Centro de Kamppi

O Centro de Kamppi (en finés Kampin keskus), en sueco Kampens centrum) é un centro de servizos situado na praza Narinkka do barrio de Kamppi en Helsinqui. A súa superficie total alcanza os 37.000 m2.

Coordenadas: 60°10′10″N 24°56′00″L / 60.16944, -24.93333

Centro de Kamppi
Kampin keskus (en finés)
Kampens centrum (en sueco)
Le Kamppi (Helsinki) (2767599363)
O Centro de Kamppi
Fundación2 de marzo de 2006
Localizaciónpraza Narinkka,
Helsinqui Finlandia Finlandia
IndustriaServizos
Produtos
  • Estación intermodal
  • Centro Comercial
  • Locais de oficnas
  • Vivendas
Páxina webSitio oficial do Centro

Características

Deseñado por varios arquitectos, aínda que o deseñador principal foi Juhani Pallasmaa, é o novo centro comercial e residencial de Helsinqui.

Inaugurado o 2 de marzo de 2006, a súa construción levou catro anos, e foi a máis grande obra singular na historia de Finlandia, que implicou ademais a reconstrución, extensa e difícil do distrito de Kamppi, no centro de Helsinqui.

O estilo do complexo é o resultado do interese de Juhani Pallasmaa polos enfoques aruitectónicos construtivista e estruturalista onde o edificio funciona como unha máquina.

Infraestuturas

11-07-29-helsinki-by-RalfR-055
A praza central do Centro Comerial.

Galería

Kauppakeskus Kamppi, Helsinki

O Centro Commercial

Kamppi-Espoon bussiterminaali

Estación de autobuses urbanos

Kamppi Kaukoliikenteen bussiterminaali

Estación d autobuses interurbanos

Kamppiin saapuu metro (Kohti Vuosaarta) 2

Estación de metro de Kamppi

Kamppi Center Panoramic
Vista panorámica da praza Narinkka.

Véxase tamén

Outros artigos

Estación intermodal

Unha estación intermodal é unha infraestrutura de transporte costruída sobre a base dunha estación de ferrocarril que acolle traxectos de longa distancia (incluíndo, no seu caso, do AVE), de media distancia e proximidade (cercanías), unha Estación de autobuses para o transporte interurbano, unha parada de autobús urbano e unha parada de metro.

Valio

Valio (en finés: 'Valio Oy') é unha das maiores empresas de Finlandia, que produce principalmente leite e produtos lácteos tales como queixos, manteiga, iogures e outros. Valio é a industria procesadora de leite máis grande de Finlandia, producindo o 85 % do leite do país.

Valio ten 15 plantas de produción en Finlandia, dúas en Estonia e unha planta para a produción de queixo fundido e un centro loxístico en Moscova, Rusia.

Así msmo conta con empresas subsidiarias que operan en Rusia, Suecia, os Países Bálticos, Bélxica, China e Estados Unidos.

As operacións internacionais representan un terzo da facturación neta de Valio.

A facturación neta do grupo Valio foi de 2 billóns de euros en 2012. A empresa é líder do mercado en produtos lácteos en Finlandia e pioneira na produción de alimentos funcionais.

Valio é propiedade de 18 cooperativas leiteiras que agrupa a uns 7.900 gandeirosa. Na actualidade produce unha gama de aproximadamente 1.000 produtos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.