Centro de Investigacións Sociolóxicas

O Centro de Investigacións Sociolóxicas[Cómpre referencia] (CIS, en castelán: Centro de Investigaciones Sociológicas) é un organismo autónomo español que depende do Ministerio da Presidencia e que ten como obxectivo o estudo científico da sociedade española a través da realización de enquisas periódicas, por iniciativa propia do centro ou por petición doutros organismos.

Ademais da realización e arquivo de enquisas e algunhas investigacións cualitativas, o CIS edita unha revista de investigación, a Revista Española de Investigacións Sociolóxicas (Reis) e varias coleccións de libros especializados en distintas materias das ciencias sociais. Ademais, anualmente organiza un curso de posgrao de formación de especialistas en investigación social aplicada.

O CIS é o herdeiro do Instituto da Opinión Pública (IOP) que foi fundado en 1963 e remodelado en 1977. O CIS é un organismo autónomo dende 1990 e, dende 1995, réxese por estritas condicións legais de transparencia dos seus traballos e a difusión dos resultados.

Logotipo del CIS
Logotipo do CIS
Sede del Centro de Investigaciones Sociológicas de España (Madrid) 01
Sede do CIS na rúa Montalbán de Madrid.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Cidadáns-Partido da Cidadanía

Cidadáns–Partido da Cidadanía (Cs; en castelán: Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía), coñecido habitualmente como Cidadáns ou Ciudadanos, é un partido político español que se autodefine no seu ideario como de centro reformista, se ben é frecuente que sexa cualificado por boa parte dos seus rivais políticos como partido nacionalista español con ideoloxía dende de dereitas até de extrema dereita. Fundouse en Cataluña, e dende 2014 a súa actividade realízase en toda España.

Foi fundado en 2006, sendo o seu xerme a plataforma cívica Ciutadans de Catalunya. Declárase como un partido constitucionalista, postnacionalista e progresista. Albert Rivera afirmou que escolleron a palabra "Cidadáns" como nome do partido porque lles gustaría ser «cidadáns do mundo».

Cis

Cis pode referirse a:

Cis, parroquia do concello de Oza-Cesuras;

Ácido graxo cis, un tipo de ácidos graxos insaturados;

Dobre enlace cis, que caracterizan aos anteriores.Amais, as siglas CIS poden referirse a:

A Candidatura Independente por Silleda, organización política deste concello.

O Centro de Investigacións Sociolóxicas.

Día de Cataluña 2015

O Día de Cataluña 2015, coñecido tamén pola expresión catalá Diada, estivo marcada pola celebración da Vía Libre (en catalán: Via Lliure) á República Catalá, esta foi unha concentración multitudinaria que encheu un tramo de 5,2 quilómetros da Avenida Meridiana de Barcelona o once de setembro de 2015 co obxectivo de reivindicar a independencia de Cataluña. Foi organizada pola plataforma Agora é a hora.

A concentración tamén serviu para reivindicar o dez eixos básicos para unha futura República Catalá: a xustiza social e o benestar social, a democracia, a diversidade, a solidariedade, o equilibrio territorial, a sustentabilidade, a innovación, a cultura e a educación e a apertura no mundo.

A organización convidou unha trintena de personalidades internacionais, entre as cales había: Susan George, Kai-Olaf Lang, Irvine Welsh, Michael Keating, Michel Seymour, Bardo Fassbender, David Farell, Rogers Brubaker, Sebastian Balfour e Ben Page.

A Vía Libre tivo varias réplicas realizadas pola diáspora catalá durante os días previos en varias cidades de todo o mundo: Ámsterdam, Bangkok, Berlín, Berna, Bruxelas, Buenos Aires, Canberra, Dubái, Londres, México, Montreal, Nova York, París, Santiago de Chile, entre outros.

España

España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.

España atópase no suroeste do continente europeo, e comparte fronteiras terrestres con Francia e co principado de Andorra ao norte, con Portugal ao oeste e co territorio británico de Xibraltar ao sur. Nos seus territorios africanos, comparte fronteiras terrestres e marítimas con Marrocos. Comparte con Francia a soberanía sobre a illa dos Faisáns na desembocadura do río Bidasoa e cinco facerías pirenaicas.

Ten unha extensión de 504.645 km², sendo o cuarto país cunha maior extensión do continente, despois de Rusia, Ucraína e Francia. Cunha altitude media de 650 metros sobre o nivel do mar, é un dos países máis montañosos de Europa. A súa poboación é de 47 190 493 habitantes, segundo datos do padrón municipal de 2011.

De acordo a Constitución Española, o castelán ou español é a lingua oficial do Estado. Outras linguas son recoñecidas como cooficiais nas súas respectivas comunidades autónomas conforme os seus Estatutos de autonomía. As modalidades lingüísticas de España son un dos seus patrimonios culturais, obxecto de especial respecto e protección.

A economía española é a 14ª economía mundial en términos de PIB, por diante de Indonesia e de Turquía, e segundo Eurostat, o PIB per cápita español situouse, en 2011, no 99% da media da Unión Europea, por diante de Chipre.Ademais, segundo o informe de 2010 da ONU, ten un índice de desenvolvemento humano de 0.878, o 23º maior do mundo, por diante doutros grandes países europeos, como Grecia, Italia ou Reino Unido.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

José Manuel Otero Novas

José Manuel Otero Novas, nado en Vigo o 23 de marzo de 1940, é un político, xurista e escritor galego.

Lei antitabaco 28/2005

A lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ó tabaquismo, popularmente coñecida como lei antitabaco, veu regula-la venda e publicidade do tabaco e establecer os lugares onde se prohibe fumar, así como as condicións que deben reuni-las zonas nas que se permite. A denominación oficial é Lei 28/2005, de 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ó tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco. Entrou en vixencia o 1º de xaneiro de 2006.

As novidades máis relevantes respecto á situación da normativa legal ata esa data foron a prohibición de fumar en tódolos centros de traballo e a obrigatoriedade de establecer zonas libres de fume nos lugares de ocio (bares, cafeterías e establecementos de restauración) dunha superficie superior ós 100 m2.

O 30 de decembro de 2010, ditouse unha modificación –lei 42/2010- que estendeu a prohibición de fumar a tódolos lugares de ocio, independentemente do seu tamaño.

Lista de siglas e acrónimos

Esta é unha lista de siglas e acrónimos.

Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade

O Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade é un dos departamentos ministeriais en que se estrutura o Goberno de España, durante o Goberno de Pedro Sánchez ao que lle corresponden as relacións entre o Goberno e as Cortes Xerais. Correspóndelle así mesmo a coordinación dos asuntos de relevancia constitucional e do programa lexislativo do Goberno así como a execución das políticas en materia de igualdade. O seu titular é Carmen Calvo.

Pobo galego

Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Dende o punto de vista antropolóxico, diversos estudos xenéticos demostran a súa orixe centroeuropea, menos influenciados polos pobos mediterráneos que outras poboacións ibéricas por mor do illamento histórico dos seus habitantes, froito da súa localización xeográfica.Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego. Dende o punto de vista filoxenético é de orixe común co portugués (co que mantén un 85% de intelixibilidade) e semellante a outros romances ibéricos tales coma o asturiano ou o castelán.

Existiron numerosos persoeiros galegos con relevancia ó longo da historia. O relixioso galaico Prisciliano foi o principal impulsor do priscilianismo, unha corrente relixiosa cristiá, difundida no século IV en Hispania, e sobre todo na Gallaecia. O cristián do século X Paio, foi canonizado pola Igrexa católica. O explorador Joan de Novoa foi un cabaleiro, mariño e explorador descubridor da illa de Ascensión e de Santa Helena, e Luís Vaz de Torres foi un navegante e o primeiro europeo en ver Australia, levando o seu nome o estreito de Torres. Famosos escritores galegos foron Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Álvaro Cunqueiro, Manuel Curros Enríquez e o Premio Nobel de Literatura Camilo José Cela. O futbolista Luis Suárez Miramontes é considerado un dos mellores xogadores do século XX. Ademais, numerosas personalidades políticas internacionais teñen orixe galega, como o presidente de Cuba, Fidel Castro, o presidente da Arxentina, Raúl Alfonsín e o presidente do Uruguai, Tabaré Vázquez, alén de personalidades do mundo do espectáculo, como A Bela Otero, Julio Iglesias, Manu Chao ou Martin Sheen.

A poboación de Galicia é de 2 718 525 habitantes (2016), pero por mor da emigración de finais do século XIX e comezos do XX, é común atopar descendentes de galegos noutras partes de España, de Europa e de moitos países do continente americano. Historicamente, a emigración do pobo galego debeuse a factores políticos, económicos e sociais. A raíz da diáspora galega, estímase que no presente hai 10 millóns de persoas de ascendencia galega, moitas delas reunidas nos Centros Galegos. O maior grupo de persoas de ascendencia galega reside na Arxentina, con case 150.000 galegos, sendo coñecida polos galegos como a quinta provincia.

Podemos

Podemos é un partido político español fundado en xaneiro de 2014, cuxo secretario xeral é Pablo Iglesias Turrión.Catro meses despois da súa formación, Podemos participou nas eleccións europeas de 2014, logrando cinco escanos (de 54) co 7,98 % dos votos, o que o converteu no cuarto partido máis votado de España. No primeiros vinte días que permitiu a inscrición, reuniu máis de 100 000 membros, converténdose no terceiro partido en número de afiliados. En outubro ostentaba xa o segundo lugar, con máis de 200 000. Tamén chegou a aparecer como o primeiro partido do país en intención directa de voto, segundo as enquisas.

Ramón Cotarelo

Ramón Cotarelo García, nado en Madrid en 1943, é un politicólogo español, catedrático emérito de Ciencia Política e da Administración da Universidade Nacional de Educación a Distancia, publicista, escritor e tradutor.

Rusia

Rusia (en ruso: Россия, transliteración: Rossiia), oficialmente Federación Rusa (en ruso: Российская Федерация, transliteración: Rossiiskaia Federatsiia), é o maior país do mundo, estendéndose por case a metade de Europa e por preto dun terzo da Asia. Comprende, alén da porción continental, o enclave de Kaliningrado, no mar Báltico, e unha serie de illas e arquipélagos árticos, entre os cales os máis importantes son a Terra de Francisco Xosé, as illas Nova Zembla, a illa de Kolguev, o arquipélago da Terra do Norte, as illas de Nova Siberia e a illa de Wrangel. Inclúe tamén varias illas e arquipélagos no Extremo Oriente, en particular a illa Sakhalin, as illas Kuriles e as illas do Comandante. A porción continental limita ao norte co mar Branco, o mar de Kara, o mar de Laptev, o mar da Siberia Oriental e o mar de Chukchi, ao leste co estreito de Bering e o mar de Bering, que establecen comunicación con Alasca, o océano Pacífico, o mar de Okhotsk e co mar do Xapón, a través do cal contacta co Xapón, ao sur con Corea do Norte, a China, Mongolia, Casaquistán, o mar Caspio, Acerbaixán, Xeorxia e co mar Negro, do outro lado do cal está Turquía, e a oeste limita co mar de Azov, Ucraína, Belarús, Letonia, Estonia, co golfo de Finlandia, Finlandia e Noruega. A capital de Rusia é a cidade de Moscova.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.