Centro penitenciario da Lama

O centro penitenciario da Lama é unha prisión situada no concello da Lama. En 2010 o seu director era José Antonio Gómez Novoa.

Coordenadas: 42°24′21″N 08°27′15″O / 42.40583, -8.45417

Centro penitenciario da Lama
Vista xeral do complexo.

Historia e características

Foi inaugurado en 1998. A súa construción, no lugar de Racelo, xunto a Ponte Verdugo, a 2 km do núcleo da Lama, deseñada por Francisco María Martín Carrero, foi levada a cabo pola UTE das construtoras San José e Abengoa, cun custo de 7575 millóns de pesetas. O recinto abrangue 361 430 m², dos cales 86 081 son edificacións.

Ten capacidade total para 1211 persoas (1008 internas, 86 no módulo de ingresos, saídas e tránsitos, 81 na enfermería e 36 no módulo de illamento), pero ten unha ocupación real duns 1800 presos e presas.

No centro está a EPAPU Nelson Mandela[1], da que é director Juan Carlos Vilar Pérez[2].

Notas

  1. "La Nelson Mandela también homenajea a Madiba", artigo en La Voz de Galicia, 7 de decembro de 2013 (en castelán).
  2. "Dar clase en el hospital o 'entre rejas'", artigo en La Opinión de A Coruña, 26 de decembro de 2017 (en castelán).

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Lama

A Lama é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. Segundo o IGE en 2016 tiña 2587 habitantes. Padrón municipal de 2003: 2957 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é lamense.

Juan Carlos Vilar Pérez

Juan Carlos Vilar Pérez, nado en Cerponzóns (Pontevedra) o 4 de decembro de 1958, é un profesor e debuxante galego.

Manuel Charlín

Manuel Charlín Gama, nado en Vilanova de Arousa o 17 de novembro de 1932, é un empresario e contrabandista galego. É o patriarca da saga familiar chamada clan dos Charlíns.

Sito Miñanco

José Ramón Prado Bugallo, máis coñecido como Sito Miñanco, nado en San Tomé do Mar (Cambados) o 23 de setembro de 1955, é un empresario e, no seu momento, contrabandista galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.