Chindasvinto

Chindasvinto, tamén chamado Chindasvindo ou Quindasvinto, foi un rei visigodo que gobernou entre os anos 642 e 653.

Chindasvinto
29-CHINDASVINTO
Nacemento563
 Península Ibérica
Falecemento30 de setembro de 653
 Toledo
Etniahispano-visigoths people
Ocupaciónmonarca
FillosRecesvinto, Fávila, Ervixio e Teodofredo
Chindasuinth
Chindasvinto

Traxectoria

Foi escollido para ocupar o trono o ano de 642, cando xa era ancián, téndose dedicado a pacificar o reino, dominar as faccións disidentes e a someter a inqueda nobreza. Gañou a merecida fama de sabio lexislador polas súas importantes realizacións. Convocou o VII Concílio de Toledo (16-10-646), e asociou ao seu fillo Recesvinto ao trono (649), consolidou a inconstante monarquía visigoda e protexeu as artes e as letras do seu reino.

Predecesor:
Tulga
 Rei dos visigodos 
642-653
Sucesor:
Recesvinto

Véxase tamén

Outros artigos

Cálico Electrónico

Cálico Electrónico é unha serie cómica de animación Flash distribuída gratuitamente a través de Internet.

Ambientada na metrópole de Electronic City, o protagonista é Cálico Electrónico, un superheroe totalmente atípico (baixiño, gordecho e sen superpoderes) de nacionalidade "aspañola" (parodiando a nacionalidade española) que arrisca decote a súa vida para salvar a cidade coa axuda dos trebellos que adquire na tenda "ElectrónicaWeb".

Ao comezo, o personaxe de Cálico era a mascota da páxina da empresa ElectrónicaWeb. Logo, nun intento de mercadotecnia, o personaxe obtivo a súa serie de animación propia, na que ten grande transcendencia a tenda ElectrónicaWeb. Hoxe en día, Cálico Electrónico ten unha sona sen precedentes na animación flash española, sendo visto mesmo noutros países e aparecendo nun grande número de eventos vencellados á animación en xeral.

Ervixio

Ervixio, finado no ano 687, foi un rei visigodo que reinou entre os anos 680 e 687.

Estatuas e retratos de monarcas hispanos

A maioría destas estatuas son parte da serie de estatuas dedicadas a todos os monarcas de España que foron esculpidas en pedra branca, mandadas facer para a decoración do Palacio Real de Madrid no reinado de Fernando VI.Nun principio a idea era que adornasen a cornixa do palacio. Os autores son Olivieri e Felipe de Castro. Parece ser que nunca chegaron ao seu destino e instaláronse en distintos lugares da cidade (Praza de Oriente, O Retiro, Porta de Toledo e nos Xardíns de Sabatini) algunhas outras leváronse a outras provincias. As dos monarcas do reino de Navarra enviáronse a Pamplona, e están colocadas no Paseo de Sarasate.

Fávila (duque)

Fávila, tamén chamado Fáfila, foi un duque (dux) e pai de Don Paio.

Historia de Lugo

Lugo, o asentamento urbano máis antigo de Galicia, érguese sobre o antigo emprazamento dun castro galaico. Arredor do ano 25 a. C, Caius Antistus Vetus, legado de Octavio Augusto na Tarraconense ao mando das tropas romanas que loitaban nas Guerras Cántabras, establece preto deste castro un campamento militar. Posteriormente, en nome do emperador, Paulo Fabio Máximo funda "Lucus Augusti" sobre este campamento. A partir do ano 50 asístese á expansión da cidade co asentamento de galaicos dos castros próximos. Posteriormente a cidade convértese nun importante núcleo urbano, representativo da cultura e do modo de vida romano.

Dende a chegada dos suevos a Galicia alternáronse na cidade ciclos de decadencia e rexurdimento. No ano 585 o Reino de Galicia pasa a mans visigodas, perdendo Lugo a súa condición de sé metropolitana por mor da fin da división de Galicia en dúas provincias. Iníciase así un período de decadencia que se vería acentuado pola invasión musulmá de principios do século VIII.

Entre os séculos XI e XIII, coma outras cidades do Camiño Xacobeo, foi protagonista duna serie de revoltas populares contra o poder feudal. En Lugo esta rebelión sería contra o bispo, quen compartía a súa potestas co Cabido. A comezos do século XIII, os burgueses de Lugo comezaron a desafiar, coma nunca antes fixeran, esta potestade xurisdicional.A principios do século XVI, a pesar de ser nomeada capital do Reino de Galicia por Carlos I, Lugo iniciou un longo declive. Esta etapa prolongouse até finais do século XVII, mentres que Santiago de Compostela cobraba protagonismo. No século XVIII comeza un novo ascenso económico e cultural da cidade, converténdose na gran capital agraria de Galicia. As feiras de San Froilán cobran unha extraordinaria importancia económica, abastecendo de gando cabalar e mular a León e Castela; importancia que se reforzou coa chegada do ferrocarril en 1875 e que fixo de Lugo o maior mercado gandeiro de vacún de toda a península.

Invasión musulmá da Península Ibérica

Coñécese como etapa musulmá da Península Ibérica ou conquista árabe/musulmá de Hispania ao complexo proceso político e militar que ao longo do século VIII explica a formación e consolidación de Al-Ándalus musulmá, así como a xénese dos principais reinos cristiáns medievais peninsulares.A conquista do reino visigodo por dirixentes árabes da Dinastía Omeia foi un proceso que durou quince anos, do 711 ao 726, no que se chegou a tomar todo o actual territorio de España e Portugal e parte do sur de Francia, se ben o que era o territorio peninsular do reino estaba completamente conquistado no 720, tras dez anos do inicio da conquista.

Aínda que o proceso en total ocupou todo ese tempo, a cronoloxía non é exacta en canto aos anos e as datas, senón só aproximada, pois as fontes difiren entre si. Ademais destes anos de conquista, hai que sumar os anos anteriores que os árabes e bérberes musulmáns levaban deseñándoa, recoñecendo o terreo e preparando, ao parecer, futuras alianzas. Debe sinalarse que unha boa parte do groso de musulmáns chegados á península non eran etnicamente árabes, senón bérberes.

Lista de monarcas de Galicia

A primeira persoa a asumir o título de rei en Galicia foi o monarca suevo Hermerico, quen conseguiu de Roma no ano 409 o goberno da provincia romana de Gallaecia, facendo dela o seu novo reino. A súa dinastía instaura primeiramente un Reino Suevo en canto que a monarquía e a elite detentadora do poder eran suevas, porén durante o século V d.C, o entendemento cos máis numerosos aristócratas galaicos e a adopción do catolicismo romano consolidan finalmente un Reino de Galicia, como porá de relevo Gregorio de Tours, sendo o primeiro erudito que o denomine Galliciense Regnum, a finais do século VI, e aos seus reis coma reis de Galicia.

Lista dos reis visigodos

Lista dos reis visigodos.

Moeda visigoda

A moeda visigoda abrangue as cuñaxes levadas a cabo polos visigodos na Galia e en Hispania durante os inicios da Idade Media, entre o século V e o ano 710 aproximadamente.As moedas principais destas series eran o sólido e o tremissis (ou triente), dúas moedas de ouro emitidas xa na época imperial tardía e, posteriormente, cuñadas tamén polos emperadores bizantinos en moi diversas cecas.A cuñaxe de moeda visigoda comezou na Galia, onde este pobo se instalou a comezos do século V, e logo pasou a Hispania a partir do inicio do século VI, onde o centro de gravidade do reino visigodo mudou, logo da toma da maior parte de dominios góticos na Galia por parte dos francos.

As primeiras desas moedas, comunmente chamadas pseudoimperiais, eran imitacións das emitidas polos romanos occidentais e posteriormente polos bizantinos, que repetían mesmo as lendas orixinais. Foi a partir de 580 cando se iniciaron as auténticas moedas autónomas, que xa incorporaban os nomes dos reis visigodos. Estas emisións concluíron na segunda década do século VIII, coa conquista musulmá da Península Ibérica que acabou co reinado visigodo.

Recesvinto

Recesvinto, rei visigodo que gobernou entre os anos 653 e 672.

Tamén chamado Recceswinth en lingua xermánica foi fillo de Chindasvinto e Riciberga. Durnte o seu reinado, foron celebrados o VIII, IX e X Concílios de Toledo. No ano de 654, promulgou o Liber iudiciorum.

Morreu na localidade de Gerticos (provincia de Valladolid), no ano 672.

Silo (rei)

Silo (Silo Silonis), finado en Pravia (Asturias) no 783, foi un rei (princeps asturorum segundo as crónicas) que gobernou gran parte da Galicia altomedieval desde 774 a 783. Accedeu ao trono polo seu casamento con Adosinda, filla do rei Afonso I e mudou a corte de Cangas de Onís a Pravia (Asturias). O seu reinado está marcado pola paz con Al-Andalus, sendo coetáneo do rei franco Carlomagno e do emir Omeia de Córdoba Abderramán I.

Sociedade Portuguesa de Numismática

A Sociedade Portuguesa de Numismática (SPN) é unha entidade asociativa de carácter cultural, instituída na cidade portuguesa do Porto en 1952, que ten como obxectivo a promoción e o desenvolvemento da investigación numismática e do coleccionismo de moedas.

Tremissis

Para a moeda romana con valor dun terzo de ás, ver Triens.

O tremissis ou tremis (do grego: τριμίσιον, trimision), tamén denominado triente (do latín: triens, -entis), foi unha pequena moeda de ouro de diversos pobos da Antigüidade Tardía, cun valor equivalente á terceira parte dun sólido do Imperio Romano e de Bizancio.

Tulga

Tulga, finado no ano 642, foi rei dos visigodos entre 640 e 642, sucedendo a seu pai Chintila.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.