Champiñón

Os champiñóns (do francés champignon, procedente do latín vulgacampiniolus, derivado de campania ‘do campo’)[1] chamados formalmente agáricos[2] e tamén chamados cogordas[3] son fungos do xénero Agaricus. O máis coñecido é o champiñón común Agaricus bisporus.

Trátase dun cogomelo de cor branca, co sombreiro redondo, que cando chega á súa madurez esténdese, pero sempre co bordo cara a dentro. As láminas son brancas en principio, pasando a rosadas e despois marróns. É comestíbel, e se ten as láminas de cor marrón, é mellor quitarllas.

Champiñóns (xénero Agaricus)
Fungo dos lameiros (A. campestris)

Fungo dos lameiros (A. campestris)
Clasificación científica
Reino: Fungi
Filo: Basidiomycota
Subfilo: Agaricomycotina
Clase: Agaricomycetes
Orde: Agaricales
Familia: Agaricaceae
Xénero: Agaricus
L.:Fr. emend Karst.
Especie tipo
'Agaricus campestris (fungo dos lameiros)
L.:Fr.
Especie
(Véxase anexo)
ChampignonMushroom
Champiñóns

Especies (selección)

Artigo principal: Especies do xénero Agaricus.

En Galiza existen varias especies bravas coma o fungo dos lameiros ou fungo pequeno das febras (Agaricus campestris), a bóla de neve (Agaricus arvensis) ou a bóla de neve dos bosques (Agaricus silvicola). A maioría dos champiñóns son comestíbeis. Especies tóxicas como Agaricus xanthoderma caracterízanse por un cambio de cor en amarelo cromo cando se cortan. Algunhas especies salientábeis deste xénero son:

  • Sección: Agaricus
  • Sección: Sanguinolenti
  • Sección: Minores
    • Agaricus semotus
    • Agaricus comtulus
  • Sección: Arvenses
    • Agaricus arvensis (bóla de neve)
    • Agaricus silvicola (bóla de neve dos bosques)
    • Agaricus augustus
  • Sección: Xanthodermatei (champiñón fedorento)
    • Agaricus xanthoderma
    • Agaricus placomyces

Notas

  1. "Champiñón". Portal das Palabras. Consultado o 22 de outubro.
  2. Nome recomendado para o xénero polo Gran dicionario Xerais de lingua galega, Vigo, Xerais, 2009
    Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para agárico.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cogorda.
A Rioxa

A Rioxa (en castelán: La Rioja) é unha comunidade autónoma do norte de España, uniprovincial e sen costa, atravesada polo río Ebro. Limita co País Vasco e Navarra ao norte, con Aragón ao leste e con Castela e León ao sur.

Ten o nome do río Oja (na zona norte da comunidade), nomeando así unha extensa comarca que ocupa unha considerábel tramo do marxe dereito do Val do Ebro aos pés do Sistema Ibérico. A Rioxa administrativa e comarcal non coinciden exactamente, xa que a derradeira soleira co País Vasco, e a parte montañesa non sería Rioxa estrita.

A súa poboación é de 317 501 habitantes, e a súa capital é Logroño, cidade duns 150 000 habitantes. Outras poboacións importantes son: Calahorra, Arnedo, Haro e Alfaro.

A Rioxa é coñecida internacionalmente pola fama dos seus viños, cunha denominación de orixe estendida tamén polo sur de Áraba.

Así mesmo é importante o Mosteiro de San Millán de la Cogolla, onde se atoparon os escritos máis antigos que se conservan tanto en lingua castelá como en lingua vasca.

Agaricales

Agaricales é unha orde de fungos da clase Agaricomycetes que inclúe algúns dos cogomelos máis coñecidos. Noutrora estaba incluído na clase Homobasidiomicetes, hoxe en desuso. A orde ten 33 familias, 413 xéneros, e arredor de 13000 especies descritas. Inclúe multitude de cogomelos coñecidos, dende o ubicuo champiñón común ou Agaricus bisporus, á mortal cacaforra Amanita virosa, así coma fungos alucinóxenos e velenosos coma o rebentabois (Amanita muscaria) ou especies bioluminiscentes coma o Omphalotus olearius.

Cadmio

O cadmio é un elemento químico de número atómico 48 situado no grupo 12 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é Cd. É un metal pesado, branco azulado, relativamente pouco abundante. É un dos metais máis tóxicos, aínda que podería ser un elemento químico esencial, necesario en moi pequenas cantidades, pero isto non está claro.

Champiñón común

O champiñón común ou champiñón de París, (do francés champignon) (Agaricus bisporus) é unha especie de fungo basidiomiceto da familia Agaricales, cultivado extensamente para o seu uso en gastronomía. É o cogomelo máis empregado entre os fungos comestíbeis, prestándose en numerosas formas de consumo. Malia a micofobia galega tradicional, o consumo e cultivo do champiñón é común en Galiza hoxe en día.

Cogomelo

Un cogomelo ou cogumelo ( pronunciación ) (do latín cucumellum, diminutivo formado sobre cucuma -ae denominación dun recipiente de cociña) é un fungo pluricelular que adoita medrar en lugares húmidos e pouco soleados. Hai moitas especies de cogomelos, con diferentes características e que se dan en diferentes ecosistemas. Habitualmente, encádranse dentro do filo Basidiomicota (Basidiomicetos).

A época na que se fan visíbeis en superficie é, para a maior parte deles, o outono, especialmente cando quenta o sol despois dunha choiva intensa. Aínda que algúns (o champiñón e o pleuroto) son cultivábeis todo o ano baixo certas condicións de iluminación, temperatura e humidade, a maior parte e os máis saborosos (níscaro, boleto, matacandil etc.) só medran no monte e non se ten acadado o seu cultivo controlado. Un cogomelo comestíbel moi común no noso país é a zarrota.

A maior parte medran ao abeiro dunha árbore, ben no chan ou nas súas pólas.

Cogomelo da palla

Volvariella volvacea (coñecido como cogomelo da palla) é unha especie de fungo comestible cultivado amplamente no leste e sueste de Asia e usado na súa culinaria.

Ergocalciferol

O ergocalciferol, tamén chamado vitamina D2, é un tipo de vitamina D que se encontra nos alimentos e se utiliza como suplemento dietético. Como suplemento utilízase para previr e tratar a deficiencia de vitamina D. Isto inclúe a deficiencia de vitamina D debida a mala absorción intestinal ou enfermidades hepáticas. Tamén pode usarse en casos de hipocalcemia debida a hipoparatiroidismo. Utilízase por vía oral ou inxección intramuscular.Doses excesivas deste composto poden causar un incremento na produción de urina, presión arterial alta, cálculos renais, insuficiencia renal, debilidade e estrinximento. Se se toman altas doses durante un tempo prolongado pode haber calcificación tisular. Recoméndase que as persoas que toman doses altas fagan revisións do seu nivel de calcio sanguíneo regularmente. A doses normais o uso de ergocalciferol é seguro durante o embarazo. Funciona incrementando a cantidadede calcio absorbido polos intestinos e riles. Entre os alimentos nos que se encontra están algúns cogomelos.O ergocalciferol foi descrito por primeira vez en 1936. Está na Lista de medicinas esenciais da Organización Mundial da Saúde, que son as medicinas máis efectivas e seguras necesarias para o funcionamento básico dun sistema sanitario. O ergocalciferol está dispoñible como medicamento xenérico e sen receita e é moi utilizado. Por exemplo, en 2016 en Estados Unidos foi a 56ª medicina máis prescrita polos médicos, con máis de 14 millóns de prescricións. Nalgúns países a certos alimentos, como os cereais para o almorzo e a margarina, se lles engade ergocalciferol.

Especies do xénero Agaricus

Agaricus é un xénero de fungos basidiomicetos. Calcúlase que existen unhas 300 especies de Agaricus no mundo.

Estróxeno

Os estróxenos son un grupo de compostos con actividade hormonal chamados así pola súa importancia no control do ciclo estral nos humanos e outros animais (que vén do grego οἶστρος oistros, que significa figurativamente desexo sexual). Son as principais hormonas sexuais femininas, aínda que o home produce tamén pequenas cantidades de estróxenos. Os estróxenos naturais son hormonas esteroides, e os sintéticos non son esteroides.

Todos os vertebrados sintetizan estróxenos e tamén algúns insectos. A súa presenza en vertebrados e insectos suxire que as hormonas sexuais estroxénicas teñen unha historia evolutiva moi antiga.

Os estróxenos forman parte dalgúns contraceptivos orais, e da terapia de substitución hormonal para mulleres menopáusicas, e do tratamento hormonal ao que se someten os homes transexuais para transformarse en mulleres.

Como todas as hormonas esteroides, os estróxenos difundense con facilidade a través da membrana plasmática. Unha vez dentro da célula, únense e activan o receptor de estróxenos, que á súa vez regulan a expresión de moitos xenes. Ademais, os estróxenos activan os receptores acoplados á proteína G, GPR30.

Falso amigo

Un falso amigo (ou falso cognado) é unha palabra doutros idiomas que se parece (na escritura ou na pronunciación) a unha palabra na lingua materna do falante, pero que ten un significado diferente. Moitos dos falsos amigos débense a unha etimoloxía común que derivou en significados distintos en cada lingua.

Fungo (bioloxía)

Os fungos (Fungi) son un vasto grupo de organismos heterotróficos clasificados como un reino pertencente ao Dominio Eukaryota. Están incluídos neste grupo organismos de dimensións considerables, como os cogomelos, mais tamén moitas formas microscópicas, como mofos e lévedos. Foron xa descritas preto de 70.000 especies, mais talvez existan até 1,5 millóns de especies, sendo que a maioría aínda está a ser identificada e descrita polos micólogos (Hawksworth, 1991; Hawksworth et al., 1995).

O Reino Fungi sufriu mudanzas substanciais no arranxo dos seus filos nas últimas décadas, especialmente a partir do momento no que as técnicas para comparar características bioquímicas (tales como o ARN ribosómico e o ADN) fóronse tornando máis sofisticadas. A filoxenia presentada aquí segue a de Bruns et al. (1991, 1993) para os Eumycota (fungos certos) e recoñece catro divisións: os Chytridiomycota, Zygomycota, Ascomycota e Basidiomycota.

Os fungos existen en todos os ambientes do planeta e inclúen importantes decompositores e parasitos. Fungos parasitos infectan animais, incluíndo humanos, outros mamíferos, paxaros e insectos, con resultados desde unha suave infección até a morte. Outros fungos parasitos infectan plantas, causando doenzas como o apodrecemento de troncos e aumentando o risco de caída das árbores. A gran maioría das plantas vasculares teñen asociacións simbióticas con fungos, a nivel da raíz, ao que se dá o nome de micorrizas. Esta asociación axuda as raíces na absorción de auga e nutrientes.

Algúns fungos, tales como o Shiitake, Porto Bello, Champiñón, Maitake, son empregados como alimento; outros son extremadamente velenosos.

Fungo dos lameiros

O fungo dos lameiros, de nome científico Agaricus campestris (L.) Fr., é unha especie da familia dos Agaricaceae.

Micoloxía

A micoloxía é a ciencia que estuda os fungos. Os micólogos pescudan a Taxonomía, sistemática, morfoloxía, fisioloxía, bioquímica, utilidades, e os efectos benéficos e prexudiciais das especies de fungos, que poden ser parasitos, saprófitos ou decompositores.

Ordes

Ordes é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes. Segundo o IGE en 2014 tiña 12.844 habitantes (12.868 no 2010, 12.294 no 2006, 12.272 no 2005, 12.287 no 2004, 12.266 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ordense».

Os cogomelos na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada dos diferentes tipos de cogomelos na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.

Pradejón

Pradejón é un municipio da comunidade autónoma da Rioxa, en España.

Providenciales

Providenciales, coñecida localmente como "Provo", é unha illa pertencente ás Illas Turks e Caicos. Ten unha extensión de 98 km² e nela viven 23.769 persoas, sendo a illa con máis poboación e a terceira en extensión do país. Con extensas praias e arrecife de coral é un destino turístico de luxo, se enorgullece de contar con 350 días de sol ao ano.

Providenciales antes de 1960 só contaba cuns 500 habitantes. en 1966 unha empresa arrendoulle as terras ao Estado. Como resultado, a illa Providenciales é a máis poboada e desenvolvida das illas Turks e Caicos. Provo é o centro comercial e turístico da zona. O aeroporto internacional de Providenciales é o máis grande aeroporto internacional das illas Turks e Caicos, servindo as cinco illas.

As cidades máis grandes de Providenciales son Five Cays, Honda Road, The Bight e Wheeland.

Provincia de Cuenca

A provincia de Cuenca é unha provincia española situada na parte oriental de Castela-A Mancha. No ano 2006 estaban censadas na provincia 208.616 persoas, nunha área de 17.061 km², repartida entre 238 municipios. Unha cuarta parte da poboación residía na capital.

Limita ao sur coas provincias de Albacete e Cidade Real, ao norte coa provincia de Guadalaxara e máis a Comunidade Autónoma de Aragón, ao leste coa Comunidade Valenciana, e ao oeste coa provincia de Toledo e a Comunidade de Madrid.

Rebentabois

O rebentabois (Amanita muscaria ), tamén chamada bricabois ou amanita pinta, é un cogomelo tóxico, pertencente á orde Agaricales, frecuente en Galicia e en toda Europa, e caracterizado polo seu sombreiro de cor vermella ou alaranxada salpicado de numerosas pintas brancas. Tamén se coñece como brincabois, obedecendo estes nomes comúns á suposta toxicidade sobre o gando que o poida comer: Fungo pintarraxado, atola as moscas e mais o gado .

Coñécese en castelán como falsa oronja ou matamoscas; en catalán: reig bord, reig de fageda, reig tinyós ou reig vermell; en vasco: kuleto paltsoa ou kuleto falsoa. En Francia chámase fause oronge.

O nome científico muscaria fai alusión á paralización que parecen sufri-los insectos que pousan sobre este cogomelo.

Terminoloxía
Especies
Taxonomía e recursos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.