Cervo

Cervo é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE no 2014 tiña 4.369 habitantes (4.847 no 2006, 4.949 no 2005, 4.978 no 2004, 5.060 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cervense».

Coordenadas: 43°40′17.75″N 7°24′38.61″O / 43.6715972, -7.4107250

Cervo
Bandeira de Cervo
---
Escudo de Cervo
Encoro de Sargadelos 3
Encoro da antiga fábrica de Sargadelos.
Situacion Cervo
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca da Mariña Occidental
Poboación4.227 hab. (2018)
Área78,3 km²
Densidade53,98 hab./km²
Entidades de poboación6 parroquias
Política (2019 [2])
AlcaldeAlfonso Villares Bermúdez (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 2
Eleccións municipais en Cervo
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes59,23%
Na rede
www.cervo.gal

Demografía

Censo Total 4.369 (2014)
Menores de 15 anos 389 (8.9%)
Entre 15 e 64 anos 2.943 (67.36%)
Maiores de 65 anos 1.037 (23.73%)
Evolución da poboación de Cervo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4.838 4.532 5.069 9.639 4.978 4.595 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

Cervo está situado ao norte da provincia de Lugo, a media distancia entre Viveiro e Ribadeo.

Historia

No Antigo Réxime os territorios do concello pertencían á xurisdición de San Cibrao e ao couto redondo de Burela, pertencentes á súa vez á provincia de Mondoñedo. Coa primeira división de Galiza en concellos, Cervo pertencía ao partido de Viveiro. Entre 1835 e 1840 estivo dividido en dous: San Cibrao (parroquias de Castelo, Cervo, Lieiro, Rúa, Sargadelos e Vilaestrofe) e San Xulián de Nois (parroquia de Santa María de Burela). Esta división mantívose até 2002, cando se independizou o concello de Burela.

Escudo de Cervo

Escudo de Cervo

O 20 de setembro de 2001 aprobouse a modificación do escudo heráldico do concello de Cervo. O deseño do escudo quedou como:

Economía

Malia que boa parte da economía local depende do sector primario (agricultura, gandería e pesca), tamén existe sector industrial e turístico.

O valor industrial da zona naceu por mor da existencia de terreos arxilosos e de caolín na zona. Isto permitiu a creación de factorías de ladrillos, tellas e louza, destacando a cerámica de Sargadelos a finais do século XVIII. Na actualidade a principal industria é a empresa Alcoa Europe (entre os concellos de Cervo e Xove).

Festas

Amais das festas parroquiais, existen no concello varias festas gastronómicas, como a festa do ourizo (en marzo) e a festa do mexillón (abril) en San Cibrao. Esta aldea acolle tamén a festa da Maruxaina, celebrada o segundo sábado de agosto desde 1985, e declarada de interese turístico en 2002. Os veciños reúnense pola mañá vestidos de época (os homes de mariñeiros, con pantalón azul, camisa branca e boina, e as mulleres de loito, con saia longa, mandil, camisa e pano na cabeza). Percorren a aldea co son das gaitas e os cornos, hai xantar popular na praia e celebración de xogos populares. Coa chegada da noite, a Maruxaina chega en chalanas desde Os Farallóns, e é levada á praza onde ten lugar un xuízo para decidir se é queimada ou indultada. Tralo indulto, comézase unha gran queimada.

O sábado seguinte ao 16 de agosto ten lugar en Cervo a queimada popular, declarada en 2001 festa galega de interese turístico. Logo dunha representación teatral da loita entre o ben e o mal, faise o conxuro da queimada e repártese a augardente.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Cervo.
Alumina

Fábrica de aluminio dende o porto de San Cibrao.

SanCibraoespolon

Esporón do porto de San Cibrao.

SanCibraoporto

Porto de San Cibrao.

SanCibraopraia1

Praia leste de San Cibrao.

Alcoa S Cibrao

Parte de Alcoa/S.Cibrao no concello de Cervo, dende o porto de Morás.

Casa concello Cervo

Casa do concello.

Placa altimétrica Cervo

Placa altimétrica do concello.

Lugares de Cervo

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cervo vexa: Lugares de Cervo.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. "DECRETO 273/2001, de 20 de septiembre, por el que se aprueba la modificación del escudo del Ayuntamiento de Cervo (Lugo)." (pdf). Diario Oficial de Galicia nº 200. Xunta de Galicia. 16 de novembro de 2001.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Burela

Burela é un concello da provincia de Lugo, pertencente á Comarca da Mariña Central. En 2015 tiña 9.580 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é burelao, burelense ou burelés.

É o segundo concello máis poboado da comarca despois de Foz. Está bañado polo Mar Cantábrico polo norte e leste. Limita polo oeste co concello de Cervo, e polo sur co de Foz. O seu porto é un dos máis importantes da costa galega, cunha gran frota pesqueira. A poboación creceu considerablemente nos últimos anos do século XX, pasando dos 7.834 habitantes de 1995 aos 9.660 que ten en 2014. A súa economía baséase principalmente na pesca, destacando a pesca da pescada e do bonito. Como consecuencia desta actividade desenvolveuse tamén a industria conserveira de gran calidade. Ademais disto conta tamén con cerámicas, estaleiros, serradoiros e un hospital comarcal.

Ata 1994, cando se segrega, formaba parte de Cervo. Debido á gran demanda de persoal para traballar no mar, Burela é un concello multicultural, xa que actualmente residen nel comunidades de caboverdianos (establecidos desde hai anos) e recentemente incrementouse a chegada de suramericanos e filipinos.

Castelo, Cervo

San Xiao de Castelo é unha parroquia que se localiza no concello de Cervo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 235 habitantes (122 mulleres e 113 homes), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 243 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 180 habitantes, sendo 87 homes e 93 mulleres.

Cervo, Cedeira

Santalla de Cervo é unha parroquia que se localiza no concello de Cedeira, na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 210 habitantes (112 mulleres e 98 homes), distribuídos en 26 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 244 habitantes.

Cervo, Cervo

Santa María de Cervo é unha parroquia que se localiza no concello de Cervo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.351 habitantes (676 mulleres e 675 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.381 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 1.229 habitantes, sendo 607 homes e 622 mulleres.

Cervo común

O cervo común ou cervo vermello (Cervus elaphus) é unha especie de cérvido amplamente espallada polo Hemisferio Norte. Documentáronse unhas 27 subespecies distintas cunha área de distribución que se estende dende o Magreb, a Península Ibérica e Gran Bretaña ata gran parte de América do Norte, que se diferencian entre si polo tamaño, lonxitude e cor da pelaxe e forma das cornas. As seis subespecies de uapitís norteamericanos, outrora clasificados na especie propia Cervus canadensis, clasifícanse actualmente como subespecies de Cervus elaphus. Os cervos chegan á puberdade ao ano de naceren.

Comarca da Mariña Occidental

A comarca da Mariña Occidental é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Viveiro. A ela pertencen os concellos de Cervo, Ourol, O Vicedo, Viveiro e Xove. Esta comarca é unha división político-administrativa da Mariña de Lugo.

Cérvidos

Os cérvidos (Cervidae) son unha familia de mamíferos ruminantes que inclúe os cervos e veados. Teñen patas delgadas, pezuños partidos en dous e longos pescozos. Son esveltos herbívoros. Teñen a pelaxe lisa ou moteada, e son os únicos mamíferos aos que lles crecen hastas novas cada ano, formadas por óso morto. Só as desenvolve os machos adultos, utilizándoas durante a época de apareamento, cando os cérvidos compiten polas femias. As hastas empezan a formarse a partir de dúas protuberancias do cranio. Ao medrar, recóbreas un veludo. Cando as hastas crecen, empezan a ramificarse. Finalmente, o veludo cae. Así a cornamenta queda completa.

Francisco Rey Balbís

Francisco Rey Balbís, Moncho, nado en San Cibrao (Cervo) o 19 de marzo de 1917 e falecido na Habana o 9 de xaneiro de 2010, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Galería de imaxes de petróglifos de Galicia

Galería de imaxes de petróglifos de Galicia.

Un petróglifo é unha representación gráfica gravada nas rochas ou pedras.

Illas Farallóns

As Illas Farallóns (Illas dos Farallóns) son un pequeno arquipélago do concello de Cervo (Provincia de Lugo), situado na costa cantábrica de Galicia, que xa eran coñecidas como "Trileucos" no século II a. C. polos gregos.

Lombo do Cervo, Vilapedre, Vilalba

Lombo do Cervo é un lugar da parroquia de Vilapedre, no concello lugués de Vilalba, na comarca da Terra Chá.

Montes dos Cabaleiros

Os montes dos Cabaleiros pertencen ás serras setentrionais de Galiza e están localizados ao norte da serra do Xistral. Ao sur, limitan coa montes de Buio, entre os concellos de Cervo, Foz, O Valadouro e Burela.

Son montes de escasa altura que describen unha curva de orientación NE-SO.

O lugar de maior altura é o Monte Neda, con 798 metros sobre o nivel do mar.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Rúa, Cervo

Santa María de Rúa é unha parroquia que se localiza no concello lucense de Cervo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 325 habitantes (167 homes e 158 mulleres), distribuídos en 25 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 340 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 256 habitantes, sendo 125 homes e 131 mulleres.

San Cibrao, Lieiro, Cervo

San Cibrao é un lugar da parroquia de Lieiro, do concello de Cervo. Segundo o IGE en 2009 tiña 2138 habitantes (1079 homes e 1059 mulleres), 80 menos ca dez anos antes.

San Román de Vilaestrofe, Cervo

San Román de Vilaestrofe é unha parroquia que se localiza no concello de Cervo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 238 habitantes (122 homes e 116 mulleres), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 252 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 213 habitantes, sendo 106 homes e 107 mulleres.

Sargadelos, Cervo

Santiago de Sargadelos é unha parroquia que se localiza no concello de Cervo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 159 habitantes (80 homes e 79 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 163 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 129 habitantes, sendo 58 homes e 71 mulleres.

As fábricas de Sargadelos, creadas por Antonio Raimundo Ibáñez, que chegou a ter o título de Marqués de Sargadelos, marcaron un fito de industrialización en toda a comarca, e asociar o seu nome coa cerámica.

Serra do Corno de Cervo

A serra do Corno do Cervo é unha das serras orientais de Galiza e está localizada no concellos de Fonsagrada e arrodeada polas vales do río Rodil e mais os seus afluentes. Nas abas que dan a este río, consérvanse carballeiras que forman parte do espazo coñecido como Carballido.

O punto de maior altura é a Cruz do Pito, con 849 metros sobre o nivel do mar.

Serra do Xistral

A serra do Xistral forma o núcleo do serras setentrionais de Galiza que separa a Terra Chá do mar, do que irradian os serra da Toxiza cara ao leste, a Carba cara ao poñente, e montes de Buio e dos Cabaleiros, na caída do macizo cara ao litoral. Este conxunto montañoso esténdese polos concellos das Pontes de García Rodríguez, Abadín, Alfoz, Mondoñedo, Muras, Ourol, O Valadouro, Vilalba, Xermade, Xove, Viveiro e Cervo.

É un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.