Cerámica de Sargadelos

A cerámica de Sargadelos é unha famosa cerámica elaborada en Sargadelos (no municipio lucense de Cervo, Galicia, España). A primeira fábrica foi creada a principios do século XIX por Antonio Raimundo Ibáñez e que tras varias xeracións acabou pechando en 1875. A partir de mediados do século XX Sargadelos forma parte dun grupo de empresas do sector, o grupo Sargadelos —ao que pertence igualmente a cerámica de Castro-Sada— grazas ao impulso do ceramista Isaac Díaz Pardo, baseada en coloracións en tons azuis.

O museo de Pontevedra conta cunha sala cunha gran colección desta cerámica.

Prato de Sargadelos da Terceira Época (s.XIX), en rosado
Prato de Sargadelos da Terceira Época (s.XIX), en rosado
Prato de Sargadelos da Terceira Época (s.XIX), en negro
Prato de Sargadelos da Terceira Época (s.XIX), en negro

Resumo histórico

Antonio Raimundo Ibáñez, notable enciclopedista de familia fidalga de escasos recursos, dedicado desde moi novo a negocios de importación e exportación, introduciu innovacións tecnolóxicas para as súas fábricas. Asentado en Ribadeo, iniciou unha industria siderúrxica, e no ano 1806 creou conxuntamente unha manufactura de cerámica que estivo nos seus primeiros tempos dedicada á fabricación de louza fina para vaixelas con estampaxe e influída da louza inglesa, naquel tempo moi valorada. En 1808, tras o éxito da inauguración da fábrica de cerámica, Carlos IV condecorouno coa cruz da Orde de Carlos III, outorgándolle os títulos de marqués de Sargadelos e conde de Orbaiceta.

Como consecuencia da guerra da Independencia e os seus sucesos revolucionarios, Antonio Raimundo Ibáñez foi asasinado o ano 1808, sucedéndolle no cargo da fábrica o seu cuñado Francisco Acevedo, quen contratou para a dirección da mesma ao portugués Antonio Correa de Saa.

A partir desta nova dirección a fábrica produciu un tipo de cerámica decorada con filetes en vermello e azul e escudos en ouro. Correa decidiu en 1829 montar a súa propia fábrica polo que a dirección de Sargadelos recaeu nesa data en Hilario Marcos. As vaixelas dese tempo eran realizadas en branco, sen ser posible a competencia coas pezas inglesas, desexo do seu fundador. Ao pasar a propiedade da fábrica a José Ibáñez pola morte do seu pai en 1832, formouse unha sociedade co sevillano Antonio de Tapia co fin de emprender de novo «a fabricación de louza fina», contratándose como director ao inglés Richard, cargo que exerceu ata 1842. Durante este tempo morreu prematuramente Xosé Ibáñez e a súa viúva debeu poñerse á fronte xa que o seu fillo era menor; debido á débil situación económica da empresa tivo que arrendala en 1845.

A fábrica de cerámica pasou por catro etapas, cada unha coas súas características, pechándose definitivamente en 1875. No último terzo do século XX rexurdiu a manufactura de cerámica en Sargadelos, ocupando edificios novos e respectando as ruínas antigas como conxunto Histórico–Artístico, nomeamento que lle foi dado en 1972.

Comezos

Ibáñez contou en primeiro lugar coa materia prima necesaria que se atopaba ademais moi próxima: arxilas, caolines, leña, cursos de auga. Tiña ademais moi próximo o porto de San Cibrao para enviar desde alí os produtos a lugares afastados, imitando así a iniciativa inglesa.

A creación da fábrica de cerámica en 1806 supuxo un novo sistema de producir, introducindo o proceso mecánico que viría substituír a peza feita a man, co que se tentaba ademais abaratar os prezos. O director contaba con sona de afrancesado e o 2 de febreiro de 1809, baixo o mando de cregos e fidalgos da zona os veciños amotináronse contra a industria, destruíndo as instalacións e ocasionando varios mortos. A pintura a man foi substituída igualmente polo moderno sistema de estampaxe, importado de Bristol (Inglaterra). Os obxectos fixéronse en louza fina, un produto intermedio entre a louza e a porcelana, un material duro e lixeiro á vez, de paredes delgadas con cocción entre 1.100 °C e 1.200 °C. Trá-la cocción a cor resulta branco e é entón cando se lle aplica un verniz de chumbo. Este sistema diferénciase da louza en que en lugar de engadir area á pasta engádese sílice, feldespato, caolín e calcio, obtendo resultados diferentes segundo as cantidades engadidas. Sobre esta pasta superponse o estampado cuxa técnica perfeccionaran en 1761 John Sadler e Guy Green, na fábrica de Liverpool.

Primeira época (1806-1832)

En 1806 Antonio Raimundo Ibáñez conseguiu do Goberno un privilexio exclusivo para a explotación das minas de cuarzo descubertas ata a data e para as que estivesen aínda sen descubrir. Deste xeito tivo asegurada a materia prima para a fábrica de louza, que comezara a súa andaina ese mesmo ano, paralela á xa existente de fundición. O complexo fabril constaba de dous patios, varios fornos, oficinas, máquinas para romper as rocas e un muíño para os vernices.

O primeiro director, Juan Antonio Pérez estivo á fronte da fábrica un ano. Despois, en 1807, substituíulle o portugués José Antonio Correa de Saa, coa experiencia de dirixir a fábrica de Vale dá Piedade. Correa de Saa mantívose á fronte ata 1829; neste ano pasou a ser o director Hilario Marco cuxa xestión durou ata 1832, cando foi necesario pechar a empresa.

En 1809 morrera Antonio Raimundo Ibáñez e a dirección administrativa había pasado ao seu cuñado Francisco Azevedo (escrito con zeta). Foron anos difíciles e de apuros económicos, cun almacén de pezas sen vender, aínda que houbo un certo movemento grazas aos encargos recibidos desde A Coruña, Ferrol, Rías Baixas, Biscaia e Castela. Nesta época aínda non se estampaba a coroa real nas marcas, aínda que á fábrica empézalla a chamar Real Fábrica. Crese que o título o autorizou Fernando VII desde o exilio. A Francisco Azevedo substituíulle en 1832 o fillo do fundador José Ibáñez que se viu obrigado a pechar, dadas as circunstancias.

As pezas e a súa elaboración

O proceso de fabricación foi de louza común, algo máis fina para as vaixelas en branco cunha lixeira tinguidura azulado e un cuarteado característico que é o resultado da diferenza entre o punto de cocción da pasta e o esmalte. Para a forma utilizáronse moldes de xeso. Unha das pezas máis características foi o floreiro de dedos, sendo tamén moi apreciados os outros floreiros de peces e árbores cuxos exemplares sobreviventes atópanse en coleccións particulares de Galicia e nos museos da Coruña, Lugo e Pontevedra. Tamén se fabricou o vaso de xardín con pedestal inspirado na cerámica da fábrica de Wedgwood así como as xerras de peregrino. Os botes de farmacia estaban decorados con relevos e tiñan un pequeno estreitamento no centro. Tamén corresponde a esta época o relevo que representa a defensa do parque de Monleón en Madrid, que o propio Ibáñez dedicou a Fernando VII e que se conserva no Museo Arqueolóxico Nacional máis a serie do Apostolado, máis os relevos que representan heroes da Independencia e bustos de homes soados da Antigüedad que adornan o pazo de Antonio Raimundo Ibáñez.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
100 Galicia cen. Obxectos para contar unha cultura

100 Galicia cen. Obxectos para contar unha cultura foi unha exposición temporal itinerante do Consello da Cultura Galega. Inaugurada en maio de 2016 en Santiago de Compostela, en outubro pasou á Coruña e en xaneiro de 2017 a Vigo, onde rematou no mes de abril.

Antonio Raimundo Ibáñez Llano y Valdés

Antonio Raimundo Ibáñez Gastón de Isaba y Llano Valdés, nado en (Ferreirela de Baxo,Santalla de Ozcos o 17 de outubro de 1749 e linchado o 2 de febreiro de 1809 en Ribadeo, foi un ilustrado e industrial asturiano. Creou en Sargadelos o primeiro alto forno da industria española e unha fábrica de louza, polo cal foi nomeado tras a súa morte Marqués de Sargadelos.

Can sen dono

Can sen dono foi unha revista de humor gráfico en galego, editada en Vigo e fundada por Pepe Carreiro. A publicación constou de 23 números editados entre os anos 1983 e 1991. Xunto a outras publicacións semellantes como Xo! -máis satírica e tendenciosa- (desde 1993 a 2000) ou Sapoconcho -cunha perspectiva máis universal- (de 1994 até 2000) continuaron o labor humorístico dos seus antecesores, os chamados Primeira xeración de ouro do humor galego e onde atopamos figuras tan relevantes como Maside ou Castelao. Así a segunda xeración vai comprender dende o 1982 até o 2000. Durante o Franquismo partiuse desa época dourada, e a pesar da censura chegaron a publicar debuxos humoristas recoñecidos como o propio Carreiro.

Cervo

Cervo é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE no 2014 tiña 4.369 habitantes (4.847 no 2006, 4.949 no 2005, 4.978 no 2004, 5.060 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cervense».

Cerámica

A cerámica é a arte que fabrica obxectos como olas, xerras, tellas etc. en terracota que sufriron unha transformación fisicoquímica irreversible no curso dunha cocción a temperaturas máis ou menos elevadas (de 700 °C a 1100 °C) despois de lles dar a forma mediante un moldeado. Na historia da humanidade é a primeira arte do lume e atópase antes da metalurxia e do vidro. A palabra abarca tanto a tecnoloxía como os obxectos feitos con ela. Certos tipos de cerámicas son representativas dunha época e dunha cultura.

Daniel Río Rubal

Daniel Río Rubal, nado en Mondoñedo o 6 de marzo de 1955, é un escultor e ceramista galego, coñecido co pseudónimo de Caxigueiro.

Grupo Sargadelos

Este artigo refírese ao grupo empresarial Sargadelos. Para outros significados, vexa Sargadelos

O Grupo Sargadelos é unha sociedade limitada que ten como principal accionista a empresa Cerámicas do Castro S.L. desde 1949. Actualmente, a sociedade Sargadelos ten dúas plantas de produción cuns 245 empregados. Unha está situada no Castro de Samoedo, no concello de Sada (A Coruña), e outra en Sargadelos, no concello mariñao de Cervo.

Xunto á súa actividade industrial e comercial, Sargadelos leva adiante un importante labor de difusión e promoción da cultura galega, principalmente, dos talentos máis novos da arte e da literatura.

Isaac Díaz Pardo

Isaac Díaz Pardo, nado en Santiago de Compostela o 22 de agosto de 1920 e finado na Coruña o 5 de xaneiro de 2012, foi un intelectual, artista e empresario galeguista que se impuxo a tarefa de preservar, fortalecer e reconstruír a cultura e a memoria de Galicia, acometendo facetas de empresario cultural, deseñador industrial, escritor, editor, promotor e mecenas de proxectos.

Manuel de la Riba Moreno

Manuel de la Riba Moreno, nado en Ortigosa de Cameros, A Rioxa, en data descoñecida e finado o 2 de abril de 1831, foi un empresario rioxano que desenvolveu o seu traballo en Santiago de Compostela dende aproximadamente 1760 deica a crise de 1820-1830. A súa tarefa como empresario é representativa dun modelo de empresa que se caracterizou por aproveitar a conxuntura da apertura do comercio americano en 1778, a diversificación empresarial (comercio, industria, barcos etc) e a administración de grandes masas de bens.

Museo de Belas Artes da Coruña

O Museo de Belas Artes da Coruña, de titularidade autonómica, é unha edificación moderna que se asenta no antigo convento das Capuchinas.

Sargadelos

Sargadelos pode referirse a:

Sargadelos, parroquia do concello de Cervo;

a cerámica de Sargadelos, industria creada no século XVIII por Antonio Raimundo Ibáñez Llano y Valdés (1749-1809), nomeado tras a súa morte marqués de Sargadelos.

o Grupo Sargadelos, fundado en 1949 e con diversas factorías de produción cerámica e outras industrias culturais asociadas;

Sargadelos, Cervo

Santiago de Sargadelos é unha parroquia que se localiza no concello de Cervo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 159 habitantes (80 homes e 79 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 163 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 129 habitantes, sendo 58 homes e 71 mulleres.

As fábricas de Sargadelos, creadas por Antonio Raimundo Ibáñez, que chegou a ter o título de Marqués de Sargadelos, marcaron un fito de industrialización en toda a comarca, e asociar o seu nome coa cerámica.

Xan da Coba

Juan María de la Coba Gómez, nado en Ourense o 30 de marzo de 1829 e finado na mesma cidade o 9 de novembro de 1899, foi un escritor e inventor galego. Un dos animadores máis excéntricos da vida cultural de Ourense.

Ángela Santamarina Alduncín

Ángela Santamarina Alduncín, nada no Tandil, (Buenos Aires, Arxentina) en xaneiro de 1863 e finada en Ourense o 5 de xullo de 1956, foi unha nobre e filántropa galega.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.