Charles Wright Mills

Charles Wright Mills, nado en Waco (Texas) o 28 de agosto de 1916 e finado en Nyack (Nova York) o 20 de marzo de 1962, foi un sociólogo norteamericano. Foi mestre en artes, filosofía e socioloxía pola Universidade de Texas, doutorouse en socioloxía e antropoloxía pola Universidade de Wisconsin. Foi profesor de Socioloxía das Universidades de Maryland e Columbia.

Charles Wright Mills
Charles Wright Mills
Nacemento28 de agosto de 1916
 Waco
Falecemento20 de marzo de 1962
 Nyack
CausaInfarto agudo de miocardio
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterTexas A&M University, Universidade de Texas en Austin, Universidade de Wisconsin-Madison e Universidade de Columbia
Ocupaciónsociólogo e catedrático de universidade
Coñecido/a porThe Sociological Imagination
PremiosBolsa de estudos Guggenheim

Véxase tamén

Ligazóns externas

Max Weber

Maximilian Weber, nado o 21 de abril de 1864 en Erfurt e finado o 14 de xuño de 1920 en Múnic, foi un economista e sociólogo alemán, considerado un dos fundadores do estudo moderno antipositivista, da socioloxía e da administración pública.

A pesar de ser recoñecido como un dos pais da socioloxía, xunto con Karl Marx, Auguste Comte e Émile Durkheim, Weber nunca se viu a si mesmo como sociólogo, senón como historiador; para el, a socioloxía e a historia eran dúas empresas converxentes. Con todo, sobre o final da súa vida en 1920, escribiu nunha carta ao economista Robert Liefmann: "Se me convertín finalmente en sociólogo (porque tal é oficialmente a miña profesión), é sobre todo para exorcizar a pantasma aínda viva dos conceptos colectivos (...)".Os seus traballos máis importantes relaciónanse coa socioloxía da relixión e o goberno, pero tamén escribiu moito no campo da economía. A súa obra máis recoñecida é o ensaio Die protestantische Ethik und der 'Geist' des Kapitalismus (en galego, A ética protestante e o espírito do capitalismo), que foi o inicio dun traballo sobre a socioloxía da relixión. Pero a recompilación Wirtschaft und Gesellschaft (en galego, Economía e sociedade), publicada postumamente entre 1921 e 1922, é a suma máis completa e sistemática das súas ideas e conceptos.

Weber argumentou que a relixión foi un dos aspectos máis importantes que influíron no desenvolvemento das culturas occidental e oriental. Noutras das súas obras famosas, Wissenschaft als Beruf (en galego, A ciencia como vocación), e Politik als Beruf (en galego, A política como vocación), Weber definiu o Estado como unha entidade que ostenta o monopolio da violencia e os medios de coacción, unha definición que foi fundamental no estudo da ciencia política moderna en Occidente.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.