Chaira

En xeografía, unha chaira é unha grande extensión de terra plana ou con lixeiras ondulacións.

Autódromo Eusebio Marcilla
A rexón pampeana, na Arxentina, é unha das chairas máis extensas e fértiles do planeta.
Árbore afrontando treboada
Árbore illada na Terra Chá.

Localización

As chairas pódense encontrar en terras baixas, xeralmente por debaixo dos 200 m ou menos sobre o nivel do mar ou no fondo dos vales. Tamén se encontran en mesetas, en altitudes superiores aos 500 m e a elevacións aínda superiores, en altiplanos.

Nun val, as chairas poden estar delimitadas por dous lados ou, noutros casos, estar rodeadas, total ou parcialmente, por un anel de outeiros, montañas ou acantilados. Nas rexións onde hai máis dunha chaira, estas adoitan estaren conectadas por un paso ou unha brecha. A súa formación puido deberse a lava, cursos de auga ou xeo que foron fluíndo desde montañas, ou por erosiónvento.

Importancia económica

En moitas zonas, as chairas son economicamente importantes para o ser humano. Os sedimentos depositados no solo convértenas en lugares fértiles para o desenvolvemento dos cultivos e os pastos e a súa planicie facilita a mecanización das colleitas.

Tipos

Segundo a súa formación, as chairas denomínanse:

Hortobagy-ziehbrunnen
Paisaxe da chaira Panónica en Hungría.
Alluvial plain-2
Chaira aluvial formada polo río Mendoza, provincia de Mendoza. Arxentina.
Oceanic ecosystemes
Diagrama dos ecosistemas oceánicos. A zona C corresponde á chaira abisal.
  • Chairas estruturais, superficies horizontais relativamente pouco perturbadas. Zonas estruturalmente deprimidas que forman algunhas das terras baixas máis extensas da superficie terrestre.
  • Chairas erosionais, que foron niveladas por varios axentes de erosión, como a auga, os ríos, o vento ou os glaciares, que desgastaron a súa rugosa superficie e as alisaron. Son o resultado do desgaste das rochas sobre a superficie terrestre. O termo superficie de planeación é máis preciso, porque moitas das superficies poderían denominarse superficies de erosión.

Chairas de grandes dimensións son a rexión pampeana, a chaira europea oriental ou a chaira de Dōgo en Xapón. En Galicia a chaira máis grande é a que confoirma a Terra Chá luguesa.

  • Chairas deposicionais, formadas pola deposición de materiais deixados por axentes como o vento, os ríos, as ondas e os glaciares. A súa fertilidade e relevancia económica depende principalmente do tipo de sedimentos depositados.

Este tipo de chairas agrúpanse en:

  • Chaira aluvial, formada por un curso de auga e que pode ser inundada ante unha eventual crecida das augas, o que dá lugar a unha
    Chaira inundábel, a unha
    Chaira costeira ou a unha
    Chaira de marea
  • Chaira de lava, formada por capas de lava fluente.

Os sedimentos que conforman as chairas son de distinta orixe e composición. Os que foron transportados polos ríos e depositados na superficie denomínanse limos; están formados por grans moi pequenos, como os de arxilas, e os sedimentos eólicos, é dicir, movidos polo vento, denomínanse loess.

  • Chairas glaciais, formadas polo movemento dos glaciares, debido á forza da gravidade:
    Sandur, planicie formada por sedimentos fluviais finos que proveñen da fusión de glaciares na porción superior das concas asociadas.
    Chaira glaciar de till, formada por pías de sedimentos heteroxéneos de orixe glaciar.
  • Chaira abisal, zona chá ou de pendente moi suave do fondo da conca oceánica profunda.

Véxase tamén

Outros artigoa

Albacete

Albacete é unha cidade española situada ao sueste da Meseta Central, concretamente na rexión histórica da Mancha, aínda que actualmente situada dentro da comarca dos Llanos de Albacete, da que é o seu único municipio. É a capital da provincia de Albacete, pertencente á comunidade autónoma de Castela-A Mancha, e sede do Tribunal Superior de Xustiza de devandita comunidade autónoma.

Albacete, cos seus 166.909 habitantes (212.599 no área de atracción metropolitana), segundo datos do INE de 2008, é a maior cidade en número de habitantes de toda Castela-A Mancha.

As orixes da cidade son incertos, aínda que as primeiras certezas da súa existencia atópanse durante o dominio andalusí da zona, sendo chamada a cidade orixinalmente como Al-Basit, en árabe "A Chaira", en alusión ao carácter chairo da xeografía do lugar.

Callús

Callús é un concello da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Bages. Atópase no noroeste da chaira do Bages, á esquerda do val do río Cardener.

Tiña en 2014 unha poboación de 1.985 habitantes agrupados en 6 entidades de poboación: Antius, Callús, Can Cavaller, El Cortès, Els Manxons e Viladelleva. A maioría da poboación concéntrase na capital, Callús.

Destacan a igrexa románica de Sant Sadurní e o castelo Gotmar.

Castellgalí

Castellgalí é un concello da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Bages. Atópase na zona sur da chaira do Bages, na confluencia dos ríos Llobregat e Cardener.

Tiña en 2014 unha poboación de 2.022 habitantes repartidos en 3 entidades de poboación: Boades, Can Font, Castellgalí, La Fàbrica, Mas Planoi, Mas Planoi IV, La Torre del Breny e Els Torrents.

Castro de Viladonga

O castro de Viladonga é un castro galaico-romano pertencente á coñecida como cultura castrexa e situado en Viladonga, no concello de Castro de Rei, na provincia de Lugo. Localízase sobre unha elevación a 535 metros sobre o nivel do mar, lugar desde o que se domina visualmente gran parte da chaira da Terra Chá. O 11 de decembro de 2009 foi declarado Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia.Os traballos arqueolóxicos comezaron en 1971. Trátase dun castro dos máis coñecidos de Galicia, debido en gran medida a que desde o ano 1983 conta cun Museo Monográfico do castro.

Comarca da Terra Chá

A comarca da Terra Chá é unha comarca galega situada na zona norte e interior da provincia de Lugo. É a comarca máis extensa de Galicia con 1822,75 km². No ano 2014 tiña 42.336 habitantes. A paisaxe desta chaira combina frecuentes outeiros coroados na súa maioría por castros —cómpre citar o castro de Viladonga— con agros e pasteiros chans, importantes lagoas como a de Cospeito ou Caque e máis dun cento de ríos e regatos que percorren a comarca.

Pertencen a ela os concellos de Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba e Xermade, sendo a súa capital Vilalba.

A Terra Chá pódese definir como unha comarca rural cunha economía de clara vocación agrícola e gandeira. A climatoloxía e os solos permiten que haxa unha importante extensión de parcelas dedicadas a pastos onde se alimentan un gran número de vacas destinadas especialmente á produción láctea contando para iso con modernas explotacións que son, na súa maioría, de carácter familiar pero altamente competitivas. Naqueles lugares da comarca onde a topografía é máis montañosa cobra auxe a gandaría extensiva, dedicada á produción cárnica e predominando a raza autóctona rubia galega. A flora da comarca da Terra Cha é moi variada incluíndo importantes áreas de carballeiras, soutos e fragas; domina o carballo acompañado por bidueiros, salgueiros, ameneiros, castiñeiros e piñeiros do país.

Golfo de León

O Golfo de León (Francés: golfe du Lion, Inglés: gulf of Lion, Italiano: Golfo del Leone, Occitano: golf del/dau Leon, Catalá: golf del Lleó, Latín medieval: sinus Leonis, mare Leonis, Latín clásico: sinus Gallicus) é unha parte do mar Mediterráneo situada fronte ao litoral areoso das rexións francesas do Languedoc-Rosellón e da Provenza, desde os Pireneos no oeste a Toulon, segundo algúns mapas.

O principal porto do golfo é Marsella. Toulon é outro porto importante. A industria pesqueira no golfo está baseada na merluza (Merluccius merluccius), actualmente en declive pola pesca excesiva.

Os ríos que desembocan no golfo inclúen o Tech, Têt, Aude, Orb, Hérault, Vidourle, e o Ródano.

A plataforma continental exponse aquí como unha ampla chaira costeira, e o terreo offshore inclinase rapidamente á chaira abisal do Mediterráneo. Gran parte do litoral está formado por lagoas e pantanos.

Esta é a zona dos ventos fríos eviolentos chamados Mistral e Tramontana.

Gran Baía Australiana

A Gran Baía Australiana (inglés: Great Australian Bight) é unha inmensa baía situada ao sur de Australia, no océano Índico. Esténdese desde o cabo Pasley (no estado de Australia Occidental, dentro do Parque Nacional Cabo Árido) ata o cabo Carnot (en Australia Meridional, dentro do Parque Nacional Lincoln), cunha distancia total de 1.160 km. A súa maior parte esténdese ao sur da chaira de Nullarbor.

Honshu

Honshū (本州, ほんしゅう) é a illa principal do arquipélago xaponés, un parte de Hondo. Limita ao norte coa illa de Hokkaido polo estreito de Tsugaru, ao sur con Shikoku polo mar Interior e ao suroeste con Kyūshū polo Estreito de Kanmon.

A poboación de Honshū é de 98 352 000 habitantes (1990) (89 101 702 en 1975), e está concentrada nas chairas existentes, especialmente na chaira de Kanto, onde reside o 25% da poboación en e ao redor de Toquio e Yokohama. Outras cidades importantes son Nagoia, Osaca, Kobe, Quioto, Hiroxima e Sendai. A illa divídese en cinco rexións e 34 prefecturas, entre elas o Toquio metropolitano.

Kanto

A rexión de Kanto (関東地方 かんとうちほう, Kantō-chihō) é unha área xeográfica da illa de Honshū, a maior illa do Xapón. Os seus límites territoriais son practicamente os mesmos da Chaira de Kanto.

Manchester

Manchester é unha cidade do Reino Unido situada na rexión do Noroeste de Inglaterra, nunha chaira aos pés da ladeira occidental dos Peninos. Segundo estimacións feitas no 2011 ten 498.800 habitantes, mentres que a área metropolitana, o Gran Manchester, ten 2 600 000, sendo a terceira aglomeración urbana máis grande do Reino Unido.

É un importante centro artístico, financeiro, de medios de comunicación e de educación superior. É a terceira cidade máis visitada no Reino Unido por turistas doutros estados. Manchester foi a anfitrioa dos Xogos da Mancomunidade de 2002, e é sede de dous equipos de fútbol da Premier League, Manchester United e Manchester City.

Megalópole de Kansai

A megalópolo de Kansai é unha xigantesca conurbación, tamén coñecida coma Keihanshin, no centro da illa máis grande do Xapón, a de Honshu. Esténdese pola chaira de Osaca (Osaka Heiya), e as costas da baía homónima, así como pola chaira próxima de Nara, ata as beiras do lago Biwa, cara ao norte, ao nordeste de Quioto, o maior do país e provisión da auga da megalópole.

Correspóndese en termos xerais coa rexión histórica de Kansai, a das antigas cidades do oeste (en relación con Toquio, a capital do leste): así Nara e Quioto, primeiras capitais imperiais dun Xapón unificado e a maior e principal da aglomeración, Osaca (ver a súa historia urbana), segundo centro comercial, industrial e cultural do país ademais de porto importante, coma o de Kobe, na costa oeste da baía. Himeji, aínda máis cara ao oeste, é tamén porto e unha cidade histórica co seu famoso castelo.

Milán

Milán (en italiano: Milano, [miˈlaːno] (AFI), escoitar; en lombardo: Milàn, [miˈlaŋ] (AFI)) é a principal cidade do norte de Italia, capital da rexión de Lombardía, situada na chaira Padana. Cunha poboación de 1 351 562 habitantes no 2017, Milán é a segunda cidade máis poboada do estado tras Roma. Está considerada a capital económica e industrial do país, e un dos 4 motores principais da economía europea, con París, Londres e Frankfurt.

Orduña

Orduña (en éuscaro: Urduña, oficialmente: Orduña-Urduña) é un concello vasco da provincia de Biscaia que forma un enclave entre as provincias de Burgos e Áraba.

Atópase nunha chaira na beira esquerda do río Nervión. A zona oeste e suroeste do concello son as máis montañosas e chegan a acadar os 1.066 metros en serra Salvada. A súa poboación era de 4.134 habitantes en 2017.

Polonia

Polonia (en polaco: Polska, [ˈpɔlska] (AFI), escoitar), oficialmente República de Polonia (Rzeczpospolita Polska), é un país da Europa central membro da Unión Europea (UE), cuxa capital e maior aglomeración urbana é a cidade de Varsovia. Polonia fai fronteira con Alemaña polo oeste; a República Checa e Eslovaquia polo sur; Ucraína, Belarús e Lituania polo leste; e o mar Báltico e o enclave ruso de Kaliningrado polo norte. O país abrangue unha superficie de 312.696 km² , facendo de Polonia o sexasésimo noveno país do mundo e o noveno de Europa. Polonia ten unha poboación por riba dos 38 millóns de habitantes, o que o converte no trixésimo cuarto país máis poboado do mundo e o oitavo de Europa. Polonia é un Estado unitario dividido en 16 subdivisións administrativas.

O territorio polaco comprende na súa porción máis grande ao norte parte da gran chaira europea e abarca ao sur territorio montañoso dos Sudetes, os Cárpatos e a Serra da Santa Cruz. A súa capital e cidade máis poboada é Varsovia, a capital histórica de Mazovia, aínda que para moitos polacos, é máis importante a antiga capital, Cracovia, e Poznań, a capital antiga dos polacos, devanceiros de Polonia.

O establecemento dun estado polaco é a miúdo identificado coa adopción do cristianismo polo gobernante Miecislao I, no ano 966, cando o país abranguía unha superficie semellante á actual. En 1025, Polonia converteuse nun reino e en 1569, cimentou unha asociación co Gran ducado de Lituania, trala sinatura da Unión de Lublin, formando a República das Dúas Nacións. A mancomunidade colapsou en 1795 producíndose a partición de Polonia entre Prusia, Rusia e Austria. Polonia recuperou novamente a súa independencia como a Segunda República Polaca en 1918, despois da I Guerra Mundial, mais volveuna perder trala II Guerra Mundial; entón foi ocupada pola Alemaña nazi e maila Unión Soviética. Durante a II Guerra Mundial Polonia perdeu máis de seis millóns dos seus cidadáns. Emerxeu anos máis tarde como a República Popular de Polonia dentro do Bloque do leste, baixo unha forte influencia soviética.

Durante as Revolucións de 1989, o goberno comunista foi derrocado e Polonia converteuse constitucionalmente na "Terceira República Polaca". Polonia é un estado unitario, constituído por 16 voivodinas (en polaco: województwo). Polonia é membro da Unión Europea, OTAN e da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE).

Rávena

Rávena (en italiano Ravenna, en romañolo Ravèna) é unha cidade ao norte de Italia na Emilia-Romaña, é a capital da provincia homónima. Sitúase na chaira nororiental da Romaña, a poucos quilómetros do Mar Adriático. O municipio ten unha poboación de case 160.000 habitantes, dos cales a maior parte viven no núcleo urbano.

Rávena é famosa polos seus monumentos bizantinos e paleocristiáns que revelan a súa orixe antiga e o seu papel histórico no desenvolvemento italiano. A 36 quilómetros da cidade esténdense os lidi ravennati, praias inmensas no verde da famosa costa romañola.

En Rávena atópase enterrado Dante Alighieri, autor d’A Divina Comedia.

Santa Coloma de Cervelló

Santa Coloma de Cervelló é un municipio da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Baix Llobregat. Está situado na marxe dereita do río Llobregat, ao pé da montaña de Montpedrós, e esténdese ata os contrafortes orientais do macizo do Garraf.

O seu termo municipal limita cos concellos de Sant Boi de Llobregat, Torrelles de Llobregat, Sant Vicenç dels Horts, Sant Feliu de Llobregat e Sant Joan Despí. Ten unha poboación de 8.082 habitantes (2017) agrupados en dúas entidades de poboación: Santa Coloma de Cervelló e la Colònia Güell.

Na parte chaira do concello, xunto ao río Llobregat, predominan os cultivos de regadío, mentres que na zona de montaña altérnanse bosques e cultivos de secaño. Non obstante, a súa economía baséase nunha variada industria con sectores como a metalurxia, a química e tamén a construción.

Santa Perpètua de Mogoda

Santa Perpètua de Mogoda é un concello da comarca do Vallès Occidental, na provincia de Barcelona, Cataluña, España.

Atópase situado nunha chaira atravesada pola riera de Caldes, preto da súa desembocadura no río Besòs. Está a 17 km de Barcelona e a 7 km de Sabadell.

Hai documentos que mencionan a localidade desde o século X, aínda que se atoparon restos da cultura íbera, e tamén dunha masía romana.

Tundra

A tundra (do saami "tunturi", chaira desprovista de árbores) é un terreo aberto e chan, de clima subglacial e subsolo xeado, carente de vexetación arbórea; solo cuberto de musgos e liques, e ás veces pantanoso.

Ávaros

Os ávaros (chamados polos chineses: joujan ou you-yan) foron un pobo nómade de Eurasia, orixinarios de Asia occidental, que emigrou cara a Europa central e oriental no século VI. Dominaron a chaira panónica ata principios do século IX.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.