Chanceler

Chanceler (do latín cancellarius) é un cargo con distinto significado segundo o estado.

Ministro de Asuntos Exteriores

Nalgúns países de hispanoamérica, acostúmase a denominar "Chanceler" ó Ministro ou Secretario de Asuntos Exteriores ou de Relacións Exteriores.

Xefe de goberno

Chanceler é tamén o título que se lle outorga ó Xefe de Goberno, elixido pola cámara baixa (Bundestag) por maioría dos seus membros nun réxime parlamentario, como en Alemaña, Austria e Suíza.

Outros usos

  • Nalgúns países europeos, como Portugal, España e Italia, chanceler é un cargo administrativo de primeiro nível en representacións diplomático-consulares.
  • Tamén se usaba este título en España para o maxistrado encargado do selo real.
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Adolf Hitler

Adolf Hitler (en alemán: Adolf Hitler, [ˈadɔlf ˈhɪtlɐ] (AFI), escoitar), nado en Braunau am Inn (Austria) o 20 de abril de 1889 e finado en Berlín o 30 de abril de 1945, foi o líder do Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores (en alemán Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei, NSDAP), tamén coñecido por Nazi, unha abreviatura do nome en alemán (Nationalsozialistische), sendo aínda oposición aos socialdemócratas, os Sozi. Hitler converteuse en chanceler e, posteriormente, ditador alemán. Era fillo dun funcionario de alfándega dunha cidade fronteiriza de Austria con Alemaña. Foi o xefe do goberno de Alemaña dende xaneiro de 1933 e xefe do goberno e de Estado (Reichsführer) dende agosto de 1934. Desenvolveu unha política baseada na necesidade de expansión territorial para obter o chamado "espazo vital" (Lebensraum), o anticomunismo e o antisemitismo, que tería a súa maior expresión no Holocausto.

Aeroporto de Hamburgo

O aeroporto de Hamburgo (IATA: HAM, ICAO: EDDH) é o aeroporto internacional de Hamburgo, a segunda cidade máis grande de Alemaña. Está situado a 8,5 km ao norte do centro da cidade e serve como base a Germanwings, Condor e easyJet. O aeroporto de Hamburgo é o quinto máis concorrido de Alemaña en número de pasaxeiros. O ano 2016 pasaron polas súas instalacións 16 223 968 pasaxeiros e realizáronse 160 904 movementos de avións. O aeroporto leva o nome do chanceler Helmut Schmidt. En xullo de 2017 operaba rutas a máis de 130 destinos das cales catro son de longo alcance: Dubai, Newark, Tabriz e Teherán.

Anschluss

Anschluss é unha palabra alemá que, nun contexto político, significa «unión», «reunión» ou «anexión». Foi usada para referirse á fusión de Austria e a Alemaña nazi nunha soa nación, o 12 de marzo de 1938 como unha provincia do Terceiro Reich, pasando de Österreich a Ostmark («Marca do Leste»). Esta situación durou ata o 5 de maio de 1945, cando os Aliados ocuparon a provincia alemá de Ostmark. O goberno militar aliado terminou en 1955, cando se constituíu o novo Estado de Austria.

Os sucesos do 12 de marzo de 1938 enmárcanse nos anhelos expansionistas de Adolf Hitler para Alemaña. Foron precedidos pola devolución do Sarre en 1935, tralo plebiscito que puxo fin ao control da Sociedade de Nacións que o Tratado de Versalles encomendoulle por un período de quince anos a Francia; e seguidos pola crise dos Sudetes, a ocupación do resto de Checoslovaquia tralos acordos de Múnic, e a invasión de Polonia que, finalmente, supuxo o detonante da Segunda Guerra Mundial.

Austria

Austria ( pronunciación ) (en alemán: Österreich, [ˈøːstɐˌʁaɪç] ), oficialmente República de Austria ( pronunciación ) (en alemán: Republik Österreich, [Republik Österreich] )), é un estado da Europa central sen saída cara o mar, con máis de 8,5 millóns de habitantes. Fai fronteira con Alemaña e a República Checa ao norte, Eslovaquia e Hungría ao leste, Eslovenia e Italia ao sur, e Suíza e Liechtenstein ao oeste. O territorio de Austria abrangue 83.872 quilómetros cadrados e posúe un clima temperado e alpino. O terreo austríaco é altamente montañoso debido á presenza dos Alpes, polo que tan só o 32% do país se atopa por debaixo dos 500 metros, sendo o seu punto máis alto 3.798 metros. A meirande parte da poboación fala en lingua alemá, a cal é o idioma oficial da República. A parte do alemán, son linguas rexionais oficiais o croata, o esloveno e o húngaro.

As orixes de Austria datan da época do Imperio Romano, cando un reino celta foi conquistado polos romanos ao redor do ano 15 a.C.. Ese territorio pasou a ser a mediados do século I a provincia romana de Noricum, nun área que se correspondería aproximadamente ao actual país. No ano 788 d.C., o rei franco Carlomagno conquistou a area e introduciu o cristianismo. Baixo a dinastía Habsburgo, Austria converteuse nunha das principais potencias europeas. En 1867, o Imperio Austríaco pasou a ser Austria-Hungría.

O Imperio Austro-Húngaro colapsou en 1918 co fin da Primeira Guerra Mundial, sendo establecida en 1919 a Primeira República Austríaca. No Anschluss de 1938, Austria foi ocupada e anexionada pola Alemaña nazi. Esta situación durou até a fin da Segunda Guerra Mundial en 1945, despois de que o país fose ocupado polas forzas aliadas, sendo restaurada a súa antiga constitución democrática. En 1955, despois da restauración definitiva do Estado, Austria declarouse permanentemente neutral.

Hoxe, Austria é unha democracia parlamentar composta por nove estados federais. A capital, e cidade máis grande do país, con 1,7 millóns de habitantes, é Viena. Austria é ademais un dos países máis ricos do mundo, cun PIB nominal per cápita de 43.723 dólares estadounidenses. O país desenvolveu pois un alto nivel de vida, e en 2008 era o número catorce do mundo en Índice de Desenvolvemento Humano. Austria é membro das Nacións Unidas dende 1955, forma parte da Unión Europea dende 1995 e é membro fundador da OCDE. Austria tamén asinou o Acordo de Schengen en 1995, adoptando como moeda o euro en 1999.

Chanceler de Alemaña

O Kanzler (chanceler) foi tradicionalmente a denominación do xefe de goberno de Alemaña. Durante o período de 1871 ata 1945, o nome do cargo era Reichskanzler (chanceler imperial), e actualmente é Bundeskanzler (chanceler federal). Logo da elección de Angela Merkel, a primeira muller que ocupa a máis alta instancia do executivo alemán, o cargo adoptou a forma feminina: en alemán Bundeskanzlerin e en galego chanceleresa federal.

Gustav Stresemann

Gustav Stresemann, nado en Berlín o 10 de maio de 1878 e finado na mesma cidade o 3 de outubro de 1929, foi un político alemán, fundador e dirixente do Partido Popular Alemán, chanceler en 1923 e Ministro de Asuntos Exteriores desde 1923 ata a súa morte.

Helmut Kohl

Helmut Joseph Michael Kohl, nado en 3 de abril de 1930 e finado o 16 de xuño de 2017, é un político e estadista alemán. Desempeñou o cargo de chanceler de Alemaña entre o 1 de outubro de 1982 e o 27 de outubro de 1998. Ata o 3 de outubro de 1990, data da unión das dúas Alemañas, foi só chanceler da República Federal de Alemaña, e a partir dese momento da Alemaña unida. Tamén dirixiu o partido Unión Demócrata Cristiá (CDU) entre 1973 e 1998. Morreu o 16 de xuño de 2017 aos 87 anos de idade.

Konrad Adenauer

Konrad Adenauer, nado en Colonia o 5 de xaneiro de 1876 e finado en Bad Honnef o 19 de abril de 1967, foi un home de estado e chanceler alemán, que xunto con Robert Schuman, Jean Monnet e Alcide De Gasperi, é considerado como "pai de Europa" en referencia á Unión Europea.

República Federal Alemá

A República Federal Alemá (abreviado RFA; en alemán: Bundesrepublik Deutschland, abreviado BRD), tamén coñecida como Alemaña Occidental ou Alemaña do Oeste, foi un goberno que durou dende o ano 1949 ata a reunificación de Alemaña en 1990, cando se uniu á outra Alemaña, a República Democrática Alemá.

Constituída como república federal o 23 de maio de 1949, incluía as zonas de ocupación de Francia, Reino Unido e Estados Unidos, ademais da parte occidental de Berlín, divididas en diferentes estados creados segundo a historia dos antigos principados do Sacro Imperio Romano. O estado foi declarado totalmente soberano o 5 de maio de 1955, con capital en Bonn, pero as forzas de ocupación permaneceron para contrarresta-las soviéticas en Alemaña do Leste.

Alemaña Occidental uniuse á OTAN o 9 de maio de 1955, e á ONU nos anos 70, trala Ostpolitik do chanceler Willy Brandt, recoñecendo tamén a existencia de Alemaña Oriental.

Trala caída do muro de Berlín o 9 de novembro de 1989, a unificación das dúas alemañas procedeu rapidamente, sendo formalmente unha anexión do territorio do leste por parte da República Federal Alemá. A unificación foi o 3 de outubro de 1990, e a retirada das catro forzas de ocupación o 15 de marzo de 1991.

Xefe de Goberno

O Xefe de Goberno é o máximo funcionario do poder executivo e responsable do goberno dun Estado ou dunha subdivisión territorial (estado, provincia etc.) de mesmo. O proceso de elección de xefes de goberno varía de acordo ao país e depende, entre outros factores, da forma do goberno empregada no mesmo.

Nun sistema parlamentario o título que adopta o xefe de goberno pode ser: Primeiro Ministro, Premier, Chanceler, Presidente do Consello de Ministros, Presidente do Goberno ou outro. Nos países con sistemas presidenciais, como Estados Unidos, o xefe de goberno é o Presidente, que a súa vez é o xefe de Estado. En cambio, nos sistemas semipresidenciais, as funcións de xefe de goberno poden estar compartidas polo Presidente e un Primeiro Ministro.

O xefe de goberno nalgúns territorios de ultramar dependentes do Reino Unido é denominado "ministro xefe" (en inglés, Chief Minister), do mesmo xeito que na India, Malaisia e nos estados e territorios de Australia. En Alemaña, o xefe de goberno dos Länder denomínase "ministro presidente" (en alemán, Ministerpräsident); en Bélxica esta última é a denominación do xefe de goberno dunha rexión ou comunidade. En México, así se denomina ao líder político responsable do goberno e a administración de México, Distrito Federal, capital da República Mexicana.

Xoán XXII, papa

Xoán XXII, nado en Cahors en 1249 e finado en Avignon o 4 de decembro de 1334, foi papa da Igrexa católica entre 1316 e 1334, e segundo Papa do pontificado de Avignon.

De nome Jacques Duèze, era fillo dun zapateiro de Cahors. Estudou teoloxía e leis na súa cidade natal, en Montpellier e en París, para despois converterse en profesor de Dereito en Tolosa.

Iniciou a súa carreira na igrexa como arcipreste de Cahors para posteriormente ser nomeado bispo de Frejus, arcebispo de Avignon en 1310 (cargo desde o que actuou como chanceler de Carlos II de Anjou, cardeal de San Vital en 1312 e cardeal bispo de Porto en 1313.

Poderes
Formas de goberno
Réximes e sistemas
Tipos de poder
Clases de estado
Conceptos
Procesos
Divisións administrativas
Cargos
Disciplinas
Ideoloxías
Actitudes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.