Cercio, Lalín

Santiago de Cercio é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 246 habitantes (126 mulleres e 120 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 285 habitantes.

Nesta parroquia fundouse a Banda de música de Mato.

Coordenadas: 42°45′13″N 8°07′30″O / 42.7535316, -8.1249386

Cercio
Igrexa de Santiago de Cercio, Lalín
Igrexa de Santiago de Cercio.
ConcelloLalín
Área3,9 km²
Poboación246 hab. (2011)
Densidade63,08 hab./km²
Entidades de poboación8

Patrimonio

CEIP Plurilingüe Varela Buxán de Cercio (Lalín)
CEIP Plurilingüe Varela Buxán de Cercio (Lalín)

Cercio conserva unha igrexa construída no ano 1700 e un cruceiro levantado en 1908. No chamado Coto das Covas consérvase a entrada dunha escavación subterránea, da que se di que os romanos extraeron ferro, estaño e volframio, aínda que semella máis unha simple cala de prospección.

Servizos

Cercio conta cun colexio público, chamado CEIP Plurilingüe Varela Buxán.[1] As especialidades impartidas nel son: Música, Relixión, Educación Física, Inglés e Seccións bilingües.

Dito Colexio leva o nome de Varela Buxán en conmemoración ao escritor e director teatral galego Manuel Daniel Varela Buxán, nado en Lamas (A Estrada) o 2 de marzo de 1909 e finado en Cercio (Lalín) o 25 de setembro de 1986.

Na parroquia tamén se encontra unha Sociedade cooperativa, Cobideza.[2] Foi fundada no ano 1994, aínda que xa funcionaba como unha agrupación de gandeiros a finais dos anos 80. Na actualidade esta Sociedade conta con 250 socios (155 deles produtores de leite) dos seguintes concellos: Lalín, Agolada, Vila de Cruces e Silleda. Os servizos que se ofrecen son a comercialización de leite crúa, servizo de maquinaria, servizo de veterinarios, servizo agronómico, servizo de alimentación, servizo de substitución, servizo farmacéutico e tramitación de seguros agrogandeiros.

Cercio conta cun grupo de baile e música tradicional denominado A Carballeira de Cercio.[3] Creada en 1997 por Juan Morandeira e constituída actualmente por 30 compoñentes de diferentes idades que actúan en Festivais de folclore, tanto en Galicia como en diferentes provincias da Península.

Festas

O 14 e o 15 de setembro celebra as súas festas patronais, en honor Virxe dos Milagros.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Cercio, Lalín.

Lugares e parroquias

Parroquias de Lalín

Notas

  1. "CEIP Varela Buxán". www.edu.xunta.gal. Consultado o 8-5-2019.
  2. Sociedad Cooperativa de la Bisbarra del Deza
  3. A Carballeira de Cercio

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

As Pallotas, Cercio, Lalín

As Pallotas é un lugar da parroquia de Cercio, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza. Segundo o INE, no 2008 tiña 32 habitantes (14 homes e 18 mulleres), o que supón unha diminución de 5 habitantes con respecto ao ano 2000.

Banda de música de Mato

A Banda de música de Mato foi unha agrupación musical afincada no lugar de Mato, na parroquia lalinense de Cercio.

Cercio de Abaixo, Cercio, Lalín

Cercio de Abaixo é un lugar da parroquia de Cercio, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza. Segundo o INE, no 2008 tiña 32 habitantes (14 homes e 18 mulleres), o que supón unha diminución de 5 habitantes con respecto ao ano 2000.

Cercio de Arriba, Cercio, Lalín

Cercio de Arriba é un lugar da parroquia de Cercio, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza. Segundo o INE, no 2008 tiña 32 habitantes (14 homes e 18 mulleres), o que supón unha diminución de 5 habitantes con respecto ao ano 2000.

Chares, Cercio, Lalín

Chares é un lugar da parroquia de Cercio, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2011 tiña 32 habitantes (17 homes e 15 mulleres), 5 menos ca en 2000.

Diego de Muros II

Diego de Muros, nado en Muros e finado en Las Palmas de Gran Canaria en 1506, foi un relixioso galego. É coñecido como Diego de Muros II para distinguilo de dous familiares seus do mesmo nome.

Loucenzo, Cercio, Lalín

Loucenzo é un lugar da parroquia de Cercio, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza. Segundo o IGE, no 2011 tiña 36 habitantes (14 homes e 22 mulleres), o que supón unha diminución de 5 habitantes que no ano 2000.

Manuel Daniel Varela Buxán

Manuel Daniel Varela Buxán, nado en Lamas (A Estrada) o 2 de marzo de 1909 e finado en Cercio (Lalín) o 25 de setembro de 1986, foi un escritor e director teatral galego.

Mato, Cercio, Lalín

Mato é un lugar da parroquia de Cercio, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza. Segundo o IGE, no 2011 tiña 26 habitantes (13 homes e 13 mulleres), o que supón unha diminución de 4 habitantes con respecto ao ano 2000.

Neste lugar xurdiu a Banda de música de Mato.

Santa Baia, Cercio, Lalín

Santa Baia é un lugar da parroquia de Cercio, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza. Segundo o IGE, no 2011 tiña 19 habitantes (9 homes e 10 mulleres), o que supón unha diminución de 1 habitante con respecto ao ano 2000.

Xirón, Cercio, Lalín

Xirón é un lugar da parroquia de Cercio, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza. Segundo o IGE, no 2011 tiña 22 habitantes (14 homes e 8 mulleres), o que supón unha diminución de 7 habitantes con respecto ao ano 2000.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.