Cervantes

Cervantes é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o IGE no 2015 tiña 1.487 habitantes (1.844 no 2007, 1.914 no 2006, 1.973 no 2005, 2.031 no 2004, 2.080 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cervantego».

Coordenadas: 42°52′22″N 07°03′44″O / 42.87278, -7.06222

Cervantes
Escudo de Cervantes
Casa consistorial de Cervantes
Casa consistorial
Situacion Cervantes
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca dos Ancares
Poboación1.377 hab. (2018)
Área277,6 km²
Densidade4,96 hab./km²
Entidades de poboación21 parroquias
Capital do concelloSan Román
Política (2019 [2])
AlcaldeBenigno Gómez Tadín (PSdeG-PSOE[3])
Concelleiros
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 6
Eleccións municipais en Cervantes
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes93,59%
Na rede
concellocervantes.es

Poboación

Censo total 1.487 (2015)
Menores de 15 anos 64 (4.3 %)
Entre 15 e 64 anos 802 (53.93 %)
Maiores de 65 anos 621 (41.76 %)
Evolución da poboación de Cervantes   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
7.181 7.245 7.952 3.218 2.031 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello ten unha superficie de 276 km². Está enmarcado no leste da provincia de Lugo, xa lindando con Asturias. Os seus cumios máis importantes son O Mustallar (1.924 m), Pico Penalonga (1.890 m), Pico Lagos (1.876 m), Pico Corno Maldito (1.848 m), Pico dos Charcos (1.847 m) e Pico Pena Rubia (1.821 m). Estas elevacións atópanse nas serras próximas da Trapa, Lóuzara, O Oribio, O Rañadoiro e O Piornal.

Está atravesado polos ríos Navia, Ser, Quindous, Cancelada, Cervantes, Barcia, Cabana, Castro, Cales, Cereixedo, Covas, Pontorrón, Ribón, Vilarello e Vilaver.

Flora e vexetación

As terras de Cervantes albergan nas montañas orientais unha gran riqueza florística. Sobre o total galego, que sitúase ao redor de 2 200 especies e subespecies; só na serra veciña do Courel cóntanse con 800 taxons, case o 40% do total, nunha área que representa o 1% da superficie galega. O catálogo dos Ancares, incluídas as dúas vertentes, componse de 1 028 especies e subespecies de plantas vasculares (cormófitos), aproximadamente a metade das existentes no conxunto de Galiza. Só de orquídeas hai 16 especies nos Ancares, máis da metade delas ligadas aos afloramentos calcáreos. Contabilízanse tamén alí 33 fentos, o que sitúa esas montañas na clase 7 de riqueza pteridodolóxica, sobre un máximo de 8.

O relativo bo estado de conservación da área tradúcese na existencia de restos boscosos cunha boa presenza de árbores: carballos, carballos de montaña, cerquiños, aciñeiras, faias, teixos, umeiros de montaña, abeleiras, acivros, bidueiros, castiñeiros, cerdeiras, sorbeiras, freixos, amieiros, salgueiros e lamigueiros.

Historia

O topónimo Cervantes fai referencia a que a zona é terra de cervos.

Os primeiros asentamentos no concello de Cervantes son de orixe prerromana. Da cultura castrexa consérvanse o castro de Santa María de Cervantes. Desa mesma época proceden as pallozas típicas dos Ancares, existentes aínda en aldeas coma Piornedo.

Durante a Idade Media as terras pertenceron a diferentes nobres, coma o marqués de San Sadurniño (que residiron até finais do século XIX no castelo de Quindós), ou o señor de Cervantes, conde de Villanueva de Cañedo e marqués de Alcañices, que exerceu xurisdición na zona desde o castelo de Doiras. A actual demarcación do concello chegou a estar dividida entre dous señoríos: o de San Miguel dos Agros e o dos condes de Grajal.

Sobre a orixe do escritor Miguel de Cervantes, tense falado da súa descendencia da liñaxe dos Cervantes. O cardeal das Indias Españolas, Álvaro Mendoza Caamaño y Sotomayor, era natural do Pando de Donís, e mandou construír en Lama de Rei un suntuoso pazo.

Durante a Guerra de Independencia as tropas napoleónicas, chegadas polo Camiño Real de Castela atoparon confrontación por parte das alarmas populares, que amparados pola orografía comarcal causaron varias baixas no exército invasor.

Patrimonio

O patrimonio arquitectónico máis coñecido do concello son as pallozas, conservadas en Piornedo, Donís, Robledo, Pozo, Pando, Sevane e Vilarello. Outras construcións populares son os frecuentes hórreos e pombais.

O castelo de Doiras é un dos mellores conservados de Galiza. A torre de Donís sinala a supervivencia señorial dun pobo de pastores, habitantes das pallozas. A fortaleza de Ferreira pertenceu aos dominios de Pedro Osorio Manrique.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Cervantes.
Palloza en Piornedo, Lugo

Palloza en Piornedo

Casa O crego, Vilaquinte, Cervantes, Galiza (España)

Vilaquinte

Ancares, degrada a Piornedo, Cervantes. Tres Bispos

Ancares, degrada a Piornedo, Cervantes. Tres Bispos

Lugares de Cervantes

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cervantes vexa: Lugares de Cervantes.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Cervantes". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Ribeira, Cervantes

San Martín da Ribeira é unha parroquia que se localiza no concello de Cervantes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 128 habitantes (68 homes e 60 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 142 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 83 habitantes, sendo 48 homes e 35 mulleres.

Ambasvías, Cervantes

Santalla de Ambasvías é unha parroquia que se localiza no concello de Cervantes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 41 habitantes (26 homes e 15 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 44 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 29 habitantes, sendo 20 homes e 9 mulleres.

Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes

A Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes é unha biblioteca española que reúne obras hispánicas en internet. Ten como obxectivo principal a difusión da cultura hispánica.

Foi creada en 1999 por iniciativa da Universidade de Alacant e co patrocinio do Banco Santander e a Fundación Marcelino Botín. Está xestionada por unha fundación que preside Mario Vargas Llosa. A idea orixinal do proxecto concibiuna Andrés Pedreño Muñoz, reitor da Universidade de Alacant nese momento, inspirada no concepto de biblioteca dixital dalgunhas universidades estadounidenses. El foi quen presentou a Emilio Botín, Presidente do Banco Santander un proxecto pioneiro en dixitalización de obras de referencia hispanas, algo que dende primeiro momento entusiasmou ó máximo responsable do Santander e deulle o seu respaldo.

Un consello científico, dirixido por Darío Villanueva, avala o rigor da biblioteca.

Castelo, Cervantes

San Pedro de Castelo é unha parroquia que se localiza no concello de Cervantes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 37 habitantes (19 mulleres e 18 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón o mantemento en relación ao ano 1999 cando tiña 37 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 31 habitantes, sendo 19 homes e 12 mulleres.

Castro de Santa María de Cervantes

O castro de Santa María de Cervantes é un poboado castrexo situado na ribeira dos Ancares, na parroquia do Castro, a 12 km da capital do concello de Cervantes, na provincia de Lugo.

Cereixedo, Cervantes

Santiago de Cereixedo é unha parroquia que se localiza no concello de Cervantes. Segundo o IGE en 2014 tiña 255 habitantes (148 homes e 107 mulleres) distribuídos en 26 entidades de poboación. En 2004 tiña 335 habitantes (196 homes e 139 mulleres), 29 máis ca en 1999.

Comarca dos Ancares

Os Ancares é unha comarca situada ó leste da provincia de Lugo cuxa capital é Becerreá, que á súa vez é o concello máis poboado. Toma o nome da serra que está situada na parte máis oriental de Galiza, nos límites con Asturias e Castela e León. Pertencen a ela os concellos de Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.

Donís, Cervantes

San Fiz de Donís é unha parroquia que se localiza no concello de Cervantes. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 196 habitantes (114 homes e 82 mulleres), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 273 habitantes.

Miguel de Cervantes

Miguel de Cervantes Saavedra, nado en Alcalá de Henares o 29 de setembro de 1547 e finado en Madrid o 23 de abril de 1616, foi un escritor en lingua castelá de novela, poesía e teatro, considerado a máxima figura da literatura castelá. É universalmente coñecido, sobre todo, por ser o autor de Don Quixote da Mancha, que moitos críticos describen como a primeira novela moderna e unha das mellores obras da literatura universal. Iso deulle o sobrenome de "Príncipe dos Enxeños".

Noceda, Cervantes

San Pedro de Noceda é unha parroquia que se localiza no concello de Cervantes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 67 habitantes (38 homes e 29 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 70 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 47 habitantes, sendo 26 homes e 21 mulleres.

O Castro, Cervantes

Santa María do Castro é unha parroquia que se localiza no concello de Cervantes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 86 habitantes (50 homes e 36 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 90 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 62 habitantes, sendo 34 homes e 28 mulleres.

Nesta parroquia atópase o castro de Santa María de Cervantes.

A igrexa parroquial, feita con lousa en cachotería, foi encalada e pintada no 2011.

O Mosteiro, Cervantes

San Xoán do Mosteiro é unha parroquia que se localiza no concello lucense de Cervantes na comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 73 habitantes (38 homes e 35 mulleres), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 91 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 62 habitantes, sendo 35 homes e 27 mulleres.

San Pedro de Cervantes, Cervantes

San Pedro de Cervantes é unha parroquia que se localiza no concello de Cervantes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 143 habitantes (72 mulleres e 71 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 157 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 110 habitantes, sendo 55 homes e 55 mulleres.

San Román de Cervantes, Cervantes

San Román de Cervantes é unha parroquia que se localiza no concello de Cervantes. Segundo o IGE, en 2013 tiña 90 habitantes (49 homes e 41 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 115 habitantes.

San Tomé de Cancelada, Cervantes

San Tomé de Cancelada é unha parroquia que se localiza no concello lugués de Cervantes na comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 151 habitantes (76 mulleres e 75 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 169 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 123 habitantes, sendo 63 homes e 60 mulleres.

Vilaquinte, Cervantes

San Breixo de Vilaquinte é unha parroquia que se localiza no concello de Cervantes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 43 habitantes (24 homes e 19 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 53 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 31 habitantes, sendo 20 homes e 11 mulleres.

Vilarello, Cervantes

Santa María de Vilarello é unha parroquia que se localiza no concello de Cervantes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 147 habitantes (82 homes e 65 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 168 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 114 habitantes, sendo 66 homes e 48 mulleres.

Vilaspasantes, Cervantes

San Xoán de Vilaspasantes é unha parroquia que se localiza no concello de Cervantes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 77 habitantes (48 homes e 29 mulleres), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 93 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 58 habitantes, sendo 37 homes e 21 mulleres.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.