Chan (revista)

Chan foi unha revista publicada en Madrid entre 1969 e 1971 pola comunidade galega na emigración, co subtítulo de La revista de los gallegos.

Historia e características

O primeiro número apareceu o 22 de febreiro de 1969,[1] dirixida por Raimundo García Domínguez "Borobó". Publicáronse 38 números en dous períodos diferentes: os 33 primeiros, entre febreiro de 1969 e setembro de 1970, saíron publicados con periodicidade quincenal, con Jesús Tobío como subdirector e redactor xefe. Logo dun tempo retomouse a publicación en marzo de 1971, con periodicidade mensual e baixo a dirección de Fernando Ónega.

Segundo explica José Fernández Ferreiro no primeiro artigo da sección "Obradoiro", o obxectivo de Chan era dar continuidade á publicación compostelá La Noche, publicada entre 1946 e 1967. A propia sección de Fernández Ferreiro en La Noche foi continuada por Borobó con “Anacos”. Tamén buscaba relación coa revista barcelonesa Destino.[2] para buscar novos públicos máis alá do sector ligado á Editorial Galaxia e a revista Grial. A publicación estaba escrita en boa parte en castelán, limitándose o galego a certas seccións ou títulos. Segundo dixo Antonio Vilaseca nunha entrevista na propia revista Chan, “Galicia ha de desarrollarse fortaleciendo su personalidad, pero sin que ello signifique una renuncia al castellano”.

Os seus contidos incluían desde a política do momento asociada con Galiza á cultura de masas, pasando pola economía, os problemas de infraestruturas da sociedade galega, o humor ou a política internacional antiestadounidense. No eido cultural acollía traballos sobre música, historia e literatura.

Entre os seus colaboradores estaban Manuel Torre Iglesias, Concha Castroviejo, Antonio Odriozola, Avelino Gómez Ledo, Xesús Alonso Montero, Perfecto Conde, Xosé Ramón Fernández-Oxea, José Fariña Jamardo, Juan Antonio Porto, José Fernández Ferreiro, Manuel Blanco Tobío, Ánxel Fole ou Ramón Otero Pedrayo. Na segunda etapa colaboraron tamén Xesús Pérez Varela, Xosé Armesto Faginas, Xesús Rábade, Carlos González Reigosa, Ricardo Carballo Calero e Valentín Paz-Andrade.

Notas

  1. Valcarce, M. (3-6-2007). "1969: Nace a revista ‘Chan’". El Correo Gallego.
  2. Entrevista a Borobó de membros do grupo Galabra, 2001

Véxase tamén

Bibliografía

Chan

O termo galego chan indica unha superficie lisa, unha chaira:

Piso, a superficie sobre a que se anda;

Pavimento, revestimento para reforzar a superficia;

Codia terrestre, parte superficial da codia terrestre, especialmente a dedicada ao cultivo (non confundir co solo, o terreo no que medran as raíces);Amais, como topónimo, Chan pode referirse a:

Chan da Aldea, lugar da parroquia da Somoza, no concello da Estrada;

Chan da Aldea, lugar da parroquia de Veigue, no concello de Sada;

Chan da Igrexa, lugar da parroquia de Pesqueiras, no concello de Salvaterra de Miño;

Chan de Espiño, lugar da parroquia de Moreira, no concello de Ponteareas;

Chan da Gándara, lugar da parroquia de Padróns, no concello de Ponteareas;

Chan de Lagares, lugar da parroquia de San Pedro de Cervantes, no concello de Cervantes;

Chan de Outeiro, lugar da parroquia de Romai, no concello de Portas;

Chan de Pena, lugar da parroquia de Lousada, no concello de Pedrafita do Cebreiro;

Chan de Piñeiro, lugar da parroquia de Beluso, no concello de Bueu;

Chan de Pracía, lugar da parroquia de Cereixedo, no concello de Cervantes;

Chan de Prado, lugar da parroquia da Lamosa, no concello de Covelo;

Chan de Souto, lugar da parroquia de Godóns, no concello de Covelo;

Chan de Vila, lugar da parroquia de Bordóns, no concello de Sanxenxo;

Chan de Vilar, lugar da parroquia de Nullán, no concello das Nogais;

Chan do Crego, lugar da parroquia de Monte Redondo, no concello de Padrenda;

Chan do Forno, lugar da parroquia de Monte Redondo, no concello de Padrenda;

Chan do Souto, lugar da parroquia de Padrenda, no concello de Padrenda.

Insua Chan, lugar da parroquia de Macenda, no concello de Boiro;

Veiga de Chan, lugar da parroquia de Valeixe, no concello da Cañiza.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.