Cesantes, Redondela

San Pedro de Cesantes é unha parroquia que se localiza no concello de Redondela. A parroquia de Cesantes limita ao Norte con Soutoxuste (O Viso, Redondela), ao leste coa parroquia do Viso, ao sur con Redondela e ao oeste coa ría de Vigo. Abarca, á parte do territorio peninsular, as illas de San Simón e San Antón. Nos tempos nos que era maioritariamente poboada por mariñeiros, popularmente era coñecida polo nome de "Os-Tras", que subsiste aínda entre a xente maior e nalgúns rótulos comerciais.

Os seus principais barrios son Outeiro das Penas, Carballiño, O Coto e San Pedro, pero podemos atopar subzonas coma A Pantalla, Catapeixe ou Couto do Mexo, ademais da illa de San Simón, que administrativamente pertence a Cesantes. A parroquia ten unha extensión aproximada de 12 km². A pesar de ser unha vila costeira conta cun relevo bastante irregular. A superficie arbórea ronda o 5 por cento e a parroquia é atravesada polo río Pexegueiro. Ten porto propio, lonxa e unha confraría de Pescadores, a confraría de San Xoán. Ademais aloxa un porto deportivo e un peirao.

Coordenadas: 42°17′59″N 8°37′16″O / 42.2998033, -8.6210915

Cesantes
San Simón 08 053
ConcelloRedondela
Área12 km²
Poboación3.370 hab. (2017)
Densidade280,83 hab./km²
Entidades de poboación5

Toponimia

O nome de Cesantes podería derivar da palabra celta "cee" (peirao) e "sanctes" (santo).

Lugares de Interese

Cesantes, Redondela. Galiza
Nocturna.
Peto de ánimas Cesantes
Peto de ánimas.

A parroquia de San Pedro de Cesantes contén un grande número de zonas de interese natural, ao estar integrada no fondo da Ría de Vigo.

Enseada de San Simón

Véxase tamén: Illa de San Simón e Enseada de San Simón.

A Enseada de San Simón na que se atopa a Illa de San Simón e a Illa de San Antón, coa estatua na honra de Jules Verne que na súa novela 20.000 leguas de viaxe submarino relatou a súa estadía no fondo da Ría de Vigo, son dous dos atractivos naturais da parroquia.

Praia de Cesantes

Véxase tamén: Praia de Cesantes.

O complexo da praia de Cesantes está integrado polo areal (duns 2.400 m de longo), un paseo marítimo e un espazo con dunas protexido en vías de recuperación. Esta praia é unha das poucas que se atopan entre as cidades de Pontevedra e Vigo, polo que no verán é moi concorrida polos bañistas. As súas augas tranquilas e libres das ondas propias do Atlántico fan que esta praia sexa axeitada para a práctica de deportes acuáticos coma o windsurf ou o kytesurf.

Poboación

Ensenada de San Simon dende as rochas
Illa de San Simón ao fondo.

Cesantes tiña 3.467 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, dos cales 1.694 eran homes e 1.773 mulleres, distribuídos en catro entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 3.387 habitantes. A maioría de esa poboación dedícase a actividades propias dunha vila mariñeira, tales como a pesca, o marisqueo ou o turismo.

Outros datos

O bahia
Monólito na honra dos mariñeiros falecidos no accidente d' O'Bahía.

As festas mais importantes na parroquia son as Festas da Virxe do Carme, festa relixiosa e a Festa do Mariñeiro, de tipo gastronómica. As Festas do Carme celébranse o 21, 22 e 23 de xuño e destacan a procesión marítima da virxe e a tirada de fogos de luces.

A Festa do Mariñeiro, normalmente celebrada a mediados de Agosto, consiste nunha gran fideuá que poden degustar todos os asistentes. Outra festa relixiosa importante é a Festa de San Pedro, na honra do patrón do pobo, ao que lle da nome. Outros actos a destacar son a Travesía a nado ata a Illa de San Simón, na que se procede a un percorrido de 500 metros dende a praia ata a illa.

Cesantes ten varias asociación coma o Centro Cultural Recreativo, o club de Remo Cesantes ou un obradoiro de estudos locais que realiza actividades na parroquia, chamado Obradoiro de Estudos Locais, creado por familiares de Fernando Monroy.

A gran tradición mariñeira da parroquia viuse afectada pola traxedia do barco O'Bahía no 2004, no que morreron varios veciños da parroquia e aos que se lles dedicou un monólito na praia de Cesantes.

Personaxes célebres

Lugares e parroquias

Parroquias de Redondela

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Apeadoiro de Pontevedra-Universidade

Pontevedra-Universidade é un apeadoiro ferroviario de Adif na cidade de Pontevedra. Está situada na liña A Coruña-Vigo, dando servizo ao campus universitario da Universidade de Vigo.

Apeadoiro de Redondela-Picota

Redondela-Picota é un apeadoiro de tren de Adif na cidade de Redondela, na provincia de Pontevedra. Está situada na liña Santiago - Redondela.

Carballiño, Cesantes, Redondela

Carballiño é un lugar da parroquia de Cesantes, no concello de pontevedrés de Redondela. Ten 485 habitantes, 420 homes e 425 mulleres.

Círculo Cultural Deportivo Cesantes

O Círculo Cultural Deportivo Cesantes é un club de remo de Cesantes, concello de Redondela (Pontevedra). É o club de remo máis antigo de Redondela, e o primerio en conquistar unha Bandeira como Campion Galego.[Cómpre referencia]A súa traiñeira recibe o nome de Os-Tras.

Ermida de San Simón

A ermida de San Simón ou ermida de San Pedro é unha ermida situada na illa de San Simón, pertencente á parroquia de Cesantes (Redondela). Era empregado pola orde do temple como lugar de retiro espiritual.

Estación de Padrón

Padrón é unha estación de tren de Adif, situada na cidade de Padrón, na provincia da Coruña. Está situada na liña A Coruña-Vigo.

Estación de Pontecesures

Pontecesures é unha estación de tren de Adif, situada na vila de San Xulián, no concello de Pontecesures, na provincia de Pontevedra. Está situada na liña A Coruña-Vigo.

Estación de Portela

Portela é un apeadoiro de Adif, situado en Portela, no concello de Barro, provincia de Pontevedra. Está situado na liña A Coruña-Vigo.

Faneca

A faneca (Trisopterus luscus L., antes Gadus luscus L.) é un peixe mariño da familia dos gádidos (Gadidae), de pequeno tamaño e comestíbel.

Honorato López Ventín

Honorato López Ventín, nado en Cesantes (Redondela) o 4 de marzo de 1914, foi un futbolista galego, máis coñecido como Cabezo II. Xogaba na demarcación de gardameta. Foi irmán do tamén futbolista Rafael López Ventín.

Illa de San Simón

A illa de San Simón pertence á parroquia de Cesantes, no concello de Redondela, sendo un dos cinco lugares desta parroquia. Na actualidade atópase deshabitada. Preside a enseada de San Simón, no extremo interior da Ría de Vigo, delimitando cos concellos de Redondela, Soutomaior e Vilaboa. A illa está unida á illa de Santo Antón por unha ponte. O conxunto de ambas as illas mide 250 metros de longo e 84 de largo. Ademais existen outros dous pequenos illotes, San Bartolomé e San Norberto.

Ao longo da súa historia a illa foi empregada como mosteiro, lazareto, cárcere e fogar para nenos orfos. O seu conxunto está catalogado como Ben de Interese Cultural dende 1999.

Liga Galega de Traiñeiras 2004

A tempada 2004 da Liga Galega de Traiñeiras foi a 2ª edición do campionato de traiñeiras de Galicia creado en 2003. Nesta tempada se disputaron 9 bandeiras.

Liga Galega de Traiñeiras 2013

A tempada 2013 da Liga Galega de Traiñeiras é a 11ª edición do campionato de traiñeiras de Galicia creado en 2003. A tempada comezou o 6 de xullo en Sanxenxo e rematará o 25 de agosto en Boiro. Nesta tempada competiron 17 clubs repartidos en dúas categorías de 8 equipos a primeira (A) e 9 a segunda (B), e disputaranse 11 bandeiras.

O'Bahía

O O'Bahía foi unha embarcación cerqueira galega que afundiu nas costas das Illas Sisargas o 2 de xuño de 2004. O accidente produciuse a unhas catro millas ao suroeste das Illas Sisargas, na Costa da Morte, cando o barco volvía de recollida logo de faenar ao bocarte nas costas de Euskadi. A situación climatolóxica era moi mala.

Segundo o informe oficial emitido polo Ministerio de Fomento, a causa foi

Faleceron todos os seus dez tripulantes, de Cesantes, Redondela, Nigrán, de Chapela e de Cangas. Só se atoparon os corpos de seis.

O Carballiño, Cesantes, Redondela

O Carballiño é un lugar da parroquia de Cesantes no concello pontevedrés de Redondela na Comarca de Vigo. Segundo o IGE en 2013 tiña 823 habitantes (405 homes e 418 mulleres), 22 máis ca en 2010 e 41 menos ca en 2004.

O Coto, Cesantes, Redondela

O Coto é un lugar da parroquia de Cesantes, no concello pontevedrés de Redondela. Segundo o IGE, en 2015 tiña 826 habitantes (411 homes e 415 mulleres), o que supón un aumento con respecto ao ano 2007, cando tiña 637.

Outeiro das Penas, Cesantes, Redondela

Outeiro das Penas (do latín altarium, "parte alta ou elevación do terreo") é un lugar da parroquia de Cesantes, no concello de Redondela. Conta cunha poboación de 926 habitantes, 453 homes e 473 mulleres.

Rafael López Ventín

Rafael López Ventin nado en Cesantes (Redondela) o 22 de abril de 1905, foi un futbolista galego máis coñecido como Cabezo I. Xogaba na demarcación de defensa. Foi irmán do tamén futbolista Honorato López Ventín.

San Pedro, Cesantes, Redondela

San Pedro é un lugar da parroquia de Cesantes, no concello de Redondela. Contaba no ano 2014 con 913 habitantes (448 son homes e 465 mulleres).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.