Ceuta

Ceuta é unha cidade autónoma española, enclave situado na costa norte de África rodeada por Marrocos. Separada da península Ibérica polo estreito de Xibraltar, Ceuta é o límite entre o mar Mediterráneo e o océano Atlántico.

Marrocos reivindicou a súa anexión como parte do seu territorio pola súa proximidade xeográfica, xunto con Melilla e outros territorios españois de menor entidade no norte de África. O Goberno de España nunca estableceu negociacións de ningún tipo, xa que é parte do reino ibérico dende o século XVII.

Ceuta, como tamén Melilla, foi un porto libre antes de que España entrara na Unión Europea. En 2008 tiña unha poboación de 75.276 habitantes, formada por cristiáns, musulmáns e pequenas minorías de xudeus.

Foi considerada como parte da provincia de Cádiz ata o 14 de marzo de 1995, cando a cidade aprobou o seu Estatuto de Autonomía e quedou constituída como cidade autónoma. Desde 2004 está en proceso un novo estatuto para converter a cidade en comunidade autónoma.

Coordenadas: 35°53′18″N 5°18′56″O / 35.88833, -5.31556

Ceuta
Flag Ceuta
Escudo de Ceuta
Ceuta desde el mirador de Isabel II
Ceuta desde o miradoiro de Isabel II.
Localización
Ceuta in Spain (plus Canarias)
PaísEspaña España
Cidade autónomaCeuta
Xeografía
Altitude10 msnm
Superficie19,5 km²
Demografía
Poboación82.376 hab. (2011)
Densidade4.240,52 hab/km²
XentilicioCeutí
Outros datos
Código postal51001 - 51005
AlcaldeJuan Jesús Vivas (PP)
(Presidente da cidade autónoma)
Código ISOES-CE
www.ceuta.es

Etimoloxía

A orixe do nome de Ceuta pode remontarse á designación dada polos romanos aos sete montes da rexión, Septem Fratres. De Septem > Septɘ > Sebta > Ceuta.

Os xeógrafos e historiadores da Antigüidade non citan o topónimo da poboación pero uno deles, Pomponio Mela, daba noticia das peculiaridades orográficas do Oeste da Almina cos seus sete montículos simétricos cualificados como Sete Irmáns. Pola súa semellanza fonética pénsase que do numeral Septem (arabizado como Sebta) derivou o topónimo de Ceuta.

Xeografía

Localízase a 35º 55' - 35º 32' Latitude Norte e 01º 35' - 01º 41' lonxitude Oeste. Ten unha superficie de 18,5 km². O principal accidente orográfico é o monte Hacho, unido ao continente africano por un istmo e coa illa de Santa Catalina.

Considerada tradicionalmente como a divisoria entre as augas do Mediterráneo e do Atlántico, Ceuta está rodeada polo mar que forma dúas baías, unha polo norte e outra polo sur.

Clima

O clima é de tipo mediterráneo, caracterizado pola suavidade nas temperaturas e a irregularidade nas precipitacións. Con todo, está matizado por dous importantes factores: o relevo e o mar que a rodea. O relevo, representado polo Yebel-Musa, actúa como pantalla ante os ventos atlánticos cargados de humidade, e a influencia marítima fai que as temperaturas sexan suaves tanto no verán como no inverno. A media anual non excede os 16,6 graos centígrados. As máximas absolutas prodúcense en xullo, mentres que as mínimas ocorren en xaneiro/febreiro, sendo anormal que descendan de 3 graos.

A diferenza de temperatura entre as augas que separan o Estreito e os ventos cargados de humidade procedentes do Atlántico fan que as choivas sexan abundantes, cun total de máis de 600 litros por metro cadrado. O réxime de precipitacións é moi irregular, cun máximo no inverno e grande aridez estendida entre os meses de maio e setembro. A humidade relativa tamén é elevada, 84% de media anual.

Historia

250.000 a. C. - Primeiros vestixios da presenza humana en Ceuta.

Século VII a. C. - Ocupación fenicia do promontorio da Catedral.

A cidade foi fundada por colonos fenicios, coa denominación de"Abyla", e ocupada por gregos focenses, que a renomearon como "Hepta Adelphoi". No 319 a. C., Cartago toma a cidade, que pasaría a ser un dominio púnico.

Restos Basílica Paleocristiana Ceuta
Restos da basílica paleocristiá de Ceuta.

En 201 a. C., coa rendición de Cartago como final da segunda guerra púnica, a cidade é cedida ao Reino de Numidia. En 47 a. C., esta pasará a dominio mauritano. No ano 40 d. C., Calígula anexiónase o reino, que pasa a ser territorio romano e parte da provincia de Mauritania Tingitana. A rexión do norte de África e a cidade caen no 429 en poder dos vándalos.

No 534, o xeneral bizantino Belisario reconquista a cidade (campañas no norte de África baixo o emperador Xustiniano). A dominación sería breve, caendo en mans visigodas. No 709 a cidade cae en mans musulmás, debido ás disputas internas entre os visigodos. De feito, algunhas lendas falan da sublevación do conde Julián de Ceuta como a causa da súa caída.

No 788, foi invadida polo emirato Idrisí. No 931, o omeia Abd al-Rahman III conquista a cidade para o califato hispano. Non moito despois sufriría a división do Califato en Reinos de Taifas.

No 1024 Ceuta baixo a taifa de Málaga.

En 1061 Suqut al-Bargawati proclama a Señoría Independente.

En 1084 os almorábides, dirixidos por Yusuf ibn Tasufin conquistan a cidade.

En 1147 os almohades ocúpana.

En 1227 ten lugar o martirio de San Daniel e os seus compañeiros.

No ano 1232 a cidade é capturada pola Taifa de Murcia, aínda que o seu dominio sería bastante curto, xa que en 1233 Ceuta sería unha cidade independente. Tamén breve sería o período de independencia ceutí, xa que en 1236 o Reino de Fes ocúpaa, para en 1242 ser de novo conquistada, esta vez polos hafsíes.

En 1249 a dinastía dos azafíes faise co poder en Ceuta.

Segundo o Tratado de Monteagudo de las Vicarías (1291, entre Castela e Aragón), a cidade queda na zona de influencia de Castela. En 1305, sendo parte do Reino nazarí de Granada, a cidade entra no xogo da política mediterránea de Castela.

Con todo no 1309 é conquistada polo Reino de Fes con axuda aragonesa. En 1310 os azafíes volven tomar o control sobre a cidade. En 1314 o Reino de Fes a captura. En 1315 os azafíes volven tomar o control sobre a cidade. En 1327 o reino de Fes a captura. En 1384 o Reino de Granada a captura. En 1387 o Reino de Fes captúraa outra vez.

Infante D. Henrique na conquista de Ceuta, s.XV
Azulexos conmemorativos da toma de Ceuta polo Infante Enrique na Estación de São Bento, en Porto.

O 21 de agosto de 1415 o rei de Portugal Xoán I, cos seus fillos Eduardo, Pedro e Henrique o Navegante desembarcan nas actuais praias de San Amaro e conquistan a cidade para o Reino de Portugal. Ante os despropósitos de varios capitáns para facerse cargo da cidade tras a conquista, Pedro de Meneses presentouse ante o Rei e cun pau chamado "Aleo" (co que se facía un xogo moi popular da época) promulgou tal himno: "Señor, con este pau bástome para defender a Ceuta de todos os seus inimigos" á pregunta de Xoán I de Portugal de se era o suficientemente forte para facerse cargo de tal responsabilidade. Pedro de Meneses foi designado primeiro Gobernador e Capitán Xeneral da cidade. O famoso Aleo consérvase actualmente no Santuario de Santa María de África e foi pasando de man en man a través de todos os xenerais que acceden ao mando da praza xurando defender a cidade tal como citou Pedro de Meneses. Tras un tratado co Reino de Fes, este recoñece Ceuta como portuguesa. A cidade foi recoñecida como portuguesa polo Tratado de Alcáçovas e o Tratado de Tordesillas.

Tras a morte do rei Sebastián, o Reino de Portugal incorpórase á monarquía hispánica (1580). En 1640 Ceuta non segue a Portugal na súa secesión, preferindo manterse baixo a soberanía de Filipe IV, pero decide manter as armas de Portugal no seu escudo e na súa bandeira.

En 1656 concédese á cidade Carta de Natureza e engade o título de Fidelísima aos que xa ostentaba de Nobre e Leal.

En 1668 o Tratado de Lisboa asinado entre España e Portugal recoñece a soberanía española sobre Ceuta.

En 1694-1724 prodúcese o asedio de Mulay Ismaíl, Sultán de Marrocos.

En 1704, tras ser cercada por terra, Ceuta resiste á Armada inglesa que tomou Xibraltar. Os marroquís atacan a cidade por terra mentres unha frota anglo-holandesa cañonea e intenta o desembarco na cidade. Prodúcense asedios continuos por parte de Marrocos en 1725-1728, 1732, 1757 e 1790-1791.

En 1812 a Xunta da Cidade convértese no Concello Constitucional.

Plano de Ceuta s. XIX.jpeg
Plano de Ceuta no século XIX.

En 1859-1860 prodúcese a guerra de África e un aumento dos límites da cidade.

En 1912 procédese á supresión do Penal e instáurase o Protectorado Español de Marrocos na súa zona norte.

En 1925, Ceuta independízase da provincia de Cádiz por Real Decreto de 4 de agosto.

En 1936 comeza a guerra civil. A sublevación, levada a cabo por tropas do tenente coronel da Lexión, Juan Yagüe, impúxose en Ceuta na madrugada do 17 ao 18 de xullo, sen atopar gran resistencia. Militares leais ao goberno e personalidades da Fronte Popular, como o alcalde, Antonio López Sánchez-Prado, foron posteriormente fusilados tras ser sometidos a simulacros de xuízos. Ceuta tivo grande importancia nos primeiros meses da contenda, como punto de paso do Exército do Norte de África na ocupación da Península.

En 1956 chega a Independencia de Marrocos (fin do Protectorado) e Ceuta serve como base de repregamento das forzas que estaban destinadas no territorio emancipado.

En 1978 a Constitución española, como outras anteriores, recoñécea como territorio compoñente da nación española, integrándoa no novo modelo de organización territorial, coa previsión da posibilidade de constituírse en Comunidade Autónoma.

En 1995 promúlgase o Estatuto de Autonomía da cidade. Ceuta, xunto con Melilla, alcanza o status de cidade autónoma.

O 5 de novembro de 2007 foi visitada por Xoán Carlos I e Sofía de Grecia. Había oitenta anos que un monarca español non visitaba oficialmente Ceuta.

Demografía

Ceuta ten 74.093 habitantes actualmente, os máis son de orixe española, tamén ten poboación árabe de orixe marroquí, e dalgúns inmigrantes xibraltareños.

Linguas: O idioma oficial é o castelán, aínda que se fala tamén o árabe na súa variante marroquí; Ceuta en árabe pronúnciase Sebta, do latín Septum, sete,سبتة (o árabe non ten "p").

O seu xentilicio é ceutí.

Economía

Na economía de Ceuta destaca o enorme peso que ten nela o sector terciario. Apenas existe nin agricultura nin gandería, polo que a pesca é a única actividade de importancia no sector primario. A accidentada orografía e a escaseza de auga, enerxía e materias primas impediron un maior desenvolvemento da cidade. Así mesmo, tanto o sector secundario como o da construción son moi restrinxidos debido á carestía de territorio, a pesar de que este último sector coñeceu un notable desenvolvemento durante os últimos anos. Ceuta, do mesmo xeito que Melilla, ten o status de porto franco. Así mesmo, ten unha serie de vantaxes fiscais, como bonificacións nalgúns impostos. Non está constituído o IVA, e élle devolto o 50% do capital en impostos directos.

Transporte e comunicacións

Costa de Ceuta, España, 2015-12-10, DD 26
Costa de Ceuta
EuroFerrys en Ceuta
Barco de EuroFerrys no Porto de Ceuta.

Desde a península

A cidade de Ceuta está conectada co resto de España soamente a través do porto e o heliporto de Alxeciras e o aeroporto de Málaga-Costa do Sol. Desde o primeiro parten ferrys de catro empresas distintas ata o porto de Ceuta. O traxecto ten unha duración aproximada de 45 minutos e se efectúan entre 15 e 20 travesías diarias entre as 6:00 h. e as 23:00 h. Desde Málaga e Alxeciras opera un servizo de helicóptero de pasaxeiros ata o Heliporto de Ceuta. Este servizo efectúa na liña Ceuta-Málaga catro traxectos diarios en cada sentido desde as 7:15 h da mañá ata as 20:15 h., cunha duración de 35 minutos; mentres que o traxecto entre Alxeciras-Ceuta transcorre en 7 minutos. Tanto desde Málaga como desde Alxeciras parten trens e autobuses cara a diversos puntos de España, sendo posible desprazarse ata Madrid e Barcelona en tren de alta velocidade desde a malagueña Estación de Málaga - María Zambrano.[1]

Desde Marrocos

Desde Marrocos, o único medio de transporte para desprazarse a Ceuta é en vehículos privados ou cruzando a pé a fronteira. As principais cidades marroquís máis próximas son Tetuán, situada a 40 km, e Tánxer, a 68 km

Desde Rabat e Casablanca a viaxe en coche ata Ceuta require ao redor de 4 h.[1]

Transporte urbano

O transporte urbano está servido por 9 liñas de autobús, que realizan os seguintes percorridos:[1]

  • Liña 1: Circunvalación Bda. San Amaro
  • Liña 2: Plaza de la Constitución–Bda. Zurrón
  • Liña 3: Plaza de la Constitución–Bda. la Libertad
  • Liña 4: Plaza de la Constitución–Mutua de Ceuta
  • Liña 5: Plaza de la Constitución–Bda. Benzú
  • Liña 6: Plaza de la Constitución, circular
  • Liña 7: Plaza de la Constitución–Frontera del Tarajal
  • Liña 8: Plaza de la Constitución–Bda. Príncipe Alfonso
  • Liña 9: Plaza de la Constitución–Recinto Sur

Goberno e administración

A Constitución española de 1978 recoñece a Ceuta e Melilla como cidades autónomas. É un partido xudicial de España.

A máxima autoridade política é o Alcalde-Presidente, representado dende 2001 por Juan Jesús Vivas, do PP.

Turismo

Mezquita Muley El Mehdi, Ceuta, España, 2015-12-10, DD 34
Mesquita Muley El Mehdi.
Faro Punta Almina, Ceuta, España, 2015-12-10, DD 36
Faro Punta Almina.

Deportes

Fútbol

A cidade de Ceuta tivo varios equipos representativos ao longo da súa historia. O primeiro en destacar foi o Ceuta Sport, fundado en 1932 e que en 1941 cambiou o seu nome a Sociedad Deportiva Ceuta. Foi o club máis laureado do Campionato Hispanomarroquí, así como o primeiro equipo ceutí en participar na Copa do Rei e en alcanzar a liga de Segunda División, chegando a disputar o ascenso a Primeira. En 1956 fusionouse co Atlético Tetuán e formou o Club Atlético de Ceuta, que tamén xogou varias tempadas na Segunda División de España, disputando nunha ocasión o ascenso a Primeira División. O equipo caeu a categorías rexionais a finais da anos 1960.

En 1970 creouse a Agrupación Deportiva Ceuta, que chegou a competir unha tempada na Segunda División de España, antes de desaparecer en 1992 por problemas económicos. En 1996 fundouse a Asociación Deportiva Ceuta, que nunca superou a Segunda División B, malia xogar en varias ocasións a promoción de ascenso. En 2012 desapareceu e parte da directiva, xogadores e equipo técnico pasaron ao Atlético Ceuta, fundado en 1956. Este último posteriormente pasou a chamarse Agrupación Deportiva Ceuta Fútbol Club e actualmente é o máximo representante da cidade, xogando na Terceira División.

Cidades irmandadas

Galería de imaxes

Beach in Ceuta

Praia en Ceuta.

Murallas Reales, Ceuta, España, 2015-12-10, DD 09

Murallas reais e foso de san Filipe.

Ceuta from Gibraltar

A cidade desde Xibraltar.

Edificio en el Paseo de las Palmeras 12, Ceuta, España, 2015-12-10, DD 64

Edificio no Paseo de las Palmeras.

Puerto de Ceuta, España, 2015-12-10, DD 62

Porto de Ceuta.

Mezquita Muley El Mehdi, Ceuta, España, 2015-12-10, DD 27-29 HDR

Mesquita de Moulay El Mehdi.

Faro Punta Almina, Ceuta, España, 2015-12-10, DD 43

Farol de Punta Almina.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 O portal oficial da Cidade Autónoma de Ceuta (ed.). "Como chegar e como moverse". Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2010. Consultado o 17 de marzo de 2010.
  2. B. Atienza. "Cádiz y Ceuta unen los dos lados del Estrecho con un hermanamiento basado en su historia común". La Voz de Cádiz (en castelán). Consultado o 20/11/2007.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Asociación Deportiva Ceuta

A Asociación Deportiva Ceuta é un club de fútbol de España, da cidade de Ceuta. Foi fundado en 1996 e xoga na Rexional Preferente de Ceuta.

Canal Sur Televisión

Canal Sur TV é a primeira cadea de Radio y Televisión de Andalucía, RTVA. É unha das cadeas da televisión autonómica de Andalucía.

Comunidade autónoma

Unha comunidade autónoma é unha entidade territorial que, dentro do ordenamento constitucional do Estado español, está dotada de certa autonomía lexislativa e competencias executivas, así como da facultade de administrarse mediante os seus propios representantes.

Eleccións xerais de España de 1977

As eleccións xerais en España de 1977 tiveron lugar o 15 de xuño dese ano. Os españois e españolas maiores de idade foron chamados ás urnas corenta e un anos dende as últimas eleccións celebradas en democracia.

Nestas eleccións o Presidente do Goberno, Adolfo Suárez, nomeado polo Rei en 1976, chega ao Centro Democrático y Social, para lideralo e así crear a Unión de Centro Democrático, que gaña as eleccións quedando a poucos escanos da maioría absoluta.

Estreito de Xibraltar

O estreito de Xibraltar é un estreito que comunica o océano Atlántico co mar Mediterráneo, separando Europa e África. Ao norte do estreito atópanse España e Xibraltar, e ao sur, Marrocos e a cidade autónoma de Ceuta.

Ten 14,4 km de longo e unha profundidade duns 300 m. Na antigüidade este estreito era coñecido como "as Columnas de Hércules", pero debe o seu nome actual a unha deformación de djebel Tarik de Tarik ibn Ziad, que no 711 traspasou o estreito para facer unha incursión contra a España visigoda, primeira incursión musulmá na Península Ibérica.

Heliporto de Alxeciras

O Heliporto de Alxeciras é un heliporto público situado no porto da cidade andaluza de Alxeciras, na provincia de Cádiz. Foi inaugurado o 1 de xullo de 2010 polo ministro de fomento, José Blanco. É o segundo heliporto da rede Aena tras o heliporto de Ceuta.

Heliporto de Ceuta

O Heliporto de Ceuta é un heliporto público situado no porto da cidade autónoma española de Ceuta. Inaugurado o 9 de xaneiro de 2014, foi o primeiro heliporto construído e xestionado por Aena.

Actúa como substituto do aeroporto que debería ter a cidade e que non se puido construír por falta de espazo e de acordo con Marrocos.

Izquierda Unida

Izquierda Unida é unha organización política española federalista, republicana e de esquerdas.

Melilla

Melilla (مليلة en árabe; Mritch ou Mrič en bérber) é unha cidade autónoma española, situada na rexión do Rif, no norte de África, a beiras do mar Mediterráneo, fronte á costa meridional da Península Ibérica, limítrofe con Marrocos e próxima a Alxeria.

A cidade e os seus territorios esténdense sobre 12,5 km² de superficie na parte oriental do cabo de Tres Forcas. Alberga unha poboación de máis de 78.000 habitantes e presenta diversas particularidades froito da súa posición xeográfica e historia, tanto na composición da súa poboación e as súas actividades económicas, como na súa cultura (froito da exemplar convivencia de cristiáns, musulmáns, xudeus e hindús).

O patrimonio arquitectónico de Melilla está considerado, xunto co de Barcelona, como un dos mellores expoñentes do estilo modernista español de principios do século XX. Melilla chegou a ter nesa época ata 100.000 habitantes. Actualmente recibe diariamente unha poboación flotante dos municipios marroquís próximos á súa área de influencia que fan que a súa poboación case se duplique nalgunhas ocasións.

Melilla constituíuse en cidade autónoma en 1995, aínda que xa foi recoñecido o seu dereito á autonomía na Constitución española de 1978. Marrocos reivindica a cidade como parte do seu territorio xunto con Ceuta e outros territorios españois de menor entidade no norte de África. O Goberno de España nunca estableceu negociacións de ningún tipo, xa que considera a Melilla -do mesmo xeito que os outros territorios norteafricanos- parte integrante do territorio nacional español.

Partido Popular

O Partido Popular (PP) é un partido político conservador español situado no centro dereita ou a dereita política. Foi fundado en 1989, cando adoptou a súa denominación actual, que substituíu á de Alianza Popular, partido fundado en 1976 por Manuel Fraga (ministro durante a época franquista).

É un dos partidos maioritarios de España. O PP ten maioría simple no Congreso dos Deputados, maioría absoluta no Senado e goberna en cinco comunidades autónomas, así como en Ceuta e Melilla. É, coas presidencias de José María Aznar e Mariano Rajoy, a segunda formación que máis anos gobernou o país desde o restablecemento da democracia, por detrás do PSOE.

Península Ibérica

A Península Ibérica é unha península do suroeste de Europa. Está arrodeada polo mar Mediterráneo, o Océano Atlántico e os Pireneos, que separan a península do resto do continente. Politicamente, abrangue os estados de Portugal, España e Andorra, estes dous últimos fronteirizos con Francia. Xibraltar, territorio británico situado ó sur de Andalucía con apenas unha trintena de quilómetros. Polo sur, a península está separada do continente africano (Marrocos) polo Estreito de Xibraltar.

Provincias de España

A provincia é unha división territorial de España, de acordo coa Constitución española. Actualmente, en España hai 50 provincias, que, xunto coas cidades autónomas de Ceuta e Melilla e algunhas posesións insulares menores -que non están suxeitas á división provincial por depender directamente da administración central-, comprenden a totalidade do territorio español.

Segunda división española 1945/46

A tempada 1945–46 da Segunda División de España foi a 15ª edición deste torneo. O campión foi o CE Sabadell, que ascendeu á Primeira División xunto co Deportivo da Coruña. SD Ceuta, UD Salamanca e Jerez CF descenderon á Terceira División.

Segunda división española 1950/51

A tempada 1950–51 da Segunda División de España foi a 19ª edición deste torneo. A categoría estivo composta por 32 equipos, repartidos segundo criterios xeográficos en dous grupos de 17 e 15 equipos cada un. Real Gijón, Atlético Tetuán, Las Palmas e Zaragoza ascenderon á Primeira División mentres que Girona, Numancia, Ceuta e Albacete descenderon á Terceira División.

Segunda división española 1967/68

A tempada 1967–68 da Segunda División de España foi a 36ª edición deste torneo. A categoría estivo composta por 32 equipos, repartidos segundo criterios xeográficos en dous grupos de 16 equipos cada un. Deportivo da Coruña e Granada ascenderon a Primeira División. Badalona, Langreo, Racing de Santander, Lérida, Badajoz, Europa, Osasuna, Gimnástica de Torrelavega, Tenerife, Castellón, Real Jaén, Xerez, Recreativo de Huelva, Levante, Hércules, Constancia e Atlético Ceuta descenderon a Terceira División.

Segunda división española 1980/81

A tempada 1980–81 da Segunda División de España foi a 49ª edición deste torneo. Comezou o 6 de setembro de 1980 e finalizou o 24 de maio de 1981. A categoría estivo composta por 20 equipos, dos cales CD Castellón, Cádiz CF e Racing de Santander ascenderon á Primeira División mentres que Granada CF, Palencia CF, Barakaldo CF e AgD Ceuta descenderon á Segunda División B.

Tetuán

Tetuán (en árabe, تطوان Tiṭwān) é unha cidade do norte de Marrocos, localizada nas proximidades do mar Mediterráneo, cerca de Tánxer e de Ceuta. Entre 1913 e 1956, Tetuán foi a capital do protectorado español de Marrocos. Ten 725.000 habitantes (2006).

Universidade de Granada

A Universidade de Granada (UGR) é unha universidade pública española con sede en Granada e con campus nas cidades de Granada, Ceuta e Melilla, o que a converte na única universidade europea con dous campus en África. É a cuarta universidade de España por número de alumnos, membro do Grupo Coimbra e Campus de Excelencia Internacional.A Universidade de Granada é herdeira da Madraza do último Reino Nazarí e foi fundada oficialmente en 1531 por Carlos I de España. Por tanto, ten case cincocentos anos de historia e é considerada por iso como unha das universidades históricas de España.A Universidade de Granada sitúase entre o dez primeiras de España e desde hai varios anos ocupa o primeiro posto nos estudos de tradución e interpretación, sendo a primeira universidade española en impartir lingua dinamarquesa. A nivel mundial, é unha das cincuenta mellores universidades en enxeñaría informática e unha das cen primeiras en matemáticas.Recibe cada ano máis de 2000 alumnos procedentes do programa Erasmus, o que a converte no primeiro destino europeo dentro deste programa de mobilidade. Ademais, foi elixida a mellor universidade de España polos estudantes internacionais.

África do Norte

África do Norte é a rexión máis ao norte do continente africano, separada polo deserto do Sáhara da África Subsahariana. Segundo a ONU o norte de África abrangue os territorios seguintes: Alxeria, Exipto, Libia, Marrocos, Sudán, Tunisia e o territorio disputado do Sáhara Occidental. As cidades autónomas españolas de Ceuta e Melilla son xeograficamente parte da África do Norte xunto con enclaves menores como: Perejil, Peñón de Vélez de la Gomera, Illa de Alhucemas e as Chafarinas, así como as illas Canarias, Madeira e Salvaxes, Mauritania, Malí, Níxer e Chad. Máis raramente aparecen formando parte de África do Norte, Etiopía e Eritrea.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.