Centro de Interpretación da Muralla

O Centro de Interpretación da Muralla é un museo adicado ao estudo e promoción da Muralla Romana de Lugo, situado na Praza do Campo da mesma cidade, moi preto da Catedral. Trátase dun edificio restaurado entre medianeiras de andar baixo, dous andares e baixo cuberta, cuxas orixes de se remontan a comezos do século XVIII.

CIML
Entrada na Praza do Campo.

Descrición

Na planta baixa atópase o centro de recepción do museo. No primeiro andar o tema fundamental é a propia edificación da muralla romana, explicándose o seu proceso construtivo e a súa influencia no desenvolvemento urbanístico da cidade. Todo isto explicado por medio de paneis interactivos, mesas táctiles etc.

No seguinte andar trátanse os cambios que sufriu a muralla ao longo do tempo e as razóns que os motivaron. Fálase dos cambios da muralla dende a Idade Media até os nosos días. Tamén se atopa información sobre o seu nomeamento como Patrimonio Mundial e a súa conservación.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Lugo

Lugo é unha cidade e concello de Galicia, capital da provincia de Lugo e da comarca homónima. Fundada no ano 25 a.C. por Paulo Fabio Máximo, é unha cidade de orixe romana e a máis antiga de Galicia. Construída nas proximidades dun castro, na época romana recibiu o nome de Lucus Augusti. Son testemuña dos seus primeiros anos de historia os numerosos restos romanos, moitos deles conservados no Museo Provincial, e sobre todo a Muralla Romana, única no mundo que conserva todo o seu perímetro e declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2000.

Ao longo da súa historia ocorreron tanto épocas de abandono como importantes momentos na historia do país, dende a xuntanza no ano 842 dun grande exército galego para conquistar Oviedo e entronizar a Ramiro I como primeiro rei da dinastía galega, ata o pronunciamento do Coronel Miguel Solís, que daría comezo á Revolución Galega de 1846.

Xeograficamente, a cidade atópase situada nun outeiro, nas terras do Alto Miño, e circundada polo propio río Miño, ademais doutros máis pequenos como o Mera. O concello, incluído na Reserva da Biosfera "Terras do Miño", é o segundo máis extenso de Galicia, e no que no ano 2014 habitaban 98.560 persoas, o que supón que sexa o cuarto de Galicia en poboación despois de Vigo, A Coruña e Ourense.

O xentilicio dos habitantes é lucense ou tamén lugués. Lugo é unha cidade comercial e de servizos, cun campus universitario especializado en Ciencias Agrarias (Veterinaria, Montes...). Destacan tamén as populosas festas realizadas na cidade como o Arde Lucus, que relembra o pasado romano e castrexo da cidade, e o San Froilán, que cada ano atrae á cidade do 4 ao 12 de outubro a máis dun millón de visitantes.

Monumentos
Museos
Espazos públicos
Festas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.