Cesullas, Cabana de Bergantiños

Santo Estevo de Cesullas é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 1 325 habitantes (687 mulleres e 638 homes), distribuídos en 31 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.566 habitantes.

Coordenadas: 43°12′39″N 08°55′06″O / 43.21083, -8.91833

Cesullas
Cesullas, Cabana de Bergantiños
Igrexa parroquial de Cesullas.
ConcelloCabana de Bergantiños
Poboación1 325 hab. (2018)
Entidades de poboación33

Xeografía

A parroquia está bañada na cara norte polo río Anllóns que a separa do concello de Ponteceso. Os cumios máis destacables son o monte Cundíns (206 metros) e o monte Vilariño (155 metros).

Patrimonio

A igrexa parroquial data do século XVII, época da cal se conserva a capela lateral sur, sendo a capela maior, nave, fachada e a espadana do século XVIII. A nave e a capela maior son rectangulares, e a fachada pentagonal. Enriba da porta principal hai unha imaxe en pedra de Santo Estevo, enmarcado lateralmente por volutas.

A ermida de San Fins destaca por estar orientada cara ó leste. Ten ábsida e nave rectangulares. No lado sur da ábsida ten un pórtico lateral acaroado para a celebración das misas o día da romaría. Na fachada pentagonal hai unha celosía de pedra, quizais prerrománica. Nesta capela celébrase a romaría de San Fins do Castro.

A Ermida de Nosa Señora das Neves ten un adro triangular, cunha fachada pentagonal. A espadana está sen campás.

O cruceiro do Sacramento é de granito. A plataforma é cuadrangular con tres graos. O pedestal é cuadrangular e remata en chafráns. Ten mesa acaroada na que aparece unha lápida de granito con dous anxos nos laterais do relevo e unha custodia no centro. O varal é octogonal con chafráns. O capitel é cuadrangular moldurado. A cruz é cuadrangular con brazos achafranados, remates en punta de diamante e imaxes polas súas catro caras. No anverso está Xesucristo, cos pés pousados sobre unha caveira e tibias, aparece crucificado con tres cravos, inclina a cabeza cara á dereita, ten as mans abertas, carece de coroa, ten pelo trenzado, o paso da pureza aparece anoado á dereita e arriba está a cartela de INRI. No reverso, a Virxe enriba dunha peaña aparece en actitude de orar cos dedos entrelazados. Nos laterais, obsérvase unha imaxe feminina orando con rosario e un San Francisco.

Festas

As festas mais importantes de esta parroquia son:

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Cabana de Bergantiños.
Capela de San Fins

Capela de San Fins.

Cesullas, Cabana de Bergantiños2

Igrexa parroquial.

Cruceiro do Sacramento, Cesullas, Cabana de Bergantiños

Cruceiro do Sacramento.

Cabana desde Cesullas

Lugar de Cabana

Lugares e parroquias

Parroquias de Cabana de Bergantiños

Véxase tamén

Outros artigos

A Balsa, Cesullas, Cabana de Bergantiños

A Balsa é un lugar da parroquia de Cesullas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 23 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 13 eran homes e 10 mulleres.

A Cruz, Cesullas, Cabana de Bergantiños

A Cruz é un lugar da parroquia de Cesullas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños.

A Igrexa, Cesullas, Cabana de Bergantiños

A Igrexa é un lugar da parroquia de Cesullas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 19 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 8 homes e 11 mulleres.

Neste lugar atopase a igrexa parroquial de Cesullas.

As Redondas, Cesullas, Cabana de Bergantiños

As Redondas é un lugar da parroquia de Cesullas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 27 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 16 eran homes e 11 mulleres,

Cabana, Cesullas, Cabana de Bergantiños

Cabana é un lugar da parroquia de Cesullas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 30 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 11 eran homes e 19 mulleres.

Esmorís, Cesullas, Cabana de Bergantiños

Esmorís é un lugar da parroquia de Cesullas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 16 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 8 eran homes e 8 mulleres.

Exipto, Cesullas, Cabana de Bergantiños

Exipto é un lugar da parroquia de Cesullas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 4 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 2 eran homes e 2 mulleres.

Fontenla, Cesullas, Cabana de Bergantiños

Fontenla é un lugar da parroquia de Cesullas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 33 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 12 eran homes e 21 mulleres.

O Bronllo, Cesullas, Cabana de Bergantiños

O Bronllo é un lugar da parroquia de Cesullas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 90 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 43 eran homes e 47 mulleres.

O Burgo, Cesullas, Cabana de Bergantiños

O Burgo é un lugar da parroquia de Cesullas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 26 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 10 eran homes e 16 mulleres.

O Carballal, Cesullas, Cabana de Bergantiños

O Carballal é un lugar da parroquia de Cesullas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 56 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 32 eran homes e 24 mulleres.

O Muíño, Cesullas, Cabana de Bergantiños

O Muíño é un lugar da parroquia de Cesullas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 15 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 7 eran homes e 8 mulleres.

O Penedo, Cesullas, Cabana de Bergantiños

O Penedo é un lugar da parroquia de Cesullas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños da comarca de Bergantiños. Tiña 78 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 36 homes e 42 mulleres.

O Picón, Cesullas, Cabana de Bergantiños

O Picón é un lugar da parroquia de Cesullas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 17 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 8 eran homes e 9 mulleres.

O Reguengo, Cesullas, Cabana de Bergantiños

O Reguengo é un lugar da parroquia de Cesullas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 41 habitantes no ano 2018 dos cales 21 eran homes e 20 mulleres.

O Seixoso, Cesullas, Cabana de Bergantiños

O Seixoso é un lugar da parroquia de Cesullas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 9 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 6 eran homes e 3 mulleres.

O Valado, Cesullas, Cabana de Bergantiños

O Valado é un lugar da parroquia de Cesullas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 170 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 74 eran homes e 86 mulleres.

Rebordelo, Cesullas, Cabana de Bergantiños

Rebordelo é un lugar da parroquia de Cesullas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 46 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 23 eran homes e 23 mulleres.

Ternande, Cesullas, Cabana de Bergantiños

Ternande é un lugar da parroquia de Cesullas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 32 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 15 eran homes e 17 mulleres.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.