Cerceda

Cerceda é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes.

Coordenadas: 43°11′19″N 08°28′13″O / 43.18861, -8.47028

Cerceda
Escudo de Cerceda
P1120447 Cerceda casa concello
Casa do concello.
Situacion Cerceda
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Ordes
Poboación5.023 hab. (2018)
Área110,9 km²
Densidade45,29 hab./km²
Entidades de poboación6 parroquias
Capital do concelloCerceda
Política (2019[2])
AlcaldeJosé García Liñares (PSdeG-PSOE[3])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 7
Eleccións municipais en Cerceda
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes83,19%
Na rede
www.cerceda.org
correo@cerceda.dicoruna.es

Demografía

Segundo o IGE a súa poboación no 2014 era de 5.156 habitantes (5.570 no 2009, 5.483 no 2006, 5.500 no 2005, 5.499 no 2004, 5.471 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cercedense».

Censo total 2014 5.156 habitantes
Menores de 15 anos 520 (10.08 %)
Entre 15 e 64 anos 3.101 (60.14 %)
Maiores de 65 anos 1.535 (29.77 %)
Evolución da poboación de Cerceda   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4.803 5.949 7.418 7.201 5.499 5.486 5.318 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Patrimonio

Existen restos de dous castros galaicos, o castro de Coto de Guichar (na parroquia das Encrobas) e o castro de Cerceda. Neste atopouse un torque de ouro.

Entre os diversos templos relixiosos destaca a igrexa de Santo André de Meirama, construída no século XII e reformada en 1720.

Do pazo de Boedo, declarado en 1994 Ben de Interese Cultural, mantense do un caserón cun par de chemineas e uns brasóns. No pazo-torre de Gontón das Encrobas están localizadas na actualidade as oficinas da empresa mineira Limeisa. A súa torre tiña orixe medieval. O pazo das Lavandeiras foi construído no século XVIII, de estilo barroco, estando no presente restaurado. Forma parte dun conxunto histórico fundado polos descendentes dos Becerra.

Economía

Cerceda é un concello con dúas grandes empresas, a Central Térmica de Meirama e a planta de tratamento de residuos da empresa de Sogama outras empresas están no polígono industrial do Acevedo. Durante o verán abre o parque acuático Aquapark.[5]

Recursos de ocio

Cerceda conta cun parque acuático municipal que está aberto na época estival.

Tamén ten 3 rutas homologadas de sendeirismo:

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Cerceda.
Incineradora de Sogama

Incineradora de Sogama coa central térmica de Meirama ao fondo.

Aquapark, Cerceda

Vista parcial das instalacións municipais do parque acuático de Cerceda.

CentralMeirama

Vista da central térmica de Meirama (Cerceda) e a zona próxima.

La Cascada

Muíño de Cerceda.

P1120431 Cerceda monumento Castelao

Monumento de homenaxe a Castelao.

P1120438 Cerceda mural homenaxe mineiría detalle

Detalle do mural homenaxe á minaría do lignito.

Lugares de Cerceda

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cerceda vexa: Lugares de Cerceda.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Concello de Cerceda na FEGAMP
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Aquapark de Cerceda

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Apeadoiro da Vila da Igrexa

A Vila da Igrexa foi un apeadoiro de tren de Adif situada na Vila da Igrexa, no concello coruñés de Cerceda. Non ten servizos de viaxeiros.

A estación inaugurouse o 14 de abril de 1943 dentro do trazado orixinal da liña que unía Zamora e A Coruña. Coa construción do Eixe atlántico de alta velocidade, esta estación foi substituída pola nova estación de Cerceda-Meirama o 13 de decembro de 2009.

As Encrobas, Cerceda

San Román das Encrobas é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Cerceda. Segundo o IGE en 2013 tiña 415 habitantes (209 homes e 206 mulleres), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 355 habitantes.

Central térmica de Meirama

A central térmica de Meirama é unha central térmica de produción de enerxía eléctrica situada no concello de Cerceda. Pertence ao grupo Gas Natural Fenosa e ten unha capacidade instalada de arredor de cincocentos megavatios (563 MW segundo as últimas informacións da empresa).

A central construíuse aproveitando uns xacementos de lignito xa practicamente esgotados. Este lignito de moi mala calidade, baixo poder calorífico e moitos residuos, entre eles materias sólidas que desgastaban os muíños por atrito e xofre que provocaba moita contaminación, foi sendo paulatinamente substituído por hulla de Wyoming.

A central produce enerxía queimando carbón para producir vapor que fai xirar tres turbinas.

Centro Cultural e Deportivo Cerceda

O Centro Cultural e Deportivo Cerceda é o equipo de fútbol de Cerceda (A Coruña). Fundado en 1968 xoga na actualidade na Segunda División B. O club está xestionado polo Club Deportivo Lugo desde a temporada 2017-18. En xuño de 2018, sumido en graves problemas económicos, tras quedar último no grupo I de Segunda B, anunciou que non se inscribiría en competición ningunha na temporada seguinte. O seu campo de fútbol é o Campo do Roxo, con capacidade para 1.000 espectadores.

Cerceda, Cerceda

San Martiño de Cerceda é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerceda. Segundo o IGE en 2013 tiña 1.919 habitantes (977 homes e 942 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.782 habitantes.

Cerceda, O Corgo

San Pedro de Cerceda é unha parroquia do concello do Corgo na comarca de Lugo. Tiña 80 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 39 homes e 41 mulleres. O que supón unha diminución de 23 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 103 habitantes (51 homes e 52 mulleres) e 22 menos que en 2000.

Comarca de Ordes

A comarca de Ordes é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Ordes. A esta comarca pertencen os concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.

Estación de Cerceda

Cerceda foi unha estación e posteriormente apeadoiro ferroviario de Adif, situado en Cerceda, na provincia da Coruña. Non ten servizos de viaxeiros.

A estación inaugurouse o 14 de abril de 1943 dentro do trazado orixinal da liña Zamora-A Coruña. Coa construción do Eixe atlántico de alta velocidade, esta estación foi substituída pola nova estación de Cerceda-Meirama o 13 de decembro de 2009.

Estación de Cerceda-Meirama

Cerceda-Meirama é unha estación de tren de Adif situada en Meirama, no concello de Cerceda, provincia da Coruña. Ten servizos de Media Distancia operados por Renfe.

Estación de Meirama

Meirama, tamén coñecida nalgúns ámbitos como Meirama-Picardel, é unha estación ferroviaria xestionada por Adif situada en Meirama, no concello de Cerceda, provincia da Coruña. Na actualidade non ten servizos de viaxeiros.

A estación inaugurouse o 14 de abril de 1943 dentro do trazado orixinal da liña Zamora-A Coruña. Coa construción do Eixe atlántico de alta velocidade, esta estación foi substituída pola nova estación de Cerceda-Meirama o 13 de decembro de 2009.

Estación de Padrón

Padrón é unha estación de tren de Adif, situada na cidade de Padrón, na provincia da Coruña. Está situada na liña A Coruña-Vigo.

Estación de Pontecesures

Pontecesures é unha estación de tren de Adif, situada na vila de San Xulián, no concello de Pontecesures, na provincia de Pontevedra. Está situada na liña A Coruña-Vigo.

Estación de Portela

Portela é un apeadoiro de Adif, situado en Portela, no concello de Barro, provincia de Pontevedra. Está situado na liña A Coruña-Vigo.

Estación de Queixas-Londoño

Queixas-Londoño é un apeadoiro de Adif, situado en Londoño e moi preto de Queixas, no concello de Cerceda, provincia da Coruña. Estaba situada na liña A Coruña-Madrid, mais dende 2007 non presta servizos de pasaxeiros e está situada nunha vía morta.

Meirama, Cerceda

Santo André de Meirama é unha parroquia que se localiza no nordés do concello de Cerceda. Segundo o IGE en 2013 tiña 412 habitantes (206 mulleres e 206 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 502 habitantes.

Nesta parroquia non está situada a central térmica de Meirama (está na parroquia das Encrobas).

Monte Xalo

O monte Xalo é un dos cumios máis altos da zona litoral coruñesa, cunha altitude de 514 metros sobre o nivel do mar, que está no leste e aliñado coa meseta de Santa Comba.

Queixas, Cerceda

Santa María de Queixas é unha parroquia que se localiza no concello de Cerceda. Segundo o IGE en 2013 tiña 888 habitantes (480 mulleres e 408 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 998 habitantes.

Rodís, Cerceda

San Martiño de Rodís é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Cerceda. Segundo o IGE en 2013 tiña 1.277 habitantes (685 mulleres e 592 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.418 habitantes.

Xesteda, Cerceda

Santa Comba de Xesteda é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerceda. Segundo o IGE en 2013 tiña 354 habitantes (173 homes e 181 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 448 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.