Cerponzóns, Pontevedra

San Vicente de Cerponzóns é unha parroquia situada ao norte do concello de Pontevedra. No ano 2015 tiña un total de 806 habitantes, 366 homes e 385 mulleres. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 815 habitantes (424 mulleres e 391 homes), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 845 habitantes.

Limita con Alba, Verducido e Lérez. Cerponzóns pertenceu ao concello de Alba, adherido en 1868 ao de Pontevedra.

Coordenadas: 42°28′33″N 08°38′28″O / 42.47583, -8.64111

Cerponzóns
Cerponzóns
Igrexa parroquial
ConcelloPontevedra
Área6,1 km²
Poboación751 hab. (2015)
Densidade123,11 hab./km²
Entidades de poboación13

Patrimonio

A igrexa parroquial é un templo orixinario do século XII con diversas reconstrucións posteriores. O retablo maior ten unha imaxe de San Vicente mártir do século XVIII, que representa o santo con figura xuvenil, vestido de diácono e cunha cruz nunha man e os Evanxeos na outra. Tanto no interior do templo como no seu exterior, poden contemplarse varios escudos nobiliarios da familia Osorio-Galos. Desde o outeiro no que está situada, divísase a cidade de Pontevedra, o río Lérez e a ría de Pontevedra.

Consérvanse tres cruceiros e varios muíños no curso do río Rons, algún deles aínda en funcionamento, ademais de catro edificios nobres, anteriores ao século XVIII, entre eles a casa reitoral.

A ruta portuguesa do Camiño de Santiago entra en Cerponzóns pola ponte de San Caetano, sobre o río Rons. Río arriba, preto do seu nacemento, está o embalse de Pontillón de Castro, lugar empregado decote para celebrar competicións de piragüismo.

Mentres se construía o camiño real de Pontevedra a Santiago de Compostela, en 1797 o arcebispo Malvar mandou construíu unha ponte para salvar o río Rons. Por ese camiño discorre a estrada N-550 que atravesa a parroquia, se ben en 1997 se construíu unha ponte paralela[1].

Celébrase a festa patronal o cuarto domingo de xaneiro (San Vicente) e tamén a do Corpus Christi, coas súas alfombras florais.

Galería de imaxes

N-550 Tilve, Cerponzóns

Vista de Tilve e ponte sobre o río Rons nun tramo vello da estrada N-550.

Cruceiro A Balea Cerponzóns

Cruceiro na Balea.

Leguario Cerponzóns

Fito de legua na N-550 ao seu paso polo Cunchido.

Notas

  1. "El puente de Cerponzóns", artigo de Milagros Bará en Diario de Pontevedra, 28 de outubro de 2015.

Lugares e parroquias

Parroquias de Pontevedra

Véxase tamén

Outros artigos

Elvira Ribeiro Tobío

Elvira Ribeiro Tobío, nacida en Cerponzóns (Pontevedra) o 5 de maio de 1971, é unha poeta galega.

Fito (sinal)

Un fito é un sinal de tráfico situado á beira dunha vía de comunicación (estrada, vía férrea ou camiño) para indicar lugares e distancias. Indica a nomenclatura da vía e máis a distancia desde o inicio da mesma, ou o lugar que se atravesa.

Teñen a súa orixe nos miliarios, columnas xeralmente de granito situadas nas vías romanas. Na idade moderna usáronse tamén leguarios (situados cada legua). Os fitos actuais adoitan ser de metal e están instalados cada quilómetro, cun máis destacado cada dez quilómetros.

Galería de imaxes de Pontevedra

Imaxes do concello de Pontevedra na provincia de Pontevedra.

Juan Carlos Vilar Pérez

Juan Carlos Vilar Pérez, nado en Cerponzóns (Pontevedra) o 4 de decembro de 1958, é un profesor e debuxante galego.

Leborei, Cerponzóns, Pontevedra

Leborei é un lugar da parroquia de Cerponzóns no concello de Pontevedra na comarca homónima. Tiña unha poboación censada de 89 habitantes no ano 2013 segundo datos do IGE, dos cales 44 eran homes e 45 mulleres, o que representa un progresivo descenso en relación ó ano 2010, cando tiña 97 veciños, e respecto ó ano 2004, cando eran 103 veciños.

N-550

A N-550 é unha estrada nacional que parte da Coruña e remata en Tui. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña). Orixinariamente o seu percorrido era entre A Coruña e Vigo. Despois fíxose a variante desde Redondela até Tui, que quedou como trazado definitivo.

Discorre pola depresión meridiana e vertebra os principais núcleos de poboación de Galicia. O seu trazado correspóndese en parte coa Vía XIX do itinerario de Antonino, entre Tui e Iria Flavia, por onde discorre tamén a vía portuguesa do Camiño de Santiago. Na década de 1970 construíuse a autoestrada AP-9, que vai paralela a esta estrada.

O Castrado, Cerponzóns, Pontevedra

O Castrado é un lugar da parroquia de Cerpozóns no concello de Pontevedra.

O seu topónimo, ao igual que outros como O Queimado, débese ao acto de rozar, castrar ou desbravar un terreo e despois queimalo para cultivar.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.