Ceol de Wessex

Ceol de Wessex (tamén chamado Ceola ou Ceolric) foi un rei de Wessex.

Ceol de Wessex
Nacementoséculo VI
Falecemento597
NacionalidadeWessex
FillosCynegils de Wessex
IrmánsCeolwulf de Wessex

Traxectoria

Fillo de Cutha (fillo, á súa vez, de Cynric), reinou desde 591/592 até 597, despois de suplantar ao seu tío Ceawlin tras vencelo nunha batalla nun lugar chamado Woden's Barrow ou Wodnesbeorg, en Wiltshire. Así, arrebatou o trono ao seu lexítimo herdeiro, o fillo de Ceawlin Cuthwine. Tras a súa morte, o trono pasou ao seu irmán Ceolwulf, porque o seu fillo Cynegils de Wessex era demasiado novo para asumilo, algo ben visto entre os saxóns.

A liña de Ceol

Ceol foi fundador dunha sub-familia real de Wessex, que gobernou en diferentes períodos até o século VII: 591-645, 648-674 e 676-685, abarcando os seguintes monarcas: Ceol, Ceolwulf, Cynegils, Cenwalh, Seaxburh e Centwine. Doutra banda, Coenwulf de Mercia e Ceolwulf I de Mercia considerábanse descendentes de Ceol, o que significaría que tres séculos despois da súa morte a liña de Ceol seguía presente.

Notas

Ceolwulf de Wessex

Ceolwulf de Wessex, finado en 611, foi un monarca do Reino anglosaxón de Wessex.

Cynegils de Wessex

Cynegils de Wessex, finado en 643, foi rei de Wessex (611-643).

Reino de Sussex

O Reino de Sussex ou Reino dos saxóns do Sur (en inglés antigo: Sūþseaxna rīce) foi unha colonia saxoa e posteriormente un reino independente dos saxóns na costa sur de Inglaterra fundado no século V, tras a retirada dos romanos da illa de Britania. Foi un dos estados da denominada Heptarquía Anglosaxoa, período da historia inglesa entre os séculos V e IX. Aínda que é considerado un dos sete reinos principais da Heptarquía, a súa importancia política foi menor mesmo que a dalgúns reinos considerados secundarios como Hwicce ou Lindsey. A historia do reino está chea de lagoas e os reinos veciños de Wessex e Mercia exerceron o seu dominio sobre Sussex desde mediados do século VI até a súa incorporación definitiva ao reino anglosaxón no 825.

Reis de Wessex
século VI
século VII
século VIII
século IX

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.