Centro de Arte Fotográfica de Vigo

O Centro de Arte Fotográfica de Vigo (CAFVI) foi un espazo expositivo que abriu as súas portas en maio de 2015[2], e que pechou provisionalmente o 17 de agosto dese mesmo ano.

C A F V I
Centro de Arte Fotográfica de Vigo
Centro de Arte Fotográfica de Vigo.
Coordenadas42°14′17.72″N 8°43′39.69″O / 42.2382556, -8.7276917Coordenadas: 42°14′17.72″N 8°43′39.69″O / 42.2382556, -8.7276917
PaísGalicia.
CidadeVigo.
TipoExposición fotográfica.
AdministradorConcello de Vigo
Inauguración7 de maio de 2015.[1]
Visitantes3032

Historia

Inicialmente o proxecto chamouse Centro Galego de Fotografía.[3] Foi concibido como centro de exposición e investigación de referencia da fotografía galega, e estaba destinado a albergar as colección municipais (arquivo Pacheco, Ksado, Fotobienal e Vigo Visión) e promover a fotografía contemporánea.[4]

A idea xurdiu da Concellaría de Cultura, a cargo entón do BNG, (cando, xunto ó PSdeG, formaba parte do goberno municipal bipartito). O investimento inicial, dun millón de euros, do Ministerio de Cultura de España, procedeu de fondos do Plan-E. Logo, o proxecto estivo detido durante case tres anos, ata que o Concello destinou 379.000 euros para equipamentos.[5] Finalmente o centro abriu o 7 de maio de 2015, dúas semanas antes das eleccións municipais dese mes.

"Vigo, a cidade retratada", de comisariado non divulgado,[4] foi a exposición inaugural, formada por unha pequenísima mostra de cincuenta fotografías, das cento corenta mil que compoñen o Arquivo Pacheco.[6] A primeira mostra do centro só estaba programada durante os seus tres primeiros meses de funcionamento, e ocupaba a planta baixa do inmoble (pois o resto non foi acondicionado).

Despois das eleccións, o PSdeG, que obtivo unha maioría absoluta no Concello, xa non dependía do BNG para constituír un goberno municipal, e a Concellería de Cultura volveu ás mans do PSdeG. A consecuencia disto, o centro pechou ao termo da exposición inaugural o 17 de agosto do mesmo ano de xeito provisional, á espera de que o Concello decida cal será o seu destino definitivo.[7]

Durante a súa apertura e nas semanas posteriores ao seu peche, a corporación municipal escusábase en que se estaba a redactar un plan director para fixar os seus usos e contidos estables (chegaron a dicir que antes de que rematase o 2016 produciríase a súa reapertura). A día de hoxe, non se sabe nada do futuro do centro, se ben a Marea de Vigo propuxo trasladar a este edificio as instalacións do arquivo municipal, sito nun dos sotos da torre de Praza do Rei.[8]

Galería de imaxes

Centro de Arte Fotográfica de Vigo, sala
 
Centro de Arte Fotográfica de Vigo, sala (2)
 

Notas

  1. "O alcalde invita á cidadanía a visitar a primeira exposición do novo Centro de Arte Fotográfica de Vigo"
  2. "Abre el Centro de Arte fotográfico de Vigo"[Ligazón morta] Televigo 8/5/2015.
  3. "O vindeiro ano inauguraráse o Centro Galego de Fotografía" Arquivado 02 de abril de 2016 en Wayback Machine. TVG, 4/12/2013.
  4. 4,0 4,1 Bragado, Manuel. "A cidade retratada" en Faro de Vigo, p. 26, 2/6/2015.
  5. "Las obras del Centro Galego de Fotografía se reanudan tras dos años y medio paradas", Faro de Vigo, 26/4/2014 (en castelán).
  6. Lamas, Jorge: "El Concello desvirtúa el proyecto original del Centro de Arte Fotográfica" La Voz de Galicia, 8/5/2015 (en castelán).
  7. "El Centro de Fotografía cumple un año cerrado a la espera de plan director". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2018-03-13.
  8. "Lúa". Publicación da Marea de Vigo. Consultado o 2018-03-13.[Ligazón morta]

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Arquivo Pacheco

O Arquivo Fotográfico Pacheco é unha colección fotográfica recompilada na súa maior parte por Jaime de Sousa Guedes Pacheco entre 1915 e 1981, e que está instalada na Casa das Artes de Vigo.

De interese en Vigo
Inmobles
Arte e cultura
Deporte e instalacións
Natureza
Outros artigos
Eventos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.