Cerdido

Cerdido é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2014 tiña 1249 habitantes (1361 no 2010, 1496 no 2006, 1522 no 2005, 1558 no 2004, 1589 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cerdidense».

Coordenadas: 43°36′43″N 07°57′17″O / 43.61194, -7.95472

Cerdido
Escudo de Cerdido
Casa do Concello de Cerdido
Casa do Concello
Situacion Cerdido
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca do Ortegal
Poboación1.126 hab. (2018)
Área52,7 km²
Densidade21,37 hab./km²
Entidades de poboación3 parroquias
Capital do concelloAs Felgosas
Política (2019[2])
AlcaldeBenigno Galego Castro (PSdeG-PSOE)
Concelleiros
PPdeG: 2
PSdeG-PSOE: 7
Eleccións municipais en Cerdido
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes89,06%
Na rede
www.cerdido.org
correo@cerdido.dicoruna.es

Demografía

Censo total 2014 1249 habitantes
Menores de 15 anos 93 (7,44 %)
Entre 15 e 64 anos 683 (54,68 %)
Maiores de 65 anos 473 (37,87 %)
Evolución da poboación de Cerdido   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
3060 3350 3696 2195 1558 1361 1312 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Toponimia

O topónimo deriva do latín quercetum, debido á abundancia de carballos da zona, ou de cer(e)setum, neste caso de cerdeiras[4].

Xeografía

O concello sitúase ao norte da provincia da Coruña. Limita ao norte con Cedeira, ao leste con Ortigueira, ao sur coas Somozas e Moeche, e ao oeste con Valdoviño. Ten unha extensión de 52,63 km², cunha altitude media de 240 m. Pertence á Rede Natura 2000 da ría de Ortigueira-Mera.

Atópase entre as serras de Forgoselo e A Faladoira e o val de San Sadurniño. Os diversos ríos e regatos que discorren polo territorio verquen as augas en dúas cuncas: a do río Mera, que desemboca na ría de Ortigueira, e o río Porto do Cabo, que desemboca na ría de Cedeira.

A máxima altura atópase no monte de Francoi (408 m). Outros cumios son o monte Texón (326 m) e o Couto da Forca (356 m), entre os cales está o val do río de Pontellas. Ten un clima oceánico, con temperaturas suaves.

Historia

No castro de Cerdido, preto do lugar da Igrexa, foi atopado en 1840 un torque de ouro moi diferente aos atopados en Galiza, máis parecido aos presentes en Irlanda.

No século VI, durante o reino suevo, foi incluído no condado de Labacengos, pertencente á diocese de Iria Flavia.

O topónimo de Cerdido aparece documentado por vez primeira nun documento do 3 de novembro de 1152, polo cal Fernán Pérez e a súa muller Sancha González, doan os bens da igrexa de San Martiño de Cerdido ao mosteiro de San Martiño de Xuvia.

No século XVII o marqués de San Sadurniño (que tamén posuía o título de visconde de Cerdido) designaba un xuíz para o concello. Trala división local e provincial do século XIX o concello quedou formado polas parroquias de Cerdido e Os Casás. A Barqueira converteuse en parroquia en 1869, ao formarse un núcleo de certa importancia no barrio de Malados, na estrada entre Ferrol e Viveiro, onde había un mesón e a capela de Santo Antón. A Barqueira era o nome do mesón.

Goberno municipal

Alcalde durante varias décadas, Bernardino Breijo (PP) renunciou a esta condición e á de edil na corporación municipal en abril de 2006, a pouco máis dun ano das seguintes eleccións locais. Entrou no seu lugar, como alcaldesa, Ana Rodríguez Montero.

Nos comicios de maio de 2007, o PP volveu a ser o máis votado, pero perdeu un escano, acadando 5 concelleiros. Obtivo maioría absoluta, fronte aos 2 edís do BNG e os outros 2 que recolleu o PSdeG-PSOE. Ana Rodríguez Monteiro repetiu como rexedora.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Cerdido.
Igrexa de Cerdido

Igrexa de San Martiño de Cerdido

Hórreo na Cruz Encarnada

Hórreo na Cruz Encarnada

Palleiro

Palleiro

Hotel de naturaleza a via láctea, A Barqueira, Cerdido

Hotel de natureza A Via Láctea, A Barqueira, Cerdido

Lugares de Cerdido

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cerdido vexa: Lugares de Cerdido.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. Gonzalo Navaza. Fitotoponimia de Galicia (PDF). p. 208.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Barqueira, Cerdido

Santo Antonio da Barqueira é unha parroquia do concello de Cerdido, na comarca do Ortegal.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

A Barqueira Vella, A Barqueira, Cerdido

A Barqueira Vella é un lugar da parroquia da Barqueira no concello de Cerdido na provincia da Coruña. Tiña 3 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 2 homes e 1 muller, o que supón unha diminución en relación ao ano 2003 cando tiña 7 habitantes.

A Cruz Encarnada, A Barqueira, Cerdido

A Cruz Encarnada é un lugar da parroquia da Barqueira no concello de Cerdido na provincia da Coruña. Tiña 2 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 1 home e 1 muller, o que supón unha diminución con respecto ao ano 2007 cando tiña 3 habitantes.

Abelleira de Abaixo, A Barqueira, Cerdido

Abelleira de Abaixo é un lugar da parroquia da Barqueira no concello de Cerdido na provincia da Coruña. Tiña 2 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 2 homes, o que supón unha diminución en relación ao ano 2007 cando tiña 3 habitantes.

Abelleira de Arriba, A Barqueira, Cerdido

Abelleira de Arriba é un lugar da parroquia da Barqueira no concello de Cerdido na provincia da Coruña. Tiña 16 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 8 homes e 8 mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 2007 cando tiña 21 habitantes.

Aldar, A Barqueira, Cerdido

Aldar é un lugar da parroquia da Barqueira no concello de Cerdido na provincia da Coruña. No ano 2016 estaba despoboado segundo datos do Instituto Galego de Estatística, unha diminución en relación ao ano 2007 cando tiña 9 habitantes.

As Barbelas, A Barqueira, Cerdido

As Barbelas é un lugar da parroquia da Barqueira no concello de Cerdido na provincia da Coruña. Tiña 11 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 7 homes e 4 mulleres, a mesma que tiña no ano 2007.

As Felgosas, A Barqueira, Cerdido

As Felgosas é un lugar da parroquia da Barqueira no concello de Cerdido na provincia da Coruña. Tiña 158 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 71 homes e 87 mulleres, o que supón un aumento en relación ao ano 2003 cando tiña 154 habitantes.

Barbas, A Barqueira, Cerdido

Barbas é un lugar da parroquia da Barqueira no concello de Cerdido na provincia da Coruña. Tiña 8 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 4 homes e 4 mulleres, o que supón un aumento en relación ao ano 2007 cando tiña 6 habitantes.

Cerdido, Cerdido

San Martiño de Cerdido é unha parroquia do concello de Cerdido, na comarca do Ortegal. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 601 habitantes (303 homes e 298 mulleres), distribuídos en 33 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 679 habitantes.

Comarca de Ortegal

A comarca de Ortegal é unha comarca galega situada no norte da provincia da Coruña. Abrangue os concellos de Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira. A comarca non conta con capital oficial, se ben é Ortigueira onde se sitúan determinadas estruturas administrativas (Xulgado de Instrución, Delegación de Facenda, Oficina do INSS, Notaría, Rexistro da Propiedade...), que sumado á súa posición xeográfica central e a de ser o concello máis poboado e máis extenso, lle confiren esa condición oficiosa de capital.

Limita ao norte co océano Atlántico, ao sur co concello das Pontes de García Rodríguez (comarca do Eume), ao leste coa comarca da Mariña Occidental -xa na provincia de Lugo- e ao oeste coa comarca de Ferrol, onde se integra o concello de Cedeira, tradicionalmente integrado na comarca do Ortegal por razóns históricas e xeográficas, condición que abandonou nos anos 90 ao producirse a división comarcal de Galicia, por consideralo mellor para os seus intereses.

Lamigueiro Vello, A Barqueira, Cerdido

Lamigueiro Vello é un lugar da parroquia da Barqueira no concello de Cerdido na provincia da Coruña. Tiña 1 habitante no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística o cal era 1 muller, o que non supón ningún cambio con respecto ao ano 2003.

Lobeira, A Barqueira, Cerdido

Lobeira é un lugar da parroquia da Barqueira no concello de Cerdido na provincia da Coruña. Tiña 16 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 7 homes e 9 mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 2003 cando tiña 23 habitantes.

Moutillón, A Barqueira, Cerdido

Moutillón é un lugar da parroquia da Barqueira no concello de Cerdido na provincia da Coruña. Tiña 14 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 7 homes e 7 mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 2003 cando tiña 19 habitantes.

O Feal, A Barqueira, Cerdido

O Feal é un lugar da parroquia da Barqueira no concello de Cerdido na provincia da Coruña. Tiña 2 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística que eran 2 homes, o que non supón ningún cambio con respecto ao ano 2003.

O Porto, A Barqueira, Cerdido

O Porto é un lugar da parroquia da Barqueira no concello de Cerdido na provincia da Coruña. Tiña 104 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 45 homes e 59 mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 2003 cando tiña 112 habitantes.

Os Abruñeiros, A Barqueira, Cerdido

Os Abruñeiros é un lugar da parroquia da Barqueira no concello de Cerdido na provincia da Coruña. Tiña 14 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 6 homes e 8 mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 2007 cando tiña 19 habitantes.

Os Casás, Cerdido

San Xoán dos Casás é unha parroquia do concello de Cerdido, na comarca do Ortegal. Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Riovello, A Barqueira, Cerdido

Riovello é un lugar da parroquia da Barqueira no concello de Cerdido na provincia da Coruña. Tiña 7 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 3 homes e 4 mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 2003 cando tiña 10 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.