Chandrexa de Queixa

Chandrexa de Queixa é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives e que forma parte da Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal, no ano 2018 tiña 466 habitantes (854 en 2003).

Coordenadas: 42°15′36.5″N 7°22′46.5″O / 42.260139, -7.379583

Chandrexa de Queixa
Escudo de Chandrexa de Queixa
Chandrexa de Queixa, Celeiros, Casa do Concello
Casa do concello
Situacion Chandrexa de Queixa
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Terra de Trives
Poboación466 hab. (2018)
Área171,8 km²
Densidade2,71 hab./km²
Entidades de poboación18 parroquias
Capital do concelloCeleiros
Política (2019[2])
AlcaldeFrancisco Rodríguez Rodríguez (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 1
Outros: Mareas locais 1
Eleccións municipais en Chandrexa de Queixa
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes89,09%
Na rede
www.chandrexadequeixa.es
correo@concellodequeixa.org

Demografía

Evolución da poboación de Chandrexa de Queixa   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
2.949 2.935 2.578 1.226 830 639 619 586 560 545 528 506 494 466
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Censo total 466 (2018)
Menores de 15 anos 14 (3 %)
Entre 15 e 64 anos 247 (53 %)
Maiores de 65 anos 205 (44 %)
Estranxeiros 6 (1.21 %)

Xeografía

Mapa das parroquias de Chandrexa de Queixa Ourense
Mapa parroquial.

O concello ten unha extensión de 172,75 km². Limita ao norte cos concellos de Castro Caldelas e San Xoán de Río (mediante a serra do Burgo), ao sur con Laza e Vilariño de Conso (serra de Queixa), ao leste coa Pobra de Trives e Manzaneda, e ao oeste con Montederramo (serra de San Mamede).

Sitúase no Macizo Central Ourensán, e está atravesado polos ríos Requeixo, Deorelle, e Queixa, afluentes do río Navea. Os 35 núcleos de poboación están situados entre os 1000 e os 1200 metros de altitude. O concello está a 6 km da estación de esquí de Cabeza de Manzaneda.

Ten un clima de media montaña, con invernos moi fríos e veráns calorosos. As precipitacións non pasan de 1100 mm por ano, cunha moderada seca durante o verán. O chan é granítico cara ao leste e de lousa cara ao oeste. Sobre o subsolo hai unha capa de terra fértil, na que se asenta unha densa vexetación.

Historia

As primeiras pegadas humanas atopadas no concello son agras de mámoas e da romanización, dado que a vía Nova do itinerario de Antonino bordeaba os terreos do concello.

O priorado de Vilar aparece mencionado nunha bula do papa Alexandre III de 1163 como parte dos territorios do mosteiro de Montederramo. Na biblioteca do mosteiro consérvase documentación sobre cesións e doazóns do mosteiro e dos señores nobres, estando esta zona baixo o influxo do condado de Lemos e o condado de Ribadavia. En 1580 Filipe II retirou o priorado ao mosteiro, pero impuxo aos veciños un imposto de 393 fanegas de pan a entregar ao mosteiro.

O concello de Chandrexa de Queixa foi creado mediante o Real Decreto do 23 de xullo de 1835, sendo variable a capital en función da residencia do alcalde, pero a vila máis importante era Chandrexa.

En 1945 comezou a construción do encoro de Chandrexa de Queixa no río Navea, o que propiciou o crecemento da vila de Celeiros. En 1960 acordouse mediante referendo establecer neste lugar a capitalidade do municipio.

Toponimia

O topónimo composto débese na súa primeira parte a "chan da igrexa", e na segunda a "Queixada, depresión en forma de caixa", que dá nome á parroquia chá de Queixa[5].

Patrimonio

Entre a arquitectura relixiosa, ademais das igrexas parroquiais, destaca a capela e o cruceiro de Parafita.

Entre a arquitectura popular destacan os fornos de leña, como o das Forcadas, ou o Casal de Drados. En Celeiros destaca o Museo Etnográfico.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Chandrexa de Queixa.
997 msnm.
997 msnm
Encoro de Chandrexa de Queixa
Encoro de Chandrexa de Queixa 
Encoro
Encoro 
Museo etnográfico
Museo etnográfico 
Casteligo ao pé do cume do Lombo das Chousas.
Casteligo ao pé do cume do Lombo das Chousas. 
A Ponte da previsa.
A Ponte da previsa. 

Lugares de Chandrexa de Queixa

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Chandrexa de Queixa vexa: Lugares de Chandrexa de Queixa.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "eleccións 2019". Consultado o 9 de xuño 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Chandrexa de Queixa". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Cabeza Quiles, F.: Os nomes de lugar. Ed. Xerais, Vigo 1992.
Altos do Samión

Coñécese como Altos do Samión unha pequena serra galega con orientación NE-S localizada entre a serra de San Mamede e a serra do Fial das Corzas, no termo municipal de Chandrexa de Queixa. Nesta serra nacen varios afluentes do río Navea.

O cumio de maior altitude é o Penedo de Samión, con 1.348 metros sobre o nivel do mar.

Cadeliña, Chandrexa de Queixa

San Pedro de Cadeliña é unha parroquia do concello de Chandrexa de Queixa na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 12 habitantes, deles 6 eran homes e 6 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Casteligo, Chandrexa de Queixa

San Martiño de Casteligo é unha parroquia do concello de Chandrexa de Queixa na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 88 habitantes, deles 37 eran homes e 51 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Casteloais, Chandrexa de Queixa

San Pedro de Casteloais é unha parroquia do concello de Chandrexa de Queixa na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 28 habitantes, deles 15 eran homes e 13 eran mulleres, o que supón unha diminución de 7 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Celeiros, Chandrexa de Queixa

San Martiño de Celeiros é unha parroquia, capital do concello de Chandrexa de Queixa na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. No ano 2010 tiña 70 habitantes (38 homes e 32 mulleres), o que supón unha diminución en relación a anos anteriores.

Nesta parroquia está a casa consistorial de Chandrexa de Queixa.

Chandrexa, Chandrexa de Queixa

San Pedro de Chandrexa é unha parroquia do concello de Chandrexa de Queixa na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 65 habitantes, deles 41 eran homes e 24 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

O seu topónimo deriva de "chan da igrexa".

Chaveán, Chandrexa de Queixa

San Bartolomeu de Chaveán é unha parroquia do concello de Chandrexa de Queixa na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 39 habitantes, deles 21 eran homes e 18 eran mulleres, o que supón unha diminución de 5 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Drados, Chandrexa de Queixa

Santo Isidoro de Drados é unha parroquia do concello de Chandrexa de Queixa na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 30 habitantes, deles 18 eran homes e 12 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Fitoiro, Chandrexa de Queixa

San Paio de Fitoiro é unha parroquia do concello de Chandrexa de Queixa na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 33 habitantes, deles 22 eran homes e 11 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Fonteita, Chandrexa de Queixa

Santo André de Fonteita é unha parroquia do concello de Chandrexa de Queixa na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 24 habitantes, deles 14 eran homes e 10 eran mulleres, o que supón unha diminución de 0 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Forcadas, Chandrexa de Queixa

Santa María de Forcadas é unha parroquia do concello de Chandrexa de Queixa na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 46 habitantes, deles 25 eran homes e 21 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

O Candedo, Chandrexa de Queixa

Santa María do Candedo é unha parroquia do concello de Chandrexa de Queixa na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña trece habitantes (nove homes e catro mulleres), un menos ca no ano anterior.

Parada Seca, Chandrexa de Queixa

San María de Parada Seca é unha parroquia do concello de Chandrexa de Queixa na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 25 habitantes, deles 14 eran homes e 11 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Parafita, Chandrexa de Queixa

San Bartolomeu de Parafita é unha parroquia do concello de Chandrexa de Queixa na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 25 habitantes, deles 13 eran homes e 12 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Queixa, Chandrexa de Queixa

Santa Cruz de Queixa é unha parroquia do concello de Chandrexa de Queixa na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 41 habitantes (23 homes e 18 mulleres), tres menos ca en 2006.

O seu topónimo deriva de "Queixada, depresión en forma de caixa", facendo referencia á orografía do lugar, no val do río Navea.

Rabal, Chandrexa de Queixa

San María de Rabal é unha parroquia do concello de Chandrexa de Queixa na comarca da Terra de Trives , na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 67 habitantes, deles 33 eran homes e 34 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Requeixo, Chandrexa de Queixa

Santa María Madanela de Requeixo é unha parroquia do concello de Chandrexa de Queixa na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 61 habitantes (38 homes e 23 mulleres), un menos ca en 2006.

San Cristovo, Chandrexa de Queixa

San Cristovo é unha parroquia do concello de Chandrexa de Queixa na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 34 habitantes, deles 22 eran homes e 12 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Vilar, Chandrexa de Queixa

San Cosme de Vilar é unha parroquia do concello de Chandrexa de Queixa na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 11 habitantes, deles 7 eran homes e 4 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.