Centro de Interpretación da Lagoa de Antela

O Centro de Interpretación da Lagoa de Antela, dependente do Concello de Sandiás, máis coñecido como A Casa da Lagoa, é un centro de estudo da lagoa de Antela, situado no centro da vila de Sandiás, nunha antiga casa labrega rehabilitada, no que era a antiga marxe noroeste da lagoa de Antela.

Funcionamento

Canledalagoa
Canle da lagoa de Antela no 2006.

O concello de Sandiás púxoo en marcha tras ser aprobada unha iniciativa Leader II Val da Limia, de dinamización dos núcleos rurais con propostas culturais. No centro atópase unha exposición sobre a historia da lagoa e as areeiras recuperadas na actualidade. Tamén existen cámaras teledirixidas para observar o que está a acontecer nos espazos húmidos, así como audivisuais sobre a lagoa de Antela, o patrimonio histórico-artístico da zona e sobre as areeiras recuperadas medioambientalmente.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Lagoa de Antela

A lagoa de Antela era unha lagoa, desecada nos anos 1950, que estaba situada na comarca da Limia, no centro da provincia de Ourense. Abranguía terreos situados nos concellos de Sandiás, Sarreaus, Vilar de Barrio, Xinzo de Limia e Xunqueira de Ambía.

Sandiás

Sandiás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.307 habitantes (1.584 en 2004, 1.618 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «sandiao».

Sandiás, Sandiás

Santo Estevo de Sandiás é unha parroquia do concello ourensán de Sandiás, situado na comarca da Limia. En 2011, segundo o IGE, tiña 488 habitantes (215 homes e 273 mulleres).

Nesta parroquia sitúase a capitalidade municipal onde se concentran os servizos administrativos (Concello, Xulgado de Paz), dotacionais (biblioteca municipal, colexio, Punto de Atención Infantil) e asistenciais (Centro de Saúde, farmacia). Conta tamén cun albergue de peregrinos dotado de 24 prazas.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.