Cerámica grega

Até o século III a.C., a cerámica grega foi especialmente apreciada en todo o Mediterráneo e xerou un intenso comercio. O motivo do seu éxito debeu ser non tanto a beleza da decoración, pois hai fermosas cerámicas das máis diversas orixes, como a calidade da súa factura, que, ademais, permitiu que as pezas se preservasen en grande cantidade e bo estado nos sitios arqueolóxicos.

O proceso de fabricación era longo e complexo. A arxila era inicialmente modelada polo oleiro nun torno manual, no que formaba primeiro o corpo da vasilla, para lle acrecentar logo as asas e pés, se é que tiña. O seguinte paso era someter a peza a un primeiro proceso de secado ao sol ou semicocción no forno, para que o vaso adquirise a dureza necesaria para ser decorado. A decoración estaba a cargo dun pintor, que facía os seus deseños con pinceis e burís. A peza introducíase no forno para a súa cocción definitiva e, finalmente, aplicábaselle unha capa de verniz que proporcionase brillo.

A clasificación da cerámica grega faise normalmente atendendo á súa decoración, que se corresponde con épocas de produción determinadas.

Cerámica xeométrica e protoxeométrica

Os primeiros exemplos datan xa dos comezos da Idade de Ferro. Os vasos decóranse con siluetas angulosas que representan estilizacións de homes ou animais, en cor negra ou parda, que fan destacar os deseños sobre fondos pálidos de arxila.

Cerámica orientalizante

Introdúcese en Grecia durante o século VIII a.C. Corinto convértese no primeiro foco produtor. O trazo máis característico da decoración son os frisos zoomorfos, con representacións de animais salvaxes ou fantásticos en estilo miniaturista. Utilizábanse a cor vermella, o negro e o violeta, realzados con toques de branco.

Cerámica de figuras negras
Loutrophoros Analatos Louvre CA2985
Loutróforo proto-ático de figuras negras.

Esta técnica ten a súa orixe en Atenas a finais do século VII a.C. Sobre o fondo vermello do barro píntanse figuras en negro e os detalles perfílanse con buril e con pequenos toques ou liñas vermellas e brancas. As figuras forman cenas de carácter narrativo, representando historias da mitoloxía ou aspectos da vida cotiá. A miúdo son pezas asinadas polo oleiro e/ou o pintor, sendo o mais célebre dentro do estilo o pintor Clitias.

Cerámica de figuras vermellas
Akhilleus Charun Cdm Paris 2783 full
Aquiles dando morte a un troiano (cráter de figuras vermellas).

Desenvólvese en volta do 530-520 a.C. O verniz negro comézase a usar como fondo, mentres que as figuras déixanse coa cor do barro. Este procedemento permite utilizar os pinceis, no canto do buril, para trazar perfís e detalles e, polo tanto, flexibilizar as liñas. A técnica de figuras vermellas non desprazou inmediatamente á de figuras negras, senón que ambas as dúas conviviron durante case 80 anos, chegando mesmo a utilizárense simultaneamente no mesmo vaso. A finais do século V, o estilo de figuras vermellas estáncase e iniciase a decadencia da arte cerámica grega.

Os estilos gregos foron verdadeiras modas que se estenderon e imitaron por todo o Mediterráneo e proporcionaron notábeis ingresos aos focos produtores: Atenas, Corinto e as colonias do Sur de Italia. É só nas vaixelas máis antigas nas que achamos unha grande variedade de orixes, pois, a partir do século V, Atenas vai exercer practicamente un monopolio na fabricación cerámica, ben pola produción directa, ben porque oleiros e pintores atenienses se instalan noutros puntos (Magna Grecia) ou porque as súas técnicas son imitadas exactamente.

Corinthvase
Vasos corintios

Usos

Pódense agrupar os diferentes recipientes gregos en varias categorías:

  • Recipientes de transporte:
    • ánfora, líquidos, especialmente aceite de oliva. Variantes: ánfora panatenaica (premio para os vencedores nos Xogos Panatenaicos) e peliké.
    • hidria, para transportar a auga desde o pozo.
  • Recipientes de almacenaxe:
    • pitos, para o viño.
    • cráter, para mesturar a auga e o viño; o viño vértese mediante un oinocoe ou un olpé.
  • Recipientes para beber:
    • kylix, vaso común.
    • esquifos, copa grande.
    • cántaro, recipiente grande.
    • ritón, corno para beber.
Globular aryballos Louvre Ele357
Aríbalos con hoplitas, 580–560 a.C.
  • Recipientes para a hixiene:
    • aríbalos, alabastro e lécito, para os aceites perfumados,
    • píxida
    • lebes, vaso ritual do casamento.
    • loutróforo, para transportar a auga do baño nupcial ou funerario.

Esta é unha tipoloxía moderna, posibelmente demasiado ríxida e pensada para a comodidade da descrición. En realidade, o nome que se lle dá hoxe en día a un recipiente non se corresponde necesariamente co que lle daban os gregos: un lécito podía moi ben ser chamado aríbalo, por exemplo. Igualmente, un recipiente non tiña por que estar limitado a un uso concreto: unha ánfora podía transportar calquera outra cousa que non fose un líquido.

Antonio García Bellido

Antonio García Bellido, nado en Villanueva de los Infantes (Ciudad Real) en 1903 e finado en Madrid en 1972, foi un arqueólogo español.

Arte da antigüidade

A arte antiga ou arte da antigüidade é a arte da Idade Antiga. A historia da arte antiga é a división da historia da arte que se centra no seu estudo e interpretación formal, técnica, estrutural, e ideolóxica (iconográfica, iconolóxica) e na súa explicación histórica; aínda que a arqueoloxía é a ciencia histórica cuxo obxecto é a cultura material da que as obras de arte son a manifestación máis valiosa, e é a encargada do seu descubrimento e análise contextual.

A súa delimitación cronolóxica vai dende o comezo da Historia (aproximadamente o IV milenio no Próximo Oriente e Exipto) ata a caída do Imperio Romano de Occidente (século V). A extensión xeográfica do desenvolvemento das primeiras civilizacións —definidas pola aparición da escritura e o poder político e relixioso— impón onde poden localizarse (civilizacións mediterráneas, da India, do Extremo Oriente, da América precolombiana e do resto de Europa e de África) e cando pode falarse en cada unha dun período histórico (Historia) ou dun período prehistórico (Prehistoria), que determinaría que a súa produción artística fose obxecto da historia da arte prehistórica; aínda que realmente a metodoloxía para o seu estudo é en gran parte común, hai unha diferenza fundamental, e é a posibilidade de empregar as fontes escritas para os períodos históricos. Este recurso é insubstituíble, posto que non só permite a identificación no seu caso dos autores ou patrocinadores da obra artística e reconstruír o contexto no que se produciu, senón que posibilita a interpretación da Arte na súa relación coa produción intelectual noutros ámbitos do pensamento, sobre todo a relixión e a filosofía. Deste xeito pódese efectuar unha lectura da arte que a entenda a través da visión do mundo (Weltanschauung) ou ideoloxía dominante en épocas e lugares tan afastados a nós como as civilizacións da Idade Antiga, e do que a Arte é a plasmación material e visual.

Ao contrario que a civilización occidental, as civilizacións africanas, extremo-orientais e americanas non experimentaron a marcada descontinuidade que a arte occidental presenta entre a arte antiga e a arte medieval; co que este último concepto non adoita aplicarse a estas civilizacións.

Tamén existe un concepto comercial e coleccionista da arte antiga, entendido como antigüidades; é dicir, como o termo empregado para englobar todo tipo de obxectos artísticos que non se consideran Arte moderna, pertenzan á Idade Antiga ou a períodos posteriores (arte medieval, arte da Idade Moderna e ata boa parte da arte contemporánea se esta non se entende só como o máis actual senón como todo a arte da Idade Contemporánea —dende mediados do século XVIII).

(Á dereita, Torso do Belvedere, obra de Apolonio de Atenas do século I).

Arte grega

A arte grega e un estilo elaborado polos antigos gregos, que caracterizase pola busca da beleza ideal, onde se recreaba o mundo ideal do modelo platónico, mediante unha imitación. Tivo unha grande influencia na cultura de moitos países desde tempos antigos ata o presente, particularmente na escultura e na arquitectura. A arte romana derivou principalmente de modelos gregos. Desde o Renacemento en Europa a estética humanista e os estándares técnicos da arte grega inspiraron a xeracións de artistas.

Cerámica

A cerámica é a arte que fabrica obxectos como olas, xerras, tellas etc. en terracota que sufriron unha transformación fisicoquímica irreversible no curso dunha cocción a temperaturas máis ou menos elevadas (de 700 °C a 1100 °C) despois de lles dar a forma mediante un moldeado. Na historia da humanidade é a primeira arte do lume e atópase antes da metalurxia e do vidro. A palabra abarca tanto a tecnoloxía como os obxectos feitos con ela. Certos tipos de cerámicas son representativas dunha época e dunha cultura.

Estesícoro

Tisias, máis coñecido como Estesícoro (Στησίχορος, que quere dicir "mestre do coro", pola súa habilidade para dirixir os cantos corais), foi un poeta grego nado en Hímera (Sicilia) cara ao 630 a.C. e finado cara ao 550 a.C. Era un dos estimados e respectados nove poetas líricos polos académicos da daquela helénica Alexandría.

Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia

Para outros artigos de entidades numismáticas coa palabra Gabinete, véxase a páxina de homónimos GabineteO Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia (en francés: Cabinet des Médailles de la Bibliothèque Nationale de France), denominado oficialmente Departamento de Moedas, Medallas e Antigüidades da Biblioteca Nacional de Francia (Département des Monnaies, médailles et antiques de la Bibliothèque Nationale de France) é unha institución encargada de conservar, difundir e dar valor ás coleccións numismáticas e de antigüidades da Biblioteca Nacional de Francia.Herdeiro do antigo Gabinete de Medallas dos reis de Francia, é o máis antigo dos museos franceses abertos ao público. O Gabinete sitúase dentro das instalacións da Biblioteca Nacional de Francia, no número 58 da rúa de Richelieu e no número 5 da rúa Vivienne, no distrito II de París. É visitable en horario de 10:00 a 18:00 horas de luns a sábado.

Grecia

Grecia ( pronunciación ) (en grego: Ελλάδα/Elláda, [eˈlaða] (AFI), escoitar ou Ελλάς/Ellás), oficialmente República Helénica ( pronunciación ) (en grego: Ελληνική Δημοκρατία/Elinikí Dimokratía, [eliniˈci ðimokraˈti.a] (AFI)) é un país do sueste meridional europeo, situado ao sur da Península Balcánica. Fai fronteira con Albania, Macedonia do Norte e Bulgaria polo norte e con Turquía polo leste. O Mar Exeo atópase no leste e sur da Grecia continental, mentres o Mar Xónico se atopa no leste, a través do cal ten ligazóns con Italia, e con Albania. Tanto no seu leste coma no seu oeste, Grecia posúe unha gran cantidade de illas, sendo a maior a Illa de Creta.

Grecia atópase na conxuntura de Europa, Asia e África. A Grecia actual constitúese como herdeira do patrimonio da Grecia antiga, o Imperio Romano o Imperio Bizantino, e o Imperio Otomán. Así mesmo, Grecia é o berce da democracia, a filosofía occidental, os Xogos Olímpicos, a literatura occidental e historiografía, as ciencias políticas, os principios matemáticos, e o drama occidental incluíndo a traxedia e a comedia.

A Grecia actual é un país do primeiro mundo, membro da Unión Europea dende 1981, da Unión económica e monetaria dende 2001, da OTAN dende 1952, da OCDE dende 1961, e da Axencia Espacial Europea dende 2005. Atenas é a súa capital; Salónica e Patras son xunto a capital, as principais cidades do país.

Orión (mitoloxía)

Orión é un xigante mitolóxico procedente da mitoloxía grega, grego antigo: Ὠρίων ou Ωαρίων; latín: Orión ou máis raramente Oarion.

Ovella

Unha ovella (Ovis aries)é un mamífero cuadrúpede ungulado doméstico, usado como gando. Como todos os ruminantes, as ovellas son artiodáctilos, ou animais con pezuños. O macho desta especie chámase carneiro e xeralmente presenta cornos longos e en espiral (nalgunhas razas a femia tamén os posúe). A pesar de que o termo «ovella» aplícase a moitas especies do xénero Ovis, polo xeral fai referencia á subespecie doméstica de Ovis orientalis.

Posiblemente descendan do muflón salvaxe de Europa e Asia, e foron un dos primeiros animais en ser domesticados para fins agrícolas, criadas principalmente pola súa la, carne e leite. A la de ovella é a fibra animal máis utilizada e polo xeral recóllese mediante esquila. A súa carne recibe o nome de carne de cordeiro cando é dun animal novo e de ovino maior ou carneiro cando provén de animais de máis dun ano.A cría de ovellas practícase en case todo o mundo e foi fundamental para moitas civilizacións. En 2014 a FAO reflectía a existencia de máis de 1200 millóns de cabezas en todo o mundo, con China como maior produtor, con máis de 200 millóns (un 16,7 % do total), seguida por Australia con 72 e a India con 63 millóns de cabezas. Tamén se crían como organismo modelo para a investigación científica.

Como animal clave na historia da gandería, as ovellas están profundamente arraigadas na cultura humana e aparecen representadas tanto na linguaxe moderna como na simboloxía. Como gando, asócianse xeralmente con imaxes pastoriles e arcadianas. Aparecen en moitos mitos —como o do vélaro de ouro— e nas grandes relixións, especialmente nas abrahámicas. Tanto nos ritos relixiosos antigos como nos modernos, utilizáronse como animais de sacrificio.

Existen máis de 200 tipos de ovellas no mundo, en hábitats tan diversos como desertos e altas montañas.

Paestum

Paestum (antiga Poseidonia) é o nome romano clásico dunha importante cidade greco-romana situada no litoral do Mar Tirreno na Magna Grecia, na rexión italiana de Campania. Atópase ao sueste na provincia de Salerno, a 40 km ao sur da capital provincial e 92 de Nápoles. É un dos barrios do concello de Capaccio-Paestum.

As ruínas de Paestum son famosas polos seus tres templos gregos de orde dórica, que datan do 600 ao 450 a.C., e que están nun moi bo estado de conservación. As murallas da cidade e o anfiteatro están en gran parte intactas e permanece a parte inferior das paredes de moitas outras estruturas, así como as estradas pavimentadas. O sitio está aberto ao público e hai un moderno museo nacional que contén tamén os descubrimentos do sitio grego asociado de Foce del Sele.

Trala súa fundación por colonos gregos baixo o nome de Poseidonia (grego antigo: οσειδωνία) foi finalmente conquistada polos Lucanos e posteriormente polos romanos. Os lucanos renombrárono como Paistos e os romanos deron á cidade o seu nome actual. Como "Pesto" ou Paestum, a cidade converteuse nun obispado (agora só sé titular), pero foi abandonada no inicio da Idade Media, e quedou inalterado e en gran parte esquecido ata o século XVIII.

Hoxe en día os restos da cidade atópanse na moderna frazione de Paestum, que forma parte da comune de Capaccio na Provincia de Salerno, Campania, Italia. O asentamento moderno, directamente ao sur do xacemento arqueolóxico, é unha popular localidade costeira, con longas praias de area.

Período orientalizante

Coñécese como período orientalizante á etapa que viviron as distintas rexións de Grecia dende finais do século VIII a. C. e durante o século VII a. C. O nome do devandito período provén da influencia que pobos máis orientais -como Fenicia e o Imperio Asirio na súa derradeira etapa-, que amosan os novos materiais (tecidos, marfís), manufacturas e técnicas artísticas gregas durante este período. En ocasións considérase a este período como unha etapa de transición á Época Arcaica.

Prato

O prato é un dos principais utensilios da cociña sobre o que repousa, e sérvese, a gran maioría dos alimentos. Trátase dunha superficie aberta, máis ou menos cóncava, elaborada de diferentes materiais como porcelana, vidro, metal, plástico, barro, madeira etc.

Xogo de aposta

O xogo de aposta é un xogo de azar no que as persoas que interveñen (xogadores ou apostantes) pagan unha cantidade fixa ou variábel de diñeiro ou aportan un ben material (aposta), por predicir o resultado incerto do xogo a cambio de obter un premio económico ou material se a súa predición resulta certa.

Calquera xogo de azar, sen ser necesariamente un xogo de aposta, pode converterse nun xogo deste tipo mediante un acordo entre os xogadores, quen pactan unhas cantidades ou bens materiais que o(s) perdedor(es) debe(n) entregar ao gañador(es). Por exemplo, no xogo do tute pódese pactar unha cantidade fixa por partida que o(s) perdedor(es) debe(n) entregar ao(s) gañador(es); no xogo das bólas os rapaces participantes establecen regras para que as bólas cambien de propietario. Ademais, o xogo de aposta require a presenza de tres elementos: azar, premio e recompensa. Con frecuencia o desenlace da aposta é inmediato, como o simple lanzamento dun dado ou da bóla na ruleta, pero tamén son comúns apostas a medio ou longo prazo como ocorre nas apostas deportivas, algunhas das cales poden abranguer unha temporada completa.

En España réxense pola Lei 13/2011 de regulación do xogo. A institución pública responsábel de regular esta actividade en Galiza é a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galiza.

Os xogos de apostas son unha importante actividade comercial, cun mercado legal mundial estimado en 335.000 millóns de dólares no ano 2009.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.