Ceolwulf de Wessex

Ceolwulf de Wessex, finado en 611, foi un monarca do Reino anglosaxón de Wessex.

Ceolwulf de Wessex
Nacementoséculo VI
Falecemento611
NacionalidadeWessex
Ocupaciónguerreiro
IrmánsCeol de Wessex

Traxectoria

Fillo de Cutha (quen á súa vez era fillo de Cynric), e irmán de Ceol, reinou desde 597 até 611. Ceolwulf chegou ao trono en substitución do seu sobriño, o fillo de Ceol, Cynegils, xa que esta era aínda demasiado novo para gobernar.

Non existen moitos datos acerca do seu reinado, que durou catorce anos. Na Crónica Anglosaxoa establécese que estivo constantemente en guerra, e a súa fazaña mellor rexistrada é unha batalla contra o Reino de Sussex en 607.

Tras a súa morte, o trono pasou finalmente ao seu sobriño, Cynegils.

Notas

Ceol de Wessex

Ceol de Wessex (tamén chamado Ceola ou Ceolric) foi un rei de Wessex.

Ceolwulf

Ceolwulf ou Ceolwulph é un antropónimo anglosaxón que pode referirse a:

Ceolwulf I de Mercia, rei de Mercia.

Ceolwulf II de Mercia, rei de Mercia.

Ceolwulf de Northumbria (San Ceolwulf), rei de Northumbria.

Ceolwulf de Wessex, rei de Wessex.

Ceolulfus, bispo de Lindsey, tamén coñecido como Ceolwulf.

Cynegils de Wessex

Cynegils de Wessex, finado en 643, foi rei de Wessex (611-643).

Reino de Sussex

O Reino de Sussex ou Reino dos saxóns do Sur (en inglés antigo: Sūþseaxna rīce) foi unha colonia saxoa e posteriormente un reino independente dos saxóns na costa sur de Inglaterra fundado no século V, tras a retirada dos romanos da illa de Britania. Foi un dos estados da denominada Heptarquía Anglosaxoa, período da historia inglesa entre os séculos V e IX. Aínda que é considerado un dos sete reinos principais da Heptarquía, a súa importancia política foi menor mesmo que a dalgúns reinos considerados secundarios como Hwicce ou Lindsey. A historia do reino está chea de lagoas e os reinos veciños de Wessex e Mercia exerceron o seu dominio sobre Sussex desde mediados do século VI até a súa incorporación definitiva ao reino anglosaxón no 825.

Wigstan de Mercia

Wigstan, finado en 849, tamén coñecido como San Wigstan, foi o fillo de Wigmund de Mercia e da filla do rei Ceolwulf de Wessex.

Reis de Wessex
século VI
século VII
século VIII
século IX

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.