Chapela, Redondela

San Fausto de Chapela é unha parroquia que se localiza no concello de Redondela. Segundo o IGE en 2013 tiña 7.538 habitantes (3.830 mulleres e 3.708 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 7.498 habitantes.

Chapela
Chapela-casco-urbano-puente-rande
Casco urbano coa ponte de Rande ó fondo.
ConcelloRedondela
Poboación7.538 hab. (2013)
Entidades de poboación5

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Chapela, Redondela.
Chapela-vieja-parroquia-de-san-fausto
 

Lugares e parroquias

Parroquias de Redondela

Véxase tamén

Outros artigos

A Igrexa, Chapela, Redondela

A Igrexa é un lugar da parroquia de Chapela (Redondela). Recibe o seu nome por atoparse alí a igrexa parroquial de San Fausto.

Nese barrio está a sede do periódico Faro de Vigo, o instituto, o pavillón de deportes, e o ambulatorio, así como o cemiterio.

Angorén, Chapela, Redondela

Angorén é un barrio de Chapela que se estende dende o barrio de Laredo, ata o Alto da Encarnación, onde se atopa un cruceiro, e antes había unha capela, chamada "Do Frade", e tamén un cemiterio. Máis arriba, cara San Vicente, atópase o barrio de Riofrio, onde se atopan os restos do que foi o Condado de Riofrio do Marqués de Santillana, cuxo escudo estaba no paredón que quedaba do antigo pazo. Cando caeu o escudo, foi recollido por José Pérez Presa, que é o dono de todo que foi aquela propiedade.[Cómpre referencia]No barrio de Angorén, atópase a empresa Pescanova. Tamén está en Angorén a Empresa Frioya, moi importante en conxelados; e a Empresa Hermasa de construción de maquinaria.[Cómpre referencia]

Benigno Campos

Benigno Campos Melón, nado en Chapela, Redondela, o 7 de agosto de 1949, é un cociñeiro televisivo galego, coñecido pola súa aparición no programa Larpeiros da TVG.

Cidadelle, Chapela, Redondela

Cidadelle é un lugar da parroquia de Chapela, no concello pontevedrés de Redondela, na comarca de Vigo.

Club Balonmano Chapela

O Club Balonmán Chapela (oficialmente, Club Balonmano Chapela) é un equipo de balonmán da parroquia de Chapela, no concello de Redondela. Actualmente milita na División de Honra B. Xoga os seus partidos como local no Pavillón de Chapela. No ano 2000, por mor das débedas do club, tivo que ser fusionado co Deportivo Balonmán Chapela.

Club Remo Chapela

O Club de Remo Chapela é un club de remo da parroquia de Chapela, no concello pontevedrés de Redondela. Actualmente compite na Liga Noroeste de Traiñeiras. A súa traiñeira recibe o nome de Arealonga.

David Costas

David Costas Cordal, nado o 26 de marzo de 1995 en Chapela (Redondela) é un futbolista galego que xoga na demarcación de defensa.

Faro de Vigo

Faro de Vigo é un diario que se publica en Vigo fundado por Ángel de Lema y Marina e que pertenceu á súa familia ata 1986 cando o mercou o empresario canario Javier Moll. Ten a súa redacción en Chapela, Redondela e é o decano da prensa galega e española. O primeiro número é do 3 de novembro de 1853 e tiña carácter bisemanal ata que en 1879 se converteu en diario. Na actualidade mantén seis edicións: Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Ourense, O Morrazo e Deza-Tabeirós-Montes alén da dixital. No ano 2005, a súa tiraxe era de 49.800 exemplares segundo a OJD.

Galería de imaxes de Chapela, Redondela

San Fausto de Chapela é unha parroquia que se localiza no concello de Redondela.

Laredo, Chapela, Redondela

Laredo é un barrio da parroquia de Chapela que limita con Vigo.

En Laredo atópase a praia de Arealonga, onde se fixo a primeira fábrica de salgadura da ría de Vigo, polos primeiros Curbera que viñeron de Cataluña. Tamén estaba a fábrica de Peña, e a de Pérez La Fuente, onde agora se atopa o Club de Remo. Onde agora esta o Paseo Marítimo, antes estaba Madeiras Cardona. En Laredo tamén se atopa A Pousadoura, que antes era unha parada de postas, onde as dilixencias cambiaban os cabalos.

Liga Galega de Traiñeiras 2004

A tempada 2004 da Liga Galega de Traiñeiras foi a 2ª edición do campionato de traiñeiras de Galicia creado en 2003. Nesta tempada se disputaron 9 bandeiras.

Liga Galega de Traiñeiras 2005

A tempada 2005 da Liga Galega de Traiñeiras foi a 3ª edición do campionato de traiñeiras de Galicia creado en 2003. Nesta tempada se disputaron 12 bandeiras.

Liga Galega de Traiñeiras 2006

A edición do ano 2006 da Liga Galega de Traiñeiras (LGT) foi a primeira tempada disputada da segunda categoría de clubs de remo xunto coa Liga ARC e xusto por debaixo da Liga ACT. Esta edición estivo formada por 14 clubs, entre os que hai que destacar a presenza do club do Eo Navia Club de Mar Castropol da localidade galego falante de Castropol (Asturias), sendo tódolos demais clubs galegos. O campión desta edición foi o Samertolameu de Meira (Moaña), aínda que non conseguiu o ascenso á máxima categoría do remo en banco fixo, a Liga ACT. A Liga constou de 15 regatas que se disputaron entre o 16 de xuño coa disputa da XX Bandeira Concello de Redondela en Chapela (Redondela), e o 27 de agosto coa disputa da última regata da Liga, a XVI Bandeira de Oleiros en Oleiros.

Liga Galega de Traiñeiras 2007

A edición do ano 2007 da Liga Galega de Traiñeiras (LGT) foi a segunda tempada disputada da segunda categoría de clubs de remo xunto coa Liga ARC e xusto por debaixo da Liga ACT. Esta edición estivo formada por 13 clubs, un menos que a tempada inaugural ao non tomar parte na competición o Club de Remo Vila de Cangas. O campión desta edición foi a Sociedade Deportiva Tirán de Tirán (Moaña), que conseguiu o ascenso á máxima categoría do remo en banco fixo, a Liga ACT. A Liga constou de 15 regatas que se disputaron entre o 16 de xuño coa disputa da XXI Bandeira de Redondela en Chapela (Redondela), e o 26 de agosto coa disputa da última regata da Liga, a IV Bandeira Concello de Ferrol na Praia de S. Xurxo, Ferrol.

Marcos Serrano

Marcos Antonio Serrano Rodríguez, nado en Chapela (Redondela) o 8 de setembro de 1972, é un ciclista galego retirado.

Parada, Chapela, Redondela

Parada é un lugar da parroquia de Chapela, no concello pontevedrés de Redondela, na comarca de Vigo.

Pescanova

Pescanova é unha empresa pesqueira galega con sede en Chapela, Redondela. O porto de Vigo é a súa base de operacións.

Sesé Mateo

María José Mateo García, máis coñecida como Sesé Mateo, nada en Chapela (Redondela) o 26 de decembro de 1965 e finada na mesma parroquia o 20 de febreiro de 2017, foi unha traballadora do social, feminista e poeta afeccionada galega, asasinada pola súa parella nun crime de violencia de xénero.

Victoriano Ballesteros Reboreda

Victoriano Ballesteros Reboreda, nado en Chapela (Redondela) e finado en Vigo o 8 de agosto de 1960 aos 65 anos, foi un xornalista galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.