un aeroporto chinés que serve á cidade de Shenyang, capital da provincia de Liaoning no nordés do país. Está situado a uns 20 quilómetros ao sur do centro da cidade e é unha cidade focal para China Southern Airlines.

Aeroporto de Wuhan-Tianhe

O aeroporto internacional de Wuhan-Tianhe (IATA: WUH, OACI: ZHHH) é un aeroporto que serve a Wuhan, a capital da provincia chinesa de Hubei. Foi inaugurado o 15 de abril de 1995 substituíndo aos vellos aeroportos de Hankou-Wangjiadun e Nanhu como principais aeroportos de Wuhan. Está situado no distrito de Huangpi, a uns 26 quilómetros ao norte do centro de Wuhan. É o aeroporto máis concorrido do centro da CHina, atopándose xeograficamente situado no centro da rede doméstica do país. É unha cidade focal para Air China, China Eastern Airlines e China Southern Airlines. O aeroporto ten voos cara destinos internacionais como Bangkok, Moscova, Osaca, París, Seúl e Singapur.

No ano 2017 o aeroporto foi utilizado por 23 129 400 pasaxeiros, sendo o 14º máis concorrido do país en número de pasaxeiros. O nome Tianhe (天河) pode traducirse literalmente como "río do ceo"; é tamén un dos nome para a Vía Láctea na antiga China.Dende o 1 de maio de 2015, pasaxeiros de países como os da Unión Europea, Xapón, Corea do Sur, Rusia e Estados Unidos, cando viaxan a un terceiro país, poden entrar en China dende este aeroporto sen unha visa chinesa ata 72 horas.

Aeroporto de Xi'an-Xianyang

O aeroporto internacional de Xi'an-Xianyang (IATA: XIY, OACI: ZLXY) é o principal aeroporto que serve a Xi'an, a capital da provincia chinesa de Shaanxi, ademais de a toda a área de Guanzhong. É o aeroporto máis grande do noroeste de China e o segundo máis grande do norte do país. Foi o centro de conexións para China Northwest Airlines ata que a aeroliña se fusionou con China Eastern Airlines en 2002. A aeroporto de Xi'an tamén é centro de conexións para Joy Air e unha cidade focal para Hainan Airlines.

Aeroporto de Xiamen-Gaoqi

O aeroporto internacional de Xiamen-Gaoqi (IATA: XMN, OACI: ZSAM) é un aeroporto que serve á cidade chinesa de Xiamen, na provincia de Fujian. É a base principal de XiamenAir e TAECO, unha compañía de mantemento de avións. O aeroporto está situado na cara norte da illa de Xiamen. En outubro de 2011 iniciouse a construción dunha nova terminal, a terminal 4, que foi completada no ano 2014. No ano 2017 foi o 12º aeroporto máis concorrido da China en termos de pasaxe, con 24 485 239 pasaxeiros.

China Southern Airlines

China Southern Airlines (chinés simplificado: 中国南方航空公司; chinés tradicional: 中國南方航空公司) é unha aeroliña chinesa baseada en Guangzhou. É a sexta aeroliña máis grande do mundo en número de pasaxeiros transportados, e a máis grande de Asia en pasaxeiros e número de avións. Tamén é a cuarta aeroliña do mundo en tráfico doméstico. Dende os seus dous principais centros de operacións nos aeroportos de Guangzhou Baiyun e Beijing Capital, a aeroliña voa a 121 destinos usando 422 avións.

China Southern Airlines creouse o 1 de xullo de 1988 despois da reestruturación da Administración Chinesa de Aviación Civil. Dende entón, a compañía adquiríu e fusionouse con varias aeroliñas domésticas, converténdose nunha das tres máis grandes do país (xunto con Air China e China Eastern Airlines). China Southern Airlines é membro da alianza SkyTeam.

En 2010 China Southern Airlines transportou a 76,5 millóns de pasaxeiros e tivo uns beneficios de 883 millóns de dólares.

República Popular da China

A China (en chinés: 中国; pinyin: Zhōngguó), oficialmente a República Popular da China (en chinés: 中华人民共和国; pinyin: Zhōnghuá rénmín gònghéguó), é un estado situado en Asia oriental. Trátase do país máis poboado do mundo, xa que conta cunha poboación que supera os 1.300 millóns de habitantes. A República Popular é un Estado unipartidista gobernado polo Partido Comunista da China, estando a súa sede goberno na cidade de Pequín. Esta, exerce xurisdición sobre vinte e dúas provincias, cinco rexións autónomas, catro municipalidades directamente controladas (Pequín, Tianjin, Shanghai e Chongqing) e dúas rexións administrativas especiais practicamente autónomas, Hong Kong e Macau. A República Popular da China reclama Taiwán como a súa provincia número viente e tres, aínda que na práctica a illa é independente, xa que se atopa administrada polo réxime da República da China dende a fin da guerra civil de 1949.

Cunha superficie aproximada de 9,6 millóns de quilómetros cadrados, a China é o segundo país máis grande en relación á súa superficie terrestre e o terceiro ou cuarto máis grande pola súa superficie total. A paisaxe da China é vasta e diversa. Os áridos norte e noroeste, nas proximidades de Mongolia e Asia Central, están ocupados por estepas forestais e os desertos do Gobi e Taklamakan. O sur, lindando coa rexión do Sueste asiático, é máis húmido e está ocupado por bosques subtropicais. A zona máis occidental é accidentada e moi elevada, coas cordilleiras do Himalaias, Karakoram, Pamir e Tian Shan facendo de fronteira natural entre a China e Asia Central e do Sur. A nivel fluvial destacan os ríos Yangtzé e Amarelo, o terceiro e o sexto máis longos do mundo. Ambos nacen na meseta do Tíbet, e flúen cara á densamente poboada costa leste. A liña costeira da China ao longo do Océano Pacífico é de 14.500 quilómetros e está limitada polos mares de Bohai, Amarelo, Oriental e o Meridional.

A antiga civilización chinesa, unha das máis antigas do mundo, floreceu na fértil conca do río Amarelo. Durante miles de anos o seu sistema político baseouse en monarquías hereditarias, coñecidas como dinastías, sendo a primeira a semimitolóxica dinastía Xia (aprox. 2.000 a.C.). Dende o ano 221 a.C., cando a dinastía Qin conquistou varios estados para formar un grande Imperio chinés, o país expandiuse, fracturouse e reformouse en varias ocasións. A última dinastía foi derrocada no ano 1911 coa chegada da República da China. En 1945, a República conquistou Taiwán ao Imperio do Xapón trala fin da Segunda Guerra Mundial. Nos anos 1946 a 1949 o Partido Comunista derrotou ao nacionalista Kuomintang na China continental e estableceu en Pequín a República Popular da China o 1 de outubro de 1949, mentres que o Kuomintang trasladou o goberno da República da China a Taipei. A xurisdición da República da China limítase agora a Taiwán e varias illas próximas, incluíndo Penghu, Kinmen e Matsu.

A lingua chinesa é a lingua máis falada no mundo: arredor dun quinto da poboación mundial fala algunha forma de chinés como lingua nai. A lingua chinesa, na forma de chinés mandarín, é a lingua oficial da República Popular da China, así como de Taiwan. É ademais unha das linguas oficiais de Singapur e mais unha das seis linguas oficiais das Nacións Unidas.

A China ten fronteiras con 14 países: Afganistán, Bután, Myanmar, India, Casaquistán, Quirguisia, Laos, Mongolia, Nepal, Corea do Norte, Paquistán, Rusia, Taxiquistán e Vietnam. As cidades máis importantes son Pequín, Shanghai, e Hong Kong. Desde a súa fundación en 1949, a RPCh está gobernada polo Partido Comunista Chinés. Aínda que oficialmente segue a ser un estado comunista, a súa economía vén sendo liberalizada desde hai tres décadas.

Río Yangtzé

O Yangtzé é o río máis importante en lonxitude de China cun curso total de 6.300 km, que o converten o terceiro máis longo do mundo tras o Nilo e o Amazonas. É, así mesmo, o máis longo de Asia. Polo seu caudal medio é o cuarto río máis caudaloso da Terra, tras o Amazonas, o Congo e o Paraná-La Plata. Na súa conca, de case 1.800.000 km² de área, viven uns 350 millóns de habitantes. Ë navegábel nunha lonxitude de 2.800 km desde a Shanghai, na desembocadura, até Panzhihua, situándose no medio importantes cidades como Nanking, Wuhan ou Chongqing, as tres antigas capitais chinesas.

Sichuan

Sichuan é unha provincia do suroeste da República Popular da China. A súa capital é Chengdu; e con outras poboacións importantes como son Zigong (tamén coñecida como Tzu-kung), Kangding e Litang.

Ten unha extensión de 487.000 quilómetros cadrados e unha poboación, en crecemento, duns 85.600.000 habitantes no (2009), sendo a cuarta provincia máis poboada da China, detrás de Guangdong (Kwangtung), Henan (Honan) e Shandong (Shantung).

Limita polo norte coa provincia de Gansu, polo noroeste coa provincia de Shaanxi, polo leste co municipio de Chongqing, polo sueste coa provincia de Guizhou, polo sur coa provincia de Yunnan, polo oeste coa Rexión Autónoma do Tíbet e polo noroeste coa provincia de Qinghai.

Está situada no suroeste da China, atravesada polo río Yangzi. A parte oriental está ocupada pola 'conca vermella', unha depresión moi fértil e cun clima cálido de invernos suaves. No oeste a paisaxe consiste en altiplanos e abruptas montañas cheas de gandería. É unha das portas de comunicación co Tíbet.

Na segunda feira do 12 de maio de 2008, ás 14:28:00 (horario local), produciuse un terremoto dunha magnitude de 7.8, localizado a 90 km ao noroeste da capital Chengdu, que provocou 40.075 mortos (39.577 na provincia) e 247.645 feridos, segundo fontes oficiales.

Provincias
Rexións autónomas
Municipios
Rexións administrativas especiais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.