Cerdedo-Cotobade

Cerdedo-Cotobade é un concello da provincia de Pontevedra creado o 22 de setembro de 2016 a partir da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade.[1] Ten 5.815 habitantes (suma de datos do IGE 2018)[4] e unha superficie de 214,5 km². Limita cos concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, A Estrada, Forcarei, A Lama e Ponte Caldelas.[5]

Coordenadas: 42°28′19″N 08°28′55″O / 42.47194, -8.48194

Cerdedo-Cotobade
Escudo de Cerdedo
Escudo de Cotobade


ConcelloCot
Casa do concello de Cerdedo-Cotobade.
Situacion Cerdedo-Cotobade
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca
Poboación5.815 hab. (2018)
Área214,5 km²
Densidade27,11 hab./km²
Entidades de poboación21 parroquias
Capital do concelloA Chan[1]
Política (2019)
AlcaldeJorge Cubela (PPdeG[2])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 9
PSdeG-PSOE: 3
Eleccións municipais en Cerdedo-Cotobade
Uso do galego[3] ()
Galegofalantes%
Na rede
http://www.cerdedo-cotobade.gal/

Xeografía

Demografía

Para os históricos de poboación anteriores a 2015 véxanse as páxinas do concello de Cerdedo e do concello de Cotobade.

Evolución da poboación
Censo Total 5.815 (2015)
Menores de 16 anos 536 (9.22 %)
Entre 16 e 64 anos 3.301 (56.77 %)
Maiores de 65 anos 1.978 (34.01 %)

Historia

Fusión Cerdedo-Cotobade

A principios de 2016 iniciouse un proceso de fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade.[6] O 7 de xullo do mesmo ano os dous concellos desestimaron as alegacións sobre a fusión completando os trámites municipais.[7] A pesar dos rexeitamentos,[8][9][10][11] a fusión fíxose oficial o 18 de outubro de 2016.[12]

Cultura

Claustro Mosteiro de San Pedro de Tenorio, Cotobade
Claustro do mosteiro de Tenorio.
Portela da Laxe
Petróglifos de Portela da Laxe

Toponimia

O topónimo procede da combinación dos do concello de Cerdedo e do concello de Cotobade trala súa fusión.

Cerdedo

Cerdedo, como Cerdido, é un fitotopónimo abundancial: podería proceder tanto de quercetum, debido á presenza de carballos da zona, como de cer(e)setum, neste caso de cerdeiras[13]. .

Cotobade

En ocasións pensouse que o topónimo Cotobade derivaba de couto do abade, dado que toda a comarca pertencía á antiga xurisdición que exercía o superior do convento de bieitos de Tenorio, e como tamén mal referenciara o Padre Sarmiento. O nome aparece referenciado ao logo da historia coma: Castro Cutubade cum tota terra sua (ano 1180); Terra que dicitur Montes in qua est castellum Cutubadi (ano 1182), Terra que dicitur Montes in qua est castellum Cutubadi (ano 1188); castrum quod dicitur Cotobadi cum pertinentiis suis (ano 1199), castrum quod dicitur Cotobade (ano 1225). Cotobade débese descompoñer en coto, palabra galaica de orixe prerromana *Cotto (…) e un nome persoal en xenitivo Bade, o cal se repite illado na toponimia galega e parece que non é aférese de abbas -atis, "abade", senón o antropónimo Vatis (Ares 2001:74). [14]

Patrimonio

Patrimonio arqueolóxico[15]

Patrimonio arquitectónico[16]

Etnografía

Festas e celebracións

Política e goberno

Até as eleccións municipais de 2019, o concello está rexido por unha comisión xestora de 20 membros. O presidente da xestora é o anterior alcalde de Cotobade, Jorge Cubela e o vicepresidente o de Cerdedo, José Balseiros.[19]

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Cerdedo-Cotobade.
Sanestevodepedre

Igrexa parroquial de Pedre.

Ponteromanapedre

Ponte romana sobre o río Lérez.

CapelaAntón

Capela de Santo Antón en San Xoán de Cerdedo.

SBChamadoira

Capela de San Bartolomeu en Chamadoira.

IgrexaAguasantas

Igrexa parroquial de Santa María de Aguasantas.

Muíño acueduto Cotobade

Muíño con acueduto no rego de Chan das Latas.

Casa consistorial de Cerdedo

Antiga casa do concello de Cerdedo.

Lugares de Cerdedo-Cotobade

Notas

  1. 1,0 1,1 DECRETO 134/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba a fusión voluntaria dos municipios de Cerdedo e Cotobade e se constitúe o municipio de Cerdedo-Cotobade., DOG nº 197, de 17 de outubro de 2016.
  2. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). cotobade "Cerdedo - Cotobade" |url= incorrecto (Axuda). www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego).
  5. Piñeiro, Á. (18 de outubro de 2016). "A Xunta oficializa a fusión de Cerdedo-Cotobade e a Galicia dos 313 concellos". Diario de Pontevedra. Consultado o 18 de outubro de 2016.
  6. Cerdedo-Cotobade recibirá 1,6 millones de la Xunta si culminan la fusión antes del 30 de octubre
  7. Cerdedo y Cotobade completan el último trámite municipal para su fusión al aprobar en pleno el dictamen de alegaciones
  8. Rechazo frontal de la Diputación a la fusión de Cotobade y Cerdedo
  9. ¿Deben fusionarse Cotobade y Cerdedo?
  10. Em maos incompetentes: sobre a fusom Cerdedo-Cotobade
  11. Palestra sobre o projeto de fusom Cerdedo-Cotobade
  12. La Xunta oficializa la fusión de Cerdedo-Cotobade y la Galicia de los 313 concellos
  13. Gonzalo Navaza. Fitotoponimia de Galicia (PDF). p. 208.
  14. Gonzalo Navaza: "Cotobade. Nin couto nin abade" Portal das Palabras, RAG.
  15. Sitios arqueolóxicos en Cotobade[Ligazón morta] (en castelán).
  16. Patrimonio arquitectónico de Cotobade[Ligazón morta]
  17. La Festa da Vincha de Cerdedo celebra sus 10 años de historia con una concurrida edición
  18. 6ª Festa do Xabarín
  19. "Cerdedo-Cotobade xa ten xestora para pilotar o rumbo do municipio ata 2019". El Progreso. 20 de outubro de 2016. Consultado o 15 de novembro de 2016.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Aguasantas, Cerdedo-Cotobade

Santa María de Aguasantas é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE no 2010 tiña 326 habitantes (130 homes e 196 mulleres), 26 menos ca en 2007. Dos 28 lugares da parroquia, 15 están habitados.

Almofrei, Cerdedo-Cotobade

San Lourenzo de Almofrei é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2010 tiña 268 habitantes (136 homes e 132 mulleres), 8 menos ca en 2007. Dos 9 lugares da parroquia, 5 están habitados.

O topónimo ''Almofrei é de orixe xermánica, indicando o nome gótico latinizado do posesor Ermaufredus, seguramente altomedieval. O xenitivo Ermaufredi evolucionou a Almofrei, que dá nome á súa vez ó río Almofrei.

Borela, Cerdedo-Cotobade

San Martiño de Borela é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE no 2007 tiña 381 habitantes (190 homes e 191 mulleres), un menos ca en 2006. Dos seus 11 lugares, 9 están habitados.

Carballedo, Cerdedo-Cotobade

San Miguel de Carballedo é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2011 tiña 329 habitantes (143 homes e 186 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 350 habitantes. Dos 14 lugares da parroquia, 11 están habitados.

O topónimo fai referencia á abundancia de carballos na zona.

Caroi, Cerdedo-Cotobade

Santiago de Caroi é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 128 habitantes (61 homes e 67 mulleres), 29 menos ca en 2006. Dos 12 lugares da parroquia, están habitados 11.

Cerdedo, Cerdedo-Cotobade

San Xoán de Cerdedo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 688 habitantes (311 homes e 377 mulleres) distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 870 habitantes.

Corredoira, Cerdedo-Cotobade

San Gregorio de Corredoira é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 127 habitantes (64 homes e 63 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación co ano 2005 cando tiña 166 habitantes.

Figueiroa, Cerdedo-Cotobade

San Martiño de Figueiroa é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2012 tiña 175 habitantes (92 mulleres e 83 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 324 habitantes.

Folgoso, Cerdedo-Cotobade

Santa María de Folgoso é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2012 tiña 145 habitantes (77 mulleres e 68 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 194 habitantes.

Loureiro, Cerdedo-Cotobade

Santiago de Loureiro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 151 habitantes (65 homes e 86 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 181 habitantes.

Parada, Cerdedo-Cotobade

San Pedro de Parada é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2012 tiña 56 habitantes (28 mulleres e 28 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 96 habitantes.

Quireza, Cerdedo-Cotobade

San Tomé de Quireza é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2012 tiña 372 habitantes (178 mulleres e 194 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 470 habitantes.

Rebordelo, Cerdedo-Cotobade

San Martiño de Rebordelo é unha parroquia que se localiza centro do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 145 habitantes (66 homes e 79 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un descenso respecto ó 2005 cando tiña 167.

Sacos, Cerdedo-Cotobade

Santa María de Sacos é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 244 habitantes (111 homes e 133 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución respecto ó 2005, cando tiña 281 habitantes.

San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade

San Xurxo de Sacos é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 519 habitantes (262 homes e 257 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación co ano 2006, cando tiña 610 habitantes.

Tenorio, Cerdedo-Cotobade

San Pedro de Tenorio é unha parroquia que se localiza no oeste do concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. É a parroquia con maior poboación do concello. Segundo o IGE en 2015 tiña 1168 habitantes (579 homes e 589 mulleres), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento de 13 persoas en comparación co ano 2006.

Limita ao norte con Fragas (Campo Lameiro) e Viascón, ao sur con Almofrei e Borela, ao leste con Viascón, Rebordelo e Borela, e ao oeste con Xeve e Bora. Está atravesada polo río Tenorio, afluente do río Lérez, que serve de fronteira co concello de Pontevedra.

Pola parroquia discorre a estrada N-541.

Tomonde, Cerdedo-Cotobade

Santa María de Tomonde é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerdedo-Cotobade, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en 2012 tiña 173 habitantes (95 mulleres e 78 homes) 51 menos ca en 1999. Ten cinco entidades de poboación.

Valongo, Cerdedo-Cotobade

Santo André de Valongo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2010 tiña 131 habitantes (58 homes e 73 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 159 habitantes. A parroquia inclúe os terreos da desaparecida parroquia de San Lourenzo da Escuadra.

Viascón, Cerdedo-Cotobade

Santiago de Viascón é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 455 habitantes (230 homes e 225 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación, 51 máis ca en 2006.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.