Centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën

O Centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën é un planta de produción do grupo PSA Peugeot Citroën, situada en Balaídos (Vigo), á beira do río Lagares. Con máis de 50 anos de actividade, está considerada un dos piares básicos da economía galega. A planta produce catro vehículos distintos para as dúas marcas do grupo. O seu persoal componse por 6500 empregados e as súas exportacións representan o 30 % das exportacións totais de Galicia . A calidade, como obxectivo primordial, a eficiencia industrial e un persoal competente son aspectos clave na súa organización.

Coordenadas: 42°12′21″N 8°44′37″O / 42.20583, -8.74361

Centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën
Medalla de Galiza.svg
Gepsavigo fn blanco
Coches Citroen en zona franca
Coches Citroën na zona franca de Vigo
TipoSociedade Anónima
Fundación1958
MatrizPSA Peugeot Citroën
LocalizaciónBalaídos (Vigo) Pontevedra Galicia Galicia
IndustriaAutomoción
ProdutosCoches
Furgonetas
Conxuntos de pezas
Número de empregados6500 (2012)
Páxina website.groupe-psa.com/vigo/es

Historia

PSA Peugeot Citroën, Vigo
Instalacións na Avenida de Citroën.

O centro de PSA Peugeot Citroën ten a súa orixe coa creación en abril de 1958 de Citroën Hispania. O persoal inicial nese momento situábase nos cen traballadores. Dende ó principio,a súa actividade está intimamente ligada ó porto de Vigo. A conexión marítima da cidade así como a existencia da Zona Franca foron os factores máis importantes para a localización desta marca francesa. Neste primeiro ano de vida a produción foi de 400 vehículos.

O traslado definitivo a Balaídos prodúcese no agosto de 1959. Neste segundo ano de vida, a produción increméntase chegando a 1700 unidades, caracterizándose esta época polo crecemento continuo. Nos primeiros anos, a actividade da planta de Vigo crece a un ritmo similar ao da economía española, en plena engalaxe da man do plan de Estabilización. A produción comeza a destinarse ó mercado nacional. En 1960 a produción alcanza os 3600 vehículos e o persoal supera os 500 traballadores. Nestes dez primeiros anos, a superficie do centro practicamente alcanza as dimensións actuais.

A segunda metade dos 60 e a primeira dos 70 non foi unha boa época para o centro. A demanda nacional, onde se destinaban por aquel entón a maioría da produción, iniciou un período de desaceleración, coincidindo ademais coa chegada a España de novos fabricantes. Menor demanda e maior competencia dan como resultado unha época na que a produción do Centro apenas crece.

A crise do petróleo de 1973 supuxo unha sacudida para toda a economía mundial, afectando especialmente a industria do automóbil. En España, ás turbulencias económicas sumáronse os conflitos sociais orixinados polo cambio de réxime. A pesar desta inestabilidade o Centro chega a alcanzar as mellores cifras ata aquela data. A introdución dun novo modelo nas liñas de fabricación contribúe a un salto cualitativo. En 1975 alcánzase a cifra de 110.000 unidades producidas e o persoal supera os 6.000 traballadores.

En 1975 Peugeot adquiriu o 90 % do capital de Citroën, dando lugar a creación do grupo PSA, e comezando a producir indistintamente modelos das dúas marcas. A década dos 80 caracterízase pola modernización da planta pola produción de turismos de gran éxito comercial.

A mediados dos 80 iniciouse a produción dun modelo emblemático para o Centro de PSA Peugeot en Vigo: o Citroën C15, modelo que permaneceu no Centro dende 1984 ata 2005. Neses máis de 20 anos, saíron de Vigo 1 181 407 unidades do C15. Foi o primeiro modelo en superar o millón de unidades producidas. Este modelo supuxo un punto de inflexión na actividade industrial do Centro. Vigo fíxose Centro Piloto para a produción do C15.

O éxito desta concepción produtiva fixo que Vigo, dende entón, se especializara na fabricación de vehículos industriais e en turismos de gran tamaño.

Os 90 caracterizáronse polo aumento na flexibilidade na produción do Centro. Implantouse a técnica de aprovisionamento just in time. No 1997 nace o Cluster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA), integrando ós principais fabricantes da súa contorna.

CITROËN C-ZERO, 2012, IFEVI
Citroën C-Zero.

Ademais dos vehículos industriais, nesta década cabe destacar a produción do Citroën ZX, relevado polo Citroën Xsara.

Trala reorganización do Grupo, no ano 1998, baixo lema "Un grupo, dúas marcas", o Centro de Vigo realiza unha importante aposta polo crecemento, que lle levará a duplicar a súa produción. No 2002, o Centro acadou unha cifra de produción histórica, converténdose ese ano na planta de maior produción mundial do Grupo.

Coa produción de 547.000 vehículos e 56.000 coleccións CKD o Centro de Vigo pechou no 2007 o mellor ano da súa historia en volume, acadando ademais o récord de produción en España, nun contexto xeral difícil para a industria automobilística. No 2008 lanzáronse os novos Citroën Berlingo e Peugeot Partner, a finais do 2009, o Centro conmemorou a produción do vehículo 10 millóns dende que iniciou a súa actividade en 1958.

No fin desta década, o Centro de Vigo consolidou a implantación do PSA Excellence System (PES), un método de traballo e xestión que se sostén nos principios do Lean e na cultura da mellora permanente. É nese camiño á excelencia no que o Centro de Vigo fomentou nos últimos anos o traballo en equipo e a participación de todos na busca de solucións sobre o terreo, optimizando os procesos e eliminando as operacións que non teñan valor.

En medio dun contexto de crise económica mundial, o Centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën afronta o futuro con novos lanzamentos: un vehículo de entrada de gama destinado ós mercados emerxentes, que se producirá coas dúas marcas, Peugeot e Citroën, e os Citroën Berlingo e Peugeot Partner eléctricos.

Cronoloxía dos modelos

Dende as súas orixes o centro de produción de Vigo leva fabricados máis de 13 millóns de coches de distintos modelos.[1]

Data Serie Descrición Produción Imaxe

Series fabricadas en Vigo

1958 – 1970 Citroën AZU O modelo AZU foi unha evolución do modelo AU que saíu ao mercado en 1951 e deixou de fabricarse en 1956. AZU foi a primeira furgoneta feita en Vigo. Era un vehículo baseado no 2CV. Os primeiros 25 vehículos tardaron un mes en fabricarse e foron exportados a Marrocos. Ese ano a produción foi de 400 furgonetas. 106.005 Azu
1959 – 1984 Citroën 2CV Citröen 2CV foi presentado á prensa no Salón do Automóbil de París en 1948. O derradeiro 2CV fabricouse o 27 de xullo de 1990. Vendéronse un total de 5 110 000 unidades 280.459 Export 67
1962 – 1965 Citroën H Foi un tipo de furgón de 2,25 a 2,6 toneladas de producido por Citroën entre 1948 e 1981. Fabricáronse un total de 473 289 vehículos. 426 Citroen H Van 1979 - Flickr - mick - Lumix
1964 Citroën 2CV Sahara Versión do Citroën 2CV con roda de reposto sobre o capó ou na traseira. 85 Citroën 2CV-4x4
1967 – 1978 Citroën AK Versión evolucionada da AZU. Fabricouse en dúas versións. A primeira AK 350 de carga dende 1963 a 1970 e de 1970 ata 1977 a AKS 400. 196.037 1978.citroen.2cv.750pix
1967 – 1977 Citroën Dynam O Dynam era unha variación longa do 2CV, tipo familiar e con maleteiro. 101.132 Sahara 3CV 1974
1968 – 1983 Citroën Dyane 6 O Dyane estaba baseado no chasis do 2 CV, pero con capota de tea. 233.104 Citroen Dyane 6 (1)
1969 – 1980 Citroën Méhari Méhari era un dúas prazas, en opción catro prazas, descapotable e con cuberta de lona. 12.429 Mehari 1977
1971 – 1986 Citroën GS O GS popularizou os avances tecnolóxicos que tiña Citroën na súa gama alta creando un automóbil accesible pero dotado da tecnoloxía hidroneumática que tanta fama lle dera á marca. Tamén incorporaba a técnica e a experiencia do 2CV creando para a ocasión unha nova familia de motores boxer refrixerados por aire de 4 cilindros fiable e de pouco mantemento. 385.755 Gs pallas av
1976 – 1980 Citroën CX O CX foi elixido Coche do Ano en Europa en 1975. O seu coeficiente aerodinámico (CX) era de 0,35, de aí viña o seu nome. 17.199 1985 Citroen CX1
1977 – 1987 Citroën AYU Última versión da furgoneta AZU. 249.321 Citroën 400 (1977) - Flickr - FaceMePLS
1977 – 1980 Peugeot 504 Deseñado por Pininfarina o 504 foi elixido Coche do Ano en Europa en 1969. 53.323 Peugeot 504 000
1980 – 1987 Peugeot 505 Foi a berlina da gama Peugeot reemplazando ao 504. 146.216 Peugeot 505 GTI
1981 – 1988 Citroën Visa Xurdiu como substituto do 2CV. Era un coche de cinco porta e motor dianteiro. 231.905 Citroen Visa Post facelift including front view
1983 – 1992 Citroën BX Tiña unha liña angulosa, ca lúa traseira moi tendida e quinta porta posterior. O deseño era do italiano Marcello Gandini cando traballaba en Bertone. 222.325 Citroen BX Midi
1984 – 2005 Citroën C15 Foi un dos modelos de furgoneta máis vendidos. Fabricábase en Vigo e Mangualde (Portugal) aínda que saíu en 1996 o seu substituto a Berlingo continuou a súa produción polas boas vendas. 1 181 407 Citroën C15
1986 – 1997 Citroën AX En tres e cinco portas con motores gasolina e diésel. 812.951 Citroen AX
1991 – 1997 Citroën ZX 5P Ocupaba a gama entre o Citroën AX e o Citroën BX. 291.187 Citroen ZX front 20081127
1992 – 1997 Citroën ZX 3P Versión tres portas do ZX. 226.297 ZXwit1996
1996 – 2008 Citroën Berlingo First Furgoneta substituta da C15. 1 521 021 Citroën Berlingo I Vorfacelift front
1996 – 2008 Peugeot Partner Origin Furgoneta baseada na Berlingo. 1 048 576 Peugeot Partner front 20080104
1997 – 2000 Citroën Xsara 3P Sucedeu ao Citroën ZX e tiña eixo traseiro autodirecional. 122.951 Citroen xsara vts
1997 – 1999 Citroën Xsara 5P Sucedeu ao Citroën ZX e tiña eixo traseiro autodirecional. 124.754 Citroën Xsara (Facelift) – Frontansicht, 17. März 2011, Wülfrath
1999 – 2010 Citroën Xsara Picasso Monovolumen de cinco portas e motor dianteiro. 1 531 816 Citroen Xsara Picasso front 20080103

Series en produción en Vigo (produción ata 2011)

2006 – ... Citroën Grand C4 Picasso Monovolumen de cinco portas e motor dianteiro. 417.236 Citroën C4 Grand Picasso front-1
2007 – ... Citroën C4 Picasso Monovolumen de cinco portas e motor dianteiro. 392.391 Citroën C4 Picasso HDi 150 FAP Tendance – Frontansicht, 9. April 2011, Düsseldorf
2007 – ... Citroën Berlingo 458.506 Citroën Berlingo AMI
2007 – ... Citroën Partner 390.353 Peugeot Partner Mk2

Cifras clave

Estas son algunhas das principais cifras que caracterizan ó Centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën (datos a fin de decembro 2011):

Emprego

6.500 colaboradores

Produción

356.000 vehículos/ano 50.500 coleccións CKD (vehículos despezados) 1.610 vehículos/día 30 % da exportación de Galicia

Loxística

34% do valor da mercadoría que se move no Porto de Vigo 102 provedores de compoñentes na súa contorna

Formación

240.000 horas ó ano

Exportación

Vigo, a cidade na que se atopa o Centro, conta con 300.000 habitantes. É a cidade máis industrializada de Galicia. A situación xeográfica favorece a exportación por vía marítima de gran parte das vendas ó exterior.

O porto da cidade é un dos primeiros de España en tráfico, posición á que o Centro contribúe co 32% do valor da mercadoría que alí se manexa. Da produción total do Centro, o 87% destínase á exportación. Os vehículos producidos na planta distribúense a un total de 71 países, aínda que é en Europa onde ten o seu principal mercado.

Vehículos do centro

A política de plataformas de PSA Peugeot Citroën permite a súas plantas producir sobre a mesma base técnica distintos modelos, reducindo así os costos de desenvolvemento e favorecendo a diversidade. Este centro en Vigo, na actualidade produce catro modelos diferentes: os Citroën C4 Picasso, Grand C4 Picasso e Berlingo, e o Peugeot Partner.

Balance de actividade

O Centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën produce 356.000 vehículos e 50.500 coleccións no 2011. O Centro pecha o ano 2011 ca fabricación de 356.00 vehículos e 50.500 coleccións, un 10% e un 4% menos, respectivamente, ca no 2010. As exportacións ascenden a 307.900 vehículos, o que representa un 87% da produción total do Centro, cun retroceso do 9% respecto ó ano anterior.

O Centro e o seu ámbito

O Centro asentase nun enclave de gran beleza natural, na Ría de Vigo. O entramado das empresas que traballan no tecido industrial da zona traballan para reducir o impacto ambiental das súas actividades. A planta mantén un compromiso coa conservación ambiental, aplicando medidas que fagan compatible a súa actividade industrial coa sostebilidade ambiental.

O Centro posúe a certificación ISO 14001 dende no ano 2000, que garante o Sistema de Xestión Ambiental implantado. A súa Política Ambiental reúne obxectivos para os próximos anos en ámbitos como a redución de emisións á atmosfera, a minimización de residuos, a redución do consumo de auga, combustible, enerxía e materias primas.

O río Lagares abastece á planta da auga necesaria para o proceso produtivo. O Centro dedica unha superficie importante de zonas axardinadas, arbustos e árbores. A planta conta cunha das principais coleccións arbóreas de Galicia en diversidade.

Ademais, o centro esta comprometido co desenvolvemento social e cultural da cidade, participando nos acontecementos de transcendencia que teñen lugar na cidade, e colaborando en diversas iniciativas a través de accións de patrocinio e mecenado. Desde 1985 é o patrocinador principal do Celta de Vigo.

O compromiso social do centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën tamén se plasma nas accións e acordos establecidos no interno, para o seu conxunto de homes e mulleres que conforman o seu persoal. A firma de Convenio Colectivo 2008-2011 aporta a planta a estabilidade necesaria para o desenvolvemento de proxectos e un marco que permite manter de forma permanente ó diálogo e a negociación. O centro de Vigo tamén está comprometido dun xeito especial co desenvolvemento de accións que axuden a fomentar a incorporación da muller ó ámbito laboral e a igualdade de oportunidades, así como a conciliación da vida familiar e laboral. Presentando acordos que favorecen unha cultura de igualdade entre sexos.

O Centro de Vigo colabora tamén coa Universidade de Vigo a través da Cátedra PSA Peugeot Citroën que, coa colaboración de Ceaga puxo en marcha o mestrado en xestión de empresas de automoción. Así mesmo, o centro mantén coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia un convenio de colaboración educativa das ensinanzas formación profesional.

Véxase tamén

Ligazóns externas

  1. El coche 13 millones fabricado en Vigo circulará por Japón
André Citroën

André Citroën, nado en París o 5 de febreiro de 1878 e finado o 3 de xullo de 1935 en na mesma cidade, foi un enxeñeiro e industrial francés. Fundou a «Société Anonyme André Citroën» (coñecida coma Citroën) en 1919. Foi o primeiro en Europa en empregar métodos de traballo en cadea. Algunhas das súas innovacións foron o acendido eléctrico, a carrozaría monopraza e a tracción dianteira.

Campionato de Galicia de Rally

O Campionato de Galicia de Rally é unha competición de rally sobre asfalto que organiza cada ano a Federación Galega de Automobilismo en Galicia, dende 1979. O campionato disputase en rallys de asfalto. O primeiro gañador foi Celestino Pardo a bordo dun Seat 124 e o último foi Alejandro Pais cun Mitsubishi Lancer Evolution X. O piloto que máis veces gañou o certame foi Germán Castrillón posuidor de seis títulos seguido de Manuel Senra con cinco títulos.

Entre 1975 e 1978 celebrouse en Galicia o Campionato de Galicia de Automobilismo que combinaba probas de rally e subidas. Non foi ata 1979 cando o campionato naceu de maneira oficial.

Circuíto de Autocross de Arteixo

O Circuíto de Autocross de Arteixo é un recinto adicado ás carreiras de coches, homologado pola Real Federación Española de Automovilismo, que está situada na parroquia de Morás (Arteixo).

Citroën

Citroën é un fabricante de automóbiles francés fundado en 1919 por André Citroën. Pertence o grupo PSA Peugeot-Citroën. Unha das súas fábricas, o Centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën, está localizada en Vigo.

O seu logotipo consiste en dous galóns (chevrons) superpostos, inspirados nun invento de André Citroën, o seu fundador, referente a unha engrenaxe cos dentes en forma de V, que avantaxa en prestacións ás engrenaxes de dente plano.

PSA Peugeot Citroën

PSA Peugeot-Citroën é un grupo empresarial formado en 1976 coa fusión das empresas francesas Citroën e Peugeot, é o segundo maior fabricante de automóbiles de Europa, co 15,4% do mercado. A este grupo pertencen outras compañías: a empresa de transportes Gefco, o fabricante de equipamentos para automóbiles Faurencia, Banque PSA Finance, Peugeot Motocycles (terceiro maior fabricante europeo de scooters e motocicletas de entre 50 e 125cc), Peugeot Citroën Moteurs (PCM) e Process Conception Ingénierie (PCI) que deseña e fabrica equipamento industrial para o grupo e para outros. En Galicia teñen: en Vigo unha fábrica de autómobiles (a máis rendible do grupo); no Porriño, un centro de distribución.

Porto de Vigo

O porto de Vigo está situado na ría de Vigo e é un dos maiores portos de pesca do mundo. É ademais a sede da compañía pesqueira Pescanova. No 2014 descargáronse 865.275 toneladas de peixe (un 4,89% máis ca no 2013), batendo a súa mellor marca histórica. Pertence á provincia marítima de Vigo.

Vigo é a base de compañías pesqueiras con gran presenza en países como Namibia, Suráfrica, Mozambique, Australia, Arxentina, as Illas Malvinas, Chile ou Perú. O peixe é enviado a toda España e expedido a países como Portugal, Italia, Francia e outros mercados máis distantes, mesmo de Asia.

En Vigo teñen lugar importantes feiras mercantís, como Conxemar, un evento anual dedicado os produtos pesqueiros conxelados. A World Fishing Exhibition ten lugar periodicamente.

Rally Botafumeiro

O Rally Botafumeiro é unha proba de rally que se celebra anualmente nos arredores de Santiago de Compostela, organizada pola Escudería Compostela. É puntuable para o Campionato de Galicia de Rally.

O itinerario da proba transcorre por diferentes concellos da zona como Vedra, Touro, O Pino, Oroso, Teo, Rois etc. sempre por camiños asfaltados. A primeira edición levouse a cabo no ano 1985 sendo o primeiro gañador Jose Mora a bordo dun Renault 5 Turbo.

Rally Cidade de Narón

O Rally Cidade de Narón é unha proba de rally que se disputa nos arredores de Narón na provincia da Coruña, dende 1988 e forma parte do calendario do Campionato de Galicia de Rally.

O rally é levado a cabo pola Escudería Siroco Team Narón, fundada en 1984 e na que formaba parte da directiva Germán Castrillón, que gañaría posteriormente a proba en cinco ocasións. No seu inicio era unha das probas do Campionato de Galicia de Rallys de terra, ata que no ano 1994 entrou no calendario do certame sobre asfalto. En 1998 a proba obtén o máximo coeficiente que mantén na actualidade.

Rally Ourense-Baixa Limia

O Rally Ourense Baixa-Limia é unha proba de rally que se disputa anualmente na zona do Baixa Limia en Ourense dende o ano 2004 organizada pola Escudería Ourense Motorsport e é puntuable para o Campionato de Galicia de Rally.

Rally Ribeira Sacra

O Rally Ribeira Sacra é unha proba de rally que se celebra anualmente dende 2012 nos arredores do concello de Nogueira de Ramuín (Ourense), organizada pola Escudería Luintra e é puntuable para o Campionato de Galicia de Rally.

Rally Rías Baixas

O Rally Rías Baixas é un evento automobilístico que se leva a cabo cada ano a finais do mes de maio ou comezos de xuño na comarca de Vigo. Este rally de asfalto, que comezou a disputarse en 1963 (organizado pola Escudería Rías Baixas), é puntuable para o Campionato de España de Rallys dende 1982.

Rally San Froilán

O Rally San Froilán, tamén coñecido como Rally de Lugo, é unha competición de rally que se disputa anualmente na provincia de Lugo dende 1978 organizado pola Escudería Miño e que na actualidade é puntuable para o Campionato de Galicia de Rally. Tamén foi puntuable para o Campionato de España de Rallys entre 1986 e 1998.

Rally Serra da Groba

O Rally Serra da Groba é unha proba de rally que se disputou na provincia de Pontevedra, por primeira vez no ano 2011 sendo puntuable para o Campionato de Galicia de Rally.

Rally Sur do Condado

O Rally Sur do Condado é unha proba de rally que se disputa anualmente no sur da provincia de Pontevedra, dende o ano 2004 pola Escuderia Surco e é puntuable para o Campionato de Galicia de Rally.

Rally de Ferrol

O Rally de Ferrol é un evento automobilístico que se celebra anualmente en Ferrolterra polo mes de agosto, e que forma parte do calendario do Campionato de España de Rallys de asfalto dende o ano 2005. Anteriormente, entre os anos 1975 e 1980 tamén foi puntuable para o campionato nacional. A proba disputouse por primeira vez no ano 1970.

O piloto con mais vitorias neste rally é Germán Castrillón, que venceu 10 veces.

Rally de Ourense

O Rally de Ourense é un evento automobilístico que se leva a cabo cada ano no mes de xuño na comarca de Ourense dende o ano 1967, organizado pola Escudería Ourense. O rally naceu por iniciativa de Estanislao Reverter, un piloto de rallys galego que quixo que en Galicia houbese unha proba como as que el disputaba no campionato europeo. Esta proba é puntuable para o Campionato de España de Rallys de asfalto dende 1996.

A edición número 43 do Rally de Ourense que se disputou en 2010 foi premiada pola Federación Española de Automovilismo como a proba mellor organizada do Campionato de España de Rallys.

Salón do Automóbil de Vigo

O Salón do Automóbil de Vigo é un evento expositivo comercial anual, do mundo do motor, que se celebra na primavera no Instituto Feiral de Vigo, dende o ano 1992, sendo así o segundo certame en activo máis antigo de España, só por detrás do Salón do Automóbil da Fira de Barcelona.

Ventosela, Redondela

San Martiño de Ventosela é unha parroquia que se localiza no concello de Redondela. Segundo o IGE en 2014 tiña 750 habitantes (377 homes e 373 mulleres). Están distribuídos en dúas entidades de poboación (355 en Castiñeira e 395 no Vilar do Mato). Ten unha superficie de 8 km².

Xosé Luís Abadín

Xosé Luís Abadín, nado en Ourense o 13 de marzo de 1987, é un piloto de automobilismo galego.

De interese en Vigo
Inmobles
Arte e cultura
Deporte e instalacións
Natureza
Outros artigos
Eventos
1984–1999
Desde 2000

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.